Actualidade Exterior / nº 53-13/2001 de 22 de xuño Volver ó índice
Simeón e Bulgaria: ¿Monarquía ou República?
 
 
Presentación

     
    Dende que dirixiu a súa “Carta ao pobo búlgaro”, en maio de 1996, Simeón II de Bulgaria deixaba entrever a súa “disponibilidade” para mergullarse a fondo na vida política do país que abandonara forzosamente en 1946. Con paciencia e perseverancia foi labrando ese camiño que conduciu á sonada victoria das eleccións lexislativas do 17 de xuño.

O trunfo do movemento “Alianza Nacional Simeón II” baseouse en dúas premisas: unha interna, o descontento social pola corrupción e a ausencia de beneficios da estabilidade macroeconómica acadada polo primeiro ministro saínte, Iván Kostov, quen aproximou o país á Unión Europea e a OTAN. Kostov conseguiu remontar a situación de desplome efectivo do país (en 1996 a inflacción ascendía ao 4.000%) coa adopción dun plan de choque que laminou a maioría absoluta acadada nas eleccións lexislativas anticipadas de 1997.

A premisa externa radica na percepción popular de que Siméon Borisov baralla unha axenda de relacións e contactos internacionais que poden facilitar a emerxencia de Bulgaria en poucos anos e a súa integración nese Occidente que mellor pode garantir a saída do pozo que a todos sepulta.

De ser coherente coas súas declaracións en campaña, Simeón de Bulgaria non accederá á xefatura do goberno, optando pola promoción dun gabinete integrador e de maioría tecnócrata para situarse, unha vez máis, nesa posición de corredor de fondo a prol da recuperación da monarquía. Simeón II cree na monarquía constitucional.

O actual presidente búlgaro, Petar Stoyanov (UDF), amosouse disposto en 1997 a ceder o poder a Siméon se asi o decide a cidadanía en referendo. É máis probable este escenario que a súa candidatura á Presidencia do país: “Un rei no exilio soamente pode voltar como tal e nunca como turista”, dixera a raíña Victoria Eugenia a propósito do derrocamento de Constantino de Grecia.

As esperanzas depositadas agora en Simeón son moitas, como no pasado se depositaron na Unión de Forzas de Dereita (UFD) ou no propio Partido Socialista Búlgaro, pero as posibilidades dunha mellora substancial a curto prazo das condicións de vida son escasas. Hai un novo futuro para Bulgaria, pero tampouco este promete ser un camiño de rosas, paradoxalmente, a flor nacional.
     
     
Índice

     
1   An ex-king for ex-communists?”, en The Economist, 16 de xuño de 2001.

Four years ago, Ivan Kostov was Bulgaria’s white knight, his mission to revive the economy from the financial collapse inflicted on it by the ex-Communist Bulgarian Socialist Party (BSP). Four years on, he has done it. Yet Mr Kostov’s armour is looking pretty grubby. And the new white knight is a former king-and maybe future prime minister, nay president.
     
2   Ex-King Leads Vote in Bulgaria”, en The New York Times, 18 de xuño de 2001.

Mr. Kostov stabilized Bulgaria’s foundering economy and made economic changes that included privatizing nationalized industries and closing unprofitable businesses. He gained favor with the European Union and NATO, which Bulgaria wants to join, by standing by the West during the war in Kosovo, despite the conflict’s negative effects on the Bulgarian economy... but the movement inspired by Simeon, 64, rode to success on Mr Kostov’s eroded popularity...
     
3   Bulgaria, Europa y la Monarquía”, por Ramón Pérez Maura, en ABC, 19 de xuño de 2001.

Unos dicen en Sofía que la victoria de la Alianza Nacional Simeón II es por la popularidad personal del rey, que no por el respaldo que pueda haber a la Monarquía como sistema de Gobierno. No lo creo. ... el producto que se vende es “el rey”: su programa económico era de corte similar al del Gobierno saliente y, salvo prometer atajar la corrupción, apenas ha ofrecido nada más que su persona.
     
4   El rey que ganó”, editorial en El País, 19 de xuño de 2001.

La victoria de Simeón... representa sobre todo, la culminación de una ruptura colectiva con el pasado y tiene mucho que ver con universos ideales acariciados durante generaciones.
     
5   Simeón, ante el dilema de gobernar o intentar reinar”, editorial en El Mundo, 19 de xuño de 2001.

... Con el tiempo y el apoyo del partido de la minoría turca, el Parlamento podría revocar el referéndum que abolió la monarquía tras la II Guerra Mundial o modificar la ley que le impidió aspirar a la Presidencia de la República por no haber vivido suficiente tiempo en Bulgaria.
     
6   Bulgaria, el regreso de Simeón II: quién es quién en el 'laberinto' de Sofia”, por Ana Alonso, en El Mundo, 19 de xuño de 2001.

Después de cuatro años de rodillo de la Unión de Fuerzas Democráticas (UFD), el nuevo Parlamento y el próximo Gobierno serán ricos en caras nuevas, con variopintas trayectorias. Entre los ganadores figuran los economistas Nikolai Vassilev y Milan Velchev, hasta ahora pujantes ejecutivos en empresas ubicadas en el exterior. El gran derrotado es Ivan Kostov, el comandante que ha visto cómo su ejército se batía en retirada y está a punto de amotinarse.
     
7   Le mystère du roi bulgare”, por Dostena Lavergne, Miladina Monova e Detelina Tocheva, en Le Monde, 15 de xuño de 2001.

Les politologues et l’élite politique bulgare agitent l’explication de l’immaturité du peuple et de son retour dans le giron du paternalisme.
     
8   Texto da Mensaxe do rei Simeón II ao pobo búlgaro (maio de 1996).
     
9   Bulgarie 1999-2000, progrès économiques, malaise politique et social”, por Nadège Ragaru, en Le Courrier des Pays de l’Est nº 1.006, xuño-xullo 2000.

Extenso informe sobre a situación en Bulgaria.
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2001