Actualidade Exterior / nº 157-10/2005 de 9 de maio Volver ó índice
Gran Bretaña: Lexislativas 2005
 
 
Presentación

     
    Por primeira vez na súa historia, o Partido Laborista obtivo un terceiro mandato consecutivo nas eleccións lexislativas británicas do 5 de maio, o que permite ao actual primeiro ministro, Tony Blair, continuar catro anos mais á fronte do goberno. Sen embargo, nesta oportunidade, a victoria electoral de Blair revestiu un significado moi diferente ás anteriores: a súa maioría non foi tan sólida (perdeu 60 escanos parlamentarios) e a puxa electoral estivo marcada pola polémica tralo seu apoio á guerra en Iraq, a falta de credibilidade oficial trala constatación da inexistencia das armas de destrucción masiva nese país e a ausencia dun liderazgo efectivo na oposición.

A diferenza de 1997 e 2001, as lexislativas de 2005 non provocaron unha elevada expectación nin unha masiva asistencia electoral por parte dos británicos, aínda que tampouco foi exactamente un “voto castigo” a Blair. Basicamente, a opinión pública amosaba unha idea xa convencional e xeneralizada de que a victoria de Blair estaba practicamente anunciada. O carismático e polémico primeiro ministro obtivo o seu respaldo popular gracias á boa marcha da economía, ao clima de confianza financeiro e social e a unha imaxe persoal que, a pesar das acusacións de falta de credibilidade, semellou non afectar o suficiente como para merecer un expeditivo castigo nas urnas.

Pero outro é o panorama á hora de analizar o espectro político británico. Unha serie de dúbidas campean sobre a credibilidade de Blair e a capacidade política dos partidos da oposición, especialmente o Partido Conservador e o Liberal Demócrata, orfos dun liderazgo político efectivo e carismático. Tras oito anos no poder, os laboristas lograron afirmar unha alternativa política en torno á figura mediática de Blair, un político novidoso que propuxo unha “terceira vía”, mestura de socialdemocracia, xustiza social e liberalismo. Hoxe, o panorama é sensiblemente diferente: nin o propio Blair se lembra da “terceira vía” como alternativa ideolóxica e política, o seu pragmatismo político ensalza o liberalismo económico, e na súa política exterior, aínda que abertamente europeísta, manifesta unha estreita relación co presidente estadounidense, George W. Bush.

O caudal de manifestacións e demandas contra Blair por parte das familias dos soldados británicos abatidos en solo iraquí ocuparon boa parte do debate público antes das eleccións e permitiron a inclusión de dous destes familiares como candidatos electorais. Do mesmo xeito, o destituído diplomático Craig Murray presentouse aos comicios unha vez criticara a utilización, por parte das autoridades británicas, de métodos de tortura para obter confesións de supostos terroristas en Uzbekistán. Sen embargo, o tema de Iraq semellou quedar arrinconado no pasado e Blair logrou tamén rendabilizar o rápido triunfo militar, ademais da reelección presidencial de Bush en EEUU. O que causou mais irritación social e política foi a énfase de Blair na existencia de armas de destrucción masiva en Iraq.

Os baluartes da victoria laborista se emprazan na solidez da economía británica, con niveis de productividade e crecemento óptimos, unido ao baixo desemprego e a disciplina fiscal que permitiron unha expansión orzamental nas áreas de educación, sanidade e seguridade. Pero a seguridade social é un reto aínda insuficentemente solventado e, para os británicos, o principal problema de interese na actualidade. Outro desafío para Blair será o referendo sobre a Constitución europea, previsto para o 2006. Un rexeite deste tratado constitucional deixaría a Blair nunha delicada situación e, moi probablemente, o fin do seu goberno. Velaí os esforzos indirectos por encumbrar ao seu ministro de Economía, Gordon Brown, como o seu posíbel sucesor.

A pesar todo, o país presenta un panorama social e económico estábel que podería permitir a Blair gobernar cunha considerábel marxe de manobra. Se ben as dúbidas e contradiccións arrombaran este mandato: un gran comunicador ameazado na súa credibilidade política.
     
     
Índice

     
1   Cut down to size”, editorial en The Guardian (Gran Bretaña), 6 de maio de 2005.

Labour´s achievement, though, continues to be built on Conservative failure. The most striking single fact about the 2005 Tory performance is that they have not succeeded in putting themselves in a position to form a credible alternative to Labour –even at a time when Labour has proved itself to be so vulnerable.
     
2   Nobody's triumph”, por Philip Webster, en The Times (Gran Bretaña), 6 de maio de 2005.

So it´s a very mixed picture. Labour are back, but with only half their majority, the Tories have made an improvement but not enough. The Lib Dems have made gains, but from their own point of view, not enough.
     
3   Muted victory for Blair”, por Nick Assinder, en BBC (Gran Bretaña), 6 de maio de 2005.

There was a time, of course, when majority of over 60 would have been seen as a major success for Labour, or even the Tories at their prime time (...) But there will be no getting away from the fact that Mr Blair will now have a far more difficult time than before in getting his programme through Parliament (...) That will only add to the speculation over his leadership.
     
4   Blair makes it three in a row”, en The Economist (Gran Bretaña), 5 de maio de 2005.

A weaker economy, especially if combined with a reduced parliamentary majority, would make it harder for the government to continue vital reforms to the National Health Service (NHS), which Britons consistenly the pollsters is the most important issue facing the country (...) Perhaps a more urgen challenge for a re-elected Mr Blair will be the referendum he has promised to hold next year on the proposed European Union constitution. If Britons vote to reject the document, Mr Blair could be foced out of 10 Downing Street earlier than he would like, and with his work unfinished.
     
5   How long will Blair be there?”, por Bob Roberts, en Daily Mirror (Gran Bretaña), 6 de maio de 2005.

Mr Blair believes he will go on for another full term (...) But few in Westminster think he will be able to survive as PM for that long –with Gordon Brown now poised as his anointed successor.
     
6   Il ‘prezzo’ della guerra”, por Bernardo Valli, en La Reppublica (Italia), 6 de maio de 2005.

Perché Brown, indiscusso autore del successo economico, ha bilanciato gli effetti negativi della guerra impopolare voluta da Blair. E adesso lui, Brown appare in una buona posizione per sostituire Blair, forse prima della fine della legislatura che comincia.
     
7   The Blair polarities”, por E. J. Dionne Jr., en The Washington Post (EEUU), 6 de maio de 2005.

Much of the fire has gone out of the Blair project. But it´s still the right project. And even those who have fallen out of love with Blair know it (...) That´s why Britain´s voters, while reducing Blair´s majority, decided to give him one more chance.
     
8   La voie de Blair”, por Pierre Rousselin, en Le Figaro (Francia), 4 de maio de 2005.

Tony Blair ne serait pas réélu s´il ne s´appuyait sur un bilan remarquable, que ses partenaires en Europe lui envient. Une croissance qui dure depuis plus d´une décennie et qui, à 3,2%, est bien au-dessus de celle de l´Europe continentale, un taux de chômage réduit à 4,7%, une économie dynamique orientée vers l´innovation et la crèation d´emplois, des universités dont la qualité n`a rien à leurs homologues américaines.
     
9   Le feu british”, por Patrick Sabatier, en Libération (Francia), 6 de maio de 2005.

Blair a fracassé, en poursuivant le rêve d´une “relation spéciale” avec les Etat-Unis, son ambition de “placer la Grande-Bretagne au coeur de l´Europe”. Blair in ou Blair out, l´Europe restera sans doute isolée du Royaume-Uni pendant encore un certain temps. Mais les jeunes Européens continueront de répondre à l´appel de Londres. Tant que Londres brûlera.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/05/2005
Fernando Pol