Actualidade Exterior / nº 192-18/2006 de 11 de setembro Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior
11/S: cinco anos despois
 
 
Análise

     
   

Cinco anos despois dos atentados terroristas máis destrutivos da historia, é o mundo de hoxe máis ou menos seguro? A sensación de paranoia domina unha boa parte da política exterior estadounidense e dos seus aliados pero non mudou substancialmente problemas e conflitos latentes no sistema internacional. O 11-S rompeu o mito da invulnerabilidade estadounidense, colocou ao terrorismo momentaneamente no centro da atención mundial e activou novas formas de entender a seguridade internacional, incluso a costa da preservación dos dereitos humanos. Pero, cinco anos despois, non existe consenso sobre se EEUU e Al Qaida alcanzaron os seus obxectivos mentres o 11-S pasou a estar relegado da atención mundial a favor de conflitos e problemas tradicionais no sistema internacional.

O mundo post-11/S de 2006 amosa sinais contraditorias, non esaxeradamente diferentes, da conxuntura internacional que prevalecía fai cinco anos. Superados parcialmente os estereotipos sobre o anunciado “choque de civilizacións” e a irrupción dunha nova era histórica, tres elementos poden definir estes escenarios, como balance xeral destes cinco anos.


Al Qaida e o terrorismo global

Se ben o territorio estadounidense non volveu a experimentar un ataque terrorista masivo, o espectro do terrorismo global non desapareceu do escenario internacional. Presentáronse espectaculares atentados en Bali (2002), Istambul (2003), Madrid (2004), Londres e Shairm el Sheik (2005), Amman e Bombai (2006), afectando a países tan diversos como Indonesia, Turquía, España, Gran Bretaña, Exipto, Xordania e India, e provocando centenares de vítimas mortais.

Noutro apartado, a cooperación internacional en materia de seguridade logrou frustrar outros atentados, como o presuntamente planificado para o metro de Nova York ou a voadura de avións estadounidenses e británicos. Mesmo a morte do líder de Al Qaida en Iraq, Abu Musab al Zarqawi, e a recente detención do seu presunto sucesor, foron presentados como triunfos propagandísticos, pero aínda con escasas ou imprevisibles consecuencias favorables.

Se ben Washington tivo un parcial éxito en incluír a países aliados na activación de novos mecanismos de seguridade, a sensación de ameaza terrorista segue a penetrar na súa psique colectiva. Consecuentemente, esta política permitiu un imparable ascenso do gasto militar a nivel mundial, relegando outros problemas como a pobreza e o desenvolvemento económico e social.

Outro aspecto ten que ver coa operatividade de Al Qaida e a multiplicidade de diversos grupos terroristas internacionais, vinculados ou non a esta transnacional. O 11-S supuxo o gran golpe de Al Qaida pero os atentados posteriores non necesariamente estiveron baixo a éxida do grupo liderado por Osama ben Laden e Aywan al Zawahiri, a pesares de que as súas distintas mensaxes celebraban estes ataques. A constante aparición de Al Zawahiri nas derradeiras mensaxes como único interlocutor aumenta as especulacións sobre a situación de Osama ben Laden así como unha posible mudanza na cúpula desta organización.

En Madrid e Londres, por tomar dous exemplos, os autores dos atentados non estiveron incluídos en grupos asociados a Al Qaida, aínda que profesaran adhesión á denominada ideoloxía “yihadista salafista” de Al Qaida. Este panorama amosa a sensación de que o terrorismo global constitúe unha variada e versátil amalgama de grupos e organizacións, non necesariamente vinculados entre si, que se benefician dos avances tecnolóxicos, principalmente Internet, pero activando os seus atentados mediante métodos sinxelos.

Mais cunha transnacional centralizada, Al Qaida logrou constituírse como unha “mensaxe ideolóxica” antioccidental, aínda que non completamente popular no mundo musulmán, pero con grande capacidade de adaptación a novas estratexias e cunha considerable potencialidade á hora de recrutar adeptos.

Na medida que enfocaba ao terrorismo global e Al Qaida como os seus principais inimigos e amparados en certa benevolencia internacional, a administración de George W. Bush activou unha serie de mecanismos privativos das liberdades individuais e violador das convencións internacionais de dereitos humanos, amosando unha imaxe de impunidade e falta de credibilidade que agrandou as críticas e o antiamericanismo, principalmente en Europa e Oriente Medio.

Neste sentido, os exemplos máis tráxicos e significativos desta impunidade de Washington son: o limbo xudicial de Guantánamo, os voos ilegais da CIA, a cárcere iraquí de Abu Ghraib e as escoitas ilegais dentro de EEUU.


Asia Central e Oriente Medio

O 11-S non evitou que o principal escenario de conflito internacional se localice en Oriente Medio, sen esquecer controversias importantes para a seguridade internacional como Cachemira, Taiwán e Corea do Norte.

O escenario de Oriente Medio debe necesariamente incluír a Asia Central, especialmente Afganistán, como puntos focais da confrontación internacional post-11-S levada a cabo por Washington. A reacción inicial aos atentados terroristas foi a invasión militar de Afganistán, núcleo territorial que albergaba operativamente a Al Qaida.

A vitoria militar permitiu acabar co réxime talibán e colocar a un aliado na presidencia. Desde o 2002, Washington enfocou a súa atención xeopolítica en Asia Central, para evitar unha especie de “talibanización” rexional en países como Uzbekistán, Kirguizistán e Tadxikistán. Pero a recente ofensiva talibán nas rexións fronteirizas afgano-paquistanís (onde se considera que está refuxiada a dirección de Al Qaida), evidencia o fracaso da transición post-talibán e a pacificación de Afganistán. Do mesmo xeito, o Afganistán post-talibán segue a ser un importante centro de tráfico internacional de droga.

Trala guerra en Afganistán, ocorreu a crise de Iraq de 2002-2003, que permitiu a Washington aplicar a súa doutrina da “guerra preventiva”, violando os preceptos de Nacións Unidas e provocando unha grave ruptura política entre EEUU e Europa. A falsa acusación de que o réxime de Sadam Husein ocultaba armas de destrución masiva afondou a credibilidade estadounidense e da administración Bush.

A caótica posguerra iraquí converteuse nun dor de cabeza para Bush e fomentou a división na sociedade estadounidense, cun impacto similar á guerra de Vietnam. Incluso, o “factor Iraq” puido contribuír á derrota electoral de estreitos aliados de Bush en Europa, como o goberno de José María Aznar en España e Silvio Berlusconi en Italia.

O flamante plan do Gran Oriente Medio exposto por Bush no 2004, tendente a favorecer unha democratización occidentalizada, colocando a Iraq como referencia, deixou un panorama completamente contrario ás aspiracións estadounidenses. A finalización do proceso de paz palestino-israelí aumentou a radicalización, unha sensación de guerra latente e o ascenso de movementos islamitas que afectan a gobernos autoritarios aliados de Washington, tales son os casos de Xordania, Paquistán e Exipto.

A vitoria do partido islamita Hamas en Palestina nas eleccións lexislativas de xaneiro de 2006, o fortalecemento do grupo islamita libanés Hizbulah trala recente guerra contra Israel e o repentino ascenso de Irán e Siria como eixes políticos rexionais, son tamén evidentes síntomas do fracaso da política de Washington, amparada polos seus principais aliados Gran Bretaña e Israel.

A vitoria da “liña dura” dos aiatolás iranianos no 2005, na persoa do presidente Mahmud Ahmadíneyad, acabou cos anos do reformismo en Irán e afondou a confrontación con Washington e unha posición máis antiamericana e antisraelí. Paralelamente, a actual puxa polo programa nuclear iraniano coloca a Teherán como un inevitable actor con gran poder rexional, efecto colateral inverso da miope visión estadounidense nesta rexión.


A delicada posición de Bush

Paralela á súa errática política exterior e de seguridade, a presidencia de George W. Bush navegou por diversas augas nestes dous períodos presidenciais entre o 2001 e 2006.

Á inicial converxencia de opinións en fortalecer a súa presidencia tralos atentados do 11-S e as inicias vitorias bélicas en Afganistán e Iraq, a presidencia de Bush experimentou un marcado deterioro na opinión pública, momentaneamente paralizado pola súa contundente reelección en novembro de 2004. Actualmente, o apoio á súa xestión se focaliza nun 32% da poboación estadounidense.

O caos de posguerra en Iraq, cunha constante sangría en soldados estadounidenses e civís, a incapacidade para desbaratar a Al Qaida e fracasos internos como a ineficaz resposta gobernamental ante o paso do furacán Katrina en setembro de 2005, xunto á crise económica e o tema da inmigración, son as razóns principais da caída de popularidade de Bush. A isto debe engadirse o impacto que tiveron os escándalos das escoitas ilegais e o “Plamegate” que involucrou á CIA e varios organismos de intelixencia, e que deron conta da ineficacia e a sensación de improvisación da súa presidencia.

Consecuentemente, nestes cinco anos fíxose patente o aparente auxe e declive da cualificada “revolución neoconservadora” na Casa Branca. As diverxencias de enfoque en política exterior entre o vicepresidente Dick Cheney, o ex secretario de Defensa Colin Powell, a súa sucesora Condoleeza Rice e o polémico secretario de Defensa Donald Rumsfeld, evidenciaron a puxa entre os “falcóns” e as “palomas”, minando a vixencia da “doutrina Bush” da guerra preventiva, da ameaza terrorista e dos “estados fallados”.

