Actualidade Exterior / nº 167-20/2005 de 26 de setembro Volver ó índice
Alemaña: tempo de incertezas
 
 
Presentación

     
    As eleccións lexislativas alemás do domingo 18 de setembro revelaron un escenario confuso e incerto. Nin a demócratacristiá da CDU, Ánxela Merkel, nin o chanceler socialdemócrata do SPD, Gerhard Schröder, teñen a chave para formar un goberno que camiña por diversas fórmulas de coalición cos partidos minoritarios: os Verdes, os liberais do FDP ou a esquerda antiliberal do Linkspartei de Oskar Lafontaine. Contémplase incluso a posibilidade de formar unha “gran coalición”, CDU-PSD. Sen embargo, a crise política que derivou na anticipación destes comicios, deixa aínda moitas preguntas no aire: o electorado rexeitou o modelo neoliberal e atlantista apoiado por Merkel, atenazando as previstas reformas do sistema social e de benestar. Do mesmo xeito, non desestimou a posible candidatura europea de Turquía, tralo sorprendente resultado obtido por Schröder. E, finalmente, a sociedade alemá tampouco amosou sinais de estar preparada para aceptar o cambio proposto por unha chanceler muller e chegada do Leste.

Alemaña amaneceu o luns 19 sen chanceler. As eleccións lexislativas do día anterior amosaron un escenario inesperado, a pesar das predicións das enquisas que colocaban á demócratacristiá, Ánxela Merkel, na xefatura de goberno en Berlín. O repunte final dos socialdemócratas do chanceler Gerhard Schröder e o ascenso de partidos minoritarios como os liberais do FPD e a esquerda antiliberal (neocomunistas e desencantados do SPD) do Linkspartei, auguran duras negociacións para formar goberno.

Independentemente da resolución da crise política, o novo goberno que pode sair destas negociacións e do reconto final de votos no distrito 160 da localidade de Dresde o próximo 2 de outubro (aprazadas polo falecemento dunha candidata), amosa unha preocupante debilidade. A confusión actual, mesmo para recoñecer o verdadeiro gañador, revela que, mais que vencedores, os votos consolidaron unha tendencia derrotista. Tanto Merkel como Schröder se apresuraron a anunciar as súas respectivas vitorias, aínda que a candidata Merkel amosara unha faciana mais decepcionada. O resultado foi claro neste sentido: a CDU perdeu 2,5 millóns de votos con respecto ás eleccións do 2002, mentres 740.000 electores dese partido non acudiron a votar.

O futuro Parlamento ou Bundestag coloca á CDU de Merkel en cabeza cun 35,2% dos votos e 225 parlamentarios. O SPD de Schröder acadou o 34,3%, e 222 parlamentarios. Os ascensos do FDP (61 deputados) e o Linkspartei (54), ademais dos Verdes (51) colocan a estes partidos minoritarios como as chaves para formar un novo goberno.

Os medios e os analistas calculan, baixo diversas fórmulas, as posibilidades de negociación: unha “gran coalición” CDU-SPD, similar á ocorrida no período 1966-69; unha “combinación de cores” (tamén catalogado como “fórmula Xamaica”) entre o SPD (vermello), o FDP (amarelo) e os Verdes; a coalición “vermella-vermella-verde” do SPD-Linkspartei-Verdes; e outras opcións como a CDU-Verdes, ou unha continuidade da actual fórmula de goberno SPD-Verdes. Todo depende dos votos que compute o reconto final en Dresde, onde os prognósticos auguran unha victoria de SPD.

Dende unha perspectiva europea, as eleccións alemás deixaron unha lección similar ao “non” francés do referendo constitucional celebrado en maio pasado. A posibilidade de vitoria de Merkel anunciaba un radical programa de axuste macroeconómico moi similar ao aplicado por Margartet Thatcher en Gran Bretaña. Deste xeito, a reforma do mercado laboral e do estado de benestar e a alza impositiva suxerida pola CDU alentou un rexeite por parte de milleiros de alemás a un modelo mais liberal, nun país tradicionalmente orgulloso do seu modelo de capitalismo renano. Todo isto a pesar de contar con elevadas taxas de desemprego e unha notoria perda de crecemento económico.

Do mesmo xeito, Merkel propugnaba cambios políticos que non crearon consenso. Contra a política oficial mais europeista e aliada de Rusia, Merkel propuso un melloramento de relacións con EEUU, condición impopular trala guerra de Iraq. Mentres a candidata demócratacristiá negaba abertamente o acceso de Turquía á UE, Schröder amosaba o seu posicionamento favorable ao ingreso turco. Este caso é simbólico: será precisamente o 3 de outubro, cando pode coñecerse o nome do novo chanceler alemá, a data na que Bruxelas e Ankara comezaran as súas negociacións de ingreso.

No marco da campaña electoral, Merkel cometeu erros de última hora, especialmente nos debates televisivos, favorablemente aproveitados por Schröder. O nomeamento do descoñecido profesor Paul Kirchof como futuro ministro de Finanzas creou sospeitas no electorado de que Merkel podería estar manexando unha “axenda oculta” e impopular. A súa orixe do Leste e a súa condición de muller tamén poideron actuar como factores de importancia nunha parte do electorado alleo á posibilidade dun cambio non só real senón simbólico.

