Actualidade Exterior / nº 165-18/2005 de 29 de agosto Volver ó índice
A retirada israelí de Gaza
 
 
Presentación

     
    A histórica e unilateral decisión do primeiro ministro israelí Ariel Sharon de ordenar a retirada dos asentamentos xudeus na Franxa de Gaza e tamén de partes de Cisxordania, constitúe a cuestión clave que podería determinar o futuro das relacións entre palestinianos e israelís e dos mecanismos políticos para a consecución da paz. A efectividade dos soldados israelís no total desaloxo dos colonos xudeus contou tamén cun maioritario consenso dentro da sociedade israelí, sendo unha considerable e preliminar derrota para o movemento político dos colonos. Aínda queda por ver se ista medida pasará ou non factura política a Sharon, de cara ás eleccións do próximo ano.

Pola súa banda, os palestinianos, que se ben coñecían da decisión de Sharon non foron consultados, observan cunha mestura de esperanza e escepticismo a retirada israelí. Recuperan un territorio do que foran desaloxados hai 38 anos, pero a realidade política conforma un escenario distinto: os obxectivos israelís concéntranse agora no reforzamento das súas posicións en Cisxordania e Xerusalén, obstruíndo as demandas palestinianas. A retirada israelí fortalece ao movemento islamista Hamas e, de xeito mais leve, ao presidente Mahmud Abbas.

No contexto da dinámica de cambios que experimenta Oriente Medio, a retirada israelí da provincia de Gaza establece mais interrogantes que certezas. Por unha banda, os colonos xudeus que se asentaron nesta provincia trala guerra dos Seis Días de 1967 (a costa dunha poboación palestiniana que tivo que optar polo exilio) e que tiveron en Ariel Sharon ao seu principal instigador e protector, asumen agora unha derrota política aínda non calculada en termos da política interna israelí.

Se ben a sociedade israelí non amosou sinais de fractura pola decisión gobernamental, a decisión de Sharon trouxo consigo a reaparición do que, presuntamente, será o seu próximo rival político: o ex ministro Benjamin Netanyahu. Pola súa banda, se ben o propio Sharon desdiciuse ao desmantelar o que antes defendía con vehemencia, na actualidade o seu cálculo táctico fixa unha estratexia mais concreta a longo prazo: conservar os 240.000 colonos xudeus nos asentamentos na Franxa Occidental de Cisxordania e Xerusalén, coa finalidade de obstruír a posibilidade dun futuro Estado palestiniano.

No relativo ao significado histórico, o plan de desconexión de Gaza ten similitude coa cesión da península do Sinaí a favor de Exipto en 1978 (para potenciar os acordos de Camp David) e a retirada militar israelí do sur de Líbano, baixo as ordes do entón primeiro ministro, Ehud Barak. Pero a actual decisión de Sharon contempla un cálculo político diferente: un reacomodo demográfico que lle permita negociar en termos mais asequibles aos intereses israelís.

Para frear o descontento, a serie de desaloxos dos mais de 8.000 colonos xudeus en 21 asentamentos en Gush Katif, Neve Dekalim, Kfar Darom, Dehaniya e Netzarim, e os dous asentamentos do norte e Cisxordania, por parte das forzas militares do IDF, costará ao goberno israelí a cantidade de 2.000 millóns de dólares, ofrecendo entre 200.000 e 300.000 dólares a cada familia a modo de compensacións. Deste xeito, a reubicación dos colonos en Cisxordania e Xerusalén farase en clara desvantaxe para a poboación palestiniana alí asentada.

Se ben non estiveron exentos de momentos duros, os enfrontamentos entre militares israelís e os colonos non provocaron as predicións catastrofistas feitas por analistas meses atrás sobre a posibilidade dunha confrontación a gran escala na sociedade israelí. Tan só a renuncia de Netanyahu do seu cargo ministerial evidenciou a batalla política que enfronta ao ex primeiro ministro (influínte dentro do partido Likud e hoxe abandeirado dos colonos) e un Sharon, en principio apoiado por varios sectores do seu partido e dos laboristas, con quen forma un goberno de coalición.

Outra análise é contemplada dende o bando palestiniano. Gaza é, formalmente, un territorio da Palestina histórica, onde a distribución demográfica é desigual: nun territorio de 362 km2, ata agora dominado polos milleiros de colonos xudeus, habitaban 1,3 millóns de palestinos. As diferenzas socioeconómicas eran tamén abrumadoras: o privilexiado status dos colonos contrastaba coa penuria e a pobreza dunha poboación palestiniana distribuída en “bolsóns” e desconectados uns dos outros.

O xúbilo dos palestinianos por retornar a Gaza pode provocar tamén outro problema. Os estados árabes fronteirizos, especialmente Xordania e Líbano, poden albiscar a oportunidade de desaloxar aos seus propios refuxiados palestinianos para que ocupen unha Gaza “desocupada” da presenza israelí. A explosión demográfica pode converterse noutro problema rexional.

En clave política, Gaza é tamén o berce onde o movemento islamista Hamas posúe a súa maior fortaleza política e popularidade. O “factor Hamas” revela outra clave do plan de desconexión de Gaza: os líderes do movemento islamista aceptaron participar nas eleccións lexislativas palestinianas, en principio previstas para xullo pasado pero postergadas para xaneiro de 2006 ante o plan de retirada dos colonos xudeus. Hamas rendabilizará politicamente a retirada israelí como fixera o libanés Hezbollah no sur de Líbano no 2000, aínda que isto non signifique, de forma automática, o remate dos atentados contra obxectivos israelís. Velaí o seu baixo perfil durante a retirada israelí de Gaza, nunha actitude de espera vixilante.

