Actualidade Exterior / nº 96-04/2003 de 17 de febreiro Volver ó índice
A guerra de Iraq: o desencontro europeo
 
 
Presentación

     
    Rara vez na historia da OTAN as diverxencias entre os Estados Unidos e os seus aliados europeos se teñen amosado con tanta acritude. Fontes próximas á organización aseguran que a petición de Turquía “pretende exercer un pouco máis de presión sobre os países discrepantes”, é dicir, Francia, Alemaña e Bélxica, para que autoricen o inicio dos plans militares solicitados por Washington. Dito doutro xeito, para que certifiquen a guerra contra Iraq. Finalmente, e como se agardaba, a ameaza contra Bagdad funcionou como caixa de resonancia da fractura na Unión Europea, facendo moi visible a debilidade estructural da súa política exterior, que sempre a enfrontará o Reino Unido e outros aliados filoamericanos, co compromiso comunitario.

O problema de fondo non pode xa ser ocultado. Nun contexto de competencia entre bloques internacionais –que dende a postguerra fría identifícase coa orde económica tripolar Estados Unidos-Unión Europea-Xapón- non se poden correr riscos pensando en ganancias incertas cando se teñen perdas potenciais.

Efectivamente, os países que máis se opoñen a unha agresión bélica por parte de Estados Unidos son os mesmos que teñen investido grandes sumas de diñeiro nos campos petrolíferos de Iraq e na súa reinserción no comercio internacional: Francia, Alemaña, Rusia e China. Ante unha ameaza común -a constatación de que hoxe existe unha única superpotencia, económica, política e militar para repartir dividendos-, os catro, xunto á Bélxica de Bruxelas, están formando un conxuntural bloque de facto coa intención de erixirse en freo da estratexia estadounidense. Unha estratexia que é percibida por unha parte significativa da opinión pública mundial como un expolio, non só de petróleo, senón doutras vontades e alternativas.

Os esforzos de Francia e Alemaña non teñen un baseamento irreflexivo nin conxuntural; Bruxelas ten moi presente a importancia que supón Rusia para un acordo político coa Unión, e, tamén, que o interese estadounidense por Moscova é, principalmente, que non se achegue a Europa. O cuadrilátero franco-chino-ruso-alemán, para consolidarse como alianza estratéxica de amplo espectro, precisa ter clara a ponderación dos intereses como bloque alternativo ós que vencellan a cada un con Estados Unidos de xeito bilateral.

Esta reflexión, que agora afonda as contradiccións internas da Unión e se amosa a xeito de desencontro, propicia un debate inevitable que podería cristalizar nunha visión específica da sociedade internacional contemporánea e unha aportación singularizada á nova orde mundial.
     
     
Índice

     
1   Irak y Europa”, por Eduardo Serra, en ABC, 11 de febreiro de 2003.

En definitiva, la Organización de Naciones Unidas ha fijado unas condiciones al Gobierno iraquí, condiciones reiteradamente incumplidas, y si no atajamos mediante la oportuna sanción ese incumplimiento, corremos el riesgo de convertir el orden vetusto y precario en un desorden anárquico e inmanejable.
     
2   Estados Unidos frente a Europa”, por Pablo Sebastián, en Estrella Digital, 10 de febreiro de 2003.

Existe en esta guerra otro coste añadido y novedoso para Estados Unidos: el pulso que Francia, Rusia y Alemania le están echando al Gobierno americano deslegitimando su pretendida acción democrática. (...) Es verdad que del lado americano están otros países europeos como Inglaterra, Italia y España, pero estas tres naciones no tienen el peso ni el prestigio en Europa como para representar la posición europea y mucho menos tienen la representación del conjunto de los ciudadanos europeos o de la gran mayoría que están decididamente en contra de la guerra.
     
3   L'ergastolo dei conflitti senza fine”, por Igor Man, en La Stampa, 10 de febreiro de 2003.

Gli Usa assicurano che la guerra durerà poco, al massimo settimane. Nessuno ama Saddam che ha sulla coscienza otto milioni di morti, ma tutti, in Italia se non altro, temono che questa guerra non sia l’ultima. E’ l’idea di un ergastolo bellico senza fine mai, a far gridare no alla guerra, non certo un presunto antiamericanismo.
     
4   Le bel avenir de leur guerre”, por Jean Daniel, en Le Nouvel Observateur, 10 de xaneiro de 2003.

Il est bien vrai, certes, que l’Europe vient de traverser une grave crise de sénilité. Huit de ses membres ont accepté de signer un texte affligeant de vassalité, où l’on peut observer en filigrane la prosternation devant l’empire américain ainsi que la dimension vindicative contre « l’arrogance franco-allemande ». Ce texte est d’autant plus médiocre qu’il est bâclé. Les signataires n’ont même pas eu l’habileté d’attendre les trois jours qui les séparaient de la promesse faite par le secrétaire d’Etat Colin Powell de publier des documents inédits et convaincants sur l’armement irakien.
     
5   Perigosa Clepsidra”, por Nuno Pacheco, en Público, 10 de febreiro de 2003.

Os destinos do mundo escoam-se numa perigosa clepsidra povoada de insanidade, desejo de sangue e falsas esperanças. O Iraque é apenas um pretexto imediato, no meio do caos global.
     
6   UE experts see change in Iraq, but more needed”, Axencias, en China Daily, 20 de febreiro de 2003.

The top UN arms inspectors said on Sunday quick progress and drastic change were needed from Iraq on disarmament despite the beginning of a change of heart, as the United States clashed openly with reluctant European allies.
     
7   Ni la guerre ni Saddam”, por Bernard Kouchner e Antoine Veil, en Le Monde, 3 de febreiro de 2003.

Avant tout, nous souhaitons que les membres du Conseil de sécurité organisent sans délai une conférence internationale qui mette en lumière les exactions de Saddam Hussein et amplifie la pression conduisant à son départ, au lieu de tout faire pour fabriquer un nouveau héros.
     
8   Europa americana, Europa europea”, por Sami Nair, en El País, 10 de febreiro de 2003.

El presidente Bush ha pasado a la fase siguiente: ha requerido directamente a sus clientes en Europa que se pongan en funcionamiento. El objetivo está claro: se trata de oponer una Europa americana a una Europa europea. Esta actitud debe ser encuadrada dentro del contexto estratégico más amplio, en el que EE UU se opone enérgicamente a toda elaboración de una política de seguridad y de defensa autónoma europea, como también a la existencia misma de una política exterior europea.
     
9   EEUU: La sociedad disidente”, por Paul Kennedy, en Clarín.

No obstante, la democracia norteamericana tiene algo de un sentido común básico. El pueblo siente que la guerra puede ser necesaria bajo ciertas circunstancias, pero debe tener límites y debe parecer racional y justa. Si bien la instantánea de Gallup y otras encuestas ya lo muestran, la mayor confirmación proviene quizá de una "Encuesta deliberativa" hecha a 343 ciudadanos en Filadelfia el 11 y 12 de enero.
     
10   L'Europe, combien de divisions?”, por Anthony Bellanger, en Le Courrier International, 10 de febreiro de 2003.

La lettre appuyant la politique belliciste des Etats-Unis vis-à-vis de l’Irak publiée dans la presse le 30janvier et signée de huit dirigeants européens est une sorte de déclaration de guerre - contre une politique extérieure européenne commune, qu’elle sape, et contre l’axe Paris-Berlin, qu’elle veut marginaliser.
     
11   Democracy in the new Iraq is a myth”, por Paul Preston, en Guardian, 10 de febreiro de 2003.

After the war (say, in about six weeks) General Tommy Franks will move in as supreme administrator of Iraq - your friendly foreign military dictator. Then, a year or so later, there will be some Kosovo-style tandem, a UN-civilian governor standing beside a Yank in braid. And two/three/four years on? Milk and honey time.
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/02/2003