Actualidade Exterior / nº 155-08/2005 de 11 de abril Volver ó índice
Eleccións rexionais en Italia: Prodi versus Berlusconi
 
 
Presentación

     
    Nuns comicios marcados pola morte do Papa Xoan Paulo II, as eleccións rexionais italianas do domingo 3 e o luns 4 de abril, amosaron unha contundente derrota para a coalición gobernamental, “Casa das Liberdades”, do primeiro ministro Silvio Berlusconi, e confirmaron, ao mesmo tempo, o avance político electoral do centro-esquerda, encabezado polo ex presidente da Comisión Europea, Romano Prodi, principal detractor do goberno de Berlusconi, sentando un precedente importante de cara ás próximas eleccións xerais do 2006.

O novo panorama político italiano amosa un espectro rexional moi diferente ás derradeiras eleccións lexislativas. Once das trece rexións italianas onde se realizaron os comicios, votaron á coalición Unión, conformada pola maioría dos partidos de esquerda e centro-esquerda. Isto supuso unha severa debacle electoral para a centro-dereita que nas eleccións rexionais e locais do 2000, obtivera a victoria en oito rexións. Hoxe só conserva o poder nas norteñas Lombardía e Véneto, controladas pola ultradereita da Liga do Norte de Umberto Bossi, máis perdendo a importante baza electoral capitalina do Lazio e as industriais norteñas de Liguria e Piamonte.

Do mesmo xeito, e contra prognóstico, o partido neofascista liderado por Alessandra Mussolini, neta do ex dictador, tampouco obtivo un resoante avance electoral. Outro dato a resaltar foi a participación, estimada nun 71%, uns 42 millóns de votantes, unha cifra alta a pesar do clima de luto nacional pola morte do Sumo Pontífice.

O avance do centro-esquerda adianta tamén un máis que probable escenario para as eleccións xerais do 2006: a puxa política entre Romano Prodi e Silvio Berlusconi, unha constante na política italiana do último ano, cando Prodi deixou o seu cargo de presidente da Comisión Europea. Hoxe, Prodi mantén unha clara vantaxe política a teor do actual escenario post-electoral, completamente diferente ao existente no 2001, cando Berlusconi chegou ao poder. Entón, o exitoso empresario que controla a maior parte dos medios de comunicación nacionais, prometeu un novo “milagre económico” italiano, que non foi tal: unha forte caída do 7% nas exportacións, anémicas taxas de crecemento económico (0,2% e 1,2% en 2003 e 2004, entre as máis baixas de Europa), e debacle das emblemáticas empresas Alitalia e Cirio, xunto a escándalos empresariais como o de Parmalat.

Tamén é necesario considerar que o impopular apoio de Berlusconi á guerra de Iraq, que motivou o posterior anuncio da retirada militar italiana, e os seus continuos escándalos xudiciais por cargos de corrupción, minaron a confianza electoral na coalición gobernamental.

Outro factor a considerar é o relacionado coa xa crónica inestabilidade política italiana, o que algúns analistas catalogan como a “arxentinización” do país. Os principiais partidos políticos rexistran unha grave crise de lexitimidade, só aminorada dun xeito superficial pola aparición de novos liderazgos abertamente populistas, dos que Berlusconi, Mussolini e Bossi son os principais expoñentes.
     
     
Índice

     
1   Cavaliere senza partito”, editorial en Corriere de la Sera (Italia), 5 de abril de 2005.

Berlusconi governa, come governa, badando ai soui interessi, andando dritto ai suoi scopi e premiando i fedeli, indifferente o peggio non solo nei confronti dell´opposizione, ma di quialsiasi interlocutore non compiacente?
     
2   L'Italia è cambiata”, por Massimo Giannini, en La Reppublica (Italia), 5 de abril de 2005.

L´opposizione, conquistando la regione della Fiat e della media impresa, infila un cuneo decisivo nel “fronte del Nord”, che Berlusconi aveva blindato insieme a Bossi. Per il Cavaliere e il Senatur sará difficile governare un Paese complesso come l´Italia dalla “ridotta padana” del lombardo-veneto. Questo voto indebolisce anche quell “asse del Nord”, intorno al quale Berlusconi ha costruito i suoi successi e la sua provvista di seggi sicuri.
     
3   Nella Destra inizia la resa dei conti”, por Marcella Ciarnelli, en L'Unitá (Italia), 4 de abril de 2005.

Pero ora Berlusconi ha perso in numero di regioni ma a conti fatti dovrebbe essere evidente che ha perso anche in numero di elettori. L´alchimia matematica che si era inventato è destinata a crollare sotto il voto degli italiani.
     
4   L'effeto Papa non a condizionato il voto”, editorial en La Stampa (Italia), 5 de abril de 2005.

Ancora una volta, si conferma la regola fondamentale del maggioritario: la strategia della copia Prodi-Fassino, quella di un paziente, magari anche estenuante, ricerca della maggiore aggregazione possibile concede il passaporto per la vittoria.
     
5   C'è già di elezioni anticipate”, por Franco Cagnini, en La Nazione (Italia), 4 de abril de 2005.

La consegueze, in termini di deligittimazione del governo in carica, sarebbero devastanti. O comunque tali da indurre a chiedersi se non convegna, per uscirne, ricorrere subito al giudizio d´appello del corpo elettorale con l´anticipo di autentiche politiche.
     
6   Berlusconi, un mauvais manager pour l'Italie”, por Dominique Dunglas, en Le Point (Francia), 5 de abril de 2005.

Berlusconi n´a pas su profiter, en fait, de la lune de miel postélectorale. Au lieu de faire des grande réformes lorsqu´il en avait les moyens politiques, son gouvernement s´est acharné dans un combat pour la réforme de l´obscur article 18 du Code du travail su la réintegration des salaires licenciés injustement et qui ne concernait que quelques dizaines de cas par an (...) Le climat s´est tendu à un point tel que l´on a vu réapparaître des grèves génerales.
     
7   In the voting season”, en The Economist (Gran Bretaña), 2 de abril de 2005.

Italy´s opposition leaders, mostly professionals or academics, must envy Ms. Mussolini the populists skills the so manifestly lack (...) Italy´s socialists and progressive Catholics, its environmentalits and its former communists, all need think hard about whether they really want the help or a woman whose supporters in Milan greeted her earlier this year with loud chants of “Duce, Duce”.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 15/04/2005
Fernando Pol