| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
A crise institucional instaurada en Ecuador trala medida adoptada
polo presidente Lucio Gutiérrez de decretar o estado de emerxencia antes as incesantes manifestacións
populares, evidencia un novo exemplo da xa recurrente inestabilidade política e social neste país
andino, con implicacións rexionais, e a debilidade estatal e das elites para solucionar a fenda existente
entre a clase política e a sociedade civil.
A puxa de poderes ecuatoriana presenta a ficción dun Poder Xudicial único, pero amplamente dividido
entre os partidarios do presidente Gutiérrez, principalmente trala súa inédita e unilateral
medida de ampliar a Corte Suprema en decembro pasado, con supostos xuíces afíns e coa finalidade
de posibilitar un cambio constitucional que lle permitira a reelección, e un Poder Lexislativo maioritariamente
contrario ás medidas do presidente e descoñecedor da existencia desta Corte Suprema. A confusión
xudicial ante o que se considera a presenza dunha Corte Suprema de facto non só revela a crise institucional
senón a debilidade do Estado de dereito nun país que, dende 1997, ven sendo gobernado por seis mandatarios,
sen que ningún deles poida completar o seu período.
Do mesmo xeito, o ex coronel Gutiérrez, a quen as enquisas amosan unha popularidade de apenas 7% de aceptación,
é acusado de practicar políticas autoritarias e populistas e de mostrarse impasible ante a corrupción.
Velaí as manifestacións populares en Quito e Guayaquil, as principais cidades, e a inédita
alianza entre a poderosa Confederación Nacional Indíxena, CONAIE, e a clase empresarial. A CONAIE
foi un firme aliado presidencial no 2003, pero rompeu con Lucio, ao igual que o outro movemento indíxena,
o Pachakutik.
Pero existen outras claves. A decisión do presidente da Corte Suprema de suspender os xuízos contra
os ex mandatarios Abdalá Bucaram, Álvaro Noboa e Alberto Dahik, permitiu o regreso destes ao país,
tras varios anos de exilio. Isto foi interpretado pola oposición como unha demostración máis
da corrupción xudicial, amparada polo goberno. O caso máis significativo foi o de Bucaram, quen fora
inhabilitado da presidencia en 1997 por “insanidade mental” e considerado como un populista. Ao seu regreso, Bucaram
prometeu unha “revolución para os pobres”, emulando ao presidente venezuelano Hugo Chávez. Pero son
moitos en Ecuador os que consideran que Bucaram e Lucio (outro admirador de Chávez, aínda que se
afastara recentemente desa imaxe) manteñen unha sutil e estratéxica alianza política.
Pero tamén existen sinais contradictorias. A relación de Gutiérrez co Fondo Monetario Internacional
e EEUU é tamén unha clave importante. A pesar de que os sectores empresariais e conservadores acusan
a Lucio de “populista” e “dictador”, os sectores de esquerda critican a súa política de manter o
sistema de dolarización, cumprir cabalmente os preceptos monetaristas do FMI e albergar unha base militar
norteamericana no marco do Plan Colombia. A rexionalización do conflito colombiano é tamén
un tema preocupante e que afecta directamente ás Forzas Armadas, cunha posición na actual crise que
segue a ser unha incógnita.
No actual panorama, e ante o fracaso dos partidos políticos tradicionais, reaparece o factor da sociedade
civil organizada, aínda que non se vislumbran líderes políticos e sociais claros e cun proxecto
concreto, se ben amosan unha capacidade efectiva para reaccionar ante a crise institucional e política.
A rebelión popular en Ecuador é unha realidade tan efectiva que xa posibilitou a caída do
ex presidente Jamil Mahuad no 2000, tralo alzamento cívico-militar instigado por Lucio Gutiérrez
e a CONAIE. Hoxe, a posibilidade de repetición deste escenario planea tamén sobre a delicada posición
do presidente Lucio Gutiérrez. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Lucio,
entre Chávez y Fujimori”, editorial en El Mundo (España), 17 de abril de 2005.
La trayectoria de Lucio Gutiérrez
se asemeja a la del venezolano Hugo Chávez, de quien se ha distanciado en los últimos meses para
mejorar su imagen (...) La declaración del estado de emergencia en Ecuador durante prácticamente
24 horas ha tenido también muchas similitudes con el autogolpe del peruano Alberto Fujimori. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Indefenso
Ecuador”, editorial en El País (España), 19 de abril de 2005.
Los ecuatorianos están acostumbrados
a todo tipo de desmanes, no en vano el empobrecido país de 13 millones de habitantes ha conocidos seis presidentes
desde 1996. El propio Gutiérrez, elegido por cuatro años a fines de 2002 con el apoyo de los más
pobres, tiene difícil agotar su único mandato. No sólo por la magnitud de la actual crisis
y el hecho de que sólo el 7% de sus conciudadanos le aprueba, sino porque por primera vez se especula con
el apoyo real que tiene en las Fuerzas Armadas, con las que hasta ahora ha contado sin reservas. |
| |
|
|
| 3 |
|
“El fracaso de la clase política”, por Fausto
Segovia Baus, en El Universo (Ecuador), 19 de abril de 2005.
El colapso de este modelo organizativo del
Estado no tiene precedentes. La democracia formal sostiene, de algún modo, a las instituciones, pero los
problemas de fondo subsisten (...) La ortodoxia de los partidos políticos sin democracia está terminado.
El despertar de la sociedad civil es un hecho. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Altibajos del Congreso Nacional”, editorial en El Comercio
(Ecuador), 19 de abril de 2005.
Es positivo que el Congreso haya logrado
superar parcialmente el grave escollo de la Función Judicial y, a lo mejor, por primera vez en los años
de democracia que vivimos tengamos la inteligencia y disposición moral para designar a magistrados profesionales
e independientes (...) Aunque puede corresponder a las anécdotas, lo acontecido el domingo debe ser motivo
de reflexión para lograr mayor seriedad en el trabajo parlamentario. |
| |
|
|
| 5 |
|
“¡Lucio Ilucsi! ¡Lucio fuera!”, por Adolfo
Coronel Illiescas, en La Hora (Ecuador), 19 de abril de 2005.
Sólo una reflexión, si la
consigna de las manifestaciones es para botar al presidente, también lo debe ser para botar la corrupción
y la impunidad, así como para cambiar la historia política del país. Caso contrario, ¿qué
ganaríamos? |
| |
|
|
| 6 |
|
“El fin de la Corte de facto”, análisis en Hoy
(Ecuador), 19 de abril de 2005.
Las movilizaciones que se están realizando
en Quito, a partir del paro provincial de Pichincha, confirman que no tiene futuro el sistema político que
se ha malogrado en 25 años. Han perdido vigencia los partidos, los escuálidos sistemas de representación
y participación y la confianza en las instituciones es prácticamente inexistente. |
| |
|
|
| 7 |
|
“Crisis ecuatoriana”, por Isaac
Bigio, 16 de abril de 2005.
Gutiérrez ha decretado un estado
de emergencia, opuesto por el vicepresidente Palacio y los alcaldes de Quito y Guayaquil. Dicha medida podría
generar un efecto contrario intensificando la protesta y generando un bumerang que podría acabar produciendo
su caída. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Lucio
al lazo”, por Isaac Bigio,
en El
Espectador (Colombia), 19 de abril de
2005.
Bucaram y Mahuad, los dos últimos
presidentes ecuatorianos que fueron electos con alta votación popular, acabaron botados por el pueblo. Gutiérrez
parece que seguirá por el mismo destino que sus predecesores, echado del poder. |
|