| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
Aínda que centrada na actual crise política no Líbano
e nas presións estadounidenses e europeas cara á veciña Siria e Irán, a situación
en Oriente Medio semella transitar pola vía de inesperadas e maiores transformacións xeopolíticas,
dentro do denominado plan do Grande Oriente Próximo anunciado polo presidente norteamericano George W. Bush
a mediados do 2003, tralo remate da guerra en Iraq.
Neste contexto, a situación no Líbano, complicada tralo asasinato do ex primeiro ministro Rafik Hariri
a comezos de febreiro, suxire a posibilidade de expandir aquela idea das “revolucións democráticas”,
estilo Xeorxia e Ucrania, cun inevitable centro de gravidade rexional. O principal propulsor deste proxecto, a
administración Bush, contou coa colaboración europea, especialmente francesa, para presionar ao réxime
sirio de Bashar al Assad na retirada militar do Líbano. Bashar aceptou facelo gradualmente, o que constitúe
un cambio histórico e significativo na política rexional.
Do mesmo xeito, as manifestacións populares en Beirut, moi similares ás ocurridas en Tbilisi no 2003
e en Kiev a finais do 2004, provocaron a caída do goberno do primeiro ministro Omar Karame e manteñen
unha forte presión sobre o goberno de Emil Lahoud para propulsar unha reubicación das forzas políticas
locais. O que se anuncia é un escenario complexo, onde se ubican detractores e partidarios da retirada militar
siria e da finalización da suposta influenza de Damasco nos asuntos libaneses, ata a revitalización
de movementos de grande capacidade sociopolítica como o partido Hezbollah, supostamente vencellado a Siria
e Irán e catalogado por EEUU e Israel como “organización terrorista”. Todo este escenario se atopa
coa dura realidade do delicado entramado étnico, clasista e relixioso libanés, e as secuelas do seu
violento pasado máis próximo.
Sendo agora o Líbano o aparente “centro de gravidade” deste programa de “expansión da liberdade e
a democracia” no Oriente Próximo, en Washington consideran chegado o momento da transformación xeopolítica
rexional, amparado polo evidente feito de ser a principal potencia estranxeira na rexión. A Casa Branca
acadou un importante e tácito consenso ao seu favor en Europa, animada polas non menos complexas e polémicas
transicións en Iraq e Palestina. Outros sinais foron significativos: Exipto anunciou unha inédita
reforma democrática da súa lei electoral, mentres as mulleres puideron exercer o seu dereito ao voto
nas eleccións municipais de Arabia Saudí e Kuwait.
A crise libanesa semella revelar tamén o que, con maior seguridade, serán as prioridades xeopolíticas
norteamericana e europea nos próximos anos: a contención, ou ben desaparición, dos rexímenes
sirio e iraniano, hoxe arrimados políticamente. Ámbolos dous países posúen unha importante
influenza no Líbano e, no caso da comunidade xiíta maioritaria nas sociedades deses dous países,
unha forte influenza rexional, especialmente en Iraq. Velaí, en boa medida, as claves e os retos da estratexia
do Grande Oriente Próximo do Presidente Bush. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Something stirs”,
en The
Economist (Gran Bretaña), 8 de marzo de 2005.
How far reaching is this new spirit? The
Arab world is large and diverse, so there is always a risk of connecting the dots in a way that produces a distorted
picture. One oddity is that Iraq, Palestine and Lebanon –all three of the prime exhibits being used to make the
case for democracy- happen to be under foreing occupation, by America, Israel and Syria respectively. Each is in
many ways a special case. |
| |
|
|
| 2 |
|
“When
History turns a corner”, por Michael Duffy,
en Time (EEUU), 14 de marzo de 2005.
Meanwhile, oligarchies across the region
were pondering the uncertainties of their own restive populations. If Lebanon suggested how suddenly unpopular
regimes could be swept away, it was a fear already uppermost in many minds. So a number of regimes were taking
baby steps toward liberalization, either to consolidate power before real reform or just to buy time. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Poudrière
libanaise”, por Ignacio Ramonet,
en Le
Monde Diplomatique (Francia), marzo de
2005.
