Actualidade Exterior / nº 166-19/2005 de 12 de setembro Volver ó índice
As implicacións políticas do furacán Katrina
 
 
Presentación

     
    O grave impacto social, económico e ambiental do furacán Katrina nos estados sureños de Mississipi, Alabama e Missouri, está a provocar un severo custe político para o presidente George W. Bush. A inicial indiferencia, lentitude e inefectividade no rescate das persoas afectadas e as esceas de precariedade, devastación e violencia social na cidade de Nova Orleans, revelan profundas fracturas dentro do modelo de desenvolvemento estadounidense. A principal poboación afectada foi a de raza negra, cunha condición social marxinal e pobre, desasistida pola carencia da cobertura estatal en seguridade e sanidade. Do mesmo xeito, o presidente Bush afronta a mais preocupante crise interna dende a súa chegada á Casa Branca, que podería afondar a súa baixa de popularidade, agravada pola inestabilidade en Iraq e Oriente Medio, a crise económica e unha cada vez maior contestación social ás súas políticas.

Similar ao impacto provocado polo 11-S de 2001dentro da psicoloxía social norteamericana, o paso do furacán Katrina polas costas dos estados sureños de EEUU revela varias interrogantes, contradicións e feblezas dentro da principal potencia mundial. O número oficial de vítimas mortais achégase ás 80 persoas, pero o caos nas cidades no momento da identificación e evacuación dos cadáveres non permite coñecer o verdadeiro índice. Algunhas fontes auguran que poderían elevarse a 10.000 as vítimas mortais.

Desde xeito, EEUU volveu amosar a súa vulnerabilidade ante situacións de gran magnitude social e económica, aínda que a reacción da sociedade cara os seus gobernantes semella ser dun xeito diferente á dos atentados terroristas de hai catro anos. A unidade nacional que apareceu nos días posteriores ao 11-S non semella ser a mesma ante a percepción crítica da sociedade cara a actitude gobernamental “post-Katrina”.

O centro de tódalas acusacións recae no presidente, George W. Bush. A súa pasividade e inicial indiferencia ante o impacto da catástrofe natural (achegouse ás zonas afectadas tres días despois do paso do furacán) e a improvisación e inefectiva resposta oficial, foi motivo de agudas réplicas por parte dos medios de comunicación, amplos sectores da opinión pública e parte do “establishment” político. O propio alcalde de Nova Orleáns acusou a Bush de ser o principal responsable da caótica situación nesa cidade.

Do mesmo xeito, membros influíntes da comunidade afro-americana deixaron patente o seu descontento e, incluso, calificaron de “racista” e “excluínte” o tratamento oficial da traxedia. As dúas terceiras partes dos habitantes e a maioría das 150.000 persoas damnificadas en Nova Orleans son de raza negra e socialmente pobres. Nestes estados sureños asenta a media de ingresos mais baixa do país (40.773 dólares) e atopanse entre os mais pobres, desiguais e desasistidos da Unión. A nivel nacional, a pobreza aumentou en 1,1 millóns de persoas desde o 2004.

Se ben aínda é unha incógnita descifrar se o “efecto Katrina” terá algún custe político para Bush e o Partido Republicano cando restan aínda tres anos para as próximas eleccións presidenciais, cabe constatar o deterioro da imaxe presidencial. Bush amosa os máis baixos índices de aceptación dende a súa chegada á presidencia no 2000: un 53% da poboación rexeita a súa xestión. O período vacacional do presidente estadounidense estivo marcado polas fortes protestas cívicas fronte ao seu rancho texano de Crawford, debido ás mortes de soldados estadounidenses e o alto custe da posguerra en Iraq (138 vidas durante a guerra e case 1.800 despois da súa conclusión oficial). Agora, a indignación social polo actitude gobernamental ante a traxedia agrava aínda mais a súa impopularidade.

Precisamente, o esaxerado énfase de Bush na situación iraquí relacionase agora directamente coa catástrofe natural. Os medios de comunicación, e parte da clase política, critican o recorte orzamental do 80% dun proxecto oficial, o Southeast Louisiana Urban Flood Control Project, aprobado en 1995, para controlar as inundacións urbanas no sur do estado de Louisiana. Ese recorte orzamental contribuiu ao financiamento militar e loxístico da campaña militar iraquí e a turbulenta posguerra.

Outro apartado ten que ver coa seguridade. Os habitantes de Nova Orleans criticaron que a escaseza de efectivos da Garda Nacional para controlar os saqueos, a desatada delincuencia e as violacións nas rúas, se debera a que o 40% deses efectivos nos estados de Louisiana e Mississipi foran destinados a Iraq. Neste sentido, a crítica situación de inseguridade permitiu ao goberno aplicar a súa visión mais represiva. Tamén a escaseza de efectivos médicos e da súa loxística revelan unha profonda crise sanitaria e da cobertura estatal nun país onde a privatización da saúde fai practicamente inexistente un proxecto nacional de sanidade pública. A preocupación aumenta ante a intención de Bush de reformar o sistema sanitario e de pensións creado polo seu antecesor, Bill Clinton.

