| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
A confusa rebelión ocorrida na localidade uzbeka de Andijan
e as manifestacións anti-estadounidenses na veciña Afganistán suxiren un escenario de convulsión
e inestabilidade no corazón de Asia Central, especialmente no Val de Fergana, unha rexión estratéxicamente
importante polas súas reservas en petróleo, gas natural, ouro e algodón, así como un
escenario onde o islamismo crece como alternativa ideolóxica en medio de rexímenes autoritarios,
herdeiros do sistema soviético.
A experiencia das “revolucións” en Xeorxia, Ucraína e Kirguizistán, aparentemente influídas
polos intereses occidentais no antigo espazo soviético, determinaron boa parte do tratamento informativo
e das análises sobre os acontecementos en Uzbekistán, onde a confusión informativa non deixa
coñecer a realidade dos eventos. Do mesmo xeito, as manifestacións en contra do goberno de Hamid
Karzai en Afganistán e a súa alianza con EEUU, provocadas trala información, posteriormente
retractada, polo semanario estadounidense Newsweek, de inxurias contra o Islam na prisión de Guantánamo,
revelan un escenario delicado para dous gobernos, o de Karzai en Afganistán e o de Islam Karímov
en Uzbekistán, aliados de Washington e Londres na “guerra contra o terrorismo”.
En Uzbekistán, a rebelión na localidade de Andiján (fronteiriza coa cidade kirguiza de Osh
onde, en marzo pasado, comezou a revolución contra o réxime de Akáyev) foi revestida por un
velo informativo por parte do réxime de Karímov. Fontes oficiais calculan en 30 os mortos e en decenas
os feridos, pero os escasos organismos e axencias internacionais informan de máis de 500 mortos e centenas
de feridos. Isto evidencia unha cruel represión gobernamental por parte dun réxime acusado de practicar
a tortura contra a disidencia pero que comparte unha alianza militar con EEUU e o Reino Unido.
Non é doado coñecer se, detrás dos acontecementos de Andiján, anda a man do islamismo
radical, tal e como afirma o presidente Karímov. O principal grupo islamista opositor, o Movemento Islámico
de Uzbekistán (Hizb-ut-Tahrir, acusado de ter relación con Al Qaeda) rexeitou a súa participación
nos acontecementos. Neste caso, semella unha realidade que a rebelión foi dirixida por diversos grupos opositores,
algúns islámicos, contrarios ao autoritarismo de Karímov. Sen embargo, outros ven a man da
intervención estranxeira, especialmente dende EEUU e Europa occidental, tal e como acontecera en Xeorxia
e Ucraína, coa finalidade de cercar a Rusia e China no espazo euroasiático.
O caso afgano é tamén relevante, polo posible descontento popular ante Karzai e a súa alianza
estratéxica con Washington. Tampouco aquí semella claro se as manifestacións antiestadounidense
tiveron que ver coa reactivación dos grupos talibáns. Como no caso uzbeko, o descontento popular
pode estar gañando terreo en Afganistán. Isto suxire serias interrogantes sobre o futuro de Asia
Central e dos intereses xeopolíticos e económicos locais e estranxeiros. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“El polvorín
uzbeko”, editorial en El Mundo
(España), 15 de maio de 2005.
No se trata de un acto aislado sino sólo
del más grave de los últimos años en la república más poblada, de las más
pobres a pesar de su riqueza en recursos naturales y con el Ejército más fuerte de Asia Central (...)
Todo ello ante la complicidad de EEUU y del Reino Unido, que desde el 11/S disponen de bases militares en el país. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Ahora,
Uzbekistán”, editorial en El País (España), 14 de maio de 2005.
En el caso de Uzbekistán, la chispa
de la protesta es la represión sistemática de un islamismo ocasionalmente militante, que no comulga
con la versión única apadrinada por el Estado. Islam Karímov mantiene encarcelados a miles
de disidentes políticos y los grupos proderechos humanos denuncian el generalizado uso de la tortura en
sus prisiones. |
| |
|
|
| 3 |
|
“El
agujero de Asia”, editorial en La Vanguardia (España), 15 de maio de 2005.
En cualquier caso, la última explosión,
a las puertas de Afganistán es un problema añadido para Washington, que pretende democratizar la
zona pero que, al mismo tiempo, es aliado del dictador uzbeko, que le ha permitido disponer de una base militar
que fue vital en la guerra afgana contra el régimen talibán y Al Qaeda. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Afghanistan:
What is fueling the anti-US demostrations?”, por Amin Tarzi,
en Eurasianet (EEUU), 13 de maio de 2005.
Which countries in Afghanistan´s neighborhood
oppose the development of a long-term US-Afghan partnership –if such a thing is indeed accepted by both states´leaderd
and by the Afghan parliament? Or, who has lost power since Karzai´s victory in October´s presidential
elections? If a clear answer can be found to these questions, then perhaps the true identity of those fueling the
demostrations in Afghanistan would also be known. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Karzaï veut apaiser la colère antiaméricaine”, por Marie-France
Calle, en Le Figaro (Francia), 16 de maio de 2005.
L´Afghanistan vient ainsi de vivre
ses plus violentes manifestations antiaméricaines despuis la chute du régime taliban, à l´automme
2001 (...) En clair, le président afghan ne semble guère convaincu du caractère spontané
des manifestations de la semaine passé et se méfie toujours autant de ses voisins, le Pakistan et
l´Iran. |
| |
|
|
| 6 |
|
“The revolution in Uzbekistán's Andijan turns
out to be narcotic”, por Vadim Gorshenin, en Pravda
(Rusia), 13 de maio de 2005.
The USA might try and use the situation
in the impoverished republic to fulfill its evident geopolitical interests. The US administration is gradually
making a sanitary cordon around Russia (the Baltic states, Ukraine, Moldova), trying to change for the teams regime
in Belarus too. Why not trying and forming another enclosure like this, albeit around China? |
| |
|
|
| 7 |
|
“What drives support for this torturer”, por Craig
Murray, en The Guardian (Gran Bretaña), 16 de maio de 2005.
The airbase opened by the US in Khanabad
is not essential to operations in Afghanistan, its claimed raison d´être. It has a more crucial role
as the eastermost of Donald Rumsfeld´s “lily pads” –air bases surrounding the “wider Middle East”, by which
the Pentagon means the belt of oil and gas fields stretching from the Middle East through the Caucasus and central
Asia. A key component of this strategic jigsaw fell into place this spring when US firms were contracted to build
a pipeline to brin central Asia´s hydrocarbons out through Afghanistan to the Arabian sea. That strategic
interest explains the recent signature of the US-Afghan strategic partnertship agreement, as well as Bush´s
strong support for Karímov. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Uzbekistan and the Great Powers: Courting Instability”, por Michael
A. Weinstein, en The Power and Interest News Report (EEUU), 3 de xaneiro de 2005.
Western analysts and Uzbekistan´s
democratic opposition speculate that Karímov fears a Georgian-style Rose Revolution or a Ukrainian-style
Orange Revolution more than is does Islamic revolutionaries. At present, domestic dissent has not reached a level
at which mass direct action against the regime seems likely, but dissent is building and the Islamists have reactivated
their armed struggle. |
|