Après la guerre d´Irak –et
malgré le désastre de l´occupation et le défaite cinglante aux élections de la
liste soutenue par Washington-, les grandes maneouvres reprennent simultáneament contre les deux autre objectifs
depuis longtemps désignés: l´Iran et son alliée la Syrie, qui constitue sans doute le
maillon le plus faible. Ceux qui ont tué Rafic Hariri savaient-ils qu´ils offraient symboliquement
sur un plateau, à la “communauté internationale”, le destin du régime syrien? |
| |
|
|
| 4 |
|
“What
change”, editorial en Syria Times
(Siria), 6 de marzo de 2005.
The US has not pursued a fair policy, only
duplicity. Bush turns a blind eye to the continuous Israeli occupation, they have always poured fuel on the fires
of civil war, not to mention the US-backed 1982 Israeli invasion which caused many deaths and a lot of destruction
to Lebanon. |
| |
|
|
| 5 |
|
“A new “White Arabism” would help generate liberal
societies”, por Chibli Mallat,
en The
Daily Star (Líbano), 8 de marzo
de 2005.
Perhaps the greatest challenge of White
Arabism will be to review the Palestine-Israeli conflict in the light of new parameters, guided mostly by visions
of federalism and where human rights are no longer regarded passively, but are, instead, seen as a offshoot of
democracy. While the establisment of a Palestinian state appears inevitable in the short to medium term, White
Arabism have far more to offer both Jews and Arabs in Palestine and Israel. |
| |
|
|
| 6 |
|
“An Arabian Spring”, por Christopher
Dickey, en Newsweek (EEUU), 14 de marzo de 2005.
Lebanon, in fact, has emerged as the critical
test for both the administration´s new focus on democracy and Rice´s emphasis on diplomacy. To help
improve cooperation, the saber rattling has been minimal by Bush administration standards. |
| |
|
|
| 7 |
|
“Turkish-Iranian-Syrian
Relations: Limits of Regional Politics in the Middle East”,
por Bulent Aras, en Power and Interest News Report (PINR EEUU), 7 de marzo de 2005.
The second hald of this decade will be difficult
for both the allies and the enemies of the U.S in the Middle East. On the enemy side, the U.S administration poses
serious threats to Iran and Syria. On the ally side, as Turkey recognized in the recent period, they may come to
face with making a choice between their regional interests and U.S regional designs. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Nubarrones
sobre Beirut”, editorial en El País (España), 7 de marzo de 2005.
Aún con todas sus ambigüedades,
el repliegue sirio, de concretarse, vendría a ser una pequeña revolución en Oriente Próximo.
Pero son muchos los intereses que quieren sortear a toda costa su inevitable consecuencia: el aumento del peso
de EEUU en una región crítica. De ahí la ominosa amenaza de enfrentamiento armado entre los
libaneses. |
| |
|
|
| 9 |
|
“Consecuencias
imprevistas”, por Timothy Garton Ash,
en El País (España), 6 de marzo de 2005.
La condición necesaria, aunque no
suficiente, para cualquier política exterior europea es que Gran Bretaña y Francia estén de
acuerdo. Líbano y Palestina son buenos lugares para empezar a discutir lo que, con el tiempo, debería
ser un amplio compromiso histórico entre Londres y París. Ésa sería otra consecuencia
imprevista y positiva de Osama bin Laden. |
| |
|
|
| 10 |
|
“La
retirada siria”, editorial en La Vanguardia (España), 7 de marzo de 2005.
La dinámica creada tras las elecciones
en Afganistán, Palestina e Iraq ha hecho, asímismo, que la presencia siria en el Líbano sea
un flagrante anacronismo (...) La retirada siria del Líbano es también un poderoso incentivo para
que Israel abandone los territorios ocupados en Cisjordania y en la propia Siria. |
| |
|
|
| 11 |
|
“A
wave of Disobedience”, por Volker Windfuhr e Berhard
Zand, en The New York Times (EEUU), 7 de marzo de 2005.
The concept of democratizing the “greater
Middle East”, essentialy abandoned las spring in the face of the horrific news coming out of Iraq, is back. Also
back in favor is the domino theory that holds that the fall of the first Middle Eastern dictatorship will ultimately
result in the fall of all Middle Eastern distatorships. |
| |
|
|
| 12 |
|
“The Autocrat's answer”, editorial en The Washington Post (EEUU), 8 de marzo de 2005.
Once again, Mr. Bush risks appearing to
press for democratic change only where it is convenient for the United States, while issuing a pass to nominal
allies. But if the incipient democratic movement in the Middle East is to gain traction, the United States must
press for change where it matters most –as in Egypt- and not just where it is easiest. |
|