| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
“Comeza unha nova páxina en branco despois deste 3 de novembro”.
Pasadas as eleccións, esta impresión de Tayyip Erdogan, líder do gañador Partido da
Xustiza e o Desenvolvemento -AKP-, inhabilitado polos militares-xuíces para exercer a dirección política
do país, non pode ser máis certa en canto á descomposición do sistema de partidos acontecida.
Non o é, sen embargo, en canto á conxuntura na que se atopa Turquía: ás portas da Unión
Europea, sen arranxar o conflicto chipriota, e nunha complicada situación fronte a un máis que probable
ataque a Iraq.
Certamente, a victoria dun partido de corte islámico é un volco na progresión contemporánea
turca, país que, mália declararse musulmana o 99% da poboación, debe o seu Estado laico á
vixiancia e veto exercido polos militares, instalados no corazón do réxime a través do Consello
de Seguridade Nacional, -MGK-.
A política de goberno, paternalista e clientelar, tense amparado na decisión última dos militares
para agochar os seus propios erros, que son vistos cada vez máis, en Turquía e fóra dela,
como a transformación do moderno legado de Kemal Ataturk en conservadurismo, apoiado nunhas elites políticas
inamovibles e, polo tanto, inclinadas á corrupción.
Paradoxalmente, nunha sociedade desexosa de cambios e liberdade, e aparentemente desorientada en canto á
súa identidade, o electorado semella que ten decidido que a modernidade está no islam político
do AKP, que viría propugnar un xeito de “socialdemocracia islamista”, en verbas de Esra Kuyas, especialista
do movemento islamista na Universidade de Galatasaray: “unha mestura de conservadurismo sobre os temas de orde
social, e democracia no que toca á organización política e económica da sociedade”,
describe.
Nun país golpeado dende hai dous anos por unha crise económica de gran magnitude, un 20% de desempregados,
case o 50% baixo a liña da pobreza, e grandes desigualdades rexionais, a énfase do AKP na satisfacción
das necesidades dos cidadáns semella remitir ás políticas redistributivas, unha razón
de voto netamente occidental, socio-liberal. Hai tamén un espello occidental no que se miran moitos turcos,
que non entenden moi ben porque os seus emigrantes poden leva-lo pano (no traballo, na escola) en Europa, pero
non en Turquía. Dende esta perspectiva, a cúpula militar tería negado non só os dereitos
culturais das minorías (kurda, maiormente), senón os de moitos turcos. Estas preguntas que, se cadra,
pulularon no maxín do electorado, semellan desembocar noutra: ¿Que é máis anacrónico:
unha democracia dirixida por militares, ou unha democracia islámica?
Para Occidente, e a Unión Europea en particular, a pregunta é outra: ¿Falará o novo
goberno turco máis do Islam ou de Europa?. E, despois da declaración do AKP en canto a que a súa
prioridade absoluta será o ingreso de Turquía na UE -que rompería cunha posible política
islamizante para seguir coas reformas-, a pregunta é inevitable: ¿se lle pode creer?
O AKP fundouse hai un ano das cinzas dos prohibidos Partido do Benestar e Partido da Virtude, dos que toma os elementos
menos radicais do seu islam, fracción esta da que se ten publicamente desvencellado ó longo do ano.
De feito, o partido autodefínese como non relixioso, democrático e conservador. Cun 34,2% dos votos,
o AKP acadou 363 dos 550 escanos do Parlamento, polo que será quen de formar goberno por si mesmo, cousa
que non ocorreu nos últimos quince anos. Foi precisamente a descomposición da ampla coalición
de goberno (esquerda, socialdemocracia, centro e extrema-dereita), xunto á enfermidade do primeiro ministro
Ecevit, o que provocou o adianto das eleccións, inicialmente previstas para 2004.
