| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
Dúas semanas de disturbios nas zonas residenciais de inmigrantes
en París e outras cidades francesas, reflicte unha situación de evidente fractura social dentro da
sociedade francesa. As imaxes de coches incendiados, amplo dispositivo policial, protestas cidadáns e un
certo clima de medo e incerteza ante o alcance desta violencia urbana manifesta un reto ineludible para as elites
francesas e a opinión pública.
No centro do debate se sitúa a discusión sobre a efectividade do sistema de integración social
e os valores republicanos franceses. A opinión pública amosa opinións divididas neste sentido,
aínda que os principais medios de comunicación e a elite intelectual consideran que, nos derradeiros
trinta anos, este sistema foise abandonando, principalmente ante a masiva chegada de inmigrantes, e o ascenso da
segunda xeración de inmigrantes, xa cidadáns franceses de pleno dereito.
O temor dunha expansión europea deste exemplo francés da violencia urbana semella tamén unha
advertencia para os gobernos europeos: en Bélxica, Alemaña e Grecia, tamén se presentaron
situacións similares. Do mesmo xeito, unha das claves desta crise francesa se libra no terreo político:
unha puxa entre o primeiro ministro Dominique de Villepin e o ministro do Interior, Nicolás Sarkozy, con
claros obxectivos electoralistas de cara aos comicios presidenciais do 2007, e a posible sucesión política
do presidente Jacques Chirac. Ademais, a crise manifestou un rexurdir da ultradereita nacionalista.
Zoas residenciais parisienses como Seine-Saint Denis, Aulnay-sous-Bois, Clichy-sous-Bois, Grigny ou Stains, comezan
a ser familiares para a opinión pública tanto francesa como internacional. A razón débese
ao amplo radio de acción que provocaron os violentos disturbios ocasionados por mozos de orixe inmigrante
nestas barriadas, desde o pasado 27 de outubro. Esta aparentemente inesperada acción de violencia urbana
está deixando no centro da discusión pública a efectividade do sistema social galo e das políticas
públicas urbanas, relativas á integración social.
Estas dúas semanas de disturbios permitiron tamén expandir este radio de acción a outras cidades
francesas como Lyon, Strasbourg, Niza, Marsella, Dijon, Saint-Etienne, Bordeaux ou Lille. Capitais europeas como
Bruxelas e Atenas e outras cidades como a alemá Bremen, foron tamén escenarios de disturbios en menor
escala, pero coma consecuencia dos acontecementos en Francia. O saldo se calcula en case 6.000 coches destruídos
e medio milleiro de detidos, ademais dunha vítima mortal, Jean-Jacques Le Chenadec, de 61 anos, ocorrido
o pasado 7 de novembro, presuntamente a consecuencia da represión policial.
Este escenario de convulsión urbana, que París non coñecera dende os tempos da rebelión
estudantil de maio de 1968, amosa caracteres diferentes. O perfil dos manifestantes se define en base a mozos pertencentes
á segunda xeración de inmigrantes, principalmente do Magreb e África subsahariana, e, polo
tanto, coa cidadanía francesa, por dereito de nacemento. As súas idades están comprendidas
entre os 18 e 35 anos, habitan en zonas residenciais populares, onde o desemprego se achega ao 30% (o dato oficial
en Francia se atopa no 10%) e os servizos estatais son insuficientes.
A falta de oportunidades socioeconómicas e a fractura na integración social ven sendo unha problemática
que activa a súa acción violenta. Velaí os ataques a vehículos particulares, á
propiedade privada e ós centros sociais e asistenciais. Algúns analistas alertan da posible infiltración,
na poboación de orixe musulmán, de elementos “yihadistas” islamitas, dispostos a librar unha “guerra
interna” nas sociedades europeas. Non existen probas neste sentido, polo que as razóns da violencia urbana
se definen mais por factores socioeconómicos e por un marcado sentimento de frustración social.
