Actualidade Exterior / nº 172-25/2005 de 5 de decembro Volver ó índice
O Cumio Euro-mediterráneo
 
 
Presentación

     
    A pesar de que o Cumio Euro-mediterráneo rematou co acordo sobre un “código de conduta” contra o terrorismo e avances en materia de inmigración, o balance xeral da xuntanza que marcaba o décimo aniversario do Proceso de Barcelona, en canto a acordos e conclusións definitivas, cabe cualificalo de moi modesto. A escasa afluencia de líderes da conca mediterránea (só estaban presentes os xefes de goberno de Turquía e a Autoridade Palestina) contrastou coa case total asistencia dos líderes da Unión Europea, ademais de futuros membros como Croacia, Romanía e Bulgaria. Este escenario (que pode manifestar un descontento por parte do mundo árabe e Israel cara Europa occidental), restou brillantez a unha celebración cuxo principal reto, por razóns xeopolíticas e morais, era relanzar un proceso de diálogo e entendemento moi necesario na actual conxuntura.

Neste sentido, o ambiente de relativo pesimismo previo ao mesmo afondouse unha vez comezou o encontro, que viviu momentos delicados. O anfitrión, José Luis Rodríguez Zapatero, intentou imprimir maior relevancia coa reunión en Mallorca, e de xeito case simultáneo, do Grupo de Alto Nivel das Nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións. Pero a xuntanza en Barcelona evidenciou as enormes diferenzas entre a UE e os países do sur do Mediterráneo, plasmadas en problemáticas como a masiva afluencia de inmigración ilegal, definición de terrorismo, escasa democratización do mundo árabe, desigualdade socioeconómica e conflitos irresolubles (Palestina, Iraq, Sáhara Occidental, Balcáns, etc).

Nesta oportunidade, volveu a quedar patente a preponderancia do conflito árabe-israelí e os acontecementos en Oriente Medio como puntos de discusión e discordia, que frearon unha maior viabilidade dos principios adoptados na Declaración de Barcelona de 1995.

Nun momento político en que Occidente e o mundo islámico, así como o Norte e o Sur, necesitan de marcos institucionais que propicien o diálogo, a cooperación e o entendemento, a celebración do Cumio Euro-mediterráneo de Barcelona significou unha oportunidade clave para relanzar os principios de tolerancia e apertura, plasmados na Declaración de Barcelona de 1995. Pero, a pesar das boas intencións, nesta ocasión, os imperativos políticos superaron ás necesidades morais.

A delicada situación en Oriente Medio e no mundo árabe, ameazaba con facer prevalecer, dende un principio, os intereses políticos dos países participantes no cumio, propiciando unha certa aureola de pesimismo, compartida por amplos sectores da opinión pública. A ampliación do escenario de conflito xa non se limitaba a Iraq ou Palestina, senón a Siria, Líbano, Exipto, Arabia Saudita e as pretensións nucleares de Irán. Era tamén evidente que existía un descontento entre os líderes do mundo árabe cara Occidente, a raíz da invasión estadounidense de Iraq e pola falta de solución do problema palestino. Isto se explica porque, hai dúas semanas, un cumio en Arabia Saudita sobre reforma e democratización no mundo árabe reuniu á totalidade dos xefes de Estado e de goberno deses países.

Esta razón de insatisfacción ben puido influír na ausencia dos principais líderes do mundo árabe no encontro de Barcelona. Aducindo problemas políticos internos ou de saúde, non estiveron presentes os monarcas Mohammed VI de Marrocos e Abdalá II de Xordania, nin os presidentes Hosni Mubarak de Exipto, Emile Lahoud do Libano, Zin el Abidin ben Alí de Túnez, Bashar el Asad de Siria, Ariel Sharon de Israel, Abdelaziz Bouteflika de Alxeria ou Jalal Talabani de Iraq. Isto contrastou abertamente coa presenza dos case 25 xefes de goberno da Unión Europea (co estreo internacional da nova chanceler alemá, Ánxela Merkel), así como dos presidentes de futuros países membros como Croacia, Romanía e Bulgaria.

