Actualidade Exterior / nº 170-23/2005 de 7 de novembro Volver ó índice
Bush e o Plamegate
 
 
Presentación

     
    Cando cumpre o seu primeiro ano de reelección e o quinto no seu mandato presidencial, George W. Bush atópase ante a súa crise política mais grave, provocada polos manexos e as estratexias empregadas pola súa Administración, á hora de acometer a invasión militar de Iraq no 2003. A revelación do escándalo “Plamegate”, que implica directamente aos principais conselleiros e figuras políticas da Administración Bush, evidencia unha planificada e minuciosa estratexia que contribuíron a revestir dun carácter de ilexitimidade a invasión de Iraq. As revelacións dos medios de comunicación estadounidenses e as posteriores dimisións políticas deixan ao presidente Bush encarando unha forte crise de credibilidade, que repercute nos seus mais baixos índices de aceptación popular.

Entre a crise provocada polo furacán Katrina en Nova Orleáns en setembro pasado, o interminable índice de baixas militares en Iraq (2.000 dende o fin da guerra), os problemas políticos globais (Irán, Siria, Corea do Norte, terrorismo internacional, ascenso de China, perda de influencia política en América Latina) e a lenta recuperación da economía estadounidense, Bush afronta unha cada vez mais escasa marxe política de manobra no escenario internacional e no plano político interno de cara ás eleccións lexislativas de 2006 e as presidenciais de 2008.

A crise relativa a Iraq está erosionando a consistencia política do equipo gobernamental do presidente Bush. O complexo entramado que xira en torno ao escándalo do “Plamegate” salpica tamén a dous homes claves da administración Bush: o vicepresidente Richard Cheney e o asesor Karl Rove (xunto a Richard Perle, o principal valedor político da guerra en Iraq), ademais dos servizos de intelixencia estadounidenses, especialmente a CIA. En poucas palabras, o “Plamegate” prexudica á “liña dura”, os “falcóns” neoconservadores do equipo de goberno.

A tal punto se eleva esta crise que Bush acaba de sufrir dúas derrotas políticas: a renuncia do asesor de seguridade nacional Lewis Libby (o principal implicado no escándalo) e o rexeite político no Senado estadounidense, da proposta de nomeamento de Harret Miers como presidenta da Corte Suprema de Xustiza. Posteriormente, Miers renunciou á súa designación, quizáis coa finalidade de evitar maiores complicacións ao presidente Bush.

A historia do “Plamegate” remontase ás estratexias empregadas por Bush e o seu equipo nos anos 2002 e 2003, coa finalidade de implicar ao réxime de Saddam Hussein na suposta adquisición de armas de destrución masiva. Un dos informes de intelixencia recibidos pola administración estadounidense implicaba a Hussein nunha suposta compra de uranio enriquecido en Níxer. A revelación foi realizada polo diplomático estadounidense nese país, Joseph Wilson, e utilizada por Libby no informe presentado polo entón secretario de Estado, Colin Powell, ante o Consello de Seguridade da ONU, nunha decisiva xuntanza previa á invasión militar de Iraq.

Na historia entrou a esposa de Wilson, Valerie Plame. Wilson revelou en 2003 ao diario The New York Times, que a misión en Níxer foi encuberta pola administración Bush para levar a EEUU a unha “guerra ilegal” en Iraq. Días mais tarde, o columnista do Washington Post, Robert Novak, publicou un artigo no que cualificaba a Palme como “espía da CIA”, segundo informacións que lle revelara o propio Libby. Esta revelación de identidade dun axente secreto constitúe un delito para a xustiza estadounidense.

Detrás das investigacións do “Plamegate” atopase o fiscal Patrick Fitzgerald, quen acusou a Libby de mentir a axentes federais sobre quen filtrara á prensa o dato de que Plame era axente da CIA. En realidade, Libby mentiu baixo xuramento en dúas oportunidades en 2004, ante un tribunal de acusación. Libby, quen renunciou ao seu cargo a semana pasada, enfróntase á posibilidade de cumprir 30 anos de prisión. As investigacións do fiscal Fitzgerald apuntan tamén a posibles acusacións contra Cheney e Rove. Deste xeito, o equipo de Bush perde a un dos seus principais valedores da “liña dura” na política exterior estadounidense, principalmente cara países como Irán, Siria, Corea do Norte e China.

As consecuencias do “Plamegate” para Bush aínda son unha incógnita. O 2 de novembro cumpriuse o seu primeiro ano de reelección e a situación política interna e externa complicase para un presidente cunha capacidade de reacción que é tamén imprevisible. Aínda quedan tres anos para as presidenciais e Bush intenta atopar un substituto válido para os republicanos. A finais do 2006, as eleccións lexislativas auguran unha perda para os republicanos no Congreso e no Senado, cun posible fortalecemento para o Partido Demócrata. Este escenario complicaría as posibilidade dunha continuidade da política de Bush alén do 2008.

Bush, como Richard Nixon no escándalo “Watergate” en 1974, e Bill Clinton no escándalo de Mónica Lewinsky en 1998, corre o risco de converterse nun novo mandatario estadounidense acosado pola xustiza. Isto aumentaría a debilidade dunha Administración atrapada polas secuelas sociais e sanitarias do paso do furacán Katrina por Nova Orleáns, e os seus custes económicos e políticos.

