Actualidade Exterior / nº 149-02/2005 de 17 de xaneiro Volver ó índice
Os retos de Abu Mazen
 
 
Presentación

     
    A contundente victoria de Mahmoud Abbas (alias Abu Mazen), nas eleccións presidenciais palestinianas do 9 de xaneiro, levantou amplas expectativas para a reanudación das negociacións de paz co goberno israelí, conxeladas dende o fracaso do cumio de Taba no 2001 e a chegada de Ariel Sharon ao poder meses despois. Paralelo ao triunfo de Abbas, o goberno Sharon obtivo tamén un importante respiro político co ingreso na coalición gobernamental, do ex primeiro ministro laborista Simon Peres, mais proclive ás negociacións de paz, nun movemento necesario para levar a cabo o seu principal obxectivo: o retiro militar israelí de Gaza, previsto para este ano.

O triunfo de Abbas pecha definitivamente unha páxina da historia palestiniana dominada polo recén falecido Yasir Arafat, e abre un novo período marcado pola necesidade de redefinir un panorama político aínda incerto e turbulento. O novo presidente palestiniano, ao igual que o seu antecesor en 1996, obtén a plena lexitimidade por mandato popular: un 65% do 70% dos palestinianos que votaron elixiron a un home que, se ben non posúe o carisma de Arafat, fai da moderación e o rexeitamento da violencia os piares da súa política, aínda que non existen diferencias en canto aos obxectivos e na esencia das demandas. Abbas sempre foi o “número 2” na estructura da OLP e ten experiencia diplomática de negociación con Israel, por participar nos Acordos de Oslo en 1993 e na sinatura da Folla de Ruta en 2003, xunto a Sharon e o presidente estadounidense, George W. Bush.

O significado destas eleccións amosa unha exitosa e pacífica transición política dous meses despois da morte de Arafat e tras mais de catro anos de violenta “intifada”, e constitúe un precedente democrático de grande interese na rexión. O partido Al Fatah revalidou o seu dominio na política palestiniana, aínda que a opción do candidato Marwan Barghouti, preso nun cárcere israelí, quedara relegada momentáneamente co apoio público do seu líder cara Abbas. O principal competidor de Abbas, Mustafá Barghouti (sen vinculación co anterior), obtivo un respetábel 20% do apoio electoral.

Pola súa banda, os partidos islamistas, especialmente Hamás e Yihad Islámica, que controlan un terzo do electorado palestiniano, se ben non participaron nos comicios, coidáronse de non caer na provocación do boicot electoral, precisamente para manter opcións nas decisivas eleccións lexislativas previstas para xullo de 2005, que configurarán o próximo Parlamento palestiniano. Hamás xa saíra fortalecido tralas eleccións municipais de decembro e agora espera ampliar o seu capital político nas próximas convocatorias electorais.

Do mesmo xeito, e a pesar de que os organismos internacionais non rexistraron irregularidades, presentáronse dificultades á hora de votar para milleiros de palestinianos, especialmente os que habitan en Xerusalén-Este, debido aos controis israelís nos rexistros electorais, incluidos os militares a través dos postos de control en Gaza e Cisxordania.

Esta victoria de Abbas é, igualmente, un triunfo para a administración republicana en Washington e o seu aliado israelí, Ariel Sharon. Con Abu Mazen no poder, impoñense os garantes da chamada Folla de Ruta, auspiciada por EEUU, a ONU, a Unión Europea e Rusia. O presidente Bush xa invitou a Abbas a visitar a Casa Branca cando antes negara esa posibilidade a Arafat, a quen sempre acusou de ser o principal obstáculo para a paz. Do mesmo xeito, Sharon amosou a súa intención de comezar negociacións inmediatas con Abbas, pero deixando constancia de que o seu verdadeiro interese é o retiro militar en Gaza e o fin do terrorismo, non da política dos asentamentos israelís nos territorios ocupados.

Abu Mazen ten ante sí numerosos retos, sendo o principal iniciar a “era post-Arafat” entre os palestinianos e reforzar a opción da paz por riba da opción da violencia. Pero nesta tarefa depende, excesivamente, da decidida colaboración israelí e estadounidense, e das súas habilidades para gobernar a un pobo dividido e frustrado.
     
     
Índice

     
1   Reject the rejectionists”, por Ghassan Karam en Arabic Media Internet Network (Autoridade Palestina), 9 de xaneiro de 2004.

The Palestinian people have spoken loud and clear that they reject the rejectionists and that they demand a new start based on hope and honor. Hamas, al Aqsa Brigade, Hizballah and Islamic Jihad, among other groups, have an obligation to abide by and respect the will of the Palestinians voters who have spoken very clearly in favour of a peaceful solution that will put an end to this conflict that dehumanized both sides.
     