Non obstante, esta saudable amplitude política e rexional do proceso de Barcelona permitiu remarcar dúas asistencias clave: a do primeiro ministro turco Recep Tayip Erdogan, e a do presidente da Autoridade Palestina, Mahmoud Abbas. Erdogan é, xunto a Zapatero, o principal valedor da tese de Alianza de Civilizacións, que tivo na xuntanza en Mallorca do Grupo de Alto Nivel da ONU, a súa apertura formal e case simultánea co cumio Euro-mediterráneo. Isto permitiu a Zapatero unir ambos procesos nun escenario común, que lle imprimía maior importancia ao encontro de Barcelona. Do mesmo xeito, Turquía desempeña un papel clave na estratexia mediterránea de Bruxelas, reforzada coa súa apertura de negociacións cara unha posible e futura admisión.

A presenza de Abbas evidencia tamén a importancia da diplomacia da Unión Europea na resolución do conflito palestino. A recente apertura do paso fronteirizo de Rafah, entre Gaza e Exipto, primeira fronteira internacional da Autoridade Palestina, tivo na actuación europea un factor clave. A diferenza dos seus colegas árabes e israelí, Abbas non rexeitou a invitación a pesar de observar unha complicada situación interna, con eleccións dentro do partido Al Fatah, a indefinición das negociacións de paz con Israel e a próxima celebración de comicios lexislativos en Gaza e Cisxordania, co presumible ascenso do partido islamita Hamas.

No apartado das conclusións e a declaración definitiva, existiron certos claroscuros que deixan moitas incógnitas. No entanto, o texto final expresa un acordo (finamente traballado pola presidencia do cumio pero que non tivo o aparente consenso común dos participantes) no que se aceptaba un “código de conduta” na loita contra o terrorismo. O problema, tamén presente en cumios anteriores, de indefinición semántica e conceptual do termo “terrorismo”, arranxou outras tantas diferenzas. O texto definitivo condenaba todo tipo de forma de violencia, o cal puido satisfacer ao enviado israelí mentres irritou aos representantes árabes e africanos, principalmente polo tratamento ante problemas de ocupación militar como Palestina e o Sáhara Occidental, cualificados por algúns líderes árabes como “loitas de liberación nacional”.

No que atinxe ao terrorismo e o problema de inmigración, a presidencia do cumio esperaba atopar vías de diálogo máis fluídas. Os recentes atentados terroristas de Xordania fan presaxiar un cambio de estratexia no “yihadismo internacional”, ao que se engade o anuncio feito polo líder de Al Qaeda en Iraq, Abu Musab al Zarqawi, de expandir os atentados terroristas cara o espazo mediterráneo. Polo tanto, o cumio debía afrontar este problema cunha declaración común, baseada nun maior consenso.

Tamén se realizou unha declaración de rexeite aos mecanismos aplicados por EEUU, a traveso dos seus organismos de seguridade, na loita antiterrorista, especialmente no referinte a Guantánamo e a presunta utilización de bases de tortura en Cosova e outras partes de Europa. Do mesmo xeito, os 38 socios euromediterráneos acordaron mecanismos de cooperación para apoiar a inmigración legal e combater a ilegal, deseñar unha estratexia de libre comercio rexional para o 2010, establecer unha filial do Banco Europeo de Investimentos para a cooperación económica cos países do Sur e constituír mecanismos financeiros para apoiar as reformas económicas, a democracia, a gobernabilidade e a igualdade de xénero. Estes acordos, estipulados no texto final, foron os principais resultados positivos do cumio.

A incógnita que deixa a xuntanza en Barcelona consiste en coñecer se a estratexia euromediterránea seguirá a ser un marco institucional firme e consolidado de cara a futuras convocatorias. Deste xeito, cabe que Europa e os países mediterráneos reflexionen sobre a vixencia actual da Declaración de Barcelona de 1995.
     
     
Índice

     
1   Más Mediterráneo, más Europa”, por Pasqual Maragall, en La Vanguardia (España), 28 de novembro de 2005.

El Partenariado Euromediterráneo es, sin embargo, un proceso de asociación que debe ser compartido por las dos orillas del Mediterráneo. Por eso es importante atender a las voces árabes en el momento de elegir el camino.
     