De cara ás eleccións lexislativas de novembro próximo, Bush retoma a paranoia retórica do 11-S como elemento electoral válido que xa lle dera resultados efectivos nas presidenciais de 2004. Pero o avance do Partido Demócrata, co seu posible control do Congreso, e a baixa popularidade de Bush, ameazan coa potencialidade electoral do Partido Republicano para estas lexislativas e as presidenciais de 2008.

A grandes trazos, o mundo post-11/S amosou acontecementos frenéticos pero non anunciou a irrupción dunha nova era de cambios na política mundial. Mais cun “choque de civilizacións”, utilizando a tese do politólogo estadounidense Samuel Huntington en 1993 como factor dinamizador dos conflitos internacionais da “posguerra fría”, o mundo post-11/S semella radicalizar unha serie de conflitos de longa permanencia na política internacional.

     
     
Revista de prensa

     
1   Is there still a terrorist threat?”, por John Mueller, en Foreign Affairs (EEUU), outubro de 2006.

Perhaps, some argue, terrorists are unable to mount attacks in the United States because the Muslim community there, unlike in many countries in Europe, has been well integrated into society. But the same could be said about United Kingdom, which experienced a significant terrorists attack in 2005. And European countries with less-integrated Muslim communities, such as Germany, France, and Norway, have yet to experience al Qaeda terrorism.
     
2   America's longest war”, en The Economist (EEUU), 31 de agosto de 2006.

The concentration on national security reflects a second big chance: America's new but continuing sense of vulnerability. This has deepened over the years. The war in Iraq hs proved how difficult it is for America to use its military might to change the world. The fiasco of failing to find any WMD in Iraq underlined the weakness of its intelligence services.
     
3   The Pentagon's ‘Second 911’”, por Michel Chossudovsky, en Global Research (Canadá), 10 de agosto de 2006.

The disinformation campaign has gone into full gear. The British and US media are increasingly pointing towards “preemptive war” as an act of “self defense” against Al Qaeda and the State sponsors of terrorism, who are allegedly preparing a second 911. The underlying objective, through fear and intimidation, is ultimately to build public acceptance for the next stage of the Middle East “war on terrorism” which is directed against Syria and Iran.
     
4   11-S”, por Juan Cole, en Foreign Policy en español (EEUU-España), 4 de setembro de 2006.

Los avances tecnológicos permiten que grupos pequeños causen daños inmensos, y Al Qaida ha atraído a ingenieros y científicos de talento (...) Internet ha creado nuevos puntos vulnerables en la medida en que las grandes infraestructuras de ingeniería, desde presas hasta centrales nucleares, dependen de la Red.
     
5   Estrategias de prevención: balance desde el 11-S”, por Antonio M. Díaz Fernández, en Política Exterior (España), setembro-outubro de 2006.

El 11-S nos debería enseñar la lección de que las sociedades siempre están amenazadas, por esto es una prioridad “vigilar nuevos campos que hasta ahora pasaban desapercibidos”. Un vistazo al último siglo muestra cómo las amenazas cada vez mutan más rápidamente, son más silenciosas y se presentan más destructivas cuando se materializan.
     
6   El día a día en EEUU no ha cambiado”, por Sean Sinico, en Deutsche Welle (Alemaña), 4 de setembro de 2006.

Cuanto más pasaba el tiempo, más se veía la “lucha contra el terrorismo” apartada de los titulares y las primeras páginas de los periódicos (...) A finales de 2001 y principios de 2002, los estudios mostraban que para los estadounidenses temas como el trabajo, la economía o la salud eran más importantes que el terrorismo y la seguridad.
     
7   It's not over yet”, por Max Boot, en Time (EEUU), 3 de setembro de 2006.

What Bush realized after 9/11 is that unless we can change the conditions tha give rise to terrorism, new recruits will simply fill the shoes of those we eliminate. And while radicalization can occur in almost any context, it is easier to defuse the consequences in an open society.
     
8   The ‘Islamofascists’”, por Richard Wolffe e Holly Bailey, en Newsweek (EEUU), edición do 11 de setembro de 2006.

Five years after 9/11, and more than three years after invading Iraq, President Bush is still searching for the perfect phrase to define the enemy in the war on terror (...) With the elections just two months aways, the White House is turning once again to a strategy that has worked so well in the past: evoke 9/11, raise the specter of Al Qaeda and accuse the Democrats of fatal weakness in the face of the enemy.
 
Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/09/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta