Actualidade Exterior / nº 173-26/2005 de 19 de decembro Volver ó índice
Transicións electorais en Chile
 
 
Presentación

     
    Chile elixirá en xaneiro de 2006, nunha segunda volta, ao seu cuarto presidente da República, desde que se inaugurara a etapa de transición á democracia en 1990. Nesta oportunidade, o panorama político segue a manifestar a hexemonía dos bloques de coalicións políticas: a gobernante e de centroesquerda Concertación, composta polo Partido Socialista, Partido Pola Democracia e Radical Socialdemócrata; e a de centrodereita, conservadora e liberal Alianza, cunha composición que agrupa o Partido de Renovación Nacional, a Unión Democrática Independente e o Partido Demócrata Cristiano.

As eleccións do domingo 11 colocaron á oficialista Michelle Bachelet na primeira posición, cun 45,95% dos votos, insuficientes á hora de obter a maioría absoluta. A segunda praza para a segunda volta electoral a ocupa o liberal Sebastián Piñera, cun 25,41% dos votos. Bachelet, quen aspira a converterse na primeira muller en alcanzar a presidencia do país, parte como favorita pero ten que tomar en conta que Piñera pode obter o apoio do dereitista Joaquín Lavín que, cun 23,22% dos votos e unha presumible alianza con Piñera, daríalle a este a maioría electoral. Velaí os esforzos de Bachelet por obter os votos dos comunistas de Tomás Hirsch, calculados nun 5,4% dos cómputos. Isto evidencia que, nas próximas semanas, a campaña electoral pode gañar en intensidade e cambios de estratexia.

Resulta significativo que os comicios electorais revelaron o elevado grao de madurez democrática da sociedade chilena, afianzado pola estabilidade e o continuo crecemento económico. Do mesmo xeito, a ausencia na campaña electoral da polémica figura do ex ditador Augusto Pinochet permite analizar o actual panorama político chileno como unha transición practicamente culminada. Sen embargo, e a pesar do éxito gobernamental en reducir o nivel de pobreza (pasando dun 40% en 1990 ao 18% actual), os analistas reflicten que o modelo económico elevou os niveis de desigualdade social.

En todo caso, e a pesar de que os resultados amosaron unha evidente bipolarización política, o sistema democrático chileno se manifesta afianzado. Neste sentido, a candidatura de Michelle Bachelet reflicte esta mudanza na cultura política e social chilena. Socialista, filla dun militar “allendista” asasinado durante a ditadura de Pinochet, a propia Bachelet sufriu as secuelas da tortura. Politicamente, participou no goberno de Ricardo Lagos como ministra de Sanidade ata que, no 2002, foi nomeada, nun xesto histórico e simbólico, como ministra de Defensa.

Neste sentido, Bachelet rompe todos os tópicos: está a piques de converterse na primeira muller en obter a presidencia nun país cunha tradicional cultura machista, con todas as súas secuelas á hora de acometer os temas relativos ao xénero, e onde a lei de divorcio foi recentemente aprobada. O seu lema político resultou, polo demais, electoralmente atractivo, e non só para o voto feminino: “muller, socialista, separada e agnóstica”.

A candidatura de Bachelet ven reforzada pola súa identificación coa eficiente xestión gobernamental do presidente Ricardo Lagos, quen abandona a presidencia cun 75% de popularidade e aceptación social. Sen embargo, e a pesar da súa contundente vitoria electoral e a ampla diferenza de votos con respecto aos demais candidatos, o feito de non obter a maioría absoluta que evitaría a segunda volta provoca certas incertezas nas probabilidades de vitoria da Concertación.

Neste sentido, Bachelet obtivo a mais baixa votación con respecto aos anteriores presidentes da transición: Patricio Aylwin, Eduardo Frei e o propio Lagos. As súas opcións na segunda volta do 15 de xaneiro pasan por obter os votos do candidato do pacto Juntos Podemos Más, conformado polo Partido Comunista e outros movementos e liderado por Tomás Hirsch. Este cálculo continuaría o exemplo presentado nas eleccións do 2000, cando a desaparecida Gladys Marín votara a favor de Lagos nunha segunda volta. Non obstante, nesta ocasión, os receos de Hirsch cara a goberno da Concertación poden xogar un papel negativo para Bachelet.

Outra lectura dos comicios electorais do domingo 11 amosan cambios importantes no sistema político democrático chileno. Por vez primeira, o Senado foi electo popularmente, trala eliminación dos cargos vitalicios. A Concertación obtivo unha contundente vitoria nas cámaras de Deputados (51,77%) e no Senado (55,77%), polo que gobernará con maioría absoluta, con independencia do candidato vencedor na segunda rolda. En definitiva, un 60% dos votantes elixiu as opcións de centroesquerda e esquerda. Este novo Congreso acometerá a tarefa doutras reformas lexislativas como a abolición do sistema binomial e unha maior democratización do poder lexislativo.

O outro gran cambio destes comicios se concreta na oposición dereitista, en torno á Alianza conformada pola opción dereitista liberal do empresario Sebastián Piñera e o líder da tradicionalmente “pinochetista” Unión Democrática Independente, de Joaquín Lavín. Piñera disputará a presidencia con Bachelet, tralo inmediato anuncio de apoio presentado por Lavín unha vez se coñeceran os resultados, nun obvio e necesario cambio político dentro dos votantes conservadores e liberais.

