| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
As eleccións municipais celebradas o 7 de agosto en Venezuela
constituíron a décima convocatoria electoral dende que o presidente Hugo Chávez chegara ao
poder en febreiro de 1999. E a súa décima victoria. Este proceso estivo marcado pola posibilidade
dunha alta abstención, tradicional neste tipo de comicios no país suramericano, e pola convicción,
tanto nas filas oficialistas como opositoras, de que a fórmula política do presidente bolivariano,
o MVR-UVE, gañaría sen dificultades. De feito, a coalición electoral obtivo un 80% dos cargos
municipais a nivel nacional. Segundo cifras do Consello Nacional Electoral, os índices de abstención
ubicaronse nun 69,7%, un 6% menor das derradeiras eleccións municipais do 2000. Pero este alto índice
reflicte unha mestura de esgotamento, apatía e incluso rexeite por parte dos cidadáns, ante a naturaleza
do debate político e da propia clase política venezuelana,, tanto simpatizante do goberno como da
oposición.
O domingo 7 de agosto, Venezuela asistiu ao décimo proceso electoral dende que Hugo Chávez obtivera
o poder tralas eleccións de decembro de 1998. Nesta oportunidade, a convocatoria consistiu na elección
de 5.596 concellais e dirixentes veciñais entre 38.757 candidatos de 906 partidos políticos e grupos
de electores diferentes, nun universo de 14,3 millóns de votantes.
Estes comicios coincidiron co aniversario do triunfo do presidente Chávez no referendo revogatorio de agosto
de 2004. Nesa oportunidade, a convocatoria electoral superou o 76% da participación cidadán, a máis
alta na historia republicana venezuelana. Pero, nesta oportunidade, os comicios municipais amosaron un panorama
totalmente distinto.
O escenario político estivo dominado pola posibilidade dunha alta abstención, que tamén foi
reclamada coma mensaxe e arma política por diversos sectores da oposición. A pesar do elevado gasto
público e privado na campaña electoral, esta non puido movilizar masivamente a un electorado que
amosa sinais de certo desgaste. En Venezuela, os comicios municipais tradicionalmente foron dominados pola abstención:
nos derradeiros comicios, celebrados no 2000, elevarase a un 76,7%.
Nesta ocasión, o tema da abstención foi a “estrela” do proceso comicial e motivo de diversas controversias
nun país que aínda amosa fortes sinais de polarización socio-política entre os simpatizantes
do “chavismo” e as forzas opositoras. Os contrarios a Chávez amosaron a súa xa tradicional división
de opinións, xa que algunhas forzas opositoras chamaban ao electorado a votar e outras non.
As cifras definitivas facilitadas polo Consello Nacional Electoral anunciaron unha abstención de 69,7%,
menor comparada coa do ano 2000, pero un índice moi elevado. A agrupación civil opositora Súmate,
abertamente a favor da abstención por considerar que en Venezuela non existen os mecanismos electorais necesarios
para un voto libre e transparente, afirma que a abstención chegou a un 78%.
Independentemente do alto índice da mesma, o resultado electoral confirmou a hexemonía da fórmula
política do “chavismo”, o Movemento Quinta República, que nesta oportunidade completou a súa
coalición coa agrupación Unidade de Vencedores Electorais. A fórmula MVR-UVE, coloquialmente
catalogada como “as morochas”, obtivo un total do 80% dos cargos municipais e parroquiais a nivel nacional, accedendo
ás alcaldías das principais cidades do país, da capital Caracas ao resto do país. Tan
só o MVR obtivo o 58% dos concellais en todo o país, 1.383 cargos dos 2.389 en liza. Sen embargo,
algúns sectores da base “chavista” amosaron a súa disconformidade coa fórmula de elección
dos candidatos, que beneficiou a candidatos nomeados directamente pola cúpula, en contra dalgúns
dirixentes sociais.
Obviamente, estes resultados provocaron unha nova debacle para as forzas opositoras, aínda que os altos
índices de abstención reflictiron unha dobre lectura política non menos acertada: a percepción
dun clima de agotamento no electorado, unha realidade preocupante para o futuro da revolución bolivariana
e para os partidos de oposición. En realidade, a mensaxe política de ambos non calou na maioría
do electorado venezuelano.
Con estes resultados, a realidade política en Venezuela amosa sinais contraditorias. A hexemonía
política de Hugo Chávez semella consolidada de cara ás decisivas eleccións lexislativas
de decembro de 2005 (para modificar a Asemblea Nacional) e as presidenciais de decembro de 2006. Pero o país
aínda se manifesta perigosamente polarizado e a abstención actúa como factor de erosión
en contra dos intereses do goberno de Chávez e dos diversos (e, en moitos casos, divididos) partidos da
oposición.
De feito, o aparente escaso interese polas novas sobre as eleccións municipais demostrouse coa cobertura
doutros eventos, relativos á imaxe internacional da revolución “chavista”, que foron reflictidos
dun xeito mais importante polos medios internacionais. Un día despois dos comicios, o presidente Chávez
anunciou a suspensión da cooperación antidrogas coa estadounidense DEA (Drug Enforcement Agency),
acusándoa de “conspiración e boicot” contra o seu goberno.
Ese mismo día, Chávez inaugurou en Caracas unha xuntanza internacional coa mocedade, onde expuso
o seu modelo do “socialismo do século XXI” e reclamou a intensificación da “loita contra o imperialismo
estadounidense”. Inmediatamente, e dentro da súa activa axenda internacional, Chávez iniciou unha
xira polos países membros do MERCOSUR (Brasil, Arxentina, Uruguai e Paraguai).
