Actualidade Exterior / nº 183-09/2006 de 8 de maio Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior
Nacionalización enerxética en Bolivia
 
 
Análise

     
   

Nunha medida tan vertixinosa como eficaz, o presidente boliviano Evo Morales decretou o luns 1 de maio a nacionalización dos recursos de gas natural e petróleo, a traveso do Decreto Supremo 28701. A ocupación militar das instalacións petroleiras e gasolineiras, ata agora con accionariado maioritario en poder das multinacionais, provocou unha rápida reacción por parte de gobernos como Brasil e España, os principais investidores no país andino, que cuestionaron as formas na que se aplicou o decreto. Non entanto, e a pesares de que o decreto deixa unha marxe temporal para a renegociación, esta tendencia nacionalizadora iniciada en Venezuela que agora se estende a Bolivia, pode ter a súa expansión noutros países veciños de América do Sur, cousa que presaxia novas poxas e disputas entre diversos gobernos e as multinacionais.

O decreto do presidente Evo Morales fíxose coincidir tanto co Día Internacional do Traballador como cos seus primeiros 100 días no goberno, quizais coa intención de aplicarlle unha dose de simbolismo ao seu acto. Un día despois, Morales anunciou a súa decisión gobernamental de nacionalizar o resto dos recursos naturais bolivianos, principalmente das areas mineira e forestal.

Estas medidas oficiais marcan o comezo da reversión do proceso de privatización de empresas públicas e recursos naturais iniciado por Bolivia en 1996, durante a primeira presidencia de Gonzalo Sánchez de Lozada. Non entanto, e a pesares da súa sorprendente e rápida aplicación, a nacionalización dos recursos enerxéticos bolivianos xa fora o principal compromiso na campaña electoral de Evo Morales e do seu partido, o Movemento ao Socialismo, desde o referendo de 2004 sobre o control destes recursos, ata as eleccións presidenciais de decembro pasado. Nas derradeiras semanas, Morales viña afondando na necesidade de nacionalizar os recursos naturais.

Do mesmo xeito, o decreto permite unha renegociación dos contratos petroleiros nun período de 180 días, aínda que as compañías estranxeiras que operan nos campos máis productivos deben someterse á primacía estatal (82%) nas ganancias de exploración e explotación, deixando o resto ás multinacionais. Deste xeito, a partires da data de nacionalización, as multinacionais deberán pagar un 18% en concepto de regalías, un 32% polo Imposto Directo aos Hidrocarburos e outro 32% de participación adicional de Yacimientos Petrolíferos Fiscais Bolivianos, YPFB, a empresa estatal. Ante esta medida, compañías como British Gas e a francesa Total xa advertiron coa súa posible marcha do país.


Os principais afectados

A pesar da súa popularidade interna, a decisión de Morales provocou fortes críticas e presións no exterior, principalmente dende Brasil e España, países que ao traveso das firmas enerxéticas Petrobras e Repsol YPF posúen a maior parte dos investimentos en gas natural e petróleo no país altiplano.

Un comunicado do Ministerio de Enerxía e Minas brasileiro cualificaba como “acto inamistoso” o decreto de Morales. Pola súa banda, o goberno de Zapatero chamaba a consultas ao seu encargado de negocios en Bolivia mentres un comunicado oficial amosaba a súa preocupación. Posteriormente, durante unha urxente xuntanza en Iguazú cos seus homólogos arxentino Néstor Kirchner, o venezolano Hugo Chávez e o propio Morales, o presidente brasileiro Lula da Silva avogou polos intereses brasileiros en Bolivia e o futuro dos seus investimentos.

Petrobras e Repsol posúen boas razóns para preocuparse pola nova política enerxética do goberno boliviano. A empresa estatal brasileira constitúe o emblema da presenza estranxeira en Bolivia, con investimentos calculados en 3.000 millóns de dólares. Asemade, é a única firma con forte participación en toda a cadea produtiva de petróleo e gas natural, desde a exploración á refinación, o transporte e comercialización, con 64 gasolineiras nas principais cidades bolivianas. As imaxes da toma militar destas instalacións arrepiaron no país veciño.

Do mesmo xeito, existe un gasoduto fronteirizo construído e controlado por empresas de Petrobras que permiten levar ao Brasil 27 millóns de metros cúbicos diarios de gas natural, cousa que constitúe o 67% do consumo total deste país.

Pola súa banda, Repsol YPF controla en Bolivia un negocio con investimentos estimados en 1.000 millóns de euros, cunha forte presenza desde 1997. En marzo, un escuro caso de contrabando petroleiro provocou unha semi crise entre o goberno de Morales e a multinacional española, pola detención de dous directivos. O goberno de Zapatero ten decidido enviar unha delegación á capital boliviana para tratar con Morales os efectos deste decreto.

Do mesmo xeito, ás británicas British Gas e British Petroleum e a francesa Total, posúen investimentos no país, aínda que de menor envergadura. En suma, as multinacionais levan investidos en Bolivia milleiros de millóns de euros en infraestruturas, polo que agora consideran unha incógnita cal será o futuro destes investimentos.


Morales, Chávez e a xeopolítica suramericana

Non deixa tampouco de ser significativo que a decisión de Morales se realizase xusto despois do asinamento en A Habana, xunto ao presidente cubano Fidel Castro e o venezolano Hugo Chávez, do Acordo de Comercio dos Pobos, unha iniciativa que formaliza a instrumentalización da Alternativa Bolivariana para as Américas, ALBA, proxecto impulsado por Chávez alternativo ao estadounidense do Libre Comercio para as Américas, ALCA.

O eixe pro-ALBA Fidel-Chávez-Morales permite concretar diversas iniciativas sobre o futuro dos recursos naturais, principalmente enerxéticos, en América do Sur. Venezuela e Bolivia constitúen os dous países do hemisferio occidental con maiores reservas en petróleo e gas natural (no caso boliviano, 775.000 millóns de metros cúbicos de gas), gobernados neste momento por dos líderes anti-ALCA e sumamente críticos coa hexemonía estadounidense na rexión.

Por tanto, a medida adoptada por Morales non semella ser un acto illado e casual: forma parte dunha estratexia rexional. En marzo, o goberno venezolano aprobou o novo plan enerxético nacional, previsto para un período de dez anos, que restrinxe a política de apertura petroleira iniciada en 1995. Neste sentido, o Estado venezolano controlará a maior parte da produción e a ganancia petroleira, mentres as multinacionais deberán acomodarse a este novo programa. Isto provocou que ExxonMobil anunciase a marcha do país.

A coincidencia entre o plan de Chávez e o decreto de Morales evidencia que esta relación constitúe unha variante máis da activa diplomacia enerxética do mandatario venezolano, con posibilidades de expansión continental, principalmente na área andina.

Ante a próxima segunda volta electoral en Perú, co nacionalista Ollanta Humala (apoiado por Chávez) como un dos dous contrincantes electorais, existe a posibilidade de que o seu triunfo permita consolidar unha vaga de nacionalizacións dos recursos naturais destes países, tal e como declarara o propio Humala hai uns días. En Ecuador, outro país politicamente convulsionado, o Congreso aprobou recentemente un plan de nacionalización do sector enerxético, aínda que con maior marxe de manobra para as multinacionais.

Para Chávez, a consolidación do seu proxecto require a obtención de aliados políticos rexionais. Un deses obxectivos está na construción dun gasoduto de 10.000 km dende Venezuela a Arxentina, pasado por Brasil, que condiciona tamén o ingreso de Bolivia dentro deste novo mapa enerxético, tal e como postulara Chávez na recente xuntanza con Kirchner e Lula, principais socios enerxéticos bolivianos.

Cun custe de 25.000 millóns de dólares para transportar 150 millóns de metros cúbicos diarios de gas, Chávez espera colocar á enerxía como motor principal da integración suramericana.


Harmonía rexional?

Non obstante, existen fisuras dentro deste marco político suramericano. Hai dúas semanas, os gobernos de Perú e Colombia anunciaron a súa intención de negociar o ALCA con EEUU, cousa que provocou a declaración de Chávez de retirarse da Comunidade Andina de Nacións, feito que marcou unha crise diplomática co goberno peruano de Alejandro Toledo, na que tamén xogou un papel significativo o aberto apoio electoral de Chávez a Humala.

Do mesmo xeito, existen fortes presións dentro de MERCOSUR para reorientar o marco de integración rexional, debido a paralización deste organismo e o ingreso formal de Venezuela e as negociacións con Bolivia. O presidente uruguaio Tabaré Vázquez cualificou o actual marco de actuación en MERCOSUR como “inútil” e avogou por unha urxente reforma.

Paralelamente, e a pesares das iniciais boas relacións entre os novos presidentes Michelle Bachelet e Evo Morales, aínda está latente unha disputa fronteiriza entre Chile e Bolivia que se afonda co proxecto iniciado polo anterior goberno boliviano de construír un gasoduto cara Chile, proxecto rexeitado por Morales. Outro proxecto de apertura enerxética exterior para Bolivia, por Paraguai e Uruguai, foi tamén proposto por Chávez na súa derradeira visita a Asunción, capital paraguaia.

O decreto boliviano tamén pode provocar unha fonda disputa con Brasil, principal cliente exterior do gas boliviano. Tras semanas de ambivalencia, Morales finalmente definiu o carácter da súa política enerxética, pero as súas repercusións diplomáticas e en materia de xeopolítica enerxética poden condicionar boa parte da viabilidade deste proxecto de nacionalización. A súa disputa coas multinacionais, a próxima convocatoria dunha Asemblea Constituínte e a celebración en xullo dun decisivo referendo territorial na rexión de Santa Cruz, rica en gas natural, determinarán os novo retos a afrontar polo seu goberno nos próximos meses.

     
     
Índice

     
1   Nacionalización”, editorial en Correo del Sur (Bolivia), 2 de maio de 2006.

Es muy previsible, a partir de ahora, que las principales empresas petroleras que operan en Bolivia deban elegir entre tres caminos: retirarse de Bolivia, acudir a recursos legales y arbitrajes internacionales o, por último, aceptar los nuevos términos y condiciones que ha señalado el Gobierno.
     
2   Malas formas de Evo”, editorial en El País (España), 3 de maio de 2006.

Está por ver cómo se comporta el Gobierno boliviano en las negociaciones con las empresas durante los próximos seis meses, pero el decreto eja poco margen al advertir que tendrán que irse las que para entonces no hayan llegado a acuerdos con el Estado. De momento, las principales concesionarias ven reducido su margen de explotación a un 18%.
     
3   Que sea para bien”, editorial en El Deber (Bolivia), 3 de maio de 2006.

El ojo del universo quedó clavado en la persona del presidente Evo. Los oídos de un mundo sorprendido ante la profundidad de los cambios en marcha, no se perdieron palabra del caudillo altiplánico. Lo aguardaron pacientemente hasta que se confundió con la multitud que copaba la plaza mayor de la sede del gobierno.
     
4   Brasil cria corvos na América do Sul”, por Igor Gielow, en Folha do Sao Paulo (Brasil), 2 de maio de 2006.

Mas não é sinal de “vigor democrático” ver militares comandados por um suposto aliado ocupando instalaçoes brasileiras. É distorçao achar que é preciso tratar os vizinhos mais pobres com paternalismo. É preciso pragmatismo sem arrogância, clareza no cumprimento de pactos e cooperaçao dentro da realidade.
     
5   Evo Morales decreta”, editorial en La Vanguardia (España), 2 de maio de 2006.

La decisión de Evo Morales –el primer presidente indio de Bolivia- se interpreta como una huida hacia delante para frenar la oleada de demandas sociales tras sus cien días en el poder (...) la vía nacionalizadora emprendida ahora confirma que Morales ha optado por seguir el modelo populista y radical del venezolano Hugo Chávez (...) frente al modelo de izquierda más moderada del brasileño Lula da Silva.
     
6   El leonino decreto de Evo”, editorial en El Mundo (España), 3 de maio de 2006.

El anuncio no hará más ricos a sus conciudadanos. Los empobrecerá todavía más al generar un clima de inestabilidad manifiesta. El decreto dinamita la libertad económica, un concepto ya de por sí muy devaluado en el país andino.
     
7   Bolivia and Leftward movement in Latin America”, en Stratfor (EEUU), 2 de maio de 2006.

(...) Bolivia is hardly an isolated case. Venezuela has set certain precedents by incrementally changing the playing rules for foreign companies (...) Ecuador is now moving in the same path (...) And in Peru, presidential candidate Ollanta Humala has promised to nationalize gas reserves and production if he wins the runoff election. There is indeed a pattern here.
     
8   Morales pisa fuerte”, por Franz Chávez, en InterPress Service (Italia), 2 de maio de 2006.

El decreto de Morales llegó con una sentencia: las empresas petroleras deben adecuarse a las nuevas condiciones en un plazo de 180 días y la negativa a someterse a los requisitos legales y constitucionales determinará que “no podrán seguir operando en el país”.
     
9   Oil groups may escape brunt for Bolivia decree”, por Thomas Catan e Javier Blas, en Financial Times (Gran Bretaña), 2 de maio de 2003.

Oil companies said that Bolivia´s decree to take control of the gas fields was extremely broad and their decision whether to remain in the country would depend on how it is interpreted. Companies have been given 180 days to renegotiate contracts with the Bolivian government and many analysts expect the two sides will have to reach an accommodation.
     
10   Bolivia Takes Control of its Energy Industry”, en The Power and Interest News Report, PINR (EEUU), 4 de maio de 2006.

It is possible that a moderate left, represented by the Brazilian and Argentinean governments, will try to put pressure on more socialist –and populist-oriented leaderships, such as those of Hugo Chavez and Evo Morales, in order to limit their strong economic nationalism; additionally, the moderate left may call for more coordinated energy policies for the whole Latin American continent.
 
Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 06/05/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta