| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
Renato Ruggiero acabou por renunciar ao Ministerio de Exteriores.
O mesmo Berlusconi encargarase da carteira abandonada. Rematan asi seis meses de tensión no seo do executivo
italiano, e entre este e a Comisión Europea, agravada nos poucos días de vixencia formal do euro.
Ruggiero desiste do seu labor de limpar a imaxe do goberno italiano ante os socios da UE.
A UE optou pola táctica do disimulo cara o goberno, con tinguiduras cada vez máis autoritarias, de
Berlusconi e os seus aliados, Fini e Bossi. Ante os escasos resultados da contundente actitude manifestada a respecto
da crise austríaca de comezos do ano 2000, os dirixentes europeos e de Bruxelas optaron pola vía
do silencio cara o exterior e a presión no interior do executivo italiano. Apoiados polos sectores máis
europeístas do mundo empresarial italiano (Fiat) e certos poderes políticos (Presidencia da República)
conseguiron impoñerlle a Berlusconi un Ministro de Exteriores no que podían confiar tanto a Comisión
Europea, presidida por un R. Prodi que o derrotara nas lexislativas de 1996, como París e Berlín.
Ruggiero foi durante seis meses o home que tentou limar as constantes asperezas entre Roma e Bruxelas.
Ninguén gustaba das imaxes nas que os ministros evitasen saudar a un homónimo como sucedera no caso
austríaco. Daquela os dirixentes europeos esquivaban á Ministra de Exteriores austríaca do
ultradereitista Partido Liberal (FPÖ) de Haider. Tras unha prolongada crise, e as presións dos democristiáns,
houbo que optar por gardar as formas e a crise austríaca foise adiando, que non resolvendo, pola vía
do silencio mediático. Reproducir un episodio semellante era conflictivo en exceso cando faltaba medio ano
para a entrada en vigor, como moeda que non como divisa, do euro. Berlusconi e Bruxelas asi o entenderon. O primeiro
ministro italiano evitou o choque, nomeando un ministro aceptado por Bruxelas e esta gardou prudente silencio ante
a presencia no executivo de forzas (Alianza Nacional e Liga Norte) dun cariz semellante aos "liberais"
de Haider.
Pasado o tempo necesario, a tensión acumulada durante meses, estourou en poucos días. A cuestión
era facer crible aquelo que dixera o seu ex - patrón Gianni Agnelli durante a campaña electoral :
"Italia non é unha república bananeira". Co apoio de Agnelli, Berlusconi puido gañar
as lexislativas. Agora o presidente honorario da Fiat considera que: "aquí nin sequera temos bananas,
todo o máis figos chumbos". O certo é que os desencontros entre a UE e Roma foron constantes
nos meses precedentes (programa Airbus; participación de tropas italianas en Afganistán; declaracións
de Berlusconi sobre a supremacía da civilización cristiá; euroorde; declaracións críticas
co euro dos pesos pesados do executivo -Tremonti (Economía), Bossi (Reforma Institucional), Martino (Defensa)-,
etc...
Berlusconi elude a presencia do ministro "técnico", segundo as súas palabras, "xa
que o goberno non necesita titor". Os vencedores da crise están eufóricos. Berlusconi resólvea,
de momento, asumindo el mesmo a carteira de Exteriores, incluso é posible que durante bastante tempo. A
razón, atopar un substituto axeitado para Ruggiero. A carteira de Exteriores é, evidentemente, unha
das máis desexadas e os pretendentes moitos, comezando polo líder da dereitista Alianza Nacional,
o "popular" Gianfranco Fini, quen considera que o seu partido merece unha maior presencia no executivo.
Este nomeamento só agravaría a situación. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
Berlusconi
no encajará en Europa, por Darío Valcárcel,
en ABC, 10 de xaneiro de 2002.
