Actualidade Exterior / nº 57-17/2001 de 3 de setembro Volver ó índice
Indonesia, de Wahid a Megawati
 
 
Presentación

     
    O goberno de Megawati Sukarnoputri, ao igual que ao anterior de Wahid ou ao transitorio de Habibie, deberá facer fronte ao reto de manter a unidade territorial e a cohesión social do Estado, postas en entredito polos crecentes conflictos intercomunais e persecucións étnicas, así como polos distintos movementos separatistas que cobraron unha especial forza agora que o Goberno central atópase debilitado.

Indonesia leva dende 1997 nun período altamente convulso, marcado polo colapso económico, a caída do réxime de Suharto que gobernou no país durante máis de tres décadas e o estoupido de tensións sociais, relixiosas, étnicas, que ofrecen un saldo tráxico. O país está inmerso nunha transición extremadamente delicada, pero que podría culminar co establecemento, por primeira vez, dun réxime de goberno xenuinamente democrático.

O expresidente Habibie emprendeu certas reformas, aínda parciais en xeral, pois tentaba ao mesmo tempo non contrariar aos sectores máis conservadores, é dicir, o Exército e as élites xavanesas. Convocou eleccións ao Parlamento nacional (7 de xuño de 1999), as primeiras libres en 44 anos. Os resultados determinaron un parlamento moi dividido, sen un claro dominio de ningún partido sobre os demáis. O nomeamento do Presidente conlevou complicadas negociacións e combinacións aritméticas para conseguir a maioría. En outubro de 1999 foi investido Abdurrahman Wahid, coñecido como Gus Dur, líder da coalición de partidos musulmáns moderados e unha personalidade moi respectada pola opinión pública no momento en que foi elixido. Nesas eleccións de xuño de 1999, o primeiro partido en escanos foi o de Megawati Sukarnoputri (filla de Sukarno), quen ocuparía a vicepresidencia no goberno de Wahid.

O proceso de democratización avanza con dificultades. Na súa contra xogan as tensións, palpables en todo o país, e que desgastaron a Wahid de forma tal que o Parlamento votou, en maio de 2001, a favor do proceso de impeachment polo seu goberno inestable, a incapacidade de resolver os conflictos separatistas e a crise económica. Os mesmos retos que poden abanear a Sukarnoputri, debilitar a confianza na estabilidade e na economía do país, e interrompir a transición democrática.
     
     
Índice

     
1   Megawati names her team”, en The Economist, 11 de agosto de 2001.

Though her accesion as Indonesiás president had been planned for months, it still took Megawati Sukarnoputri more than two weeks to announce her cabinet. The delay was marked by lengthy negotiation between her advisers and rival parties, and raised fears that factionalism would cripple her new government.
     
2   A Parade of Surprises”, por John McBeth, en Far Eastern Economic Review, 23 de agosto de 2001.

She´s posted a crowd-pleasing team. She’s hastened the chase for Tommy Suharto. There’s more to come. Indonesia’s new leader isn’t only polishing her image, she’s restoring respect for the presidency.
     
3   Indonesian Ex-Chief Heads to U.S., Not Without Some Parting Shots”, por Seth Mydans, en The New York Times, 27 de xullo de 2001.

As security officers for the new president, Megawati Sukarnoputri, explored the shady palace grounds where a peacock called from a cage, Mr. Wahid embraced a stream of friends who came to say their farewells.
     
4   La presidenta Megawati frente a los desafíos de Indonesia”, en Asiared, agosto de 2001.

Desde la comunidad internacional se ha saludado unánimemente la elección de Megawati Sukarnoputri como presidenta de Indonesia tras los dos años erráticos de Abdurrahman Wahid. Pero esta histórica líder de la lucha contra la dictadura de Suharto asume el cargo al que democráticamente tenía derecho desde su victoria en las elecciones de 1999 atrapada entre una economía en crisis y las deudas con los poderes fácticos que finalmente la han aupado al poder.
     
5   Megawati-Military Cooperation Will Not Last”, en Stratfor.com, 16 de agosto de 2001.

Indonesian President Megawati Sukarnoputri recently named the members of her first Cabinet, whose political differences will render the panel divided and ineffective. As a result, it is actually Megawati and the Indonesian military that will run the nation. There will be a brief honeymoon period before the interests of the president and those of the military diverge.
     
6   Indonesia: Living Dangerously”, por Scott B. MacDonald e Jonathan Lemco, en Current History, abril de 2001.

Politics in post-Suharto Indonesia remains in flux. President Wahid, the parliament, students, political parties, labor, adn the military are all scrambling to fond a foothold in the country’s new power structure.
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/08/2001