Infórmate a Fondo


Volver a Fondo GalegoNúmero 1 / 15 de xaneiro de 1999

Sumario


Creado o Consello Municipalista da Cooperación

 

O Fondo na Rede

Pronunciamento dos partidos

Convocatoria de proxectos de 1998

Dossier do Fondo Galego

Exposición: ¿Solidariedade? ¡a fondo!

Centroamérica: A crise do Mitch

“Somos moitos, pero podemos ser máis”


Volver ó sumario


Creado o Consello Municipalista da Cooperación

O pasado día 17 de decembro constituiuse o Consello Municipalista da Cooperación, un órgano consultivo que reforzará a acción do Fondo Galego e fará posible unha maior participación das ONGs na definición da súa estratexia. Participan neste Consello as seguintes ONGs: Fundación Juan Ciudad, Cruz Vermella, Intermón, Entrepobos, Xóvenes do Terceiro Mundo, INTI e Fundación Meniños. Ata o 31 de xaneiro emitirán o seu parecer sobre as Bases da Convocatoria de Proxectos para 1999 e o proxecto de Regulamento Interno do Consello. Todas aquelas ONGs que desexen participar neste organismo deben solicitalo expresamente ó Fondo.


Volver ó sumario


O Fondo na Rede

Agora podes sabelo todo sobre o Fondo Galego a través da rede Internet. Tanto na web da FEGAMP (http://www.fegamp.es) como do IGADI (http://www.iaga.com/igadi/) atoparás información sobre o proceso constitutivo e as principais características do Fondo Galego (socios, estructura, declaración programática, obxectivos). Así mesmo pode coñecerse o perfil dos outros fondos existentes no Estado.


Volver ó sumario


Pronunciamento dos partidos

Ante a proximidade das eleccións municipais, a Comisión Executiva decidiu trasladar ós principais partidos con representación no ámbito local unha petición para que, nos respectivos programas-marco, todos inclúan o compromiso de apoio ás políticas de cooperación e solidariedade e, máis en concreto, de impulsar a adhesión ó Fondo Galego de todas aquelas entidades nas que cheguen a estar presentes.


Volver ó sumario


Convocatoria de proxectos de 1998

Superada a incertidume provocada pola incidencia do furacán Mitch na viabilidade dalgúns proxectos, a Comisión Executiva do Fondo Galego, en sesión celebrada o 23 de decembro, confirmou o financiamento dos seguintes proxectos:


Proxecto ONG

Importe

Casa de Acollida para menores en alto risco social Arquitectos sen fronteiras

2.336.565

Instalación de auga potable Amigos-Escaes Perú

750.000

Módulos para servicios hixiénicos e lavandería INTI

836.000



Volver ó sumario


Dossier do Fondo Galego

A Comisión Executiva pon a disposición dos interesados un Dossier explicativo que inclúe: antecedentes, declaración programática, acta de constitución, estatutos, rexistro e visado, baremo de cuotas, acordo de colaboración FEGAMP-Fondo Galego, declaración de apoio da Confederación de Fondos, datos sobre a estructura interna e socios, felicitación do presidente da Xunta de Galicia, modelo de bando redactado polo presidente do Consello da Cultura Galega. Ademais de reseñas de prensa, apórtase un modelo de acordo plenario para facilitar a adhesión.


Volver ó sumario


Exposición: ¿Solidariedade? ¡a fondo!

A través dun percorrido por diferentes paneis, esta exposición pretende dar a coñecer á cidadanía a identidade, natureza e obxectivos do Fondo. Milleiros de persoas a visitaron xa en “Voz Natura” e nos concellos de Nigrán, Oleiros, Allariz, Fene, Porto do Son, Lousame, A Pobra do Caramiñal, entre outros. O Fondo facilita gratuitamente a exposición e un tríptico explicativo a todas as entidades locais que estén interesadas en poñela en circulación. Unha ampla aproximación ó seu contido e aspecto pode realizarse visitándoa en Internet: http://www.iaga.com/igadi/.


Volver ó sumario


Centroamérica: A crise do Mitch

Houbo unha importante resposta municipalista en Galicia en relación á crise humanitaria provocada polo paso do furacán Mitch en Centroamérica. En moitos concellos os corporativos destinaban parte das súas retribucións para contribuír ó financiamento urxente de proxectos na zona. Igualmente foron moitas as entidades que se implicaron a fondo na organización de festivais e outras actividades orientadas á obtención de recursos para facilitar unha pronta recuperación económica e social nas poboacións afectadas. O Fondo Galego realiza xestións con varias empresas para dotar adecuadamente esa liña especial de axuda, que decidiu crear para manter unha acción tan prolongada como sexa necesaria para que a reconstrucción contribúa tamén á erradicación da pobreza e o subdesenvolvemento.


Volver ó sumario


“Somos moitos, pero podemos ser máis”

“Nun ano de actividade, o Fondo Galego superou o 10% de representatividade do conxunto das entidades locais abarcando a máis do 33% da poboación total da Comunidade Autónoma”, asegurou Alfredo Novoa, presidente do Fondo, á hora de facer balance do exercicio. O número de socios ascende a 32 e as expectativas para 1999 consisten en duplicar esta cifra.

Volver a Fondo Galego


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/1/99