2   An Arafat in a suit who means business”, por Danny Rubinstein en Haaretz (Israel), 10 de xaneiro de 2005.

Abu Mazen´s success teaches that, in spite of his lack of the charisma and popularity that Yasser Arafat had, he is an accepted leader and his political position, which calls for negotiation, is also accepted. But make no mistake: he may wear a suit, he may not jump on tables or shout that a million of martyrs will march to Jerusalem, but his demands from Israel are no different than Arafat´s were.
     
3   Bush et Abbas”, editorial en Le Monde (Francia), 11 de xaneiro de 2005.

Dans le conflit israélo-palestinien, le maître du jeu est Washington. De ce point de vue, les premières réactions américaines son encourageantes. “Encouragé”, tel est le terme qu´a d´ailleurs utilisé le président George W. Bush, pour qualifier son état d´esprit en apprenant l´élection de M. Abbas.
     
4   Élections palestiniennes: une occasion rare”, por Yossi Beilin en Le Monde (Francia), 10 de xaneiro de 2005.

Abou Mazen va se retrouver à la tête d´un système sérieusement affaibli, dont l´infrastructure a été presque entièrement détruite au fil des quatre dernières années. On attendra de lui qu´il réhabilite et unisse immédiatement les forces de sécurité palestiniennes et trouve un moyen de mettre au terme aux factions violentes du Hamas et du Djihad Islamique. Si la violence ne cesse pas, il lui sera très difficile de diriger son peuple.
     
5   Geopolitical Diary”, en Stratfor (EEUU), 10 de xaneiro de 2005.

Neither Abbas nor anyone else can negotiate an agreement that eliminates all Palestinian violence against Israel. The most he can deliver is a collaboration with Israel against that violence. It is not clear that he can deliver that and it is not clear that the Israelies can accept that as enough. But it is the very best that is possible at this point. We suspect that it is not enough.
     
6   Voto de esperanza”, editorial en La Vanguardia (España), 10 de xaneiro de 2005.

La oportunidad que se abre para recuperar la hoja de ruta –el plan de paz impulsado por Estados Unidos, la ONU, la UE y Rusia- dependerá, en última instancia, de la actitud de Washington. El presidente Bush, que alentó el boicot a Arafat y dio carta blanca a Sharon, ha empezado a apostar discretamente por la vía reformista de Abbas, en línea con el decidido apoyo que le brinda la diplomacia europea. Pero sólo la presión directa de Bush sobre el Gobierno israelí puede hacer que el camino de la moderación se imponga en ambos frentes.
     
7   President for Peace”, editorial en The Guardian (Gran Bretaña), 10 de xaneiro de 2005.

The new president has a mountain to climb. His first test will be handling the 30% of Palestinians who back Hamas, the islamist group that pioneered suicide bombings, as well as militants of his own Fatah group who find him too moderate. A ceasefire would be a great prize. But his recent use of the phrase “Zionist enemy” was a reminder that he cannot afford to be seen as Israel´s poodle.
     
8   Abbas wins a popular mandate”, en The Economist (Gran Bretaña), 10 de xaneiro de 2005.

Meanwhile, Mr. Abbas and his Fatah party, which has long dominated Palestinian politics, face an increasing challenge from other players –Hamas among them- in municipal and legislative elections spread over the coming months. And he himself could be much weakened within Fatah if he fails to deliver progress by the time of a crucial party congress in August.
     
9   El triunfo de Abu Mazen”, editorial en El País (España), 11 de xaneiro de 2005.

La posición israelí es la de que lo que ahora tiene que hacer Abu Mazen es meter en cintura al terrorismo, para demostrar, bona fide, que quiere negociar la paz, pero nadie añade, como señala sin ambigüedades la Hoja de Ruta de norteamericanos y europeos, que Israel vaya a paralizar el crecimiento y la multiplicación de las colonias en Cisjordania, sin lo que se despoja al nuevo rais de argumentos para obtener de los terroristas de Hamás una tregua que dé margen a comenzar a hablar en serio de paz y retirada.
     
10   After the Palestinian elections”, por Tony Karon en Time (EEUU), 11 de xaneiro de 2005.

Abba´s differences with the militants os his own party is one of strategy and tactics, rather than of principle and goals: Abbas believes armed struggle is counter-productive because it hardens attitudes in Israel and destroys international support for the Palestinian cause. Instead, he believes non-violent tactics and diplomacy are the best route to the objective of a Palestinian state in the West Bank and Gaza.
     
11   Signs of life after Arafat”, editorial en The New York Times (EEUU), 11 de xaneiro de 2005.

The world has long recognized what steps must be taken on the path that began in Oslo; a year ago, Israelis and Palestinians of good will met in Geneva and hammered out an unofficial proposal for a settlement. It calls for two neighboring states with two capitals in Jerusalem, the evacuation of most Jewish settlements and the incorporation of the rest into Israel in exchange for land for Palestine. It also calls for a limit, to be set by Israel, on the number of Palestinian refugees who can settle in Israel, and compensation or resettlement for the rest (...) Getting to the point where such plan is event on negotiating table will also require real political courage from Israel.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/01/2005
Fernando Pol