Actualidade Exterior / nº 159-12/2005 de 6 de xuño Volver ó índice
Europa: de “non” en “non”
 
 
Presentación

     
    O contundente rexeitamento á Constitución europea nos referendos francés e holandés coloca practicamente en “punto morto” o texto constitucional e abre unha etapa de incerteza sobre a viabilidade da integración na forma expresada dende Bruxelas. Do mesmo xeito, e segundo a evolución do voto dos cidadáns franceses e holandeses, ambas consultas revelan as deficiencias dos gobernos europeos á hora de posibilitar un debate plural sobre a Europa que se espera construír e amosa un preocupante distanciamento entre a mensaxe dos cidadáns e dos seus líderes políticos.

Tal e como anunciaban as enquisas, en ambos países a participación electoral foi elevada (71% en Francia e 62% en Holanda) o que demostrou un renovado interese popular polo referendo. O voto negativo francés situouse no 54,6%, mentres en Holadan chegou ao 63%.

Varios son os factores que explican esta resposta popular en dous países fundacionais da Comunidade Económica Europea, pero as razóns do “non” en Francia e Holanda non foron exactamente idénticas. Se ben ambos referendos expresaron a repulsa cidadá cara os seus respectivos gobernos, o centrodereita de Jacques Chirac en Francia e o demócrata-cristián de Jan-Peter Balkenende en Holanda, a percepción sobre a Constitución europea foi diferente nos dous países. Os franceses votaron contra unha Constitución na que advirten unha perda da soberanía e de peso político do país dentro de Europa. Pola contra, en Holanda, o “non” tivo un carácter contrario, xa que os holandeses consideran que a Constitución europea reforza o poder do eixe franco-alemán. Comparten unha perda de confianza e temor cara o futuro.

Existen analoxías en canto ao apoio e o rexeitamento por parte das formacións políticas. No lado do “non”, unha ampla e variopinta amalgama de partidos e movementos sociais de esquerda e dereita uniron as súas forzas, se ben en moitos casos por separado. Tanto en Francia como en Holanda, faccións do partido Socialista, como a de Laurent Fabius, os sindicatos, os movementos antiglobalización como o Attac e o de José Bové, os trotskistas, a ultradereita de Jean-Marie Le Pen e do holandés Pym Fortuyn, os católicos e a “dereita dura” de Dominique de Villiers. No lado do si, os respectivos gobernos de Chirac e Balkenende, con apoio institucional dende Bruxelas e das dirixencias oficiais dos partidos socialistas europeos.

Tamén é patente en ambos casos, a existencia dunha sensación de temor ante a ampliación europea cara o Leste, a posible inclusión de Turquía, a inmigración, o presunto carácter “ultraliberal” da Constitución (affaire Bolkestein engadido), as deslocalizacións e a competencia externa, tanto estadounidense como asiática.

En Francia a derrota do “sí” xa cobrou a primeira víctima política, o ex primeiro ministro Jean-Pierre Raffarin, substituído por Dominique de Villepin, un estreito aliado de Chirac. Pero o referendo francés foi tamén, e quizais dun xeito máis decisivo, un test de cara ás eleccións presidencias do 2007, onde Chirac ve seriamente comprometidas as súas esperanzas dun novo mandato. O principal beneficiario da crise francesa é Nicolás Sarkozy, o político máis popular neste momento e principal rival de Chirac na dereita francesa. Pola súa banda, a disputa na esquerda revela tamén un posible pulso electoral entre Françoise Hollande, líder do PS, e o disidente, Laurent Fabius.

No marco político europeo, o referendo francés inaugura unha etapa de incerteza e reacomodos. Quedan 14 países por votar, sexa pola vía parlamentaria ou referendaria, e xa se auguran votos negativos nos referendos en Dinamarca e Gran Bretaña. Neste sentido, o cumio europeo do 16 de xuño deberá deseñar o novo camiño a percorrer.

Do mesmo xeito, e tomando en conta a perda de peso político e confianza popular na Alemaña do chanceler Gerhard Schröder, a derrota de Chirac debilita o eixe franco-alemán dentro de Europa. Isto pode colocar a opción “atlantista” europea nun momento particular para os partidarios do “sí”, especialmente para Tony Blair en Gran Bretaña e os novos membros da UE procedentes do Leste. Sen embargo, alén das declaracións catastrofistas sobre o futuro, o “non” francés e holandés ben podería abrir unha necesaria vía de debate plural e social sobre a necesidade dun cambio nesta Europa en permanente estado de construción.
     
     
Índice

     
1   L'impasse”, por Jean-Marie Colombani, en Le Monde (Francia), 31 de maio de 2005.

Si l'on veut trouver du mérite à ce triste non, alors il faut dater du 29 mai 2005 la fin d'un consensus français attaché à ce que rien ne change. Cesser de se bercer de l'illusion d'un idéal français, que l'Union européenne aurait le grand tort de ne pas adopter, voilà à quoi nous invitent ce référendum et le dèbat qui la précédé.
     
2   Varied reasons behind Dutch 'no'”, por Stephen Mulvey, en BBC (Gran Bretaña), 2 de xuño de 2005.

France and Netherlands in 2005 clearly have some things in common, including poorly performing economy and a deeply unpopular government (...) Some, on the other hand, have been the opposite –French voters lamented their country's diminishing power, while Dutch voters were more likely to complain that the big countries, mainly France and Germany, were too strong, and would become stronger under the constitution.
     
3   Le prix du non”, por Aléxis Brézet, en Le Figaro (Francia), 30 de maio de 2005.

Le paradoxe serait qu'au lendemain d'un scrutin, perdu certes, mais où elle a su préserver son unité et conserver la confiance de son électorat, la majorité parvienne à gâcher, par ses querelles, l'extraordinaire avantage qui est désormais le sien sur un PS coupé de sa base et dechiré comme il ne l'a jamais été.
     
4   Fear and rejection”, por David Brooks, en The New York Times (EEUU), 2 de xuño de 2005.

Western Europeans seem to be suffering a crisis of confidence. Elections results, whether in North Rhine-Westfalia or across France and the Netherlands, reveal electorates who have lost faith in their leaders, who are anxious about declining quality of life, who feel extraordinarily vulnerable to foreign competition –from the Chinese, the Americans, the Turks, even the Polish plumbers.
     
5   Bruxelles à la recherche du plan B”, por Jean Quatremer, en Libération (Francia), 29 de maio de 2005.

Cette fois, le message est clair: on doit en rester lá et éviter de titiller rattrapé les peuples avec una Constitution. Autrement dit, c'est un stop à l'Europe et non une envie d'aller plus loin.
     
6   El seísmo francés”, editorial en La Vanguardia (España), 30 de maio de 2005.

Los principales partidos de gobierno, ayer el socialista y hoy el chiraquista, han asumido la construcción europea, pero han caído en el error de atribuir las culpas de sus males a Bruselas. Sus reticencias a acometer las reformas de fondo, bien sea en el mercado laboral, la seguridad social o la liberalización de servicios, no han impedido que los miedos franceses a la pérdida de soberanía y a la globalización ganaran adeptos.
     
7   Segundo 'no'”, editorial en El País (España), 2 de xuño de 2005.

Tanto en Francia como en Holanda ha habido un claro voto de castigo al gobierno de turno. En Holanda también ha contado el rechazo al incremento de la inmigración (...) Y si los franceses tienen miedo a una Europa que no controlan, los holandeses temen que esta Constitución les reste peso político e influencia, algo que ya ocurre. Además, la consideran insuficientemente democrática.
     
8   A severe crise d'identité”, en The Economist (Gran Bretaña), 28 de maio de 2005.

The enlargement of the EU to 25 has been painful for the French, who feel their voice diluted, their language threatened, their vision challenged and their jobs at risk (...) Furthermore, running through the referendum campaign is a parallel race for the 2007 presidential election. The French know that personal political interests overlie national ones.
     
9   Intelligence Brief: European Constitution”, por Michael A. Weinstein, en The Power and Interest News Report (EEUU), 31 de maio de 2005.

The defeat of the referendum on the European constitution in France reveals that the drive of the Western European political class to transform the EU into a power bloc has, at least in the short term, reached its limits.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/06/2005
Fernando Pol