Actualidade Exterior / nº 60-20/2001 de 15 de outubro Volver ó índice
Afganistán e a guerra anti-talibán
 
 
Presentación

     
    Comezou a operación militar contra o grupo Al Qaeda e o réxime talibán que lle proporciona cobertura. O primeiro obxectivo desta estratexia é “liberar” Kabul e as cidades máis importantes, pero esixirá unha invasión terrestre que está a planificarse desde algúns países veciños. A hipotética conquista da capital non garante, claro está, a detención, vivo ou morto, de Bin Laden nin a destrucción das súas redes, pero pode facilitar o labor dos Aliados. As tropas rusas saben, por experiencia propia, non soamente aquí, senón tamén en Chechenia, das dificultades inmensas que poden xurdir ata a consecución dese obxectivo.

Preocupa, mentres, a reacción no mundo árabe e no mundo musulmán. A longa duración anunciada da intervención pode desestabilizar internamente a moitos países, mesmo algúns en apariencia estables, como Arabia Saudí, envolta na problemática sucesoria. En Pakistán, o presidente Musharraf, reprime con man dura as protestas contra a intervención e as expresións de solidariedade coa poboación afgana e o propio Bin Laden. Por outra banda, a mención de Bush a prol dun Estado palestino, non pasou, ata o momento, dunha mera declaración, novidosa, pero sen transcendencia práctica. O tempo de Arafat esgótase mentres medra a influencia dos sectores máis críticos coa súa política.

O comezo das hostilidades abre tamén outra interrogante importante: ¿respostará Bin Laden? ¿cómo e cándo? A posibilidade de novos atentados, a pesar das enormes medidas de seguridade adoptadas, goza de ampla verosimilitude. De non ser asi, ou é un pésimo estratega ou o pasado 11 de setembro foi tan sorprendido como a inmensa maioría da humanidade. O ton das súas declaracións públicas, efectuadas xustamente ao pouco de comezar os bombardeos sobre Afganistán, alentan a perspectiva da multiplicación de respostas, especialmente contra os intereses americanos en todo o mundo.

O desenvolvemento da guerra anuncia importantes reacomodos estratéxicos a escala rexional e novos posicionamentos por parte de numerosos actores e organismos internacionais respecto ao futuro afgano e de toda Asia central.
     
     
Índice

     
1   The Afghan Response and the US Theater of Operations”, en Stratfor.com, 8 de outubro de 2001.

As the US military commences strikes on Afghanistan, warnings are increasing about the threat of further attacks on the United States. Osama bin Laden’s al Qaeda network likely has more forces deployed in the United States. The question now isn’t if they will strike again, but where and how they will do it.
     
2   Les héros brisés de la guerre afghane”, por Marie-Pierre Subtil, en Le Monde, 8 de outubro de 2001.

En Russie, on les apelle simplement les “afghans”, ces six cent cinquante mille hommes qui, entre 1979 et 1989, ont fait la guerre “de l’autre côté du fleuve”. Alcoolisme, troubles psychiques et suicides sont le lot commun de ces parias oubliés.
     
3   Ni Clausewitz ni armas mágicas”, por Walter Laqueur, en La Vanguardia, 8 de outubro de 2001.

Guerra contra el terrorismo? Es inútil acudir a Clausewitz o incluso a Maquiavelo en busca de orientación. Desde luego, va a ser una lucha sin bandas de música y con escasos uniformes. ¿Y quién mandará? El presidente de Estados Unidos es un hombre atareado y a medida que pase el tiempo dispondrá de menos horas para afrontar la campaña. Terrorismo no es guerra, y la lucha contra él no es tampoco una operación como la de la guerra -salvo en caso de enfrentamiento con un estado o estados que ayuden o protejan a los terroristas-.
     
4   A leading question”, por Mohamed Sid-Ahmed, en Al-Ahram, 4-10 de outubro de 2001.

The main thrust of the war President Bush has declared on terrorism is direct against Bin Laden and his Qa’ida organisation. but what about Sharon’s daily acts of terrorism against the Palestinians?
     
5   America Needs India and Pakistan, but It Can’t Satisfy Both”, por Arun R. Swamy, en International Herald Tribune, 8 de outubro de 2001.

The bitter dispute between India and Pakistan over Kashmir has caused two wars and contributed to a nuclear arms race. It now threatens efforts by the United States and its allies to build and effective global coalition against terrorism.
     
6   Au nom du 'choc des civilisations'”, por Tariq Ali, en Le Monde Diplomatique, outubro de 2001.

De la boite de Pandore, toujours béante, de l’empire américain, séchappent des monstres qui se répandent dans un monde que les Etats-Unis ne contrôlent pas encore complètement. Depuis le 11 septembre, l’un de ces monstres est invoqué d’un studio de télévision à l’autre par ceux qui dénoncent la menace que représentent ces barbares pour noutre civilisation capitaliste mondiale.
     
7   Having second thoughts?”, en The Economist, 29 de setembro de 2001.

The consequence must be that America will fight, as it has said, a war on many fronts. It can rely ond its broad alliance for its diplomatic, financial and policing aims. But when it comes to military operations, it must rely largely on itself and on the shaky alliance in the region -which means, for the moment, aiming narrowly at the fugitive figure of Mr bin Laden himself, and his shadowy organisation.
     
8   Estados Unidos, Afganistán y Bin Laden: algunas ideas para el debate sobre la actual situación”, por Luis Mesa y Rodobaldo Isasi, de CEAMO (La Habana), en CSCAweb, 30 de setembro de 2001.

Esa estrategia, que anuncia una larga batalla de 10 años en la cual el componente militar convencional será central, se convierte en armónico complemento del nuevo proyecto económico de EEUU.
     
9   Afghanistan Fact Sheet: Basic Information and Key Indicators”, en The Center for Economic and Social Rights, New York.
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/10/2001