| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
As eleccións do 17 de marzo en Portugal constitúen
un punto de partida para unha nova fase na vida nacional, tanto no político como no económico. No
primeiro aspecto, a minoría maioritaria do PSD aproxima posicións ao CDS/PP para formar un goberno
de coalición de signo liberal conservador comprometido coa recuperación do dinamismo que Portugal
caracterizou nos anos oitenta e noventa.
O mal estado da economía portuguesa, cunha probable caída do PIB e un déficit fiscal descontrolado,
esixirá importantes sacrificios da sociedade lusa. Algúns proxectos emblemáticos como o novo
aeroporto de Lisboa e outras infratestructuras se poderían ver sacrificados. As dificultades abarcan todos
os sectores, dende a sanidade pública ata as previsións da Eurocopa 2004 ou as penurias dos navíos
daquela Armada portuguesa que noutro tempo fixera súa a voz de Camoes: "... e se máis houvera,
lá chegara".
A estratexia dos Portas resultou a gañadora. Os socialdemócratas venceron e regresarán ao
poder despois de seis anos de goberno socialista, como lembra Maria de Lurdes Vale no Diário de Noticias,
pero a conquista de Durao Barroso non foi completa, como a derrota do PS foi relativa. Quen máis motivos
teñen para festas son os dous Portas, os irmáns Paulo e Miguel que dende o CDS/PP e o Bloco de Esquerda,
respectivamente, conseguiron transformar nun dato substancial a súa minoría, a dereita e a esquerda.
No caso de Paulo e o CDS/PP, aínda perdendo un deputado (en Viana do Castelo), situaronse como terceira
forza no Parlamento, por diante da CDU, consolidando unha oferta política que moitos daban por fenecida
a seguir destas eleccións. Portas resistiu e o seu concurso vai ser decisivo para a gobernabilidade nos
próximos anos. No caso de Miguel, o ascenso do Bloco de Esquerda, con ser cativo (18 mil votos e un 13,5
en porcentaxe), implica un deputado máis (Joao Teixeira, no Porto) e representa a única forza de
esquerda que consigue incrementar lixeiramente o seu respaldo electoral.
Portugal é hoxe un país sorprendido do mal estado da súa economía. Durao Barroso deberá
realizar notables esforzos para que a opinión pública recupere a súa confianza e a vella
Lusitania retome a senda de nivelarse con Europa. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
Resume dos resultados das eleccións lexislativas, global e por distritos, con indicación da variación de
mandatos, de Publico, 20 de marzo de 2002. |
| |
|
|
| 2 |
|
Viraje
portugués, editorial de El País, 19 de marzo de 2002.
Los ciudadanos portugueses han dado por
concluido un ciclo socialista de seis años con el ajustado triunfo de los socialdemócratas (PSD)
de José Manuel Durao Barroso, que pese a su nombre ocupan el espacio liberal conservador. |
| |
|
|
| 3 |
|
Repetir
Cavaco?, por José Antonio Saraiva, en Expresso, 19 de marzo de 2002.
É preferível, portanto, partir
já para um acordo com o PP e para um governo maioritário, que garanta uma base estável no
Parlamento. |
| |
|
|
| 4 |
|
Maioría
a negociar, por María de Lurdes Vale, en Diário
de Notícias, 18 de marzo de 2002.
Os portugueses deram a vitória eleitoral
ao PSD mas evitaram a maioria absoluta de um só partido. O centro-direita sai vitorioso e a próxima
soluçao governativa pode ter de passar por um entendumento entre sociais-democratas e populares. |
| |
|
|
| 5 |
|
O
novo ciclo, por Joaquim Pina Moura,
en Diário
de Notícias, 19 de marzo de 2002.
Em meu entender, ele confirma uma bipolarizaçao
incompleta do sistema político, bem patente no facto de, pela terceira vez consecutiva, o partido vencedor
alcançar uma maioria relativa, aliás, muito próxima do número de mandatos alcançados
pelo principal partido da oposiçao (sete deputados a mais). |
| |
|
|
| 6 |
|
Na
hora da verdade, por Edgar Correia,
en Publico, 19 de marzo de 2002.
O regresso da direita ao poder, em condiçoes
distantes da maioría absoluta monopartidária reclamada pelo PSD, se é irrecusável do
ponto de vista da legitimidade democrática, nem por isso terá que ser considerado, de um ponto de
vista político, como positivo para o país. |
| |
|
|
| 7 |
|
A
mudança, por Nicolau Santos,
en Expresso, 19 de marzo de 2002.
Por isso, um governo que dê estabilidade
ao país passa, incontornavelmente, por uma coligaçao governativa entre PSD e PP. Mas isso nao chega.
O sucesso desta soluçao depende ainda da existência de um primeiro-ministro forte e decicido e do
homem que ocupar a pasta das Finanças, que será um cargo-chave no próximo executivo. |
| |
|
|
| 8 |
|
A
viragem à dereita, por Vital Moreira,
en Publico, 19 de marzo de 2002.
O grande derrotado das eleiçoes é
outra vez o PCP. Perdeu mais dois pontos porcentuais no seu "score" eleitoral, ficando agora reduzido
a sete por cento dos votos e a 12 deputados somente, uma descida de cinco, quase um terço dos que tinha
no anterior parlamento. |
| |
|
|
| 9 |
|
CDS-PP
seguro no governo para jornais estrangeiros,
por Sonia Trigueirao, en Correio da Manhã,
19 de marzo de 2002.
Os jornais de referência da imprensa
estrangeira sublinham a vitória do PSD "sem maioria absoluta" e noticiam que Durao Barroso terá
de constituir governo em coligaçao com o PP. |
| |
|
|
| 10 |
|
España
como ejemplo, en ABC,
19 de marzo de 2002.
Durao, que tiene a Aznar como ejemplo, tiene
una papeleta parecida a la que se encontró el PP cuando desalojó al PSOE del Ejecutivo. |
| |
|
|
| 11 |
|
Mandate
for an odd couple, en The Economist, 23 de marzo de 2002.
Mr Durao Barroso campaigned promising to
give the sluggish economy a "fiscal shock": he would cut corporation tax, over time, from today's 28%
to 20%, and the top rate of income tax from 40% to 35%. |
|