Actualidade Exterior / nº 186-12/2006 de 19 de xuño Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior
Guantánamo: impunidade e ilegalidade
 
 
Análise

     
   

O suicidio de tres reclusos, dous sauditas e un iemení, na cárcere estadounidense de Guantánamo, cualificado cinicamente polas autoridades estadounidenses de “acto asimétrico de guerra”, reaviva aínda con maior forza e dun xeito oficial, as esixencias internacionais para o peche definitivo deste penal, considerado un limbo e unha figura ilegal á luz do dereito internacional. Nunha conxuntura crítica para Washington polas recentes revelacións dos voos ilegais da CIA en Europa e a matanza de civís na cidade iraquí de Haditha, realizada por tropas norteamericanas, podería observarse un aumento nas presións internas e internacionais cara o goberno de George W. Bush sobre o definitivo peche de Guantánamo.

As reaccións polo suicidio dos tres reclusos en Guantánamo e, principalmente, polas declaracións do contralmirante Harry Harris e o funcionario do Departamento de Estado, Colleen Graffy, cualificando este incidente de “acto de guerra asimétrica dirixido contra nós” e “golpe propagandístico para atraer a atención”, provocaron por vez primeira unha posición oficial moito máis dura e persistente dende algúns gobernos europeos contra a política formulada dende Washington en materia de loita antiterrorista.

Tanto a comisaria de Relacións Exteriores da UE, a austríaca Benita Ferrero-Waldner, como o ministro de Asuntos Exteriores español, Miguel Ángel Moratinos cualificaron a Guantánamo como unha “anomalía”, esixindo o seu inmediato peche. Menos contundente e con certa tibieza, manifestou o responsable de Política Exterior e de Seguridade da Unión Europea, Javier Solana, quen cualificou a declaración do almirante Harris de “unha lixeireza”.

Pola súa banda, a ministra de Exteriores austríaca Ursula Plassnik, país que preside a UE ata xuño, anunciou que no próximo cumio UE-EEUU a celebrarse o 21 de xuño en Viena, pedirse formalmente a Washington o peche definitivo de Guantánamo, “tal e como xa se lle anunciara á secretaria de Estado, Condoleeza Rice”. Esta será a primeira vez que, dentro da axenda dunha xuntanza de alto nivel, Bruxelas inste a Washington ao peche definitivo da base de Guantánamo.

Os medios europeos e estadounidenses reflectiron as informacións de que un dos reclusos que se suicidaron, o saudita Mani Shaman Turki al Habardi al Utaybi, de 30 anos, estaba incluído na lista e 141 prisioneiros que ían ser liberados, aínda que o propio recluso non coñecese aínda esta decisión. Isto aumenta a sensación de que en Guantánamo impera unha situación de ilegalidade rampante, onde os detidos non teñen ningún tipo de dereitos fundamentais.


Un pantasma para Bush

A conxuntura actual se presenta complicada para o goberno de George W. Bush, sumido nunha prolongada crise de credibilidade e cos índices de aceptación e popularidades máis baixos da súa xestión, que se estiman en menos do 30% da aprobación.

Os suicidios de Guantánamo empanaron a morte do líder de Al Qaeda en Iraq, Abu Musab al Zarqawi, que Washington esperaba amosar como un fito triunfal na súa estratexia internacional contra do terrorismo e como un elemento de éxito dentro da caótica transición iraquí. Como consecuencia, estes suicidios poderían ser interpretados como unha especie de “resistencia pasiva” e forma desesperada de chamar á atención internacional sobre o que acontece, tamén como un elemento reivindicativo para militantes “jihadistas” a nivel internacional.

Con anterioridade a Guantánamo, a opinión pública estadounidense e internacional xa comezaran a criticar abertamente ao goberno de Bush pola responsabilidade de militares estadounidenses na matanza de 24 civís na localidade iraquí de Haditha, feitos ocorridos en novembro de 2005, e a pedir a dimisión do secretario de Defensa, Donald Rumsfeld. Como no caso de Guantánamo, o presidente Bush intentou minimizar a crise, aínda que anunciase a creación dun comité de investigación para identificar aos responsables, sen modificar con iso a conformación do seu equipo de goberno.

Ao tempo que acontecían: os suicidios en Guantánamo, á matanza en Haditha e á morte de Zarqawi... as relacións transatlánticas comezaron a evidenciar síntomas de irritación polas novas revelacións sobre os voos ilegais por parte da CIA, coa utilización de aeroportos e bases militares en países como Gran Bretaña, Portugal, España, Alemaña, Suecia, Polonia, República Checa, Romanía, Alxeria, Turquía e Macedonia, para o traslado de presuntos terroristas a cárceres secretos en Europa, Asia Central e Oriente Medio, onde se practicaba a tortura.

Todo este panorama influirá na campaña electoral republicana cara as eleccións lexislativas de novembro próximo, onde se renovará o Congreso estadounidense. Diversos aliados republicanos no goberno de Bush comezaron a criticar a situación en Guantánamo, considerando que “limbo legal” nos dereitos dos internos. Os demócratas, que esperan acabar coa hexemonía republicana no Congreso, probablemente colocarán a Guantánamo no centro da súa estratexia electoral.


Impunidade e silencio

A actual configuración de Guantánamo como centro de reclusión de presuntos terroristas foi establecida en xaneiro de 2002, pouco despois da caída do réxime talibán en Afganistán. Desde entón, existen alí uns 460 prisioneiros internacionais, acusados de colaboración co terrorismo global, de formar parte do réxime talibán e de ser militantes de Al Qaeda. Non obstante, nunca se demostrou que existira entre eles algún alto cargo talibán ou de Al Qaeda. Mesmo, algúns dos reclusos son persoas de idade avanzada ou menores de idade.

O antecedente desta base naval estadounidense hai que procuralo en 1903, trala guerra contra España de 1898. A incongruencia legal á luz do dereito internacional na xustificación e existencia do actual Guantánamo foi establecida unilateralmente polo presidente Bush o 7 de febreiro de 2002, cando decidiu que os “inimigos detidos en Afganistán non sería recoñecidos como prisioneiros de guerra e que, polo tanto, non poderían acollerse aos dereitos previstos para estes nas Convencións de Xenebra”, negándolles polo tanto o estatuto de prisioneiros de guerra. Dende entón, a administración Bush confírelles un tratamento de “combatentes inimigos”.

Naquela hora, poucas foron as voces críticas que se ergueron para cuestionar este limbo legal defendido por Washington, principalmente pola errónea consideración de que o goberno estadounidense tiña dereito e carta branca para responder contundentemente á ameaza terrorista tralo 11-S. Tan só a Corte Interamericana de Dereitos Humanos da Organización de Estados Americanos, OEA, esixiu ao goberno de Bush que “recoñecese aos detidos os dereitos que lles outorgan os tratados internacionais e que tivesen dereito a xuízos con todas as garantías”.

Amparados por esta ilegal decisión, as tropas norteamericanas e os seus servizos de intelixencia interpretaron como lexítimas as detencións ilegais, a tortura, as vexacións e todo tipo de abusos e falta de respecto aos dereitos humanos contra dos reclusos de diversas nacionalidades, tanto en Guantánamo como nos cárceres de Bagram en Afganistán e Abu Graib en Iraq. Existe unha calculada política de incomunicación e silencio sobre o que sucede en Guantánamo.

O avogado Mark Denbeaux, que representa a varios dos detidos en Guantánamo, considera que a situación neste penal “provoca un fedor de desesperación”. Segundo fontes oficiais, nos derradeiros tres anos se presentaron 41 casos de intentos de suicidio por parte de 25 reclusos. Formalmente, ningún dos tres reclusos que se suicidaron estaban acusados de delito algún (un deles era buscado en Arabia Saudita unicamente por pertencer a unha organización islamita), situación similar á existente no resto dos internos.

Agárdase que, nas próximas dúas semanas, o Tribunal Supremo Estadounidense tome unha decisión sobre o futuro dos internos e do propia cárcere, ao tempo que se pronuncia sobre a legalidade dos xuízos nas Comisións Militares creadas tralo 11-S, ou sobre se presidente Bush se extralimitou na súa autoridade á hora de substituír os tribunais normais por estas comisións.

     
     
Índice

     
1   The Deaths at Gitmo”, editorial en The New York Times (EEUU), 12 de xuño de 2006.

Guantanamo Bay and other American detentions centers have sparked outrage around the world –deeply harming America´s image at the defender of humanity against these sorts of abuses. Last month a United Nations panel called for the prisons to be shut down. But the administration´s response to all of this has been defiance.
     
2   Guantánamo: no basta con cerrar ese campo de concentración”, por Roberto Montoya, en Rebelión (España), 12 de xuño de 2006.

La ONU y todos los países aliados de EEUU en Afganistán en particular, entre ellos España, tienen una especial responsabilidad, dado que han permanecido mudos y ciegos cuando el Pentágono decidió unilateralmente trasladar desde ese país a cientos de prisioneros al infierno caribeño, como no han alzado su voz tampoco ante Abu Ghraib o los vuelos de la CIA.
     
3   Fermer Guantanamo”, editorial en Le Monde (Francia), 13 de xuño de 2006.

Les Etats-Unis restent sourds à tous ces arguments. Le moins que les dirigeants européens puissent faire désormais, c´est de ne plus aborder une réunion de haut niveau avec les Américains sans exiger la fermeture du Guantanamo. La chancelière allemande, Angela Merkel, a récemment donné l´exemple. Les Français dovient la suivre.
     
4   Suicidios asimétricos”, editorial en El País (España), 13 de xuño de 2006.

(...) Guantánamo –con un sistema derivado de la guerra de Afganistán, la lucha contra el terrorismo y los vuelos secretos de la CIA-, lo ocurrido en la cárcel de Abu Ghraib o la matanza de Haditha en Irak, son realidades siniestras que alimentan el odio de muchos musulmanes y las filas de Al Qaeda.
     
5   Guantánamo: Europa debe ser firme”, editorial en El Mundo (España), 12 de xuño de 2006.

(...) ni los gobernantes ni los ciudadanos de la UE deben olvidar que Guantánamo no es más que la punta del iceberg de una idea de la lucha contra el terrorismo que nació al calor del 11-S y que choca en muchas ocasiones con el respeto a los derechos humanos.
     
6   Guantánamo, ahora suicidios”, editorial en ABC (España), 12 de xuño de 2006.

Más allá de cuáles sean la calificación jurídica exacta de los presos confinados en Guantánamo y la gravedad de los hechos que se les imputan, lo cierto es que los Estados Unidos no pueden persistir en el error de mantenerlos por más tiempo en esas condiciones.
     
7   A tunnel without end”, por Zachary Katznelson, en The Guardian (Gran Bretaña), 12 de xuño de 2006.

So what now? President Bush stated this week that he wants to close Guantánamo, that he wants to give the men trials. Well, let´s have them –immediately. The US has had over four years to gather evidence against the men. Surely that is enough time to prove guilt. And now it is time to show the world the evidence.
     
8   Death comes to Guantanamo”, por Richard Corliss e Adam Zagorin, en Time (EEUU), 11 de xuño de 2006.

In a global jihad in which suicide bombers are cheered as heroes, suicide at Guantánamo could be seen as an act of passive resistance, like the self-immolations of Buddhist monks in the early days of Vietnam War. The Gitmo deaths may have had religious significance for the men who committed them.
     
9   Bush dans le piège de Guantánamo”, editorial en Le Figaro (Francia), 12 de xuño de 2006.

A quelques mois des élections de mi-mandat, capitales pooru les républicains s´ils veulent garder la majorité au Parlement, George Bush doit sortir du piège qui´il s´est tendu à lui-même. Il ne peut se faire le chantre de la démocratie dans le monde, notamment au Proche-Orient et, dans le même temps, tolérer un système hors la loi.
 
Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/06/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta