| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
A principios deste mes de Outubro desenvolveuse un referendo constitucional
en Italia que resultou moi ignorado, dentro e fóra do propio país, debido á falla dunhas condicións
mínimas de información (era unha reforma aprobada na anterior lexislatura polo Ulivo, agora na oposición),
escurecida polo efectismo mediático da “primeira guerra global do século XXI”.
Pero da victoria do SI sae unha Italia substancialmente distinta á deseñada na Constitución
de 1948. Saudada como inicio dunha Italia federalista, que non federal, trátase dunha riformetta que con
toda seguridade experimentará multitude de modificacións, xa que o maioritario goberno da Casa das
Liberdades ten xa outro proxecto en marcha, a chamada “Devolución” do ministro das Reformas, Bossi, que
prevé plenos poderes para as Rexións, pero só nos eidos da educación, sanidade e policía
local. Si supón, nembargantes, un pequeno botín moral para o Ulivo, nun atascamento trala malleira
das xerais de maio.
O debate foi evitado en todo momento; xa o dixo ministro das Reformas: “foi o Silvio quen non quixo unha contraposición
frontal, convencido de que estas son cousas que non contan nada”. O político leguista esqueceu referirse
á clara desunión existente nas fileiras da coalición de goberno entre os órganos centrais
e os gobernadores rexionais, que apoiaron maioritariamente o SI á reforma pedindo o voto ós seus
concidadáns.
O abismo das diferencias socioeconómicas do territorio italiano viuse reflictido dobremente. Primeiro en
canto á participación, xa que no Sur votou a metade de electores ca no Norte, como acostuma pasar
nas rexións pobres e desconfiadas dos procesos de descentralización, da capacidade de xestionaren
unha maior autonomía, e dos propios gobernantes. No que toca ós enunciados da propia reforma, introdúcese
un fondo de compensación, definido “perequativo”, polo que o Estado dirixirá recursos ás rexións
cunha menor capacidade fiscal propia (que vén introducida pola mesma), e máis un principio de “rexionalismo
diferenciado”, que non quere dicir outra cousa que as rexións poderán lanzar, dacordo cos ministerios
competentes, os proxectos especiais que prevean formas de particular autonomía nalgunhas materias.
O primeiro referendo de reforma constitucional da historia da Italia republicana saldouse cunha victoria do SI
cun 64,2% dos votos que, malia o 34% de participación, permite a reforma da Constitución no seu Título
V (que regulamenta os principios das Rexións, Provincias e Concellos) ó non precisar do quorum mínimo
do 50%+1 para ser efectiva.
No plano lexislativo, a reforma reescrebe o básico artigo 117 coa inversión do criterio de reparto
das competencias. Se anteriormente se detallaban o elenco das materias nas que as Rexións tiñan poderes,
agora, en cambio, veñen definidas as do Estado: política externa, defensa, moeda, xustiza, tutela
da competencia, distribución dos recursos financeiros, prevención, xurisdicción, referendos
estatais, leis electorais estatais, orde e seguridade pública, inmigración, confesións relixiosas,
alfándegas, pesos e medidas. O que queda é competencia das Rexións que, basicamente, só
ven medra-los seus poderes no ensino e o medio ambiente, se ben no marco do desenvolvemento das leis comunitarias.
En realidade é visible o esforzo do particular proceso federalista italiano por achegarse ó europeo
e ó seu principio de subsidariedade, que vén introducido na Constitución. A reforma é
contemplada como unha adaptación a pautas que xa se estaban a desenvolver nunha, en definitiva, europeización
de Italia. O xornal La Reppublica lembra ó repecto que o proceso federal europeo por agregación de
Estados favorece en cada Estado membro un proceso federal por desagregación que, no caso italiano, é
maiormente unha desagregación económica Norte-Sur.
A reforma abre tamén a porta á conclusión de negociacións polas rexións con
outros entes territoriais internos doutros Estados, mais a nova escritura constitucional, neste coma noutros aspectos,
virá desenvolvida, e orientada, lexislativamente pola Comisión Parlmentaria para Cuestións
Rexionais, representación transitoria dos entes locais no Parlamento á espera dunha eventual Cámara
das Rexións ou dun Senado Federal, auténtico e demandado ventre da evolución do proceso.
Entre os efectos lexislativos inmediatos, a caída de leis pendentes, agora inconstitucionais, como a Lunardi,
que lles daría ós ministros o poder de decidir sobre o ordenamento do territorio e as obras públicas
realizadas sen sequera consultar ós alcaldes.
Cun cativo aceno a un bilingüísmo cada vez máis morto (o art.116 prevé o nome bilingüe
para Trentino Alto Adige/Sud Tirol e para Valle d´Aosta/Valle d´Aoste), a reforma tamén suprime
moitas institucións de selo centralista ata o de agora presentes na Constitución. É o definitivo
adeus á figura do Comisario Gobernativo. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Referendum,
vince il 'si' riforma approvata al 64,2%”,
en la
Repubblica.it, 8 de outubro de 2001.
Gli italiani approvano la riforma federalista
dell’Ulivo. Il referendum costituzionale -celebrato proprio nel giorno dell’attacco americano all’Afghanistan-
ha inffati visto una netta prevalenza dei “si”. A scrutinio concluso (60.374 sezioni su 60.374), i favorevoli sono
il 64,2 per cento dei votanti. I “no” sarebbero dunque al 35,8. |
| |
|
|
| 2 |
|
“L'Italia
al voto Il Referendum”, en Corriere della Sera, 8 de outubro de 2001.
Resultados e valoracións do referendo,
con colaboracións especiais de Marco Galluzzo e Francesco Alberti. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Referendum,
i due poli divisi dal federalismo”, en
la Repubblica.it, 7 de outubro de 2001.
É prima di tutto un giudizio di merito,
quello che dovranno esprimere gli oltre 49 milioni di italiani chiamati alle urne domenica dalle 6.30 alle 22:
dovrano dire sì o no alla “legge costituzionale concernente modifiche al titolo V della parte seconda della
Costituzione”. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Gli
otto principali punti della riforma”,
en Corriere
della Sera, 5 de outubro de 2001. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Favorevoli
e contrari”, en Corriere della Sera, 8 de outubro de 2001.
A favore: l’Ulivo, otto presidenti di Regione
del centrodestra, l’UPI (l’Unione delle Province) e l’Anci (l’Associazione dei Comuni). Contrari: An, Forza Italia,
Lega, Rifondazione. Libertà di voto dal Ccd-Cdu. |
| |
|
|
| 6 |
|
“Una
secelta importante”, Comitato Nazionale
per il SI al referendum, 7 de outubro de 2001.
Ecco i principali contenuti della nuova
riforma federale che sei chiamato a confemare. |
| |
|
|
| 7 |
|
“La
via italiana al nuovo federalismo”, por
Andrea Manzella, en la Repubblica.it,
6 de outubro de 2001.
Il referendum di domenica prossima non si
capirebbe sino in fondo con il solo metro italiano. Si capisce molto meglio, invece, se lo inquadra nella grande
crisi dell’ordine unitario che interessa tutti gli Stati membri dell’Unione europea. |
|