Actualidade Exterior / nº 187-13/2006 de 3 de xullo Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior
Eleccións en México: cambio ou polarización?
 
 
Análise

     
   

Enmarcada dentro dunha forte polarización electoral, un progresivo confrontamento mediático e ataques directos, mesmo acusacións de fraude, entre os candidatos participantes, as eleccións presidenciais mexicanas do próximo domingo 2 de xullo presentan un disputado panorama entre a esquerda personificada en Andrés Manuel López Obrador e o candidato oficialista Felipe Calderón. As diferentes enquisas semellan coincidir nun empate técnico entre ambos candidatos así como un posible futuro goberno sen maioría parlamentaria. A importancia destes comicios ilustran tamén o alcance da transición política iniciada no 2000 coa vitoria de Vicente Fox e a configuración da evolución política hemisférica.


Os candidatos

México decidirá o seu futuro para os próximos seis anos entre cinco candidatos diferentes:

-Andrés Manuel López Obrador (Partido da Revolución Democrática, PRD e Alianza para o Ben de Todos, os Pobres Primeiro) Aos seus 52 anos, ex alcalde de Cidade de México desde o ano 2000, a súa vitoria pode constituír un triunfo histórico para a esquerda mexicana desde a introdución de reformas democráticas que acabaron coa hexemonía de 71 anos do Partido Revolucionario Institucional, PRI.

López Obrador enfoca o seu programa en materializar maiores avances sociais en saúde pública e educación, así como o combate da pobreza, a corrupción, a evasión fiscal e a substitución do actual modelo económico, marcadamente liberal. A súa crítica posición co respecto á Asociación de Libre Comercio de América do Norte, NAFTA polas súas siglas en inglés, e a política inmigratoria recentemente impulsada dende Washington, provoca o temor entre as elites empresariais dentro e fora de México pero fortalece a súa popularidade entre o electorado.

-Felipe Calderón (Partido de Acción Nacional, PAN) Aos seus 44 anos, é considerado o candidato do conservador presidente Vicente Fox, aínda que non contara co seu apoio nas eleccións internas dese partido. Calderón amosa unha posición abertamente contraria á estipulada polo seu rival López Obrador.

Calderón ofrece continuar co modelo económico iniciado a comezos da década dos noventa e continuado polo actual mandatario Fox: políticas de libre mercado, especial relación con EEUU e apertura aos investimentos estranxeiros. En canto a seguridade pública, semella ofrecer medidas represivas ante o auxe das bandas delincuentes e os secostros.

-Roberto Madrazo (Partido Revolucionario Institucional, PRI). De 53 anos, Madrazo lidera unha corrente centrista dentro dun partido que mantivo a tradicional hexemonía política mexicana, agora en franco retroceso a tenor das constantes fracturas internas.

Madrazo lidera a coalición entre o PRI e o Partido Ecoloxista Verde Mexicano e ofrece un plan masivo de creación de emprego, coa finalidade de evitar o aumento no proceso de inmigración a EEUU que, nos derradeiros cinco anos, aumentou a un fluxo de 500,000 persoas anuais.

-Patricia Mercado (Partido Alternativo Campesino e Democracia Social) Aos seus 49 anos, esta economista avoga polos dereitos femininos e dos homosexuais e a legalización do aborto e da marihuana.

-Roberto Campa (Nova Alianza) Con 48 anos, este antigo disidente do PRI perdeu nas eleccións internas dese partido con Madrazo no 2002, para posteriormente crear o seu novo movemento.

Asemade a elección presidencial, México renovará os 500 membros da Cámara de Deputados (300 por maioría simple e 200 por representación proporcional) así como os 128 membros do Senado. Tamén se elixirán o próximo alcalde da populosa Cidade de México e os gobernadores dos estados de Guanajuato, Jalisco e Morelos. A elección na capital será sumamente importante porque tradicionalmente amosa un eventual futuro candidato presidencial.

Do mesmo xeito, será a primeira vez que os mexicanos residentes no exterior poderán exercer o seu dereito ao voto, unha progresiva demanda desde que se aplicara o proceso de reforma electoral democrática no 2000. En total suman 40,854 persoas, das cales 35,746 son residentes nos EEUU. Os seus votos serán recibidos polo Instituto Federal Electoral, IFE, o 1 de xullo, un día antes dos comicios.