A resposta da administración de Jacques Chirac non foi nin tan efectiva nin tan satisfactoria. A tardía
reacción presidencial se manifestou na súa primeira mensaxe á nación, efectuada dez
días despois do comezo dos disturbios. A elite política francesa fixo unha desmesurada defensa dos
“valores republicanos” da nación, sen acertar nas medidas pertinentes para acometer a reacción social.
Na súa perspectiva de garantir a seguridade pública, o goberno Chirac acudiu a unha lei de 1955,
relativa aos tempos da guerra en Alxeria, para decretar o “estado de emerxencia” e o “toque de queda”, así
como a prohibición de numerosas xuntanzas. Chirac intentou “socializar” o problema, co anuncio de programas
de axuda aos mozos, da creación dun voluntariado nos suburbios, e da utilización de 50 millóns
de euros do orzamento europeo, para paliar os danos á infraestrutura.
Outra atención merece a actuación do ministro de Interior, Nicolás Sarkozy. O seu despectivo
tratamento cara os revoltosos, cualificándoos como “chusma” e “escoria”, e a súa ameaza de “limpar”
os suburbios, atizou aínda mais a violencia das reaccións. Sen embargo, Sarkozy aparentemente rendabiliza
politicamente as súas palabras e decisións, reafirmando as medidas de “man dura”, con sólidos
índices de aceptación cidadán. Isto reflicte que a fractura social e a perspectiva de reforzar
os imperativos de seguridade (e a conseguinte represión policial) seguen a ser os vértices mais importantes
da política oficial, reforzada agora con certo respaldo popular. Xa cando asumira o posto de ministro do
Interior, en xullo pasado, Sarkozy disolveu unha unidade policial especial creada polo socialista Lionel Jospin,
cunha función social cara as organizacións xuvenís, coa finalidade de previr a violencia social.
Outra lectura política desta crise da violencia urbana se localiza na disputa electoral cara os comicios
presidenciais do 2007.A popularidade do primeiro ministro Dominique de Villepin augúralle unha posible sucesión
dentro do partido gobernante, o gaullista Renseignement pour la République, para ser o candidato preferido
por Chirac. Pola súa banda, as aspiracións políticas de Sarkozy, enrolado no dereitista UMP,
están a proba con esta crise, mentres a esquerda francesa se atopa nunha situación delicada, incapaz
de reaccionar.
A Sarkozy se lle acusa de acercarse aos sectores mais ultradereitistas e nacionalistas, personificados nos líderes
Jacques Bompard, Phillipe de Villiers e Jean-Marie Le Pen, partidarios da actuación militar e críticos
co modelo francés de integración étnica. Deste xeito, a violencia urbana “resucitou” na palestra
pública a estes personaxes políticos, os cales poderían revitalizar as súas expectativas
políticas cun aberto respaldo á xestión de Sarkozy.
Pero resulta evidente que a realidade afonda na difícil situación que vive Francia. O fracaso do
referendo da constitución europea en maio pasado, os problemas sociais e sanitarios, as feroces disputas
políticas, unha evidente perda de competitividade dentro da economía global e agora a violencia urbana,
reflicte unha especie de “final de época” para a República francesa. A necesidade de revisar modelos
e valores está avanzando, a pesar da aparente indiferenza social e política. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Pourquoi la France brûle”, por Christophe
Barbier, en L'Express
(Francia), 10 de novembro de 2005.
Pourquoi ces trente ans d'échecs?
D'abord, parce que le chômage a noyé toutes les bonnes volontés, ruinées aussi par l'effondrement
des autorités, de l'Etat à la famille, en passant par l'ecole. Ensuite, parce que l'administration,
et non les elús, a mené les réformes. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Paris brûlera-t-il?”, por Nicolas
Baverez, en Le Point (Francia), 10 de novembro de 2005.