Para o presidente palestiniano Mahmud Abbas, o plan de desconexión en Gaza permitiulle gañar tempo fronte ao que sería unha case segura derrota do seu partido Al Fatah nos comicios lexislativos de xullo. Ao aplacar a Hamas e atraelo ao sistema político interno, a posición de Abbas tamén se reforza de cara á comunidade internacional. Pero o descontento e a frustración da poboación palestiniana vai en ascenso e xa hai quen aventura a aparición dunha “terceira intifada” pero, nesta oportunidade, non contra Israel senón contra os dirixentes da Autoridade Nacional Palestiniana.

Todas estas claves aínda sen resolver inflúen na evolución dun plan de paz, a Folla de Ruta, aínda incerto. Sharon levou a cabo esta iniciativa política dun xeito unilateral e a dirixencia palestiniana resignouse a aceptala coma un “fait accompli”. O primeiro ministro israelí tamén contou co total apoio do goberno estadounidense e o silencio cómplice dos gobernos árabes, especialmente de Exipto e Xordania. Despois de Gaza, o conflito palestiniano-israelí e o proceso de paz entran noutra fase.
     
     
Índice

     
1   Después de la tormenta de Gaza”, por Marwan Bishara, en La Vanguardia (España), 21 de agosto de 2005.

Como buen general, Sharon sabe que en la guerra a veces es necesario hacer concesiones tácticas para conseguir la victoria estratégica. Así, Israel se retirará de Gaza a fin de imponer su proyecto en un territorio diez veces mayor, Cisjordania y Jerusalén, el buque insignia de la ocupación. Al mismo tiempo, esto significa de hecho la desconexión de Israel del proceso de paz.
     
2   Interesting times: Lesser Israel, Greater Palestine”, por Saul Singer, en The Jerusalem Post (Israel), 18 de agosto de 2005.

Greater Israel was always a minority position among Israelis, while Greater Palestine was always, and remains, the normative Palestinian position. Even the most moderate Palestinian asserts that Israel in its entirely sits on “stolen” Palestinian land, and that while Israel must be recognized de facto, a Jewish state has no moral or legal right to exist.
     
3   The disengagement that isn´t”, por Ramzy Baroud, en Palestine Chronicle (Palestina), 14 de agosto de 2005.

It´s important to recall that Sharon´s disengagement was Israel´s response to George W. Bush´s road map, which was hypothetically approved by both Israel and the PA in June 2003. As “painful” as the disengagement was, it was Sharon´s only dramatic escape from being bogged down by any kind of mutual commitment, by headlines, by reciprocity and ultimately a dynamic political process. Israel does what Israel sees best. That´s the bottom line.
     
4   The Hamas Card and the Israel Withdrawal of Gaza”, por Jonathan Feiser, en The Power and Interest News Report, PINR (EEUU), 19 de agosto de 2005.

While one direct consequence of the Israeli withdrawal will be the temporary empowerment of Abbas, this honeymoon will not last long. Even with economic aid from the United States and the United Nations, Hamas, already extensively powerful in the hearts of a majority of Palestinians, will concisely find itself in a position of unparalleled bargaining power.
     
5   Storming the Gaza diehards bastions”, en The Economist (Gran Bretaña), 19 de agosto de 2005.

Opinion polls show that most Israelis support the withdrawal (though there is widespread scepticism that it will make Israel safer or bring peace nearer). So do the 1.3 m or so Palestinians living in the strip, though they worry that Mr Sharon is only letting go of Gaza to strengthen Israel´s grip on the much larger Jewish settlements in the West Bank.
     
6   Gaza after Israeli disengagement”, por Martin Asser, en BBC (Gran Bretaña), 21 de agosto de 2005.

But seeing is believing when it comes to the Israel-Palestinian peace process. And Ariel Sharon will have another priority after the withdrawal –fighting off the challenge of Binyamin Netanyahu for control of the Likud party or forming a new centre bloc to fight elections next year. Then there is the other plank of his unilateral disengagement policy –consolidation of settlement blocs in the West Bank and East Jerusalem.
     
7   Free at last”, por Amos Oz, en Yediot Ahronot (Israel), 21 de agosto de 2005.

The evacuation of Gaza Strip settlements is not just a struggle over the question of the future of the territories. At the very core, the pullout is the first big battle on the question of religion and state.
     
8   Gaza pullout displays new scars among Palestinians and Israelis”, por Sterven Erlanger, en The New York Times (EEUU), 22 de agosto de 2005.

There is also a problem with the generation of settler youth born in the West Bank after the 1967 war. Some members of that generation see the state of Israel and its laws as less valid than the words of their rabbis, and some of them were prepared to fight with the police and the army in ways the Gaza settlers themselves were not.
     
9   The Gaza withdrawal and the dismal future of Israel-Palestinian relations”, en Stratfor (EEUU), 18 de agosto de 2005.

Israel´s intentions are clear: disengage completely from the Palestinians while consolidating its hold over settlements in the West Bank to prevent the emergence of a Palestinian state –intentions that obviously clash with the Palestinian armed struggle for independence. The post-withdrawal scenario for both Israelis and Palestinians does no look peaceful.
 
Volver ó índice



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/09/2005
Fernando Pol


Subir