Considerado un dos homes mais ricos de Chile, Piñera intenta encarnar un novo modelo de liderado para a dereita, afastado da herdanza da ditadura de Pinochet. Un dos seus lemas electorais salientaba o feito de que Piñera votara contra a ditadura no plebiscito de 1989 e, posteriormente, se amosara partidario das reformas e a xustiza social. Deste xeito, e imprimindo un verniz mais liberal á súa candidatura, axudado ante a evidencia do novo fracaso da “opción pinochetista” de Lavín, Piñera espera obter un caudal de votos na segunda volta que aseguren a súa vitoria (a pesar de que gobernaría cun Congreso amplamente dominado pola Concertación), e personificar con isto que a etapa de transición democrática está culminada en Chile.

Con todo, Piñera non ten os apoios asegurados. Partidario convencido do modelo de mercado, considera que Chile pode ser gobernado “coma unha empresa”. Neste sentido, Piñera pode gañar aínda mais apoio no sector empresarial pero descoida a realidade de que o Chile beneficiado polas reformas económicas e sociais, se ben fortaleceron o crecemento económico e a espectacular caída dos índices de pobreza, amosa aínda elevados niveis de desigualdade socioeconómica, incluso identificado entre os mais elevados de América Latina.

En todo caso, os comicios do 11 de decembro abren unha nova páxina da historia contemporánea chilena. O escenario político xa non ven dominado pola polarización en torno a figuras históricas como Salvador Allende e un desaforado e acurralado xudicialmente Augusto Pinochet. Entre Bachelet e Piñera ábrese un novo Chile democrático e plural aínda que complexo, nun paso decisivo cara a consecución da madurez propia das democracias mais avanzadas.
     
     
Índice

     
1   Bachelet no logra captar todo el apoyo de la Concertación”, por María José Errázuriz, en El Mercurio (Chile), 12 de decembro de 2005.

Michelle Bachelet, por diversas razones –entre ellas, quizás, por ser mujer- no alcanzó el 48% de los votos que en 1999 sí logró Ricardo Lagos en primera vuelta. Y por eso, muchos, a lo mejor hoy, se preguntan si fue la mejor carta oficialista para esta contienda, donde el desgaste de tres gobiernos ya implicaba un alto riesgo.
     
2   El desafío de la segunda vuelta para Bachelet y Piñera”, editorial en La Tercera (Chile), 12 de decembro de 2005.

La segunda vuelta implica, en los hechos, una campaña nueva de principio a fin. Y así como en 1999 el empate entre Ricardo Lagos y Joaquín Lavín obligó al primero a rediseñar el curso de su candidatura, la abanderada concertacionista está obligada a echar mano ahora a los diseños que su entorno preparó no hace mucho para esta eventualidad y que consideran la entrada en escena de otros rostros y énfasis comunicacionales distintos.
     
3   La Concertación tiene mayoría absoluta en el Parlamento”, editorial en La Nación (Chile), 12 de decembro de 2005.

Se cumple así un ciclo importante en el trayecto democrático de Chile y se abre otro con nuevas posibilidades y expectativas (...) La campaña se tornará, por eso, intensa y extenuante en las próximas semanas, en las cuales Bachelet intentará probar que las dos candidaturas no tienen nada en común, en tanto que Piñera deberá hacer acrobacias para conquistar simultáneamente los votos del centro.
     
4   ¿Escaso triunfo de la Concertación?”, análise en El Tiempo (Colombia), 12 de decembro de 2005.

La pregunta para los días que vienen es qué tantos votos de más puede conseguir Bachelet en caso de que logre conquistar el corazón de los comunistas y los humanistas que votaron por Tomás Hirsch.
     
5   La chilena”, editorial en El País (España), 13 de decembro de 2005.

Estos resultados dan la impresión de una sociedad políticamente partida en dos, pero no es así. En las coincidentes elecciones parciales del Senado y a la Cámara baja, la coalición de socialistas y democristianos que viene gobernando Chile desde 1990 ha logrado un 51,7% frente a un 38,7% de la derecha coligada. La economía chilena parece una excepción en su entorno, aunque con una gran desigualdad social, pese a que la tasa de pobreza se haya reducido a la mitad en estos cinco lustros.
     
6   Detrás de una elección”, por Patricia Verdugo, en El Mundo (España), 13 de decembro de 2005.

¿Cómo le viene este juego político a Chile? Si se observa al país en el contexto de su Historia, hay que decir que este juego es peligroso. Porque la pésima distribución del ingreso nutre (¿o desnutre?) una pobreza que no tiene más explicación que la desmesurada voracidad de la extrema riqueza y la debilidad o cobardía de los gobiernos de la Concertación para encararla y resolverla.
     
7   La contienda chilena”, editorial en La Vanguardia (España), 13 de decembro de 2005.

La contienda para la segunda ronda electoral, a pesar de la diferencia de 20 puntos entre Bachelet y Piñera, se presenta por lo tanto muy reñida, máxime teniendo en cuenta que la izquierda comunista y humanista –5,4%- desconfía de la mayoría gobernante.
     
8   Una nueva foto de Chile, sin Pinochet”, por Mónica González, en Clarín (Argentina), 13 de decembro de 2005.

El adiós a los hijos de Pinochet quedó graficado el domingo en dos derrotas de senadores emblemáticos de la UDI: el ex ministro del Interior de Pinochet, Sergio Fernández; y el ex alcalde de Santiago durante la dictadura, Carlos Bombal. Y fue en la elección parlamentaria donde se produjo el otro vuelco. Porque por primera vez la Concertación obtuvo la mayoría en ambas cámaras, a pesar del cerrojo del sistema binominal que obliga a duplicar la votación de la lista adversaria para obtener los dos representantes de cada distrito.
 
Volver ó índice



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/12/2005
Fernando Pol


Subir