Erdogan, condenado por “incitar o odio relixioso” tras recitar un versos islámicos ós seus seguidores,
non poderá sentar no Parlamento nin, polo tanto, ser o xefe de goberno, tarefa que, en boa lóxica,
recaería no seu número dous, Abdulá Gul, por máis que o presidente da República,
Ahmet Necdet Sezer, teña xa lembrado que é el quen nomea o primeiro ministro. Cumio dunha situación
política moi complicada é o feito de que o seu partido tamén está ameazado de ilegalización,
pero non é probable que o Tribunal Constitucional se pronuncie antes dun ano se é que, finalmente,
segue o caso adiante. O AKP non oculta que o seu propósito é reformar a Constitución (e está
a catro escanos da posibilidade de facelo) para que, entre outras cousas, non volva a darse este caso.
A descomposición do sistema de partidos tradicionais é total. De oito partidos que formaban o vello
Parlamento, pasamos agora a tan só dous. Algo semellante ocorre co voto de castigo ó sistema reflectido
no 1,2% de apoio que recibe o Partido da Esquerda Democrática -DSP- de Ecevit. A cómoda maioría
que tiña a coalición no poder dende hai só tres anos non se correspondía xa, nin remotamente,
coa opinión verquida nas urnas o 3 de novembro. Era, o saínte, o goberno que implantou o principio
das reformas requiridas pola Unión Europea para achegarse á candidatura definitiva. A UE terá
que facer unha proba á vista de todos acerca da súa experiencia, coñecemento e vontade para
tratar cun goberno “relixioso” en Ankara, o goberno dun país que, con 65 millóns de habitantes, sería
o máis poboado da Unión.
O outro partido que obtén representación parlamentaria é o Partido Republicano do Pobo -CHP-
de Deniz Baykal, centro esquerda socialdemócrata que acada o 19,3% dos votos e 178 escanos. Respecto á
formación do novo Parlamento, reducido a dous partidos, cómpre precisar, que a representación
do 65% das bancadas para o AKP correspondese realmente cun 25% do voto turco. Algo semellante ocorre co CHP: 35%
dos escanos, pero só 15% do total de votos. O CHP, vello partido de Kemal, a partir de agora oposición
única parlamentaria, representa, segundo a inmensa maioría dos analistas, o voto laico e pro-occidental.
Nestas bancadas salienta sobre maneira a presencia de Kemal Dervis, ex ministro de Economía e ex vicepresidente
do Banco Mundial, artífice do plan de recuperación económica do país e da aprobación
dunha axuda de 16.000 millóns de dólares por parte do FMI. Dervis e o CHP, moi próximos nos
últimos tempos, serían os interlocutores preferidos polos mercados e as institucións internacionais,
por máis que a relación entre o novo goberno turco do AKP e o FMI non semella estar en perigo. A
formación do novo Parlamento quedaría completada cos nove escanos restantes que serían para
independentes.
Noutra orde, a relación determinante, tanto conxuntural como estructuralmente, segue a ser a que une este
país con EE.UU, nominalmente a través da OTAN. O AKP ven de sinalar que, respecto á cuestión
iraquí, o seu goberno non se pronunciará ata coñecer a opinión da ONU; niso non hai
ningunha novidade. O executivo saínte de Ecevit dicía o mesmo. Hoxe coma onte, Turquía segue
a perder cunha confrontación con Iraq. Abdulá Gul lembra estes días que o seu país
sufre aínda as consecuencias da guerra do Golfo, e estima as perdas en ingresos comercias en 40.000 millóns
de dólares. O creto do FMI ten algo de reparación, pero a economía rexional, o equilibrio
rexional (Turquía teme ademais a posible creación dun Estado kurdo que podería traer unha
nova guerra), volve a estar en perigo en toda a zona sen saír aínda da crise anterior. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“El avance
islamista turco”, por I.
Álvarez Osorio, en El Correo Español-El Pueblo Vasco, 5 de novembro de 2002.