As enquisas e a “guerra sucia”

Non entanto, semella difícil ofrecer un prognóstico certeiro sobre a estimación do voto para os 72 millóns de mexicanos facultados no seu dereito de sufraxio, nun país cunha poboación estimada en 106 millóns de habitantes, segundo datos do IFE.

Ata principios de abril, diversas enquisas de opinión amosaban unha sólida vantaxe de dez puntos para López Obrador sobre o seu principal rival Felipe Calderón. Pero, posteriormente, diversos acontecementos relativos á campaña mediática na súa contra e o seu inicial rexeite a participar no debate electoral televisado, permitiron o ascenso de Calderón na preferencia do voto.

Mais existen receos sobre a veracidade de determinadas empresas de opinión, algunhas delas probablemente interesadas en fomentar un ascenso electoral do candidato oficialista e un retroceso de López Obrador. Un dos principais métodos de campaña é fomentar o chamado “voto útil” como mecanismo reactivo para prexudicar unha determinada candidatura. Simultaneamente, os candidatos, principalmente Calderón, enfocan as súas estratexias na captación do voto dos indecisos.

Nas derradeiras semanas, enquisas das empresas Parametria e o diario Reforma amosaban unha estimación favorable a López Obrador nun 37%, contra o 35% de Calderón. Madrazo semella fortalecido no terceiro lugar cun estimado 27%, mentres Mercado e Campa apenas superan o 3%. Con este panorama, os análises electorais tenden a fomentar a idea da polarización e a incerteza post-electoral.

A preponderancia de López Obrador e Calderón no espazo electoral posibilitou un forte intercambio de agravios e acusacións, onde a repercusión mediática vía TV constituíu un efectivo mecanismo de confrontación. Cun carácter case similar ao existente nas eleccións peruanas, esta confrontación directa mediática salpicada de “guerra sucia” ocultou diversos problemas a tratar no debate electoral, como a inmigración, o emprego e a seguridade pública.

Apoiado polas elites empresariais e as principais canles de TV, así como intelectuais como o historiador Enrique Krauze, o candidato Calderón cualificou a López Obrador de “perigo para a democracia e o futuro de México”, “populista” e “aliado do presidente venezolano Hugo Chávez”. Unha recente campaña televisiva amosando unha mestura de imaxes de Chávez e escenas de violencia en Venezuela provocou unha forte protesta dende Caracas.

Pola súa banda, Calderón é acusado de favorecer politicamente aos seus familiares e de continuador do modelo neoliberal. O propio López Obrador acusa ao goberno de Fox de favorecer baixo a mesa a Calderón e especula cun posible fraude electoral.

A onerosa campaña electoral é outro factor de importancia que afondou esta sensación de polarización. Calcúlase un custe de campaña en 1.200 millóns de dólares, do que o 40% é outorgado polo Estado aos partidos e o resto aos órganos electorais. En total, desde xaneiro ata xuño, se realizaron un total de 20.769 cuñas publicitarias por televisión e máis de 100,000 por radiodifusoras.


O panorama post-electoral

Resulta probable a vitoria de López Obrador nas eleccións do próximo domingo, a pesares da súa aparentemente curta vantaxe nas enquisas. Isto constituiría un histórico triunfo para a esquerda mexicana que fortalecería a transición post-PRI iniciada no 2000.

A vaga de protestas sociais contra o goberno de Fox, como a derradeira folga de 70,000 profesores do estado de Oaxaca, seguramente prexudicarán ao candidato Calderón e fortalecerán a opción López Obrador. Pero Calderón espera que o “efecto medo” cara a candidatura do seu adversario poida provocar un aluvión final de votos ao seu favor.

Sexa que sexa o gañador, o resultado máis probable será un goberno debilitado, sen maioría parlamentaria, dependente de coalicións diversas. Do mesmo xeito, as eleccións mexicanas son vistas con especial atención tanto en EEUU como en América Latina, xa que permitirá medir cara onde se inclina a balanza xeopolítica hemisférica.

