Actualidade Exterior / nº 92-27/2002 de 23 de decembro Volver ó índice
Venezuela en estado crítico
 
 
Presentación

     
    A crise medra a pasos axigantados por efecto do paro xeral decretado pola Confederación de Trabajadores de Venezuela (CTV), Federcámaras e a Coordinadora Democrática (CD), a partir de 2 de decembro. Paro que, arestora, tomou a vía do indefinido, tanto no seu tempo como na súa orientación, sendo o seu eixe central o cese da explotación e subministro de petróleo que, seguindo cifras de Petróleos de Venezuela (PDVSA), acada xa o 90%. É a máxima presión sobre o goberno.

Renuncia do presidente e convocatoria de eleccións adiantadas, pide a oposición. O goberno fixa unha posición única: referendo revocatorio constitucional para o vindeiro agosto. As dúas posicións semellan hoxe irreconciliables, mentres medra a violencia e os mortos. O deterioro da situación é acelerado. A rúa xa non é de Chávez e a necesaria confrontación política non ten lugar xa no Parlamento ou nos foros de negociación. A confrontación goberno-oposición dáse na loita mediática e, directamente, na rúa.

Unha dificultade engadida para albiscar unha saída á crise é o feito de que a oposición non atopara nestes catro anos de goberno chavista unha posición de liderado que a conduza e represente. Se conduce coma un moi atomizado grupo de dirixentes e administradores do que resta dos partidos tradicionais, nacentes agrupacións políticas, líderes laborais e empresariais, e emerxentes representantes da autodenominada “sociedade civil”.

Por iso, cando se fala de eleccións, xurde unha longa lista de opositores coas miras postas na presidencia do país. Ata quizáis 20 posibles aspirantes que, segundo unha enquisa realizada por Consultores 21 a finais de novembro (xusto antes do inicio do paro xeral), terían tódalas papeletas para perder ante Chávez. O gobernador Enrique Mendoza, o dirixente político Henrique Salas Römer, o líder sindical Carlos Ortega, o deputado do movemento Primero Justicia Julio Borges, e o alcalde de Caracas, Alfredo Peña, ocupan lugar destacado nas enquisas. Pero tamén o vicepresidente da Asemblea Nacional, Ramón Simón Jiménez; o alcalde de Chacao, Leopoldo López; Henrique Salas Feo; os dirixentes de Acción Democrática, Rafael Marín, e de Alianza Bravo Pueblo, Antonio Ledezma; o directivo de PDVSA, Juan Fernández; o militar en desobediencia Enrique Medina Gómez, ou Carlos Ortega, líder da CTV e promotor do paro cívico, emerxen na posible lista, moi conxuntural, e na que ascenden e baixan os nomes continuamente.

Con dous bandos que non pensan dar un paso atrás nos seus posicionamentos, pode semellar que Chávez mantense no poder porque non hai unha reacción das Forzas Armadas -golpe-, ou porque, ó non recoñecer máis institución que sí mesmo, é incapaz de negociar, dialogar ou renunciar. Dos opositores, que tampouco o recoñecen como lexítimo presidente, por máis que, cómpre repetilo, o é, pódese dicir outro tanto.

Venezuela vive agora unha situación nova: nunca antes a industria petroleira, base fundamental dos seus ingresos, estivera paralizada dúas semanas seguidas. Venezuela produce como promedio 2.8 millóns de barrís diarios. Esa producción, refinamento da gasolina; cargas, saídas e entradas de barcos; xeración de gas e productos petroquímicos, acada actualmente non máis do 20% do normal. Toda a flota cargueira atópase ancorada e os cargos medios e superiores están sendo substituídos. Pero aínda completada esta tarea, o problema de fondo subsistirá.
     
     
Índice

     
1   Tiros en Caracas”, editorial en ABC, 17 de decembro de 2002.

La huelga general convocada en Venezuela contra el presidente Hugo Chávez ha entrado en su tercera semana con un gran impacto social y sin que los principales actores sean capaces de encontrar una solución civilizada. Era previsible que la radicalización creciente que exhiben los dos campos enfrentados (el oficialismo chavista, que aún goza de grandes apoyos entre las capas más pobres, y la heterogénea plataforma opositora) incrementara la tensión en la calle, a rebufo de los irresponsables líderes. Ayer volvieron a repetirse los tiroteos entre ambos bandos en varios puntos de Caracas, aunque no se produjeron víctimas. Pero es sólo cuestión de tiempo un nuevo derramamiento de sangre civil si unos y otros no desbloquean en breve el explosivo escenario en el que se ha instalado un país que camina hacia el precipicio.
     
2   La tensión monte”, en Le Nouvel Observateur, 16 de decembro de 2002.

L'opposition de droite, regroupée dans la Coordination Démocratique (CD), alliée à la Confédération des travailleurs du Venezuela (CTV) et à la fédération patronale Fedecamaras ayant lancé la grève le 2 décembre, s'est déclarée décidée à paralyser complètement le Venezuela.
     
3   Opposition Falters in Venezuela”, en Stratfor.com, 11 de decembro de 2002.

Venezuelan opposition leaders are considering a massive protest march against the presidential palace in Caracas, which President Hugo Chávez could use as an excuse for a violent crackdown. The Bush administration belatedly is trying to play a more assertive role in defusing the crisis in Venezuela, but Washington's efforts could be undermined and Chavez could become more confrontational if divided opposition leaders do not resolve their internal differences.
     
4   Bush contra Chávez”, editorial en El Periódico, 16 de decembro de 2002.

Estados Unidos debería mantener la neutralidad en la crisis de Venezuela para no radicalizar el conflicto.
     
5   La salida de Chávez”, editorial en La Vanguardia, 16 de decembro de 2002.

La legitimidad democrática de Chávez, de la que no hizo gala en sus tiempos de oficial golpista, se ha deteriorado de forma alarmante desde su reelección en julio del 2000. Y también lo ha hecho, en paralelo, la situación económica: el crecimiento para este año iba a caer un 6% y el desempleo se situaba en el 17%, según estimaciones anteriores a la actual huelga general.
     
6   Venezuela, un caso psiquiátrico”, por Andrés Oppenheimer, en Miami Herald, 16 de decembro de 2002.

En efecto, la retórica incendiaria del presidente populista Hugo Chávez ha logrado aunar en su contra a casi todos los sectores de la sociedad venezolana, haciendo que grupos normalmente antagónicos --como las organizaciones de empresarios y obreros-- se unieran en la actual huelga general que está paralizando ese país.
     
7   Sangre y petróleo”, por Carlos Alberto Montaner, en El Tiempo, 17 de decembro de 2002.

Muchos de los 'cuadros bolivarianos' han sido adiestrados en La Habana. El verdadero aporte del gobierno de Castro al gobierno de Hugo Chávez consiste exactamente en eso: en la ingeniería represiva. Como el imperio romano transmitía acueductos, basílicas y anfiteatros a sus colonias, el imperio ruso reproducía en ellas sus calabozos, paredones y sistemas de control. El principal legado del comunismo soviético a la revolución cubana fue el Ministerio del Interior, con sus técnicas de espionaje, sus 'Comités de defensa de la revolución' y su inmenso, eficaz y prácticamente inexpugnable aparato policiaco.
     
8   Chávez: ni renuncia, ni elecciones”, por Carlos Chirinos Vásquez, en BBC, 16 de decembro de 2002.

En su programa, Chávez también criticó a representantes de otros gobiernos que hacen consideraciones sobre la situación venezolana, según él, sin tener el conocimiento suficiente.
     
9   Normalidad en centro de Caracas y en renglón petrolero”, en Granma, 17 de decembro de 2002.

La normalidad se mantiene hoy en el centro de esta capital y el sector petrolero va tomando su curso habitual, mientras grupos opositores al gobierno siguen intentando desestabilizar al país con la obstrucción de varias autopistas para impedir el tránsito.
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/12/2002