| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
Se ben a morte do rei Fahd garante a continuidade da dinastía
saudita que goberna a totalidade da estrutura do poder neste país, as dúbidas e a incerteza se impoñen
pola rivalidade entre o sucesor príncipe Abdullah, de 82 anos, e o seu medio irmán, o príncipe
Sultán, de 77 anos. A lonxevidade dos seus principais gobernantes, a ríxida estrutura de poder arredor
dos clans familiares e o incipiente proceso de reformas democráticas, fan do país un aliado necesario
pero inseguro para Occidente. Para EEUU semella imperativo a estabilidade dun reino ameazado polo “salafismo” fundamentalista
e que, como principal atractivo, constitúe a primeiro exportador mundial do crú, posúe unha
cuarta parte das reservas mundiais de petróleo e é un aliado clave na guerra contra o terrorismo
de Al Qaeda e os seus movementos afíns.
Aliado clave de EEUU e Europa occidental pola súa hexemonía petroleira e o feito de ser o berce de
integristas e movementos afíns a Al Qaeda, Arabia Saudita transita por un sendeiro plagado de incertezas.
A morte do rei Fahd, aos 83 anos, constitúe un fait accompli practicamente anunciado dende que, en 1995,
fora recluido en palacio polos seus problemas de saúde. Dende entón, o protagonismo e a responsabilidade
do gobernar recaeu no seu medio irmán e herdeiro, o príncipe Abdullah, hoxe con 82 anos.
A importancia do goberno de Abdullah amosa unha perspectiva diferente para os sauditas desde o 11-S de 2001, e
non só polo feito de que 11 dos 19 terroristas que cometeron os atentados en Nova York e o propio Osama
ben Laden sexan de orixe saudí. A península arábiga é o berce do fundamentalismo “salafista”
que impregna a ideoloxía dos simpatizantes dos movementos afíns á complexa estrutura de Al
Qaeda e dende alí expandiuse polo mundo musulmán, co apoio oficial dos gobernantes sauditas e do
propio rei Fahd. Neste sentido, a monarquía saudita alentou un problema que hoxe non sabe como resolver.
Do mesmo xeito, a ideoloxía oficial relixiosa do reino saudita é o “wahabbismo”, unha interpretación
rigorosa do Islam fundamentada nas tradicións tribais e de clans que conforman a estrutura social do país.
Este escenario revela un complicado panorama que entorpece calquera intento de reforma e apertura democrática.
Se o factor do fundamentalismo relixioso semella imperativo, o escenario petroleiro non é menor. Arabia
Saudita é o principal exportador de crú no mundo e, especialmente, cara os EEUU e Europa. Posúe
tamén as principais reservas polo que, a pesar de ser un membro fundador da OPEP, a política enerxética
saudita está íntimamente limitada ás esixencias dos principais consumidores e á súa
necesidade de proveerse dun petróleo barato. Velaí a razón das constantes xuntanzas entre
Abdullah e os mandatarios estadounidenses, especialmente George W. Bush, nos derradeiros anos. Polo tanto, a estabilidade
do reino é peza fundamental na política exterior estadounidense.
Nesta perspectiva, ¿qué futuro agarda a Arabia Saudita trala morte do rei Fahd? Se ben a continuidade
da dinastía saudita semella garantida, a avanzada idade do príncipe Abdullah, coas súas lóxicas
e previsibles complicacións en materia de saúde, auguran tempos tumultuosos que aumentarán
coa puxa polo poder dentro da casa de Al Saud.
É unha realidade a rivalidade entre Abdullah e o seu medio irmán, o príncipe Sultán,
de 77 anos, que tamén ocupa o cargo de ministro de Defensa. Esta rivalidade revela certa distorsión
no sistema de sucesión herdado polo fundador do reino, Abdel Aziz al Saud, e a puxa de clans familiares
dentro da dinastía, coas súas consabidas intrigas palaciegas, o que determinará gran parte
do futuro político do reino.
Outros factores aparecen tamén como ineludibles. A preponderancia dunha poboación moza (60% dos sauditas
teñen menos de 18 anos), con cada vez mais escasas alternativas políticas e económicas, e
os cada vez mais elevados índices de desemprego, auguran situacións conflitivas. Segundo Said K.
Aburish, coñecedor da dinastía saudita, tralo príncipe Abdullah a figura máis popular
no reino é Osama ben Laden, polo que se pode conformar unha situación perigosa por estar a dinastía
saudita no punto de mira de Al Qaeda. Algúns analistas aventuranse a comparar a situación actual
do reino coa ocorrida na veciña Irán nos tempos da dinastía Pahlevi.
Outro escenario que deberá acometer o novo rei Abdullah é o das reformas democráticas e a
apertura social e política nun país sinalado como un dos mais represivos e violadores dos dereitos
humanos. Tralo 11-S, as presións internacionais, especialmente dende Washington, cara a dinastía
saudita para implementar unha liberalización social son cada vez mais fortes, aínda que a monarquía
recea dos presumibles cambios pola mais que probable perda de privilexios e da hexemonía absoluta. A diferencia
da veciña Kuwait, as recentes eleccións municipais sauditas, onde votaron só os homes, expresou
con toda crudeza, ese deficit democrático.
No que atinxe ás relacións con EEUU, moi estreitas no período do rei Fahd, agora pódese
abrir unha nova etapa. No momento do seu nomeamento como primeiro ministro en 1995, o príncipe Abdullah
foi recibido con certa frialdade na Casa Branca pola súa presunta posición nacionalista e menos proclive
a satisfacer de boas a primeiras os intereses estadounidenses. Sen embargo, Abdullah amosou un claro sentido do
pragmatismo que reforzou esa dependencia de Washington. En 1998 permitiu a apertura da industria petroleira saudita
cara as multinacionais. E dende o 11-S, Riyad revalidou a súa condición de praza importante para
a nova política exterior do presidente Bush.
Con Abdullah na xefatura do Estado, Arabia Saudita camiña cara tempos de definición. O período
do rei Fahd amosou unha perda de peso xeopolítico e influenza do reino saudita cara o mundo musulmán,
a pesar de que Fahd se autonomeara persoalmente en 1986 comp o “Gardián dos Santos Lugares”. Se ben o rei
Fahd impulsou iniciativas para a resolución do conflito palestiniano-israelí e avogou pola defensa
dos musulmáns, dende Bosnia ata Afganistán, non puido superar as profundas divisións políticas
do mundo árabe e islámico.
Neste sentido, a súa privilexiada relación con EEUU, especialmente tras permitir a entrada e permanencia
de soldados estadounidenses en solo saudita na guerra do Golfo de 1991, exacerbou ese rexeitamento da hexemonía
saudita dentro do mundo árabe. E o escenario no convulsionado Oriente Medio non augura momentos de relaxación:
Iraq atópase nunha prolongada encrucillada mentres Irán acaba de reanudar o seu programa nuclear,
considerado por Washington como a principal ameaza rexional para a estabilidade e a seguridade. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“El fin
de una época”, por Said
K. Aburish, en La Vanguardia
(España), 2 de agosto de 2005.
El problema de la sucesión, la consiguiente
lucha por el poder y las conflictivas relaciones con Estados Unidos tienen lugar en un momento de abierta insurgencia
de extremistas fundamentalistas islámicos contra la casa saudí (...) En Arabia Saudí, la alternativa
a Abdullah es la figura sorprendentemente popular de Ossama Bin Laden. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Long-term worries over Saudi Arabia”, por Paul
Reynolds, en BBC
(Gran Bretaña), 1 de agosto de 2005.
The uncertainty surrounding the Saudi future
has lent some distance to relations with Washington. The US had to move its Middle East headquarters from Saudi
Arabia to Qatar for the war in Iraq, such was the sensitivity of the US military presence. |
| |
|
|
| 3 |
|
“After Fahd, Abdullah. But then?” en The Economist
(Gran Bretaña), 1 de agosto de 2005.
Despite the new ruler´s cautious distancing
of Saudi Arabia from American foreign policy and the security services´ success in containing the militant
threat, King Abdullah may find that it has become no easier to reconcile his country´s pro-Western external
policy with its internal alliance to a largely anti-Western Muslim clergy. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Courageous king with a vision”, editorial en Gulf News
(Emiratos Árabes Unidos), 2 de agosto de 2005.
Saudi Arabia, and the rest of the world,
may have lost in King Fahd´s sad demise a leading statesman yesterday. But they surely gained a new leader
with the vision and the will to lead the country in these critical times. |
| |
|
|
| 5 |
|
“A
la espera del cambio generacional”, por
Ángeles Espinosa, en El País
(España), 2 de agosto de 2005.
El sistema de contrapesos por el que se
gobierna el reino dificulta los cambios radicales. Las fabulosas riquezas del petróleo se distribuyen en
el tejido social a través de un peculiar entramado de intereses que encabezan distintas ramas de los Al
Saud. |
| |
|
|
| 6 |
|
“Rivalries may yet emerge in a complex succession”, por Steve
Coll, en The Washington Post (EEUU), 2 de agosto de 2005.
Saudi dissidents express hope that fissures
among these factions will finally break the royal family´s remarkably long and resilient hold on power. The
Royal family members do not trust each other (...) It might go on for a year or two, but it has to come to a point
of clash. |
| |
|
|
| 7 |
|
“King Fahd”, editorial en ArabNews Online
(Arabia Saudita), 2 de agosto de 2005.
His resolve to use all means at the Kingdom´s
disposal to further the cause of peace and unity was not confined to Palestine or the Middle East. It went beyond
regional borders –to Afghanistan, Sudan, the Horn of Africa, the Phillippines, Indonesia and so on. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Après
Fahd”, editorial en Le Figaro (Francia), 2 de agosto de 2005.
La Maison des Saoud parvient à cacher
ses divisions dans le secret très bien gardé de ses palais. On dit toutefois que le noveau monarque
entretient une sourde rivalité avec son demi-frère et héritier, le prince Sultan, devenu,
à la mort de Fahd, le chef du clan des Sudairi, les sept fils de la favorite Hassa al-Sudairi. Le roi Abdallah
devra en tenir compte. |
|