O presidente venezuelano asiste a un momento de certo esplendor, principalmente no escenario rexional. A súa
mensaxe revolucionaria traspasa fronteiras mentres a economía nacional, basada principalmente nos altos
prezos do petróleo e o elevado gasto fiscal das “misións” sociais, creceu un 7,9% no primeiro semestre
do ano e pode quedar nun 6% para o final do 2005. Isto reflicte unha considerable recuperación tralos amargos
momentos do 2002 e 2003, coa paralización da industria petroleira e os controis fiscal e cambiario. Pero
moitos analistas estiman improbable que o crecemento poida manterse nos próximos dous anos, de seguir o
actual modelo económico e non apostar por unha maior apertura, principalmente no sector petroleiro.
En canto á dirixencia da oposición, atópanse sinais diverxentes, propias do dilema sobre cómo
afrontar a popularidade de Chávez e potenciar outros liderazgos. Algúns sectores apostan pola moderación,
outros concentran as súas forzas en radicalizar posicións mentres outros estiman que a abstención
consiste nun importante sinal de “desobediencia civil”, aducindo a súa disconformidade cus poderes electorais
“suxeitos ao poder oficialista”.
Queda por comprobar se a abstención, o resultado mais resaltable das eleccións municipais, pode ser
unha manifestación de que a sociedade venezuelana rexeita o actual nivel de debate político, a natureza
da súa clase dirixente e a efectividade dos seus organismos electorais. De ser asi, poderianse estar demandando
novas alternativas e enfoques. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“La abstención
chavista”, editorial en Tal Cual
(Venezuela), 8 de agosto de 2005.
Esta abstención es la traducción
político-electoral del goteíto frente a Miraflores, de grupos populares identificados con el chavismo,
que exigen satisfacción de sus reivindicaciones o reclaman la incapacidad del gobierno para atenderlos.
Muy bueno el discurso del presidente, se dice la gente, pero queremos verle el queso a la tostada. Ayer se oyó
el tañido de una sonora campana. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Una
jornada impecable, un sabotaje previsible”,
editorial en Temas
Venezuela (Venezuela), 9 de agosto de
2005.
Del proceso electoral que culminó
ayer rescatamos como positivo, entonces, el que se trata de un salto adelante (uno más) en este arduo invento
nuestro, que es a la vez aprendizaje, llamado Revolución en paz y en democracia; este proceso es tan sólido
que ni siquiera una alta abstención es capaz de desestabilizarlo. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Cuando la gente se pone brava”, por Carlos
Blanco, en El Universal (Venezuela), 9 de agosto de 2005.
Lo que ocurrió el domingo es una
expresión de una descomunal reacción cívica: ha sido la conciencia ciudadana en acción
que no fue dirigida por ningún grupo o líder sino que fue una vasta coincidencia civil (...) La sociedad
civil, sin una dirección reconocida, se enfrentó a todo el sistema político oficial, tanto
del gobierno como de la oposición electoral. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Desnudemos ahora a la oposición”, por Pablo
Aure, en NoticieroDigital
(Venezuela), 8 de agosto de 2005.
Si el discurso de los que llaman a votar
es para que se desnude al régimen, con la abstención le estamos quitando el disfraz a los que han
venido negociando con el gobierno, traicionando a los electores. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Abstencionistas
buscan votos”, por Earle Herrera,
en El
Mundo (Venezuela), 8 de agosto de 2005.
De esta genialidad táctica también
deberán convencer a los halcones gringos, algo más que monitores de esta dual oposición. Estados
Unidos pretende que no se participe en ninguna elección para deslegitimar al gobierno y desestabilizar al
país, pero son demasiados los que aspiran a ser diputados y muchos más los que sueñan con
la candidatura presidencial de 2006. |
| |
|
|
| 6 |
|
“¿Y
después de ayer qué?”, por
Armando Durán, en El Nacional
(Venezuela), 8 de agosto de 2005.
Un régimen que, si bien aún
no está acorralado ni mucho menos, emprende ahora un verdadero calvario. En primer lugar, para rescatar
el respaldo de su gente, alienado por la disparatada gestión del gobierno de Chávez. En segundo lugar,
para ofrecerle a la oposición electoralista suficientes caramelos para que siga colaborando. |
| |
|
|
| 7 |
|
“Alta abstención en las elecciones de Venezuela”, por Ludmila
Vinogradoff, en Clarín (Argentina), 8 de agosto de 2005.
Ni el discurso del presidente Chávez
fue suficiente para motivar a los votantes apáticos, por lo que la abstención siguió siendo
alta. Chávez, contraviniendo normas de no hacer proselitismo político ni intervenir en los temas
electorales, acaparó los medios con una rueda de prensa imprevista e improvisada. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Nuevos
triunfos, nuevas tareas”, por Vladimir Villegas, en El Nacional
(Venezuela), 09 de agosto de 2005.
Lo cierto es que de este proceso emerge
una clarísima fuerza municipal identificada con los cambios que impulsa en Venezuela la revolución
bolivariana. La presencia mayoritaria de concejales y miembros de juntas parroquiales identificados con los objetivos
de fortalecer la democracia participativa y hacer más transparente y eficiente la gestión de los
representantes populares, es motivo de satisfacción pero a la vez obliga a dar una clarinada de alerta. |
|