O impacto económico de Katrina semella ser, con case toda seguridade, aínda maior e mais preocupante que o custe político. O porto de Nova Orleans sobre o río Mississipi é o eixe xeoeconómico estratéxico da zona, xa que constitúe o mais grande do país e o quinto a nivel mundial. O 15% da demanda enerxética estadounidense entra por este estado, así como a producción de cereais. A cercanía co Golfo de México (onde se ubica o maior complexo petroleiro estadounidense) e os danos nas refinerías petroleiras, provocou que os prezos do crú achegaranse aos 70 dólares o barril. O peche do porto e de nove refinerías, produto do paso do furacán, afecta ao devir económico do país e imprime unha perceptible sensación de emerxencia nacional.

Á crise humanitaria actual debe engadirse o impacto ambiental: a rexión de Nova Orleans é un foco de desenvolvemento industrial plagado de contaminantes químicos e biolóxicos esparcidos polo paso de Katrina. Neste sentido, a negativa de Bush de prestar aprobación ao Protocolo de Kyoto volverá a colocar o tema ecolóxico e ambiental no debate político.

En todo o centro da crise percíbese a sensación dunha fractura no modelo socio-económico estadounidense, afondado pola polarización e a falta de consenso que provoca a política de Bush. A súa visión unilateral en política internacional veuse modificada á forza, pola necesidade de solicitar a cooperación internacional unha vez recoñecera a magnitude da catástrofe e a incapacidade estatal para afrontala. Do mesmo xeito, plasmase con toda crueza a incongruencia de centrar toda hipótese de destrución nunha ameaza exterior de signo terrorista, cando a traxedia é interna, por causa naturais e de inefectividade estatal. E non se pode afrontar coma se estiveramos ante un ataque con armas químicas. Outra vez, a Administración USA non estaba preparada para unha convulsión así. Esta é tamén unha das lecturas mais significativas provocadas polo furacán Katrina.
     
     
Índice

     
1   For Bush, next moves are key to rest of term”, por Dan Balz, en The Washington Post (EEUU), 5 de setembro de 2005.

Public opinion appears to have been shaped considerably by the partisan polarization that long has defined attitudes toward Bush. In part, Bush may be reaping some of the consecuences of a governing style that has favored confrontation over conciliation, of appealing first and foremost to his conservative base rather than the country as a whole.
     
2   A failure of leadership”, por Bob Herbert, en The New York Times (EEUU), 5 de setembro de 2005.

Like a boy being prepped for a second crack at a failed exam, Mr. Bush has been meeting with his handlers to see what steps can be taken to minimize the political fallout from this latest demonstration of his ineptitude. But this is not about politics. It´s about competence.
     
3   La mediocridad de un líder”, por Lluis Foix ,en La Vanguardia (España), 2 de setembro de 2005.

El presidente Bush va a bajar todavía más en las encuestas de opinión, que le valoran muy negativamente por el desarrollo de la guerra en Irak. El “Katrina” tendrá efectos mucho más devastadores para su popularidad. La pregunta que se hacen muchos americanos es bien sencilla: ¿de qué nos sirve controlar el mundo si no podemos proteger a nuestros propios compatriotas?
     
4   Hurricane prompts awkward questions”, por Elinor Shields, en BBC (Gran Bretaña), 5 de setembro de 2005.

Anger is mounting among African-American leaders that this section was left behind when other fled (...) Some say that chaos in Katrina´s aftermath has exposed deep divisions in both the city and US society.
     
5   Katrina should raise tough questions for Administration”, por Martin Frost, en Fox News (EEUU), 2 de setembro de 2005.

Congress in recent years has abdicated its responsability to ensure that the Executive Branch is doing its job effectively. There are people who will view any questions posed in the aftermath of Katrina as simply a partisan attack on the Bush administration. That is not the case, and it would be a disservice to our country for anyone to attempt to muzzle Congress at this time because the questions are being posed to a Republican president.
     
6   Rebuilding the Gulf Coast will impact supplies, labor across region”, por David Tortorano, en The Sun Herald (EEUU), 5 de setembro de 2005.

The metropolitan areas of New Orleans, Biloxi-Gulfport-Pascagoula and to a lesser extent Mobile over the next few months and years will be magnets for the construction industry, attracting materials and construction workers that will have an impact on nearby regions and beyond.
     
7   Bush en accusation”, editorial en Le Monde (Francia), 5 de setembro de 2005.

Car c´est une autre leçon de cette tragédie américaine: “l´hipperpuissance”, comme disait un ancien ministre français des affaires étrangères, malgré son potentiel économique et militaire qu´elle est parfois prompte à déployer à l´extérieur, est incapable de faire face à une catastrophe intérieure de cette dimension.
     
8   New Orleans, a geopolitical prize en Strategic Forecasting”, Stratfor (EEUU), 1 de setembro de 2005.

The ports of South Louisiana and New Orleans, which run north and south of the city, are as important today as at any point during the history of the republic. The Port of South Louisiana is the largest port in the United States by tonnage and the fifth-largest in the world (...) Louisiana is the source of about 15 percent of U.S. –produced petroleum, much of it from the Gulf. The local refineries are critical to American infraestructure.
     
9   Desastre”, en Semana (Colombia), 5 de setembro de 2005.

El desastre de “Katrina” puso de presente la fragilidad de la sociedad norteamericana frente a los embates de la naturaleza, evidenció la incapacidad del gobierno de George W. Bush para responder adecuadamente al reto y mostró preocupantes fisuras que produjeros dos clases de damnificados: los blancos y pudientes que escaparon a tiempo en sus automóviles, y los negros y pobres, que quedaron a merced del destino.
 
Volver ó índice



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/09/2005
Fernando Pol


Subir