Actualidade Exterior / nº 154-07/2005 de 28 de marzo Volver ó índice
Francia e a Constitución europea: entre o si e o non
 
 
Presentación

     
    Tralo referendo español, os franceses celebrarán o próximo 29 de maio unha decisiva consulta popular sobre a Constitución europea, pero resaltado na súa trascendencia polo contexto, un panorama confuso e crispado, social e políticamente. A publicación dunha recente enquisa da empresa Ipsos onde, por vez primeira, a opción do “non” acada un 52% de aceptación popular, provoca unha profunda preocupación tanto no goberno de Jacques Chirac como en Bruxelas.

Como un dos piares do proceso de integración europeo, o escenario francés é sumamente importante para analizar a viabilidade do proxecto constitucional comunitario. Diversos temas anegan as discusións políticas e os debates entre a opinión pública francesa. As diverxencias entre as principais figuras políticas e as direccións dos partidos sobre a opción a elixir, é unha realidade ineludible. A esquerda gala atópase dividida, aínda que o secretario xeral do partido socialista, Françoise Hollande, se posicionara a favor do “sí”. Do mesmo xeito, o presidente Chirac e o popular líder da dereitista UMP (e posíbel sucesor de Chirac), Nicolás Sarkozy, manifestan o seu voto positivo. Doutra banda, un dos máis influíntes líderes socialistas, Laurent Fabius, e da dereita, o ex primeiro ministro Jean-Piérre Chevenément, xunto aos principais sindicatos e organizacións sociais, xa fan campaña a favor do “non”.

No debate constitucional europeo en Francia, dous temas cobran tamén relevancia. O primeiro, dun xeito inédito, ten que ver con Turquía e a posibilidade de que este país poida ingresar na Unión Europea. Aínda que o texto constitucional europeo non fai referencia á candidatura turca, este escenario é motivo de candentes debates na opinión pública gala e, salvo Chirac e poucos líderes políticos e sociais, o consenso é case maioritario en contra da admisión turca. Polo tanto, un triunfo do “non” en Francia complicaría o proceso de negociación turco-europeo.

Outra forte discusión suscitase arredor do futuro da Europa social. O presidente Chirac e a clase política francesa presionan para eliminar a denominada “directiva Bolkenstein”, orientada a implementar un proxecto de liberalización dos servizos sociais no marco dunha Europa “con liberdade de movementos”. Isto provocou unha puxa política entre París e Bruxelas, e persoal entre Chirac e o presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso, oposto á eliminación desta directiva.

O “affaire Bolkestein” revela tamén as tensións sociais internas en Francia, a tenor das numerosas manifestacións e folgas das derradeiras semanas, onde sindicatos, estudantes e traballadores protestaron a favor do alza dos salarios, o mantemento da xornada laboral de 35 horas e as axudas sociais. Neste apartado, a economía francesa pasa por momentos preocupantes: o desemprego aumenta, o déficit público supera as previsións do 3% e a produtividade e competividade non melloram.

Todo isto afecta á popularidade dun Chirac que aposta firmemente polo “sí” no referendo, como estratexia electoral que lle permita postularse para a reelección nos comicios presidenciais do 2007. Neste sentido, opoñerse á “directiva Bolkestein” é un mecanismo para dificultar o posíbel triunfo do voto negativo no referendo. Para Chirac e para Francia, o referendo do 29 de maio constitúe unha consulta decisiva.
     
     
Índice

     
1   Pourquoi le non peut gagner”, por Christophe Barbier, Georges Dupuy, Julien Félix, Corinne Lhaïk, Eric Mandonnet e Aude Rossigneux, en L'Express (Francia), 21 de marzo de 2005.

C'est le probléme majeur pour les partisans de la Constitution: le débat se révèle plus que poreux, véritable passoire à arguments. Puisque le traité est obscur, on peut en faire le responsable, la caution ou le catalyseur de toutes les problèmes: Turquie, chômage, délocalisations, etc. Il est alors facile de vendre le non comme un vote á impact hexagonal, un suite à l'année électorale 2004. Le référendum devient “raffarindum”: pour déloger le Premier ministre de Matignon, les régionales et les européennes n´ont pas suffi, mais le 29 mai sera crucial.
     
2   Constitution: le “non” toujours devant”, en Le Nouvel Observateur (Francia), 21 de marzo de 2005.

Le directeur du département opinion d´Ipsos explique cependent que le vote des Français est loin d´être figé. Plus de la moitié (52%) des sondés ont dit ne pas être certains d´aller voter ou n´ont pas exprimé d´intention de vote.
     
3   La gauche entre fractures et schism”, por Michel Noblecourt, en Le Monde (Francia), 19 de marzo de 2005.

Si le réalisme prévaut après le référendum, la gauche pourrait se retrouver pour réclamer ensemble à l´Europe un “traité social”. Après pourrait venir le temps de ce que Jean-Christophe Cambadélis, député (PS) de Paris, appelle une “coalition durable”, dans laquelle les partis de gauche adopteraient une dizaine de propositions communes, chacun gardant son espace d´autonomie. La reconstruction n´effacera pas le schisme européen. Il sera juste, et de nouveau, mis de côté.
     
4   Protest days”, en The Economist (Gran Bretaña), 12 de marzo de 2005.

Given this political atmosphere, the government is keen, ahead of May 29, to avoid anything that even hints at confrontation (...) But confussion remains. For one thing, widespread hostility to Turkey´s entry into the EU is muddling voters: should they reject the Constitution, even though it says nothing about Turkey? For another, the group of rejectionists on the left is growing, starting with Laurent Fabius, the socialists number two.
     
5   Hold-up”, editorial en Le Figaro (Francia), 21 de marzo de 2005.

Alors que le non à la Constitution européenne s´installe dans la opinion publique française, formant une socie cimenté chaque jour un peu plus par le mécontentement social, l´Etat employeur a rendez-vous, cette semaine, avec les syndicats de la fonction publique pour parler salaires.
     
6   Pas de temps de parole pour le non”, por Guy Carcassonne, en Le Point (Francia), 17 de marzo de 2005.

Toutes les forces significatives ayant ainsi accès à la campagne, dans le respect de le représentativité de chacune, les positions qu´elles prendront ne regardent qu´elles et les Français auxquelles elles s´addressent. Ce ne sont pas le oui et le non qui s´expriment. Ce sont des partis qui prennent position, et le font en faveur du oui ou du non, ce qui est très différent.
     
7   Cruxificion”, editorial en Libération (Francia), 22 de marzo de 2005.

Si les Français disaient non à la Constitution européenne, tout indique que Jacques Chirac ne quitterait pas l´Elysée pour aller ruminer son destin dans les landes irlandaises. Mais le chef d´Etat joue gros. L´issue du référendum scellera son règne. Le oui l´emporte et il pourra continuer à nourrir d´un troisème mandat. Le non triomphe et il entrera dans l´Histoire comme le président qui a fait imploser l´Europe.
     
8   Le non monte á Bruxelles”, por Thomas Lemahieu, en L'Humanité (Francia), 21 de marzo de 2005.

Fait nouveau: au fond, de la France au reste de l´Europe, le “non” s´exporte bien, de mieux en mieux, comme moyen crédible d´avancer enfin vers l´Europe sociale.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 24/03/2005
Fernando Pol