Actualidade Exterior / nº 162-15/2005 de 18 de xullo Volver ó índice
Brasil, Lula e a corrupción
 
 
Presentación

     
    Cruzado o limiar da metade do seu mandato e preparando no horizonte a reelección presidencial en 2006, a polémica arredor da corrupción parece afectar seriamente ao goberno de Lula da Silva. Dende que un incómodo escándalo de subornos explotou, as denuncias non fixeron mais que medrar, involucrando a pezas clave do gabinete presidencial e da dirixencia do Partido dos Traballadores (PT). Pese a todo, o presidente Lula mantén aínda un elevado nivel de aceptación popular, pero as expectativas comezan a debilitarse.

As acusacións de subornos foron realizadas polo semanario Veja, sinalando como responsable a Roberto Jefferson, presidente do Partido dos Laboristas de Brasil, membro da coalición gobernamental. Foi acusado de ser o xefe dunha rede de subornos que envolveu a deputados oficialistas que supostamente recibiron 10.000 euros ao mes para que aprobaran as leis presentadas polo Executivo. O epicentro do escándalo sitúase no departamento de Correos, outorgado por Lula a Jefferson.

Para Lula, o grave do asunto estriba en que o poder xudicial se decida a impulsar un proceso de destitución presidencial. Argumentan que o caso semella moito ao que obrigou ao ex presidente Fernando Collor de Mello a dimitir en 1992. De feito, o goberno impediu que se levara a cabo unha investigación por parte dunha comisión parlamentaria, optando por destituír a toda a dirección de Correos. Dos 91 deputados do PT na cámara baixa, 14 firmaron a petición de autorizar a investigación.

A situación se agrava cada vez mais. Os últimos meses foron prolíficos en manifestacións de división na coalición gobernamental e o propio PT, partido que sempre tivo por estandarte a ética, a loita contra a corrupción e a xustiza social. Moitos sectores internos acusan ao presidente de conveniencia cos sectores conservadores e de lentitude nas reformas.

Con este panorama, a globalizada economía brasileira padeceu os embates da crise: o dólar revalorizouse, o crecemento económico trimestral para o 2005 foi menor do esperado, 0,3%, e a Bolsa de Sao Paulo rexistrou baixas ganancias. Neste estado, motor económico nacional, a unión de empresarios alertou sobre a posibilidade dunha recesión.

¿Aprécianse fisuras na revolución iniciada por Lula? A pesar dos escándalos, a súa posición sigue sendo solidamente vantaxosa, pero non garante unha vitoria contundente nas presidenciais, a celebrar a finais de 2006. De feito, as demandas por implementar unha “revolución social” máis profunda, arrecian co paso do tempo. A multitudinaria marcha convocada polo Movemento dos Sen Terra (MST) ata Brasilia a mediados de maio, para esixir unha maior redistribución das terras e a reubicación de familias campesiñas, demostrou que a posición política de Lula pode comezar a debilitarse por onde máis lle doe: os movementos sociais.

O MST considera que as 59.000 familias reubicadas ao ano son poucas, comparadas coas 66.000 reubicadas polo goberno anterior, e esixen melloras para 430.000 familias ata o final do período de goberno. Outro aspecto ten que ver cos asasinatos de activistas rurais: 39 foron asasinados o ano pasado.

Se ben organismos financeiros como o FMI aplaude na xestión de Lula, outras opinións proveñen de algunhas investigacións realizadas por organismos foráneos. O Comité contra a Discriminación Racial da ONU recomendou ao goberno de Lula o fin das desigualdades que afectan aos afrodescendentes, os mestizos e os indíxenas, sobre todo en materia de emprego, salarios e falta de acceso a cargos políticos. En Brasil está hoxe en marcha un debate que pon en cuestión o mito da igualdade racial brasileira. De igual modo, un estudo do IPEA coloca a Brasil no penúltimo lugar entre 130 países en canto a distribución da renda.

Sería inxusto adxudicar estes indicadores á responsabilidade directa do actual goberno, pero dan a entender a enorme dimensión dos retos a afrontar para alcanzar a revolución social pretendida polo presidente brasileiro e anhelada pola maior parte da poboación. A ano e medio das presidenciais, o ambiente político comeza a caldearse.
     
     
Índice

     
1   Crise política não afeta popularidade de Lula, diz CNT/Sensus”, en Correio Web, 12 de xullo de 2005.

O estudo mostra, entretanto, que para a população o presidente Lula não está diretamente ligado aos esquemas de corrupção. Para 35,4% dos entrevistados, a corrupção está vinculada à Câmara dos Deputados. Outros 31,2% disseram que a corrupção está ligada ao PT e apenas 12% a atrelaram ao presidente Lula.
     
