Actualidade Exterior / nº 91-26/2002 de 9 de decembro Volver ó índice
Lucio Gutiérrez: outro ecuador para Ecuador
 
 
Presentación

     
    A victoria de Lucio Gutiérrez Borbua, cun 54,52% dos votos en segunda volta, nas eleccións presidencias de Ecuador certifican o éxito da alianza política (Sociedad Patriotica-Pachakutik) establecida hai dous anos, con motivo do golpe contra Mahuad, entre militares e indíxenas. A explicación da confluencia entre o indíxena, o social e o militar ten que ver, segundo Edie Sánchez -director da campaña electoral de Gutiérrez- co sector progresista nacido nas Forzas Armadas nos anos 70 cando, auspiciado polos Estados Unidos, o Exército tomou maior contacto coa poboación para evitar a penetración de movementos subversivos. A estratexia tivo, pola contra, o efecto de desenvolver unha maior conciencia social entre o Exército.

O que Lucio Gutiérrez non acadou pola vía insurreccional, o conseguiu agora pola democrática: a representación da poboación indíxena, marxinada cultural e economicamente polas elites político-institucionais brancas. Pachakutik, fronte electoral da poderosa CONAIE (Confederación de Nacionalidades Indíxenas do Ecuador), goberna en 27 municipios de 17 provincias e en cinco prefecturas e aporta 11 deputados ós 6 acadados por Sociedade Patriótica, o que coloca a alianza gobernamental como a segunda forza do Congreso.

A saída adiante da fonda reforma política e estatal anunciada por Gutiérrez será complicada, xa que o novo presidente terá que negociar cun atomizado Congreso no que, contrastando vivamente co sucedido nas presidencias, o Partido Social Cristiano (PSC), o PRE e ID, os partidos dominantes tradicionais, acadaron as bancadas máis nutridas.

E non será o único problema: non sentaron nada ben no movemento indíxena as primeiras declaracións do presidente Gutiérrez ao afirmar que a área económica do novo Goberno estará reservada a empresarios e banqueiros “honestos”, e a área social, aos movementos sociais. ”Non compartimos o criterio tradicional de que a economía vaia por unha banda e o social por outra. A nosa intención é que se dean a man”, replicou Nina Pacari, deputada de Pachakutik. Para tranquilizar aos socios do MUPP-NP (Movimiento Unidad Plurinacional Pachakutik- Nuevo País) a raíz da súa viraxe cara o centro coa intención de pechar un goberno de converxencia nacional con forte presencia empresarial, Gutiérrez asegura que non aplicará un paquetazo, é dicir, novas medidas de axuste traumáticas da economía, porque, efectivamente, “os ecuatorianos non resisten máis”.

Durante a campaña, Gutiérrez viaxou a Estados Unidos para entrevistarse con empresarios, banqueiros e representantes do FMI (o país vive pendente dun novo creto de 240 millóns de dólares), aos que tranquilizou coa promesa de manter a dolarización e coidar a austeridade fiscal, algo difícil de conciliar coa intención de reducir a pobreza, priorizando o investimento en educación e saúde.
     
     
Índice

     
1   Despite Reassuring Statements, Questions Linger About Ecuador's Next
Government
”, en Stratfor.com, 26 de novembro de 2002.

Ecuadoran President-elect Lucio Gutierrez is promising business- and investor-friendly economic policies. However, he likely will have a difficult time implementing such policies: Millions of poor voters who supported Gutierrez's campaign expect a sharp turn away from free-market policies as well as increased subsidies and more government intervention in the economy.
     
2   Gutiérrez presidente de Ecuador”, en El Universal, 25 de novembro de 2002.

Tras agradecer “a Dios, a su familia y a su partido político”, el ex golpista aseguró que el pueblo “ha confiado en un hombre sencillo, honesto, en un ecuatoriano que ama profundamente a su país, que está convocando a la paz a todos, que dará seguridad y trabajo”.
     
3   Lucio y la confianza”, por Manuel Maldonado, en Diario Expreso, 28 de novembro de 2002.

Su holgado triunfo debe atribuirse a su estrategia aperturista que lo alejó del radicalismo con el que fue percibido inicialmente cuando a raíz del levantamiento del 21 de enero del 2000 se confesó un admirador de Hugo Chávez.
     
4   La tercera vuelta”, por Rodrigo Fierro Benítez, en El Comercio, 28 de novembro de 2002.

El país real es lo que le espera al nuevo Mandatario. Con todos sus muy complejos problemas, bastante bien definidos en cuanto a sus causas, las de bulto, las obvias. Numerosísimos los diagnósticos de la situación de tales problemas. Muy pocos de ellos señalan los caminos con los cuales se inicien las soluciones. Un país huérfano de instituciones sólidas. Pobre en políticas de Estado.
     
5   Lucio Gutiérrez, héritier de la Révolution française”, por Christine Lévêque, en Courrier International, 28 de novembro de 2002.

Le colonel de gauche Lucio Gutiérrez sera le nouveau président du pays en janvier prochain. Sans Idéologie définie, mais auréole d'un statut de pourfendeur de la corruption, il annonce un gouvernement d'union nationale.
     
6   Ecuador y el cambio en América Latina”, por Mariano Aguirre, en diario El Correo, 28 de novembro de 2002.

La victoria de Lucio Gutiérrez en la segunda vuelta de las elecciones para presidente de Ecuador confirma la necesidad de cambio político y económico que tienen amplios sectores sociales en América Latina.
     
7   Los indígenas tienen que ser incorporados en el desarrollo social y económico del Ecuador”, entrevista de Comité Internacional Arco Iris a Lucio Gutiérrez, en Rebelión, 24 de noviembre de 2002.
     
8   Gutiérrez debe entender que si no atiende las reclamaciones indígenas no podrá gobernar”, La CONAIE se desmarca, en Rebelión, 28 de novembro de 2002.
     
9   L'Equateur en éruption”, por José María Tortosa, en Le Monde Diplomatique, marzo de 2000.

En «dollarisant» l'économie et en faisant payer la facture de la crise économique aux plus défavorisés, le président Jamil Mahuad a provoqué un coup d'Etat, mené par plusieurs dizaines d'officiers progressistes, le puissant mouvement indigène et quelques acteurs politiques de l'opposition.
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/12/2002