Actualidade Exterior / nº 161-14/2005 de 4 de xullo Volver ó índice
Irán: Presidenciais 2005
 
 
Presentación

     
    Preto de 47 millóns de iranianos com mais de 15 anos (a idade mínima para votar) foron chamados a escoller entre o antigo Presidente Akbar Hachemi Rafsandjani, un relixioso moderado, e o alcalde de Teherán, Mahmoud Ahmadinejad, un laico ultraconservador. Este resultou finalmente eleito presidente de Irán, cunha vantaxe sorprendente, obtendo case o 62 por cento dos votos. O 38 por cento restante foi para Rafsanyani. Na primeira volta, celebrada o 17 de xuño, este último quedara en primeira posición cun 21 por cento, por diante do agora gañador, que obtivera un 19 por cento.

Rafsanyani contaba co apoio dos reformistas mentres que Ahmadineyad era sobre todo popular entre os grupos relixiosos e os sectores económicamente menos favorecidos. A victoria electoral de Ahmadineyad parece representar o final do periodo reformista en Irán, que comezou en 1997 cando asumiu o poder o actual presidente sainte, Mohamed Khatami.

Os dous candidatos defendían camiños opostos para Irán, compartindo un mesmo reto: a necesidade de superar a crecente perda de credibilidade dos electores, en especial dos mais novos, nas institucións da República Islámica. Rafsandjani, coñecido polo seu pragmatismo, apostaba pola moderación política e unha aproximación a Occidente, en canto Ahmadinejad presentábase como valedor do regreso aos valores do Islam, a loita contra a pobreza, e a resistencia ás presións externas.

Aínda que a prioridade do novo goberno sexa a economía e os problemas sociais, as relacións con EEUU, dificultadas con esta elección, estarán na axenda política dos próximos meses, aínda a pesar de que Teherán non teña realmente necesidade de establecer vínculos diplomáticos con Washington, como salientou o candidato elixido. Bush acusa a Irán de apoiar o terrorismo internacional e de perseguir a adquisición da bomba atómica. O balance final para Washington, que criticou as condicións do proceso electoral, resulta especialmente adverso e augura mais tensión en Oriente Medio.
     
     
Índice

     
1   Iraníes eligen a líder de línea dura”, en BBC Mundo.com, 25 de xuño de 2005.

Con casi la totalidad de los votos escrutados, Ahmadinejad obtuvo el 61% de las preferencias del electorado frente al moderado ex presidente Akbar Hashemi Rafsanjani que contabilizó 35%.
     
2   El sistema político iraní”, en BBC Mundo.com, 25 de xuño de 2005.

El complejo e inusual sistema político iraní combina elementos propios de una teocracia islámica moderna con otros democráticos.
     
3   Un halcón islámico en la presidencia de Irán”, en Deutsche Welle, 26 de xuño de 2005.

El sorpresivo triunfo del integrista alcalde de Teherán en las elecciones presidenciales iraquíes es el principal tema de comentarios en la relativamente escasa prensa europea dominical.
     
4   Un ultraconservador aferrado a los principios de la Revolución Islámica”, en Estrella Digital, 27 de xuño de 2005.

Sin partido político que lo respalde, Ahmadinayad ha cimentado su victoria en la fama de hombre honesto y recto, fiel a los principios de la revolución y defensor de los pobres, que se ganó como regidor de la capital del país.
     
5   El nuevo presidente de Irán dice que la paz y la moderación guiarán su gobierno”, en Estrella Digital, 27 de xuño de 2005.

El ultraconservador Ahmadineyad seguirá con el programa nuclear con fines pacíficos y basará las relaciones con Estados Unidos en el “respeto mutuo”.
     
6   Irán, sin intención de mejorar relaciones con EEUU”, despacho de Xinhua, 27 de xuño de 2005.

Irán “realmente no necesita” restablecer relaciones con Washington después del rompimiento de hace un cuarto de siglo, dijo, y agregó que “Irán está en una vía de progreso y elevación, y realmente no necesita a Estados Unidos en esta vía”.
     
7   Iran’s Victor Urges Unity in Wake of Vote”, por John Daniszewski, en Los Angeles Times, 27 de xuño de 2005.

With Ahmadinejad as president, the regime may cohere around a single fundamentalist ideology. Many fear a rollback of freedoms.
     
8   We won’t give up nuclear effort, says Iranian leader”, por Robert Tait, en The Guardian, 27 de xuño de 2005.

The British government has been dismayed by the election result, seeing it as a setback for its efforts along with France and Germany to secure a compromise.
     
9   La perspective d’une détente entre Téhéran et Washington s’éloigne”, en Courrier International, 27 de xuño de 2005.

La question américaine n’est plus dans l’agenda. Le message du régime et des électeurs, c’est que les problèmes intérieurs sont plus urgents.
     
10   La guerra de agresión de EEUU contra Irán ya ha comenzado”, por Scout Ritter, en Webislam, 23 de xuño de 2005.

Pero los hechos hablan de otra agenda, la de la guerra y de la eliminación por la fuerza del régimen teocrático, que actualmente tiene las riendas del poder en Teherán.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/07/2005
Fernando Pol