|
Sumario
|
Números
anteriores
|
|||
|
Antón Cortizas dona os dereitos |
||||
A Comisión Executiva do Fondo Galego, en reunión celebrada o 27 de xaneiro, acordou facer pública a convocatoria de proxectos para 1999, que non presenta variacións substanciais ó respecto da xa aprobada en 1998.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 3 de marzo de 1999. A intención do Fondo Galego é resolvela na Asemblea ordinaria de socios a celebrar o 26 de marzo en Santiago de Compostela.
Máis información no teléfono 986 357238.
Non repostos aínda dos efectos do furacán Mitch, unha nova catástrofe humanitaria con milleiros de afectados asola agora Colombia. Cinco dos 12 municipios da provincia do Quindío, entre eles, a súa capital Armenia, están totalmente destrozados. Un terremoto de 6.2 grados na escala Ritcher devastou as principais capitais cafetaleiras de Colombia.
O Fondo Galego pon á disposición de todos os concellos os seus medios para canalizar a axuda directa ós damnificados. A nosa conta é a seguinte: CaixaGalicia Fene: 2091-0209-16-3040016786.
Pregamos ás Corporacións Locais e Provinciais que canalicen as axudas propias, dos seus corporativos, dos seus funcionarios e traballadores, a través desta conta. Deste xeito evitaremos a dispersión de recursos, facilitaremos a entrega directa e máis rápida e reforzaremos o Fondo Galego como instrumento de referencia na vida municipal para impulsar as accións de solidariedade. ¡Unámonos para ser máis eficaces alí onde se precisa a nosa axuda!
Como consecuencia dos danos ocasionados polo furacán Mitch, o Fondo Galego habilitou unha liña de axuda extraordinaria para o financiamento directo de proxectos a partir da avaliación de necesidades realizada pola oficina de Managua da Confederación de Fondos.
As xestións realizadas con varias empresas relacionadas cos servicios públicos locais van por bo camiño e a mediados do mes de febreiro cifrarase a contía exacta do recaudado e a determinación do proxecto ou proxectos a que serán destiñados os devanditos recursos, aportados única e exclusivamente por entidades privadas colaboradoras.
Tanto o Bloque Nacionalista Galego coma o Partido Socialista de Galicia-PSOE confirmaron xa a inclusión, no seu Programa Marco para as vindeiras eleccións municipais, da aposta polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade como mecanismo idóneo para robustecer as políticas humanitarias do municipalismo galego. Agárdase que nas próximas semanas outras forzas políticas con representación na vida local e forte presencia no propio Fondo expliciten publicamente un compromiso en termos semellantes.
Contamos xa cunha edición propia, en galego, das informacións básicas relativas á Confederación de Fondos do Estado Español, plataforma na que está integrado o Fondo Galego, xunto ó Catalá, Basco, Mallorquí, Menorquí e Valenciá.
En detalle, no conxunto e individualmente, dase conta das actividades, proxectos, características e historia de todos e cada un dos Fondos.
Solicita o envío dun exemplar no teléfono: 986 357238.
Será ás once da mañán en Santiago de Compostela, na sede da FEGAMP. A ela poderán asistir todos os socios, con dereito de voz e voto, pero igualmente poden enviar representantes todos os concellos e deputacións interesados en coñecer máis en profundidade o funcionamento do Fondo Galego e, moi especialmente, todos aqueles que na actualidade atópanse en proceso de adhesión. Así o decidiu a Comisión Executiva.
A orde de temas a tratar nesta reunión que, dada a próxima celebración das eleccións municipais pode ser a derradeira Asemblea desta primeira andaina do Fondo Galego, inclúe:
• Memoria de Xestión da Comisión Executiva.
• Ratificación de Altas.
• Estado de contas e Presuposto para 1999.
• Elección da Comisión Executiva.
• Pronunciamento sobre a convocatoria de proxectos para 1999.
• Resolución sobre as liñas de traballo para 1999.
Antón CORTIZAS (Ferrol, 1954), mestre de profesión, é un dos máis acreditados e premiados autores da literatura infantil e xuvenil galega. Desde que en 1986 obtivo o “Premio Curuxa de Humor” de Fene polo seu relato “A media muller” ata a novela “Leonel” (1996), que Xerais publicou na súa colección “Fóra de Xogo”, Cortizas leva publicado máis dunha decena de libros, sempre con grande acollida por parte dos lectores máis novos. Obtivo o “Premio Barco de Vapor” en tres ocasións: no 88, con “Memorias dun río”; no 91, con “O conto dos sete medos”; e, recentemente, no 95, con “Os gritos das illas Lobeiras”.
As súas obras están traducidas a diversas linguas e algunhas delas, “Xiganano ¿onde estás?” (1990), “O lapis de Rosalía” (1992), “A bruxa sen curuxa” (1993), “O merlo de ferro” (1995), e “Historias e algún percance todas ditas en romance” (1996), están consideradas como as máis importantes da nosa literatura infantil.
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 29/1/99