Actualidade Exterior / nº 181-07/2006 de 10 de abril Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior
EEUU e a inmigración: Cuestión de valados?
 
 
Análise

     
   

A recente aprobación, vía lexislativa, dun proxecto de lei restritivo cara a inmigración provocou masivas manifestacións en Los Ángeles e outras cidades norteamericanas, colocando no debate político o sensible e complicado problema da inmigración. Neste ano electoral, onde se celebrarán comicios lexislativos en novembro para renovar o Congreso e o Senado, obsérvase como o tema inmigratorio non só se traduce en fortes divisións dentro dos partidos Republicano e Demócrata, senón tamén como esta problemática pode configurar un crecente poder político das comunidades de orixe hispano nos EEUU.

Amais de Iraque, o tema migratorio pode constituírse no principal problema político para a administración de George W. Bush cara aos comicios lexislativos de finais deste ano ou para as eleccións presidenciais de 2008. A pesares da súa aprobación no Senado, este controvertido proxecto de lei está tamén a revelar unha fonda división política e social en EEUU.

Alén de complexo, este amplo proxecto de lei, impulsado polo senador republicano F. James Sensenbrenner, Jr. foi aprobado no Senado con 12 votos a favor e seis en contra. Consiste en medidas de control masivo do fenómeno migratorio. Neste sentido, estipúlase a creación de permisos temporais condicionados polos contratantes, cousa que deixaría a milleiros de inmigrantes á vontade dos seus empresarios.

Aínda que o proxecto de lei tamén contempla medidas para garantir a integración cultural e lingüística dos inmigrantes, criminalízase a inmigración ilegal (un total de 12 millóns de persoas en EEUU, a maior parte mexicanos) ao tempo que se lles negan os servizos sanitarios básicos.


A división nacional

Diante deste escenario, semella moi probable que o tema migratorio domine grande parte do debate político interno nos EEUU durante os próximos dous anos. Como factor engadido, diversas teorías e posicións sobre a necesidade de reformar a política inmigratoria, de reforzar a identidade nacional (entre eles, os recentes traballos de Samuel Huntington sobre a “ameaza hispana”) e de afrontar os desafíos socio-culturais do multiculturalismo, definen os eixes deste debate.

En Washington, as políticas oficiais tenden a centrarse en diversos enfoques. Por unha banda, aplícanse medidas dirixidas a levantar valados na fronteira con México e dotar á fronteira dunha maior presenza policial para frear a inmigración ilegal. No plano social, diversos membros da sociedade civil en estados fronteirizos como Arizona e Texas, crearon patrullas coñecidas como “minutemen”, para frear esta inmigración ilegal.

Por outra banda, e tomando en conta a considerable forza electoral dos inmigrantes hispanos, principalmente en estados como California, Texas, Arizona, Florida e Nova York, o goberno Bush tentou remodelar esta política inmigratoria, con maiores vantaxes na obtención da nacionalidade e a aplicación dunha medida que permita emprego temporal a 400.000 ilegais por un período de catro anos, ao tempo que se iniciarían os trámites de nacionalidade e residencia para millón e medio de inmigrantes ilegais. Esta iniciativa estivo impulsada polos senadores republicanos John McCain e demócrata Ted Kennedy.

No entanto, o gobernante partido Republicano atópase dividido diante do tema migratorio. Uns defenden reforzar a seguridade e a vixilancia na fronteira sur con México mentres outros sectores, principalmente vinculados a intereses empresariais, intentan atopar unha solución permanente, en consonancia coas políticas tradicionais de acollida que caracterizaron a historia estadounidense dende finais do século XIX. Pola outra banda, é de subliñar as escasas achegas políticas e teóricas no tema migratorio presentadas polo partido Demócrata, no que tamén se aprecian certas divisións internas.

O tema tamén provoca variedade de opinións e divisións na sociedade estadounidense. Segundo a enquisa AP-Ipsos, un 41% oponse a calquera tipo de status legal para os inmigrantes ilegais, mentres un 56% móstrase favorable a darlles algún tipo de status legal. Dous terzos dos enquisados non cren que vaia funcionar a política de construír un valado ou muro fronteirizo para frear a inmigración ilegal. Outra enquisa, do grupo New American Media, mostra que 73% dos enquisados consideran que os inmigrantes ilegais “axudan dalgún xeito” á economía estadounidense.


A reacción latina

A reacción da poboación hispana inmigrante foi case inmediata e contundente. En Los Angeles, medio millón de persoas reclamaban un contrato para os ilegais. En Chicago foron uns 300.000 e decenas de milleiros en Phoenix, Denver e outras cidades. Esta reacción non evitou que o Senado obrigase ás organizacións relixiosas e asistenciais a informar sobre as persoas auxiliadas e propúñase construír unha barreira que cubrise un terzo da fronteira sur do país.

Todo isto persuadiu ao presidente Bush da oportunidade de realizar unha prioritaria visita ao seu colega mexicano Vicente Fox, nun país que tamén se atopa nunha particular conxuntura electoral, con eleccións presidenciais en xullo. Polo tanto, o tema migratorio tamén domina o debate político mexicano, especialmente no que atinxe ás relacións con EEUU, debido a que o derradeiro censo de 2003 amosou a cifra de 10 millóns de mexicanos residentes en EEUU.

Intentando calmar ao seu homólogo mexicano, Bush explicou a Fox que só pretende unha regularización a través da concesión de permisos temporais para aqueles que desempeñan os traballos que os estadounidenses non queren. Pero a Fox preocupalle, principalmente, o sensible tema das remesas dos inmigrantes, segunda fonte de ingresos do país tras do petróleo. Velaí que, tanto en Washington como en México D.F, existen tantas razóns para as desconfianzas, como para a evidente necesidade de cooperación.


O problema da identidade

O debate da inmigración leva implícito o debate da identidade estadounidense. Moitos defensores dos “valores” conservadores insisten na seguridade e na defensa da pureza da identidade norteamericana, impulsados pola tese de Huntington da “ameaza hispana” á cultura norteamericana. Outros invocan a tradición histórica estadounidense na que os inmigrantes (ou unha selectiva política migratoria) axudaron a confeccionar os EEUU moderno.

Certos sectores de inmigrantes temen o avance da xenofobia. Outros sopesan o impacto que esta lei terá nas eleccións do outono e nas presidenciais de 2008, tomando en conta a baixa popularidade de Bush entre un colectivo hispano que non para de medrar en Florida e nos estados do sudoeste do país.

O “humanitarismo electoral” é o derradeiro recurso para milleiros de persoas que insisten en manifestarse en numerosas cidades para tentar modificar a versión aprobada pola Cámara de Representantes e o Senado. Pensan facerse notar a través dunha xornada sen inmigrantes, é dicir, provocar unha visible ausencia en hoteis, restaurantes, fábricas, tendas, etc. Esta ausencia semella ser a súa mellor demostración da presenza e capacidade do que algúns analistas xa cualifican como o crecente “poder latino” nos EEUU.

     
     
Índice

     
1   La dimensión real del problema migratorio”, por Arturo Balderas Rodríguez, en La Jornada (México), 3 de abril de 2006.

El presidente Bush ha entendido que para ganar elecciones el voto latino es decisivo en más de un estado, y lo será aún más en un futuro no muy lejano. Esa fue la razón por la que se lanzó su propuesta de una reforma migratoria que incluyera un capítulo sobre trabajadores temporales.
     
2   Migraciones”, por David Ibarra, en El Universal (México), 3 de abril de 2006.

Aparte de razones políticas, Estados Unidos objetivamente necesita establecer algún tipo de control sobre los flujos masivos de inmigrantes, de ahí la insistencia a conceder amnistía a los trabajadores indocumentados (...) En rigor, sería indispensable, por más que parezca utópico, implantar políticas casi análogas a las de la Comunidad Europea respecto de los países miembros de menor desarrollo que impulsen la reconstrucción o reconversión del aparato productivo.
     
3   Are the Inmigration's protest creating a backlash”, por Perry Bacon, en Time (EEUU), 29 de marzo de 2006.

Whatever their views on the rallies, however, Republicans are also carefully considering how immigration will affect them politically (...) The White House, which has aggressively courted Latinos, has taken a more immigrant-friendly approach (...) But much of the GOP conservative base is concerned about the problems of illegal immigrants.
     
4   El nuevo poder latino”, por Andrés Oppenheimer, en La Nación (Argentina), 4 de abril de 2006.

Pero, además del enojo, el tamaño de las protestas refleja el nuevo perfil de millones de hispanos en los Estados Unidos. Los nuevos inmigrantes están mucho más conectados con sus países de origen que sus predecesores, principalmente por la caída de los costos del transporte y las comunicaciones. Millones de inmigrantes se han convertido en verdaderos “ciudadanos transnacionales”.
     
5   Don't fence us out”, en The Economist (Gran Bretaña), 1 de abril de 2006.

Two things could change the immigration debate profoundly. The first is Latino anger. America is bitterly divided over issues such as bilingual education, and whether illegals should be able to get driving licenses (...) The other thing that could change the debate is terrorism.
     
6   Al rojo vivo”, por Carlos Mendo, en El País (España), 31 de marzo de 2006.

Las masivas manifestaciones del pasado fin de semana en las ciudades más populosas de EE UU –sólo Los Ángeles reunió a más de medio millón de personas- en contra de una resolución de la Cámara baja que pretende convertir prácticamente en delincuentes a los inmigrantes indocumentados, al tiempo que prohíbe la prestación de servicios sociales a los ilegales, constituyen el mejor termómetro de la gravedad de la situación.
     
7   Inmigrantes legales contra castigos a indocumentados”, por Jim Lobe, en InterPress Service (Italia), 4 de abril de 2006.

Los republicanos se han dividido entre el ala proempresarial, que en general se opone a medidas que eleven el costo de la mano de obra barata que representan los ilegales, y el ala populista, en favor de medidas más fuertes para acotar la inmigración.
     
8   To become an American”, por Fareed Zakaria, en The Washington Post (EEUU), 4 de abril de 2006.

The United States has a real problem with flows of illegal immigrants, largely from Mexico (70 percent of illegal immigrants are from that one country). But let us understand the forces at work here.
     
9   The Wall That Keeps Illegal Workers In”, por Douglas S. Massey, en The New York Times (EEUU), 4 de abril de 2006.

The United States is now locked into a perverse cycle whereby additional border enforcement further decreases the rate of return migration, which accelerates undocumented population growth, which brings calls for harsher enforcement.
 
Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/04/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta