Actualidade Exterior / nº 160-13/2005 de 20 de xuño Volver ó índice
Intifada no Sáhara
 
 
Presentación

     
    A rebelión estudiantil na localidade de Al Aaiún no Sáhara occidental e a posterior represión por parte das autoridades de Marrocos, coloca a problemática saharaui novamente na dinámica da confrontación directa entre a monarquía alauita e a Fronte Polisario, tralo conxelamento das negociacións diplomáticas e a reconfiguración xeopolítica na rexión do Maghreb. Deste xeito, preséntase o peor escenario posible dende o fin da guerra en 1991.

As partes involucradas intentan retomar a iniciativa política. O rei de Marrocos, Mohammed VI, ven desenvolvendo un intenso labor diplomático cara España, Francia e EEUU, para asegurala soberanía marroquí na antiga colonia española. Pero tamén o reino alauita reforza a súa política de intolerancia: a recente expulsión de Marrocos de parlamentarios e periodistas españois revela as intencións de Rabat de non permitir alternativas de diálogo e negociación directos. Pola súa banda, a Fronte Polisario atópase nunha delicada situación, produto dun semi-illamento internacional e a detención de varios dos seus líderes. Tan só Alxeria manifesta un apoio directo e público á causa saharaui, debido tamén á presenza do campo de refuxiados saharauis en Tinduf. Este escenario provocou agrias diverxencias entre Alxeria e o seu viciño Marrocos, parcialmente solventadas tralo derradeiro cumio árabe en Alxer. Sen embargo, a recente mensaxe de felicitación do presidente alxerino, Abdelazez Bouteflika, á Fronte Polisario polo seu aniversario, reactivou o clima de conflictividade diplomática.

Pola súa banda, as Nacións Unidas atópanse nunha situación de letargo. A misión militar da MINURSO no Sáhara occidental foi prorrogada en abril por seis meses mais, pero o “plan Baker II”, xestionado para garantir un posible referendo no Sáhara, non avanza e mesmo hai quen o considera desfasado ante a negativa marroquina a aceptalo e a posibilidade de que a Fronte Polisario retome a loita armada.

Se ben os outros actores do conflito, España, Francia e EEUU, manifestaron o seu apoio ao “plan Baker”, os imperativos xeopolíticos e económicos acercan as súas posicións ás de Marrocos. Washington considera a Rabat un firme aliado na loita antiterrorista. Ademais, o descubrimento de petróleo nas augas do Sáhara occidental atrae ás petroleiras americanas e francesas e limita a busca dun acordo. Do mesmo xeito, e a través da Unión Europea, Madrid e Paris negocian con Marrocos unha apertura das súas augas internacionais para a pesca europea, trala ruptura do acordo asinado en 1999. Ante este panorama, as aspiracións soberanistas do pobo saharaui enfrontan un obstáculo complexo e poderoso.
     
     
Índice

     
1   Sahara: Des ennemis de trente ans”, por Dominique Lagarde, en L'Express (Francia), 16 de xuño de 2005.

En realité, ni le Maroc ni le Polisario ne sont prêts à accepter un référendum qu´ils ne seraient pas assurés de gagner (...) Soutenu par l´Algerie, le Polisario, de son côté, exige toujours un référendum d´”autodetermination”. Il espère de celui-ci puisse déboucher sur l´indépendence du territoire. Alors, de temps à autre, la polémique enfle entre Algers et Rabat, qui s´acussent mutuellement d´être responsables de l´impasse.
     
2   Des Sahraouis très entourés”, por Baya Gacemi, en L'Express (Francia), 14 de xuño de 2005.

Le fait que le Sahara Occidentale soit une ancienne colonie espagnole et les conditions dans lesquelles les Marocains en ont pris possession expliquent sans doute que les ONG espagnoles soient aujourd´hui au premier rang des donneurs d´aide.
     
3   La situación de El Sahara”, por Inocencio Arias, en 20minutos (España), 14 de xuño de 2005.

España está en una delicada posición. De clara partidaria del Plan Baker ha pasado a desear congelarlo. Lo que produce satisfacción en Marruecos y estupor e irritación entre el Frente Polisario y en Argelia.
     
4   El Sáhara que sólo existe en Rabat”, por Paula Lego, en Agencia de Información Solidaria (España), 3 de xuño de 2005.

Los incidentes del Al Aaiún de la pasada semana son la última demostración de esta visión sesgada. La mayor revuelta saharaui desde 1999 según diversas fuentes, que dejó decenas de heridos, fue transformada por las autoridades locales en pequeños incidentes propios “del clima de libertad y democracia” en Marruecos.
     
5   Sahara, el Quijote y Massignon”, por Diego Camacho, en Western Sahara-Sahara Occidental, 13 de xuño de 2005.

A Marruecos siempre le ha interesado presentar a los saharauis como secesionistas, para de ahí identificar sus acciones con el terrorismo y poder así ejercer una labor mediática eficaz en los países mencionados.
     
6   Què està passant al Sàhara occidental?”, por Salvador Pallarès-Garí, en Western Sahara-Sáhara Occidental, 13 de xuño de 2005.

Aquesta població, la del Sàhara Occidental ocupat, té el privilegi mundial de viure a l´únic país rodejat endash -migpartit- per un mur, amb mines antipersona, i tancs (made in Spain) I, a la costa, tenen unes patrulles internacionals de vigilància hispano-marroquines. L´espai aeri del Sàhara Occidental és controlat per l´exércit espanyol.
     
7   A people rises up”, editorial en La Tribune (Alxeria), 2 de xuño de 2005.

But Algeria cannot decide in the place of a people that wants to speak out freely, without pressure, following the total alteration of the voter lists and following the separation of the good Sahrawi wheat from the chaff, which was introduced since the 1975 Green March and through all the stages of population colonization aimed at altering the social map of the Western Sahara.
     
8   A new Sahara uprising?”, en Friends of Western Sahara, 26 de maio de 2005.

Supporters of the protests noted that the demostrations roughly coincided with the 32nd anniversary of the founding of the Western Saharan independence movement, the Polisario Front (...) This week´s protests were met with harsh reprisals from Morocco´s occupational security apparatus.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/06/2005
Fernando Pol