2   Cumbre y realidad”, editorial en La Vanguardia (España), 29 de novembro de 2005.

La cooperación euromediterránea, en suma, se amplía del terreno socioeconómico y cultural al campo de la inmigración y, con notables matices, al de la lucha contra el terrorismo (...) Pero la realidad, más allá de declaraciones, es que se constata una divergencia de fondo: los estados del sur piden más ayudas mientras que los del norte quieren subordinarlas a los avances en democratización y buena gobernanza.
     
3   El Mediterráneo en los umbrales del nuevo milenio”, por Pedrag Matvejevic, en El País (España), 28 de novembro de 2005.

El Mediterráneo ha afrontado la modernidad con retraso. No ha conocido la laicidad a lo largo de todos sus bordes. Para proceder a un examen crítico de estos hechos es necesario, ante todo, liberarse de un lastre molesto. Cada una de estas costas tiene sus propias contradicciones, que no dejan de reflejarse en el resto de la cuenca y en otros espacios, a veces lejanos.
     
4   Le Partenariat euro-méditerranéen, pour le dialogue et l'action”, por José Manuel Barroso, en Le Figaro (Francia), 28 de novembro de 2005.

Le Partenariat euro-méditerranéen a créé une structure pour le dialogue et l´action. Sa mission principale est de créer des emplois, de garantir la sécurité et une vie meilleure pour les populations qui vivent sur les deux rives de la Méditerranée. La dixiéme anniversaire de ce Partenariat est l´occasion de nous rassembler et de faire le point.
     
5   Le difficile consensus”, por Mekioussa Chekir, en La Tribune (Alxeria), 28 de novembro de 2005.

A l´origine de cette iniciative, M. Zapatero a exprimé des doutes quant à la possibilité d´aboutir à un consensus sur “le code de conduite” soumis à adoption au sommet de Barcelone.
     
6   Le ‘terrorisme’, selon Euromed”, en Le Monde (Francia), 28 de novembro de 2005.

Ce premier sommet de l´histoire du partenariat euro-méditerranéen lancé en 1995 à Barcelone a été entaché par le faible niveau e représentation arabe et marqué par les frictions entre pays arabes et pays européens. Ces tensions ont été avivées du fait de la conduite des travaux par le présidence britannique, jugée particulièrement rigide par plusieurs délégations.
     
7   Le terrorisme, sujet de discorde à Barcelone”, por Khadija Ridouane, en Le Matin (Marrocos), 28 de novembro de 2005.

Le conflit israélo-palestinien continue ainsi d´être le principal point de blocage du Processus de Barcelone, confortant les résultats de l´analyse réalisée cette année 2005 par l´Institut euro-méditerranéen (...) Le plan de action jusqu´en 2010 au niveau politique, économique et social et qui inclut le chapitre sur les migrations. Le code de conduite anti-térroriste et la déclaration politique du sommet, tous deux objet de négociations ardues.
     
8   ...del fracaso de la política exterior”, editorial en ABC (España), 29 de novembro de 2005.

La Cumbre Euromediterránea –más europea que mediterránea- alumbró un Código de Conducta antiterrorista que no supera el fracaso constante por la indefinición del terrorismo y que se contenta con declaraciones apenas novedosas.
     
9   Ankara, Bruselas, Madrid, Rabat: un hilo conductor”, por Máximo Cajal, en WebIslam (España), 28 de novembro de 2005.

Existe, pues, un hilo conductor que va de Rabat a Bruselas y de Ankara a Madrid, test de la credibilidad de nuestro discurso y de nuestra acción. Una prueba diaria para Turquía, en su camino por armonizar el credo que practica la gran mayoría de su población con los valores de modernización que proclamó Kemal Atatürk.
     
10   Mediterráneo: terrorismo divide”, por Tito Drago, en InterPress Service (Italia), 29 de novembro de 2005.

La polémica sobre el terrorismo llegó al extremo de que no se redactó un documento final firmado por todos los asistentes, sino una declaración de la presidencia de la Cumbre (...) Los países europeos se negaron a aceptar una definición del terrorismo que incluyera las acciones contra fuerzas de ocupación (...) Si bien hubo discusiones por la ocupación estadounidense de Iraq, las diferencias de fondo que impidieron suscribir la declaración fueron las diferencias entre Israel y la Administración Nacional Palestina.
 
Volver ó índice



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/12/2005
Fernando Pol


Subir