En Washington esperan un triunfo de Calderón que continúe a política do seu aliado Fox e evite un triunfo de López Obrador, que poida ser utilizado polo seu principal rival rexional, o venezolano Hugo Chávez. O tema da inmigración e o fortalecemento do tratado de libre comercio que poida espallar a opción do ALCA na rexión cobra gran importancia para o goberno de George W. Bush.

Ao tempo, se López Obrador obtivese a vitoria, o rexistro de triunfos electorais esquerdistas na rexión, principalmente en América do Sur, podería consolidarse, cun efecto contaxio nos próximos procesos electorais a celebrarse a finais de ano en Nicaragua, Ecuador e Brasil.

     
     
Índice

     
1   Voto útil, ¿voto en contra?”, por Jacqueline Peschard, en El Universal (México), 27 de xuño de 2006.

Hay que reconocer que existen razones para que prospere el “voto útil”. Lo excesivamente prolongado de las campañas presidenciales y su fuerte mediatización; lo cerrado de la competencia; la fuerte polarización entre dos candidatos que no deja espacios siquiera para aquilatar planteamientos alternativos y, desde luego, el tipo de sistema electoral y de partidos que tenemos prepara el terreno para un voto útil y en contra.
     
2   Recta final”, por León Bendesky, en La Jornada (México), 26 de xuño de 2006.

El período electoral que está a punto de culminar ha exhibido una condición que sigue marcando a la sociedad mexicana: la fragilidad de las instituciones. Este rasgo, además de muy oneroso, es una fuerte restricción para establecer un entorno que se aproxime cada vez más un sistema democrático.
     
3   Dilemas políticos: la disputa por la nación”, por Bulmaro Pacheco, en Tribuna (México), 27 de xuño de 2006.

Ahora, irónicamente, las dos principales fuerzas en contienda se disputan el apoyo de los priístas para que sean ellos los que impulsen el llamado voto útil y les proporcione la diferencia que necesitan para ganar (...) según sondeos es casi seguro que 7 de cada 10 votos de los priístas sean para AMLO y tres para Calderón.
     
4   Chispazos políticos”, por Abel Magaña, en Diario de México (México), 27 de xuño de 2006.

Hay tres visiones económicas y, por lo mismo, tres puntos de vista de lo que quiere para México...Andrés López Obrador dice que hay que cambiar el modelo económico (...) Roberto Madrazo también pide cambios en el modelo económico, pero no tan drásticos (...) Felipe Calderón seguirá con las políticas implementadas por Vicente Fox, es decir el neoliberalismo en todo su esplendor.
     
5   Comicios dejarán un gobierno dividido”, por Diego Cevallos, en InterPress Service (Italia), 26 de xuño de 2006.

La polarización marcó la campaña y dejó heridas que si no cicatrizan podrían llevar al país a una crisis de gobernabilidad (...) Los candidatos ofrecen para después del domingo “una operación cicatriz, pero va a ser difícil con tanto insulto y tanta diatriba que han intercambiado”.
     
6   Las razones del voto”, por Gerardo Fernández Casanova, en Argenpress (Arxentina), 26 de xuño de 2006.

Por convicción ideológica, Andrés Manuel (López Obrador) ofrece proponer al Legislativo la implantacion de las figuras que norman la democracia participativa, particularmente la que se refiere a la facultad social revocatoria del mandato, de manera de someterse a ella al tercer año de ejercicio del poder.
     
7   Cabeza a cabeza”, en Revista Cambio (Colombia), 27 de xuño de 2006.

¿Qué significan esos números? Que lo que habrá este domingo en México será un cabeza a cabeza a la altura del mejor derby de Kentucky y que López Obrador, que en los últimos meses había caído en los sondeos, se está recuperando. Hasta Calderón es consciente de ello.
     
8   As elections approach, Mexico faces internal instability”, por Jephraim P. Gundzik, en The Power and Interest News Report, PINR (EEUU), 7 de xuño de 2006.

Opinion polls conducted to gauge party support in Mexico´s congressional elections have been fairly uniform in recent months. Although the lead party has changed often, these polls have consistently shown that no single party will be able to amass a legislative majority. With no party likely to gain more than one-third of the popular vote, Mexico´s next government will be no stronger than was the Fox government. Further deterioration in governance will invite increasing social unrest.
 
Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/07/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta