Actualidade Exterior / nº 177-03/2006 de 13 de febreiro Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior
Tensións entre Europa e o Islam
 
 
Presentación

     
   

A publicación dunha ofensiva caricatura do Profeta Mahoma en varios diarios europeos e a violenta reacción que provocou desde Oriente Medio ata Afganistán, cun saldo, polo momento, de seis mortos, formula diversas hipóteses e conxecturas sobre as seculares e tensas relacións entre os valores occidentais e o Islam, así como unha reflexión sobre os fráxiles límites da liberdade de expresión e de relixión. No actual e delicado contexto de relacións entre Occidente e o Islam, este conflito tamén repercute seriamente na dimensión política dos acontecementos dentro do mundo islámico e dos factores de integración da comunidade musulmana en Europa.

Posiblemente, o diario danés Jylland-Posten abriu unha “caixa de Pandora” que oculta un serio conflito entre a Europa laica e o Islam. Se ben a publicación neste diario dunha serie de caricaturas ofensivas cara o Profeta Mahoma data do pasado mes de setembro, foi a súa posterior reprodución en diversos medios de comunicación, principalmente europeos, a comezos do 2006, o factor detonante dunha vaga de furia popular en diversos países árabes e islámicos, especialmente Siria, Líbano, Palestina, Iraq e Afganistán.

Intencionadamente ou non, este conflito levou a reaccións frenéticas tanto en Europa occidental como por parte dos gobernos dos países musulmáns. Se ben o diario pediu desculpas á comunidade islámica, os seus representantes en Dinamarca esperaban unha condena oficial, ao final insatisfactoria, por parte do goberno danés. O xefe de redacción do diario galo France-Soir foi despedido por autorizar a publicación destas polémicas caricaturas mentres outros medios se solidarizaban co xornal danés, en aras de defender a “liberdade de expresión”.

Desatando unha vaga de descontento, comezou a activarse un boicot contra os produtos daneses en Oriente Medio, mentres os consulados de Dinamarca, Noruega e a Unión Europea foron asediados e, nalgúns casos, incendiados, como sucedera en Damasco e Beirut. Pola súa banda, Irán pediu aos ministros de Exteriores da Conferencia Islámica unha reunión urxente para tratar a crise e emitir unha declaración de forte condena.

Nun contexto político abertamente conflitivo entre os países occidentais e o mundo islámico, con epicentro en Oriente Medio, a actual “crise das caricaturas” foi percibida por diversos analistas e medios de comunicación occidentais como unha certeira premonición da tese do “choque de civilizacións” formulada en 1996 polo académico estadounidense Samuel Huntington. Válida ou non esta tese, o actual panorama evidencia un marcado ambiente de situacións conflitivas, onde se mesturan desordenadamente factores culturais, relixiosos e políticos.

En primeiro lugar, esta crise reformula a secular discusión entre a liberdade de expresión e relixión, os seus mecanismos e os seus límites. Resulta obvio que, sobre este asunto, existe unha diverxente distinción tanto en Occidente como no Islam.

En aras de defender o dereito de liberdade de opinión e expresión, existe en Europa unha especie de consenso xeral á hora de cualificar como lexítima a publicación destas caricaturas que, principalmente, non deixan de ser ofensivas e “blasfemas” contra a segunda relixión da humanidade, sostida por 1.300 millóns de fieis ó redor do mundo e 15 millóns de musulmáns en países da UE. Este nebuloso límite entre os alcances da liberdade de expresión e de relixión afronta riscos emanados da incapacidade de conciliar determinados comportamentos e de medir as súas consecuencias.

Un factor a apreciar nestas caricaturas foi a escasa percepción de prudencia e o sentido de provocación realizado polos seus autores (e posteriores reprodutores) nun momento en que as relacións entre Occidente e o Islam atravesan por un dos seus momentos históricos mais delicados, principalmente tralo 11-S de 2001 e a guerra de Iraq. Era evidente que, dende a perspectiva islámica onde a relixión forma parte da integridade moral e espiritual, así como da vida cotiá, dos seus fieis e onde non existe unha marcada diferenciación entre os valores individuais e colectivos, estas caricaturas provocarían unha violenta reacción. A maiores, a asociación entre islam e terrorismo, desata as naturais protestas.

En segundo lugar, a virulenta reacción islámica evidencia factores que van dende a lexítima resposta ata o oportunismo político da crise. Os responsables relixiosos e sociais das comunidades islámicas en Europa occidental e Oriente Medio, expresaron a súa repulsa mediante os seus respectivos canais políticos e diplomáticos. Outro escenario orixinouse en determinados imáns e gobernos como Siria e Irán, os cales atizaron a polémica e a acción nas rúas como método de protesta e ataque contra obxectivos occidentais.

A utilización política da crise por parte de réximes acosados pola presión europea, estadounidense e da ONU, como son os casos da Siria de Bashar al Asad e o Irán de Mahmud Ahmadíneyad, incluso das milicias armadas palestinas en Gaza, evidencia un claro oportunismo político e significan tamén a posibilidade de activar válvulas de escape ao acoso occidental.

Se ben é certo que as violentas manifestacións e a queima de embaixadas e bandeiras occidentais en Damasco e Beirut supoñen un exemplo sintomático do estado de frustración en Oriente Medio contra a política occidental, estes sucesos revelan tamén intereses políticos por parte de Siria e Irán á hora de manter esferas de influencia en escenarios candentes como Líbano e Palestina. No mesmo sentido, a expansión do descontento cara países como Afganistán e Iraq, onde existe presenza militar estadounidense e europea e onde ocorreron as primeiras baixas mortais, revela tamén unha perigosa mestura de frustración popular e calculada estratexia.

