| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
Angola avanza decididamente cara o final da guerra civil, que durou
27 anos, devastou o país e provocou a fuxida de gran parte da súa poboación. O pasado 30 de
marzo, o Exército de Angola e os rebeldes de UNITA acordaron un cese o fogo, que foi formalmente ratificado
e asinado o 4 de abril ante a presencia do presidente angolano, Eduardo Dos Santos, o novo líder do movemento
de UNITA, xeneral Paulo Lukamba Gato, o secretario xeral da ONU, Kofi Annan, e representantes de Estados Unidos,
Rusia e Portugal, a antiga potencia colonial. A sinatura do cese o fogo se produce aproximadamente un mes despois
do asasinato do líder rebelde, Jonas Savimbi, e da máis que probable morte do seu vicepresidente,
Antonio Dembo. O acordo para a paz en Angola prevé unha amnistía para os rebeldes de UNITA e a integración
de 50.000 dos seus combatentes dentro das filas do Exército.
Coa morte de Savimbi péchase a paréntese aberta coa desaparición de Agostinho Neto (líder
do MPLA), en 1979, e o semi-retiro da política activa de Holden Roberto (FNLA). Ese difícil pasado
pode quedar atrás se os angolanos son quen de tirar o balance preciso e a comunidade internacional se decide
a alentar un intenso compromiso coa normalización da súa vida política. Dende o pasado 14
de marzo non se ouven tiros en Angola. Cómpre dar unha oportunidade á sociedade para intervir activamente
no asentamento desa tregua, facendo irreversible o proceso de extensión do poder do Estado a todo o territorio
angolano e de lexitimación do poder político de Luanda. O abandono da mata por parte de UNITA debe
ser correspondido por José Eduardo dos Santos, actual presidente que xa anunciou que non se presentará
aos próximos comicios, cun esforzo de integración institucional que debe ir máis alá
da iniciativa de UNITA e trascender a base bilateral para xerar unha nova dinámica política no país.
Cómpre non esquecer que as razóns da guerra están ligadas á incapacidade de Luanda
de integrar aos diferentes grupos nacionais, un problema que non se resolve automaticamente coa morte de Savimbi
por moito que facilite o regreso á mesa de negociacións.
Os ventos exteriores tamén son favorables á paz. Bush procura alternativas ao petróleo de
Arabia Saudí, aliado cada vez máis incómodo, pero que aínda ten as maiores reservas
do mundo e representou en 2001 preto do 30 por cento das importacións enerxéticas estadounidenses.
Angola abastece hoxe pouco máis dun 5 por cento das importacións de petróleo de Washington. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Angola,
guerra por el petróleo y los diamantes”, en Observatorio
Cidob, abril 2002.
País petrolero a punto de competir
con las monarquías del Golfo Pérsico después de los nuevos descubrimientos de yacimientos
off shore, estado marítimo con una superficie de 1.246.700 kilómetros cuadrados y con una población
estimada en 11 millones de habitantes, Angola está dividida en dos. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Memorando
de Entendimento para Cessar-fogo marca viragem no processo de pacificaçao de Angola”, en Angola-Press,
abril de 2002.
Tanto militares, como políticos do
governo e da Unita directamente envolvidos nas negociaçoes para a obtençao da paz, têm pautado
por uma postura que demonstra vontade de reconciliaçao urgente dos angolanos, passando pela pacificaçao
dos espíritos e esquecimento do passado sem ressentimentos de espécie alguma. |
| |
|
|
| 3 |
|
“After
27 Years of War, Angola Appears Headed Towards Peace”,
en South African Press Association (Johannesburg), 17 de marzo de 2002.
According to the most conservative estimates,
more than 500,000 people have died in the civil war, which followed a 14-year independence war against Portugal,
and more than one-third of the nation's 12 million people have been displaced. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Peace Accord Offers Chance to Break Cycle of Natural
Ressources Funding Conflict”, en Global Witness (London), 3 de abril de 2002.
International oil companies, such as Chevron
Texaco, TotalFinaElf and ExxonMobil, are complicit in this process because, although they routinely provide information
about their pax payments in developed countries, they refuse to publish what they pay to the Angolan Government. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Allegations
of Embezzlement of "Petrodollars"”,
en United
Nations Integrated Regional Information Networks,
26 de marzo de 2002.
International law enforcement agencies have
been handed a dossier alleging that millions of dollars of Angola's petroleum revenue have been embezzled. |
| |
|
|
| 6 |
|
“Annan
Envoy Pushes Peace Deal”, en Africa Recovery,
United Nations (New York), 4 de abril de 2002.
Diplomatic efforts to end the decades-long
Angolan civil war after the death of rebel leader Jonas Savimbi have shifted into high gear with the arrival in
Luanda of Ibrahim Gambari, UN Secretary-General Kofi Annan's special adviser on Africa. |
| |
|
|
| 7 |
|
“E
Despois do Calar das Armas?”, por Fernando Balthazar de Lima, en O Mundo em Português, abril 2002.
O desenvolvimento de uma UNITA forte como
partido político e de um movimento cívico genuíno sao condiçoes importantes para afastar
ou diluir os tiques autoritários que se foram acumulando em Luanda nos anos de guerra subsequentes a 1992.
O abrandamento das perseguiçoes à imprensa independente é um sinal encorajador, mas nao suficiente. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Génese
e Dissoluçao de um Conflicto”,
por Fátima Monteiro, en O Mundo em Português, abril 2002.
Á excepçao do caso de Cabinda,
o espectro da fragmentaçao territorial de Angola em linhas étnicas parece hoje mais irreal do que
nunca. Determinante é o afastamento definitivo da cena política das lideranças bélicas. |
|