L'installation progresive de cette configuration
de guerre civile se situe au confluent de trois séries de facteurs. Le première est lièe au
blocage des vecteurs de l'integration (...) Le deuxième découle de l'emergence d'une forme d'apartheid
(...) La troisième touche à la crise généralisée des modes d'integration des
immigrés en Europe. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Violences
urbaines: c'est l'Etat qui a pris le feu”,
por Guy Sorman, en Le Figaro
(Francia), 14 de novembro de 2005.
La societé française s'est
balkanisée, auto-organisée sur la base de solidarités nouvelles, à tous les milieux:
le patronat s'est internationalisé, les étudiants se sont depolitisés, les syndicates ne défendent
plus les ouvriers mais leurs intérêts particulliers, les partis on perdu militants, les immigrés
ont crée une économie parallèle. Toutes ces microsocietés habitent en France mais ne
constituent plus une République française. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Pourquoi un tel fiasco de la politique de la ville?”, por Bertrand
Bissuel, en Le Monde
(Francia), 10 de novembro de 2005.
Mais elle n'etait pas à même
d'enrayer, à elle seule, les mécanismes de la ségrégation urbaine: discriminations
à l'embauche, manque de solidarité entre collectivités locales pour répartir harmonieusement
le parc de logements sociaux, “gentryfication” des centres-villes, flambée des loyers...”La politique de
la ville n'est pas là pour empêcher les restructurations industrielles, qui sont à l'origine
du dèveloppement massif du chômage”. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Une France abandonnée”, por Cyrille
Poy, en L'Humanité (Francia), 12 de novembro de 2005.
Enfin, les ZUS (Zones Urbaines Sensibles)
sont aussi des territoires qui coûtent aux communes. Dans les 121 communes de plus de 10 000 habitants, le
revenu fiscal moyen s'élève à 6 858 euros contre 9 823 euros pour les communes sanz ZUS, soit
un écart des revenus moyens supérieur à 30% (...) Une question démeure: combien faudra-t-il
de rapports et de violences pour que la France se réconcilie enfin avec ses quartiers délaissés? |
| |
|
|
| 6 |
|
“El
modelo no está en entredicho”,
por Pascal Boniface, en La Vanguardia
(España), 14 de novembro de 2005.
Se ha comentado mucho que esta crisis señala
el fin del modelo francés de integración, del que tan orgullosos están los franceses (...)
Sin embargo, el problema reside más en el hecho de que el modelo haya dejado de aplicarse que en la realidad
de su supuesto fracaso. |
| |
|
|
| 7 |
|
“An underclass rebellion”, en The Economist
(Gran Bretaña), 11 de novembro de 2005.
The rapid domino effect reflects two broader
failling and two policy problems. First, the mass unemployment that persists in a welfare system supposedly glued
together by “social solidarity”. Second, the ethnic ghettos that have formed in a country that prides itself on
colour-blind equality. These problems have been worsened in recent years by a deliberate hardline policing policy,
and by disputes over how best to accommodate Islam in France. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Europe's Time Bomb”, por Christopher
Dickey, en Newsweek (EEUU), 21 de novembro de 2005.
In France, where the state claims to be
colorblind, society is still not. As successive governments refused to look squarely at the issue of racism, ghettos
became no-see zones, then no-go zones, where anger and violence that came to seem “normal” les straight to the
nights of rage that have shaken a continent. |
| |
|
|
| 9 |
|
“C'est
l'emploi, stupide!”, por Thierry Arnaud,
en La
Tribune (Francia), 15 de novembro de 2005.
Revisiter ce constat limpide dix ans plus
tard est évidemment cruel, mais légitime: il n'a pas été suivi d'effet. Pas plus dans
son QG de campagne qu'un peu plus tard dans les bureaux de ses conselliers, Jacques Chirac n'a fait apposer de
bannière clamant: “C'est la fracture sociale, stupide !”. Ou mieux encore: “C'est l'emploi, stupide !” Le
president de la République a perdu dix ans. Il n'a plus que dix-huit mois pour les rattraper. |
|