| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
Conducido como unha “viraxe” política necesaria para asentar
un espazo lingüístico e cultural tan diverso, o XV Cumio Iberoamericano celebrado en Salamanca evidenciou
a transformación institucional do Foro Iberoamericano, coa creación da Secretaría Xeral Iberoamericana
como órgano executivo e de seguimento dos acordos presidenciais. O impulso do goberno de José Luis
Rodríguez Zapatero para potenciar unha posición iberoamericana con voz propia nun mundo multilateral
tivo a súa expresión coa presenza do secretario xeral das Nacións Unidas, Kofi Annan, e a
petición de que o Foro adquira o status de “observador permanente” na ONU.
En canto á declaración final, a polémica inicial entre o goberno español e o de EEUU,
pola inclusión no borrador da condena común dos participantes ao “bloqueo” estadounidense, foi matizada
finalmente, ao mesmo tempo que se atendían as demandas de Cuba e Venezuela en canto á extradición
do anticastrista Luis Posada Carriles. A ausencia de Fidel Castro e o protagonismo adquirido polo presidente venezolano
Hugo Chávez, foron tamén expresións dun foro que recuperou os principios orixinais estipulados
en 1991 e que recibiu un impulso político renovador con respecto ás edicións anteriores.
A penas chegado a Salamanca, o presidente colombiano Álvaro Uribe Vélez criticou á dinámica
dos foros e xuntanzas dos líderes mundiais, cualificando estes cumios como meros exercicios de “turismo
presidencial”. En cumios e foros internacionais no pasado, o presidente venezolano Hugo Chávez cuestionara
a necesidade dos mesmos, cunha frase célebre: “os gobernos imos de cumio en cumio e os pobos, de abismo
en abismo”.
Nun escenario internacional aínda non definido en canto á súa configuración, onde EEUU
manifesta unha evidente ambición de practicar unha hexemonía unilateral dentro dun mundo con dimensións
cada vez mais multilaterais, o XV Foro Iberoamericano de Salamanca intentou descifrar estas críticas e cuestionamentos
sobre a súa eficacia e necesidade, coa finalidade de impulsar unha iniciativa que una a 22 países,
19 deles latinoamericanos, xunto a España, Portugal e Andorra.
O presidente anfitrión, José Luis Rodríguez Zapatero, asentou oficialmente o carácter
institucional do Foro Iberoamericano, coa creación da Secretaría Xeral Iberoamericana, con sede en
Madrid. O seu secretario é un home de gran prestixio internacional, elixido por unanimidade: o uruguaio
Enrique Iglesias, ex presidente durante quince anos, do Banco Interamericano de Desenvolvemento. Do mesmo xeito,
e como expresara o ministro de Asuntos Exteriores español, Miguel Ángel Moratinos, a intención
é potenciar unha “comunidade iberoamericana” con voz e presenza no escenario internacional, solicitando
incluso un posto de “observador permanente” nas Nacións Unidas. A presenza en Salamanca do secretario xeral
da ONU, Kofi Annan, foi concibida nesa perspectiva.
Como ven sendo habitual dende o cumio iberoamericano do 2000, a ausencia mais significativa foi a do presidente
cubano Fidel Castro, precisamente cando a problemática de Cuba foi un tema central que suscitou unha grande
polémica. O prolongado debate sobre a necesidade de cualificar a política estadounidense cara a illa
caribeña como un “bloqueo” ou “embargo” provocou roces entre Madrid e Washington e unha nota de preocupación
da embaixada estadounidense en España.
Para superar a polémica diplomática, a Declaración de Salamanca estipulou un rexeite dos xefes
de Estado e de goberno “ao bloqueo económico, comercial e financeiro” no que Washington mantén a
Cuba, evitando politizar a figura do bloqueo e instando ao goberno estadounidense a poñer fin a esa práctica.
Este aspecto evidenciou unha voz innovadora por parte dos países latinoamericanos cara a súa relación
con EEUU, cun marcado rexeitamento da inxerencia norteamericana. Non obstante, en Washington declararon a súa
“satisfacción” pola redacción final.
Outro aspecto importante tivo que ver coa petición dos gobernos de Cuba e Venezuela, en canto á extradición
do anticastrista Luis Posada Carriles, (preso en EEUU por entrada ilegal), acusado de cometer actos de terrorismo
contra un avión cubano en 1976, con destino Caracas- La Habana, e que deixou un saldo de 73 mortos. A Declaración
final tamén pediu a extradición de Posada Carriles, o cal foi visto pola diplomacia cubana e venezolana
como un “triunfo importante”. Fora do cumio, arredor da sede das xuntanzas, manifestáronse grupos solidarios
coas revolucións cubana e venezolana e outros anticastristas que demandaban cambios democráticos
na illa caribeña.
Pero tamén houbo outros aspectos que xeraron forte debate en canto á cualificación do terrorismo
e dos conflitos armados. O presidente colombiano Uribe Vélez amosou a súa satisfacción porque
a Declaración de Salamanca cualificou como “grupos terroristas” ás guerrillas das FARC e do ELN,
en contra da posición cubano-venezolana que esperaba unha identificación dos mesmos como “grupos
irregulares”. Do mesmo xeito, o borrador final amosou o apoio común ao proceso de pacificación e
desarme dos paramilitares impulsado por Uribe, que xa tivera a súa aceptación por parte da Unión
Europea e do Vaticano. Neste e noutros aspectos, evidenciouse un inusual consenso entre tódolos líderes
participantes, os cales declararon a súa satisfacción polos logros obtidos na declaración
final.
A Declaración de Salamanca tamén incluíu o compromiso de fortalecer a consolidación
democrática en América Latina, así como o apoio á reforma da ONU, a consecución
dos Obxectivos do Milenio, a afirmación do carácter multilateral do mundo do século XXI, e
a consecución dun marco de regularización dos fluxos migratorios e a cooperación transatlántica
neste sentido, tarefa a cargo da nacente Secretaría Xeral Iberoamericana. En canto aos obxectivos principais
do goberno de Zapatero, o Cumio de Salamanca permitiu potenciar a súa tese da Alianza de Civilizacións
e da cooperación entre España e América Latina.
Para Galicia, o Foro Iberoamericano pode constituír unha importante baza para fortalecer a súa presenza
e acción exterior entre as comunidades de emigración galega en América Latina e as súas
sociedades, así como a súa íntima relación coa veciña Portugal. Nesta perspectiva
deben observarse as posteriores visitas dos presidentes venezolano Hugo Chávez e o costarricense Abel Pacheco
a Galicia, un día despois do Cumio de Salamanca.
Do mesmo xeito, a convocatoria do Cumio Iberoamericano do 2006 en Uruguai, presentará un mapa político
diferente en América Latina e Portugal, ante as consecutivas eleccións presidenciais e lexislativas
a celebrarse entre novembro de 2005 e decembro de 2006 en Arxentina, Portugal, Bolivia, Chile, Colombia, México,
Nicaragua, Costa Rica, Brasil e Venezuela. Os presumibles cambios de líderes e de perspectivas poden influír
nos debates e decisións a adoptarse no próximo cumio. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Cumbre
positiva”, editorial en La Vanguardia
(España), 16 de outubro de 2005.
La cumbre, que acordó entre otras
cosas intensificar la lucha contra el terrorismo, el canje de la deuda por educación y una política
común en materia de migraciones, logró sortear el contratiempo surgido con la embajada de Estados
Unidos por un texto en el que se condenaba el bloqueo a Cuba. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Una cumbre baja”, por Carlos G. Reigosa,
en La
Voz de Galicia (España), 17 de
outubro de 2005.
Es cierto que estas reuniones tienen sentido
aunque sólo sean una reunión de familia. Pero es obvio que deben aspirar a más. Y, desde luego,
no deben servir sólo para meterle el dedo en el ojo a Estados Unidos al mismo tiempo que se llama a la embajada
de este país en España (como hizo Moratinos) para decirle que nada es lo que parece. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Viraje en las cumbres”, editorial en El Tiempo
(Colombia), 17 de outubro de 2005.
Desde que España fue escogida como
sede de la decimoquinta conferencia de países iberoamericanos, se propuso dar un viraje a las reuniones:
esquivar la verborrea volátil y pisar tierra. “Una nueva andadura”, como dijo el presidente José
Luis Rodríguez Zapatero. De allí la formalización de una Secretaría permanente del
grupo que, en manos del diplomático Enrique Iglesias (...) tendrá por primera vez funciones ejecutivas. |
| |
|
|
| 4 |
|
“¿Sirven
para algo las cumbres iberoamericanas?”, por Felipe Sahagun
y Pedro Rivas,
en El Mundo (España), 16 de outubro de 2005.
Las cumbres han consagrado un nuevo foro
de concertación política y cooperación (...) Las declaraciones contienen ideas nobles y ocupan
decenas de hojas de papel mojado. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Cumbres
rutinarias”, por Edgar C. Otálvora, en El Mundo
(Venezuela), 17 de outubro de 2005.
El “cumbrismo” pareciera que está
en crisis, como lo evidenció la suspensión (por forfait generalizado) de la Cumbre del Grupo de Río
de agosto pasado. Lo rutinario de los eventos hace que de ellos sólo se obtengan declaraciones abstractas
y generales de escaso impacto o pronunciamientos coyunturales sin mayor peso político real. |
| |
|
|
| 6 |
|
“¿Para qué sirvió la Cumbre
de Salamanca?”, por Lisandro Otero, en Rebelión (España), 18 de outubro de 2005.
El modelo neoliberal, al que muchos han
acudido ante la orfandad de opciones, está propiciando una explosiva situación revolucionaria mundial.
Pero las cumbres hispanoamericanas siguen acumulando papeles y palabras sin que ninguno de los verdaderos problemas
sea enfrentado. Al menos, en esta ocasión, la Cumbre ha servido para algo. |
| |
|
|
| 7 |
|
“Los escaladores de las cumbres iberoamericanas”, por Marcos
Roitman Rosenmann, en La Jornada (México), 16 de outubro de 2005.
Entre cumbre y cumbre, se realizan foros
con invitaciones restringidas. En esta lógica hay cómplices, quienes obtienen beneficios, las migajas
a una fidelidad perruna. Son los académicos y demás fauna ibérica que tienen la labor de producir
centros universitarios y medios de comunicación el discurso adecuado para hacer creíble la escalada
de la cumbre. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Iberoamérica y los miedos del imperio”, por Nidia
Díaz, en Granma
(Cuba), 17 de outubro de 2005.
La lógica imperial no está
preparada para tales actos de soberanía, teniendo en cuenta que dentro de muy pocos días, en el balneario
argentino de Mar del Plata, el propio emperador George W. Bush se ve cara a cara con los mismos mandatarios que
han dado en Salamanca su apoyo a la justa causa de los cubanos. |
| |
|
|
| 9 |
|
“Una cumbre inútil para un continente indefenso”, por Carlos
Alberto Montaner, en Firmaspress (EEUU), 16 de outubro de 2005.
Es una lástima que las Cumbres Iberoamericanas
que se reúnen periódicamente no sirvan para examinar seriamente los problemas de la región.
El mayor peligro que hoy amenaza a todas las naciones latinoamericanas es la evidente formación de un eje
Castro-Chávez encaminado a desestabilizar todos los países de la zona. |
| |
|
|
| 10 |
|
“Mal día para Washington”, por Tito
Drago, en Inter-Press Service News Agency (Italia), 18 de outubro de 2005.
La diversidad, la dimensión y el
carácter euro-americano de la Comunidad Iberoamericana le otorgan “un gran potencial como socio activo en
el escenario internacional”. Por eso, decidieron acciones para que la Conferencia Iberoamericana se incorpore a
la ONU en calidad de organismo observador. |
|