La dimisión de Renato Ruggiero...
no es un incidente de gobierno sino una revelación de fondo que deja desnudo al primer ministro en el centro
del escenario. Las divisiones del gobierno son tan profundas que Silvio Berlusconi no ha podido cubrir la vancante
y ha comprado tiempo: "Desempeñaré la cartera de Exteriores durante seis meses". |
| |
|
|
| 2 |
|
Cambio
de política exterior, por Paolo Flores d'Arcais, en El
País, 13 de xaneiro de 2002.
...Creer en serio que con el despido de
Ruggiero no cambiará nada en la política exterior de Italia significa forzar también la lógica....
Cambiará (ha cambiado) la actitud del Gobierno italiano frente a las instituciones europeas, y sobre todo
frente a su futuro próximo. |
| |
|
|
| 3 |
|
¿Otra
relación transatlántica?,
por Emilio Menéndez del Valle, en El País,
13 de xaneiro de 2002.
Al presidente del Gobierno italiano no le
ha bastado deshacerse del mascarón de proa europeísta de su Gabinete, sino que lo ha hecho humillándole
a él y a su entorno de confianza... lo que ahora importa es señalar la degradación, confusión
y ridículo que se han apoderado de la política italiana, incluída la política hacia
Europa (o mejor dicho, la carencia de política europea). |
| |
|
|
| 4 |
|
Gli
sdoganati del Cavaliere, por Giorgio Bocca,
en La
Repubblica, 12 de xaneiro de 2002.
La voce sempre più insistente che
al ministero degli Esteri potrebbe andare il leader del Msi e ora di An, il prima neofascista e ora postfascista
Gianfranco Fini non desta particolare stupore: non ci sono limiti nell'Italia di Berlusconi alla devastazione della
democrazia e della sua immagine. |
| |
|
|
| 5 |
|
Se
Berlusconi diventa Andreotti, por Marcello Sorgi, en La
Stampa, 11 de xaneiro de 2002.
L'uscita di Ruggiero dal governo, tolto
il prezzo da pagare in termini di immagine all'estero e di rapporti con i partner europei, avrebbe dovuto tranquillizzare
i mugugni del centrodestra, che aveva mal digerito, fin dall'inizio, l'ingresso nel governo di un tecnico di valore,
di grande esperienza, ma di diversa tradizione politica e culturale. |
| |
|
|
| 6 |
|
L'Europe
doit prendre en compte les valeurs de l'Italie,
por Silvio Berlusconi, en Le Monde, 11 de xaneiro de 2002.
Tout le monde peut facilement voir que l'Europe
que le gouvernement italien souhaite est "l'union des valeurs" du Parti poulaire européen. Une
union qui n'a rien à voir avec les nationalismes, mais qui est aussi une solution alternative à la
vision centralisatrice soutenue par les Partis socialistes européens. |
| |
|
|
| 7 |
|
L'Italie
à la botte de Berlusconi, por
Eric Jozsef e Marc
Semo, en Libération, 12 de xaneiro de 2002.
La politique de Silvio Berlusconi inquiète
les Européens, indignés par les relents xénophobes de quelques-uns de ses propos publics ou
de ceux de ses alliés, ainsi que par certaines décisions gouvernementales manifestement dictées
par la défense de ses intérêts de première fortune d'Italie. |
| |
|
|
| 8 |
|
Italy's
Foreign Minister Resigns, por Daniel Williams, en The
Washington Post, 6 de xaneiro de 2002.
The exit of Renato Ruggiero after only seven
months in office spoiled Wuropean officials' weeklong celebration of the Jan. 1 debut of euro notes and coins,
a landmark on the EU's path to political integration of the continent. |
| |
|
|
| 9 |
|
L'Europa
"protetta" da una campana di vetro,
por Barbara Spinelli, en La Stampa,
12 de xaneiro de 2002.
Nata e cresciuta nella crisi, nella crisi
l'Europa può naufragare". Così dice l'apello che la seconda generazione dei padri d'Europa -quella
di Kohl e Schmidt, di Andreotti e Barre, di Rocard, González e Jenkins- lancia ai capi dell'Unione riuniti
per due giorni a Laeken. |
|