É tempo de cooperar. Esa é a palabra
clave dos nosos días. Todos e todas, dende todas as instancias, públicas e privadas, oficias e críticas.
Cooperar non significa obviar o conflicto, non impide que cada quen faga unha lectura propia das súas causas
e naturaleza nin tampouco avanzar na súa solución, quizáis máis lentamente do debido,
pero nunha vía certa e segura, participativa e comprometida. Cooperar é internacionalismo solidario,
aceptación mutua, é diálogo, é conciencia, é posta en común; sen altruísmo
místico nin ansias de dominación; cooperar é o verbo dos que aspiran a configurar unha sociedade
universal máis humana e sostible, globalizada por unha razón reivindicada que debe aínda someter
a inxustiza.