2   O PT e o ‘impeachment’ de Lula”, por Milton Temer, en Jornal do Brasil on line, 12 de xullo de 2005.

Tudo o que vem ocorrendo, no entanto, é de exclusiva responsabilidade da cúpula partidária, muito especialmente de sua tendência majoritária. Foi mais realista que o rei, na transformação do partido em correia de transmissão da administração pública. Seria até compreensível a ampla coalizão partidária de governo -já em si, espúria e inaceitável, para quem conhece um mínimo da história do PT-, em nome de uma suposta governabilidade. Inadmissível é que o PT se apresentasse como o vetor mais conservador dessa coalizão. A conseqüência inevitável não poderia ser outra: a contaminação pelas práticas que antes condenava e denunciava.
     
3   El abrazo de oso de Fernando Henrique Cardoso”, por Emir Sader, en ALAI, 12 de xullo de 2005.

Fernando Henrique Cardoso (FHC) aconseja Lula no presentarse a la reelección. Podría pensarse que saca experiencia de su propio –y aún más desastroso que el primero– segundo mandato. Pero no. La única autocrítica fue la de haber dado poca importancia al tema de la seguridad. (Su correligionario, el gobernador de São Paulo parece dar más importancia al sistema de castigo juvenil FEBEM, a las matanzas y a la situación de la seguridad pública en el Estado).
     
4   El PT de Brasil anuncia proyecto de vigilancia contra actos de corrupción”, en La Jornada (México), 11 de xullo de 2005.

El directorio del PT designó por un período de dos meses a Tarso Genro nuevo presidente del PT, en sustitución de José Genoino, quien el sábado renunció para facilitar la investigación de su presunto involucramiento en la serie de actos de corrupción descubiertos desde el 6 de junio pasado.
     
5   Las denuncias en Brasil no paran ni con la renovación en el partido de Lula”, por Eduardo Davis, en Estrella Digital, 11 de xullo de 2005.

Dos revistas y un diario se hacen eco del enriquecimiento que ha logrado un hijo del presidente brasileño desde que su padre llegó al poder, hace dos años.
     
6   Argentina y Brasil luchan contra su destino”, por Alejandro Gómez, en Miami Herald, 10 de xullo de 2005.

Más allá de sus coqueteos para la platea con Castro y Chávez, Lula insertó al Brasil en las finanzas internacionales y fue bien recibido por los organismos internacionales, siempre exigentes de disciplina fiscal. Conservó buena parte de su popularidad y comenzaba a planear su reelección cuando la onda expansiva de la bomba detonada por el diputado Roberto Jefferson llegó al Palacio de Gobierno.
     
7   From bad to worse”, en The Economist, 9 de xullo de 2005.

Mr da Silva does not seem tempted to resort to economic populism, which would anyway risk angering voters who value low inflation as much as faster economic grow. But the PT’s moderate wing, to which Lula belongs, risks losing control of the party in internal elections due in September.
     
8   Brasil: Crisis política”, por Pep Valenzuela, en Argenpress, 13 de xullo de 2005.

Con los casos de corrupción, reales o ficticios, todavía no hay sentencias ni de parte del poder Judicial ni tampoco de las comisiones parlamentarias de investigación que se han creado, la oposición u oposiciones han encontrado el punto donde concentrar ataques y críticas, por más forzado que pudiera ser o parecer.
     
9   Bribery scandal now a crisis for Brazil's president”, por Monte Reel, en The Washintong Post, 21 de xuño de 2005.

Perhaps it's lucky for Lula that the election isn't today. The economy was sluggish before the scandal broke, and in a survey released two weeks ago, about 45 percent of Brazilians responded negatively when asked to evaluate Lula's administration. But few in Brazil are writing off Lula. The one-time lathe operator has built an unlikely political career out of overcoming obstacles and defying expectations. Although his personal approval ratings have fallen for three consecutive months, polls show he would trounce any of a number of possible presidential contenders.
     
10   Presidente del PT, otra renuncia en Brasil”, en Granma Internacional, 9 de xullo de 2005.

La crisis política brasileña impulsada por la oposición y la derecha para debilitar al gobierno y al presidente Luiz Inacio Lula da Silva, cobró hoy otra víctima: el presidente del Partido de los Trabajadores (PT), José Genonino.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/07/2005
Fernando Pol