Outro factor ten que ver coas agudas rivalidades políticas que, aparentemente, imposibilitan un acordo para formar goberno. O líder do Linkspartei, Oskar Lafontaine (ex ministro de Schröder en 1998), manifestou a súa imposibilidade de formar goberno tanto con Schröder como con Merkel. Os Verdes de Joschka Fischer, actuais membros do goberno, manteñen disputas co chanceler. A coalición CDU-FDP de conservadores e liberais non é suficiente para formar goberno, e Merkel non ve con bos ollos alianzas con Fischer e Lafontaine, moi pouco probables. En definitiva, a política alemá amosa sinais de parálise, confusión e falta de consenso. E a sociedade expresa o seu dilema entre a desexada continuidade do seu modelo e aposibilidade dun cambio que moitos ven como inevitable pero desacougante.
     
     
Índice

     
1   Germany not ready for change”, por Uta Thofern, en Deutsche Welle (Alemania), 19 de setembro de 2005.

Despite the large majority in Parliament, the grand coalition´s governing leeway would be limited (...) It´s quite possible that CDU and SPD might have to replace their leadership so that a grand coalition can take shape at all. But it´s also possible that Germany may soon need new elections again.
     
2   A surprise that leaves Germany in limbo”, en The Economist (Gran Bretaña), 19 de setembro de 2005.

Whatever the outcome of the coalition-building, two main conclusions can already be drawn from this election. First, Germany´s two big “people´s parties” continue to lose ground: the smaller parties taken together now have roughly as many votes as either the CDU or SPD (...) The country´s electoral map is now as divided as that of the United States: the south, which is economically still quite strong, is black (the CDU´s colour), while the less encouraging north and east are red (the SPD´s).
     
3   Leçons d'un scrutin raté”, editorial en Le Figaro (Francia), 20 de setembro de 2005.

Face à la crise sans précedent que connait le modèle allemand, ni Angela Merkel ni Gerhard Schröder n´ont apporté de réponses assez convaincantes. Il ne s´agit plus de trouver une “troisième voie”, comme l´avait fai si brillamment Tony Blair, mais de faire preuve de créativité pour aider les électeurs à surmonter leur crainte du changement.
     
4   Confusion allemande”, editorial en Le Monde (Francia), 20 de setembro de 2005.

En fait, ces élections n´ont fait que des perdants. Gerhard Schröder aura du mal à rester au pouvoir. Ses anciens alliés verts risquent de retourner dans l´opposition. Mme Merkel réalise un des plus mauvais scores de la démocratie-chrétienne et fait moins bien que son rival bavarois, Edmund Stoiber, il y a trois ans.
     
5   Le révélateur allemand”, editorial en L'Humanité (Francia), 20 de setembro de 2005.

Dans des conditions fort différentes de celles qui ont conduit les Français aux urnes le 29 de mai, l´election allemande présente donc des symptômes fort ressemblants: rejet des réformes libérales, colère sociale, crise d´une bipolarisation conçue pour encadrer l´alternance entre modèles ultraliberaux et sociaux-libéraux, recherche d´une alternative politique de transformation sociale réellement ancrée à gauche.
     
6   Above all, this was a vote against neoliberalism”, por Jonathan Steele, en The Guardian (Gran Bretaña), 20 de setembro de 2005.

But Sunday´s central message was a protest against neoliberalism. It had much in common with this summer´s votes in France and the Netherlands against the EU constitution. Germany´s paradox is that a country which is the world´s second-largest exporter and can compete globally has an internal market where employers decline to invest, small business stagnates and joblessness is high.
     
7   Paralysis in Berlin”, editorial en The Guardian (Gran Bretaña), 19 de setembro de 2005.

This election was marked by deep pessimism, profound disillusion with the big parties and volatile voters who recognised the need for change but feared the effects it may bring. Much horsetrading and haggling lies ahead as these extraordinary results are digested. Germans may well want reform. But now paralyses looms because their nerves appear to have failed them.
     
8   La paure incrociate”, por Franco Venturini, en Corriere della Sera (Italia), 19 de setembro de 2005.

Da Berlino si aspettano segnali decisivi sui futuri allargamenti (Turchia in testa) e sulla linea da tenere con l´America. Merkel o Schröder avrebbero potuto fornire le risposte, più o meno gradite. Ma Merkel o Schröder insieme annunciano soltanto compromessi e rinunce, ritardi e occasioni mancate.
     
9   Se busca coalición”, editorial en El País (España), 20 de setembro de 2005.

Empieza ahora ya no una guerra de posiciones sino de movimientos, en la que puede brillar Schröder, un consumado maestro en la destrucción de sus adversarios (...) Lo que ha resultado de las urnas es un rechazo a una reforma de sentido neoliberal o anglosajona del modelo de capitalismo renano (...) También significa que Berlín no cerrará por el momento la puerta de la Unión Europea a Turquía, como pretendía Merkel.
 
Volver ó índice



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/10/2005
Fernando Pol


Subir