Do mesmo xeito, Iraq segue a ser o principal problema de política exterior de Bush: outubro foi o mes máis sanguento da posguerra (92 soldados mortos), o cal eleva a 2.000 os falecementos dende a caída de Saddam Hussein. A pesar da aprobación constitucional vía referendo, Iraq camiña polo perigoso sendeiro da guerra civil ou a desintegración territorial, con consecuencias rexionais importantes. Polo tanto, un escándalo político que revele as mentiras que levaron á guerra é o peor escenario para Bush.

A puxa internacional en torno ao programa nuclear de Irán, os ataques verbais do réxime de Teherán cara Israel, e as actuais presións estadounidense, vía Consello de Seguridade da ONU, contra Siria tralo informe da ONU do asasinato do ex primeiro ministro libanés, Rafik Hariri, semellan tamén incómodos problemas de política exterior para Bush, cunhas vías de negociación e cooperación multilaterais que poden verse afectadas polas implicacións internas do “Plamegate”. No escenario hemisférico de América Latina, a soidade política de Bush enfróntase a unha dura proba no Cumio das Américas de Mar del Plata o 4 de novembro, principalmente ante o avance rexional do ALBA liderado por Hugo Chávez e Fidel Castro.

É unha tradición que os presidentes estadounidenses busquen no seu segundo período de mandato, un suceso político que lles permita “ingresar na historia”. Para Bush, o segundo período semella mais complicado e incómodo que o primeiro. En ámbolos dous períodos, a crise de Iraq expande na súa presidencia un grave (e histórico) efecto pernicioso.
     
     
Índice

     
1   No winners, lots of losers in CIA-leak investigation”, editorial en USA Today (EEUU), 31 de outubro de 2005.

If the Plame investigation has served any useful purpose, it is to refocus attention on the deeper problem –that the United States invaded Iraq based on false promises. The administration orchestated a public relations drive to prove that Iraq had weapons of mass destruction and connections to the 9/11 terrorists- both proved false. They moved to discredit critics. And they were wrong.
     
2   Bush y el ‘Plamegate’”, editorial en La Vanguardia (España), 31 de outubro de 2005.

El caso de Libby, que ya ha dimitido, puede, pues, abrir la caja de los truenos sobre las tácticas empleadas por la Casa Blanca para justificar la guerra de Irak (...) El presidente Bush, de esta manera, está emplazado a demostrar que puede recuperar la iniciativa.
     
3   Indicment reaches the White House”, en The Economist (Gran Bretaña), 28 de outubro de 2005.

The indictment caps a terrible week for the White House. The toll of American military deaths in Iraq reached 2,000. And on Thursday, Mr Bush “reluctantly” accepted the withdrawal of Harriet Miers, his nominee to the Supreme Court, from consideration (...) Mr Bush´s poll rating lurk at the lowest levels of his five-year presidency.
     
4   The case against Scooter Libby”, editorial en The New York Times (EEUU), 29 de outubro de 2005.

A jury will determine whether Mr Libby broke the law as a result of that campaign. But it seems clear that he and other officials violated the public trust. And as absorbing as this criminal investigation has been, the big point Americans need to keep in mind is this: There were no weapons of mass destruction in Iraq.
     
5   What the ‘Shield’ covered up”, por E.J., Dionne Jr., en The Washington Post (EEUU), 1 de novembro de 2005.

Bush needs to tell the public –yes, on the old phrase still applies- what he knew about the operation to discredit Wilson and when he knew it. And he shouldn´t hide behind those “legalisms” that Republicans were so eager to condemn in the Clinton years.
     
6   Libby renuncia en la peor hora de Bush”, por Jim Lobb e Katherine Stapp, en InterPress Service (Italia), 28 de outubro de 2005.

El ex analista de la CIA y experto en antiterrorismo Larry Johnson dijo que “el pueblo estadounidense cae de a poco en la cuenta de que el ataque de la administración de Bush contra Valerie y Joe Wilson era parte de una conspiración más amplia para ocultar que nuestro gobierno fabricó una causa de guerra” (...) “EEUU fue a la guerra contra Irak basado sobre la desinformación y el engaño”.
     
7   Flying blind”, por Howard Fineman e Richard Wolffe, en Newsweek (EEUU), 7 de novembro de 2005.

For the self-described “war president”, that idea is steadfast devotion to confronting the global evil of “Islamic radicalism”, and to “completing the mission” in Iraq. But repeating the antiterrorism incantation isn´t enough (...) There is, as yet, no master plan to breathe life into second term with dramatic new initiatives.
     
8   Bush Troubles at Home May Impair Power Abroad”, por Gerald F. Seib e Neil King Jr., en The Wall Street Journal (EEUU), 31 de outubro de 2005.

Nonetheless, Mr Bush´s problems are creating the perception he is in a weakened state precisely as he enters a fall full of his most extensive strech of international diplomatic missions yet. His approval ratings have slumped to the lowest levels of this term.
     
9   George W. Bush en état de grand faiblesse”, por Alain Frachon, en Le Monde (Francia), 31 de outubro de 2005.

Le “Plamegate” est l´une des retombées de la champagne de désinformation orchestrée par la présidence –notamment, le vice-président Richard Cheney et son chef d´état major, Lewis Libby- en 2002 et 2003. Il s´agissait de vendre à l´opinion la thèse d´un Saddam Hussein à la tête d´un arsenal de destruction masive présentant une menace telle qu´elle justifiait la guerre contra l´Irak.
 
Volver ó índice



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/11/2005
Fernando Pol


Subir