Paralela á tese do conflito de civilizacións, esta crise ocorre en momentos en que líderes como o primeiro ministro español, José Luis Rodríguez Zapatero, e o seu homólogo turco, Recep Tayyip Erdogan, intentan reformular a idea da Alianza das civilizacións. A preocupación do Vaticano cara a indiferenza europea nun asunto que afecta á sensibilidade do mundo islámico semella ir dirixida neste sentido. Sen embargo, esta excesiva moderación e prudencia dos gobernos europeos para tratar a crise, cando na súa orixe a prudencia e a cautela estiveron ausentes, sen declarar maior repulsión a esta acción, pode contribuír a afondar esa sensación de indiferenza e atizar aínda mais o descontento islámico.

Pero entre os valores laicos e relixiosos, a moderación e o fanatismo, así como entre a “liberdade responsable” a e “liberdade provocativa”, existe un claro desfase á hora de tratar sensibilidades alleas ás propias, que aumentan ante situacións caóticas e conflitivas como a actual. Tal e como sucedera coa crise social nos suburbios de París en novembro pasado, resulta evidente que Europa e o Islam deben transitar camiños espiñentos para conciliar as súas particularidades culturais e políticas.

     
     
Índice

     
1   Conflicto entre libertades y creencias”, por Lluís Foix, en La Vanguardia (España), 6 de febreiro de 2006.

Pensábamos que no habría choque de trenes porque las dos civilizaciones circulaban por distintas vías. Lo que ha ocurrido es que la libre y masiva transmisión de informaciones se han colocado en el camino de las libertades occidentales y marcan en dirección opuesta.
     
2   La guerra cultural de Occidente contra el Islam”, por Lisandro Otero, en WebIslam (España), 6 de febreiro de 2006.

La confrontación entre la cruz y la media luna anuncia una era de inestabilidad e incertidumbres. Y no sólo hay petróleo en el conflicto, están en pugna dos grandes religiones, dos filosofías, dos concepciones del mundo, dos culturas. Este incidente provocado por una blasfemia contra Mahoma lo veremos repetirse en el futuro en la medida en que Occidente profudice su hostilidad hacia el mundo islámico que se resiste a dejarse dominar.
     
3   European-Arab Cartoon War Escalates”, por James Graff, en Time (EEUU), 2 de febreiro de 2006.

It's a case of the hard-fought right to free expression banging up against Muslims' conviction that states ought to punish anyone who insults the Prophet. And so far, all the protagonists appear ready to ride their principles to Armageddon.
     
4   The Muslim Protest”, editorial en Haaretz (Israel), 6 de febreiro de 2006.

The reactions of the Muslim demonstrators, which have been gaining strength, may also reflect the anger in the Arab and Muslim world over the image of the primitive terrorist that –as some of them claim- the West is trying to attach to them.
     
5   L'Imposture”, editorial en L'Orient-Le Jour (Líbano), 6 de febreiro de 2006.

Dans une contexte planétaire qui, par les excès et erreurs des uns et des autres, menace de tourner au trop célèbre choc des civilisations, l'Islam libanais a plus que jamais besoin pourtant de son partenaire chrétien. Celui-ci, d'ailleurs, ne lui pas ménagé sa compréhension, sa solidarité, son appui dans l'affaire danoise.
     
6   Failure to take precautions is a sign of serious incompetence”, editorial en Daily Star (Líbano), 6 de febreiro de 2006.

The rioters themselves appeared to have been better organized than the authorities (...) The failure to take precautions to prevent what ought to have been predictable violence is a sign os serious incompetence.
     
7   Caricatures: le syndrome de Copenhague”, por André Grjebine, en Le Figaro (Francia), 6 de febreiro de 2006.

Dans une Etat démocratique, la seule limite que l'on peut exiger des adversaires d'une religion comme des ses fidèles est de ne pas dériver vers le racisme, c'est-à-dire e critiquer autant qu'ils veulent les croyances, mais de ne jamais stigmatiser de supposées caractéristiques ethniques. Se moquer d'une religion, ce n'est pas se moquer d'un peuple.
     
8   EU: Of Cartoons and what it means to be ‘European’”, en Stratfor (EEUU), 2 de febreiro de 2006.

Muslims are by far the largest religious minority in Christian Europe, and Muslims of various stripes make up the single largest ethnic minority in nearly all Europea states. No European state, however, has been particularly successful in integrating those minorities into their cultural mainstream.
     
9   Entre el fanatismo y la fe”, por Valentí Puig, en ABC (España), 7 de febreiro de 2006.

Para el mundo occidental, la libertad de conciencia, junto con la libertad religiosa, es la razón ética del Estado democrático de Derecho, el origen de la entidad libre del individuo. Ahora bien, el individualismo no es un valor para el islam. Tampoco es lo mismo la fe que el fanatismo. Véase la propaganda anticristiana y judeófoba en la prensa árabe.
     
10   Politisation”, editorial en Le Monde (Francia), 7 de febreiro de 2006.

La politisation des manifestations de protestation, à laquelle on a assisté pendant le week-end, est regrettable. Elle rend d'autant plus difficile un apaisement, prôné par de nombreuses personnalités politiques ou réligieuses er qu'il est urgent de rechercher.
 
Volver a TitularesVolver a Actualidade Exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/02/2006
Fernando Pol


Subir