| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
O momentáneo desmaio do presidente cubano, Fidel Castro
Ruz, o pasado 23 de xuño, cando se dirixía á cidadanía en La Habana trasladou a cuestión
da sucesión e do futuro dunha Cuba sen Castro ao epicentro do debate político e tamén das
especulacións. No exilio de Miami se barallan informes sobre a saúde do Comandante en xefe que proceden,
aseguran, do seu equipo médico persoal, e segundo os cales Fidel entrou nunha nova etapa da súa vida
que obriga a tomar en serio novos escenarios.
Outros sinais indican que asi acontece xa no propio Palacio da Revolución. O pasado 4 de xuño a televisión
cubana pasaba as imaxes dun Raúl en boa forma fisica, en plena escalada da Serra Maestra, a montaña
máis elevada da illa. E no diario “Gramma”, Raúl declaraba uns días antes que o rumbo da Revolución
estaba asegurado. Nos mentideiros políticos, do interior e do exterior, o irmán de Fidel aparece
dende hai anos como o máis firme candidato á sucesión. Pero sempre pode haber sorpresas.
Que o futuro político de Cuba se resolva acudindo a confianzas consanguíneas resultaría triste
e empobrecedor. Non é que Raúl careza de capacidade ou mesmo, como din algúns, sexa partidario
do continuismo sen cambios, cuestión pouco crible, senón que o debate político debe abrirse
a fondo, pluralizando as opcións e oportunidades. Ese proceso debeu lideralo Fidel hai anos, como fixo Deng
na China, onde os relevos na cúpula dirixente prodúcense con naturalidade cada dous mandatos.
Cuba non é, non pode ser, Corea do Norte. E non soamente pola cuestión sucesoria, a última
perversión do socialismo zuche, senón porque non resistiría outro descalabro dunha economía
reconstruida con paciencia despois da desfeita soviética e hoxe moi diversificada no seu relacionamento
exterior: en 1990, Cuba mantiña o 8% do seu comercio cos países da UE e un 5% cos de América
Latina e o Caribe; esas proporcións chegan hoxe ata o 30% con cada un deles.
En todo caso, Raúl non alberga o carisma nin a autoridade do seu irmán e iso máis que un problema
é unha avantaxe para favorecer o traballo en equipo e desatascar o proceso cubano. A outra transición
debería producirse no exilio, onde o impasse perpetúase despois da desaparición de Mas Canosa.
Nesa delicada e fráxil relación, importará cada vez máis quen marque o paso e quen
leve a iniciativa. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Miami está en alerta por la salud de Fidel
Castro”, por Dana Canedy
(NYT, especial para Clarín), 3 de xullo de 2001.
Horas después de que la TV mostrara
imágenes sobre el casi desmayo del presidente cubano Fidel Castro mientras pronunciaba un discurso en La
Habana, la policía de Miami entró en estado de alerta, preparándose para la posibilidad de
una reacción pública importante y emotiva en esa ciudad en caso de que el líder cubano fallezca
o sufra alguna incapacidad física. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Hombres
que pueden suceder a Castro”, por Pablo Alfonso,
en El
Nuevo Herald, 26 de setembro de 1999.
...Políticos y observadores de la
situación cubana coinciden en afirmar que un régimen de sucesión poscastrista, mantendría
por algún tiempo en sus filas a figuras que ahora ocupan en el gobierno posiciones clave como un elemento
de estabilidad, pero los jóvenes tecnócratas y profesionales, con ideas más progresistas y
democratizadoras irían escalando posiciones. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Oxígeno para Fidel Castro”, por Jorge
H. Fonseca, en La Nueva Cuba,
22 de maio de 2001.
En los próximos meses, cuando EUA
anuncie la prórroga de la suspención a las cláusulas de la Helms-Burton, tendremos una idea
más exacta de la verdadera magnitud del nuevo momento de la economía cubana, que Castro ha comenzado
a tejer... |
| |
|
|
| 4 |
|
“Cuba:
les inconnues de l’après Castro”,
por Anne Proenza, en Politique Internationale 86, hiver 1999/2000.
Aucune grande autorité morale ne
se distingue ni à l’intérieur du parti ni à l’extérieur. Quelques figures se détachent
parmi les dissidents, et plus encore au sein de l’Eglise, particulièrement active depuis deux ans. Tous
songent à l’après-
castrisme. Comme si cette ère-là avait déjà bel et bien commencé... |
|