Turquía se ha visto sacudida por
un terremoto político en las recientes elecciones legislativas. El aplastante triunfo del islamista Partido
de la Justicia y el Desarrollo (AKP), que ha obtenido un 34% de los votos y 362 escaños, se ha visto acompañado
por la derrota sin paliativos de los partidos tradicionales, de los cuales sólo el kemalista Partido Republicano
del Pueblo se ha conseguido salvar de la criba, al captar cerca del 20% del voto y 179 escaños. La primera
de las lecturas que pueden hacerse de estos resultados es que cuestionan de manera abierta el proyecto modernizador
y laico de Atatürk, basado en una estricta separación entre Estado y religión. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Turquía y Europa”, por Lluís
Fox, en La Vanguardia,
5 de novembro de 2002.
La rotunda victoria del islamismo moderado
en las elecciones turcas es una sacudida sin precedentes en la Turquía moderna fundada por Kemal Ataturk
al término de la Gran Guerra. No es que haya ganado la izquierda o la derecha. |
| |
|
|
| 3 |
|
“A
new chapter”, editorial en Turkish Daily News, 4 de novembro de 2002.
The Turkish people have proven their democratic
maturity and integrity on November 3 by finishing off all the coalition parties and the main opposition party
at the ballot box and voting the conservative democrat Justice and Development Party (AK Party) into office. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Ilegalización
de partidos e islamismo turco”, por Rafael Navarro-Valls,
en El Mundo, 5 de novembro de 2002.
Estrasburgo refrendó en 2001 la ilegalización
del Partido del Bienestar porque amenazó con imponer el Corán. |
| |
|
|
| 5 |
|
“La triple négociation entre la Turquie et
l'Europe”, por Laurent Zecchini,
en Le Monde, 5 de novembro de 2002.
Les turcs n'en seront pas mécontents:
pour une fois, c'est l'Europe qui est en attente de la Turquie. Certes, l'annonce des résultats du scrutin
de dimanche 3novembre ne va pas apporter de réponse immédiate au triple défi que pose Ankara
à l'Union européenne (UE). Au cours des prochaines semaines, les orientations du gouvernement qui
va succéder à celui de Bülent Ecevit vont influencer profondément la question de la candidature
de la Turquie à l'UE, l'avenir institutionnel de Chypre, ainsi que celui de la défense européenne,
trois dossiers qui constituent des ferments de division entre les Quinze. |
| |
|
|
| 6 |
|
“L'épouvantail
islamiste”, por Joséphine Dedet,
en Jeune
Afrique, nº 2.178, do 7 ao 13 de
outubro de 2002.
Sans se réclamer de l'islam, les
dirigeants de l'AKP prônent une réforme du système politique «corrumpu et responsable
des difficultés économiques». S'ils invoquent la démocratie et l'entrée dans
l'Union européenne (UE), c'est pour profiter de tous leurs avantages. |
| |
|
|
| 7 |
|
“Throw
the rascals out”, en The Economist, 2 de novembro de 2002.
An ex-mayor of Istanbul, he himself has
been banned from standing for Parliament, because he was once convicted of (supposedly) inciting religious hatred
by reciting a poem to a public meeting. An Islamist, cry his enemies. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Turquía:
tan cerca, tan lejos”, por Bulent Aliriza, en La Vanguardia,
2 de novembro de 2002.
La respuesta de Turquía a su incierto
papel en la posguerra fría consistió en la búsqueda de una nueva reafirmación de su
carácter de socio del club occidental de países a través de la cuestión de su ingreso
en la Unión Europea. |
| |
|
|
| 9 |
|
“¿Existe
una excepcionalidad turca?”, por Semih Vaner,
en El País, 2 de novembro de 2002.
Muchos observadores occidentales tienen
recelos -y quizá no se equivocan del todo- sobre el lugar que ocuparía el islam político tras
estas elecciones, y los ojos se vuelven evidentemente hacia su principal representante. |
|