| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
O ano 2005 figura marcado no calendario para dar paso ao inicio
dunha reforma profunda nas estructuras que conforman a Organización das Nacións Unidas, coincidindo
co 60 aniversario da súa fundación. Esta iniciativa de reforma, xa suscitada trala desintegración
da URSS e o fin da “guerra fría” en 1991, vense manifestando nun momento sumamente crítico para a
ONU, trala súa cuestionada efectividade durante a crise que levou á guerra en Iraq, en marzo do 2003.
Precisamente, é o tema iraquí o principal catalizador da actual crise dentro da ONU e da discusión
sobre a necesidade de reforma. O unilateralismo de Washington e Londres cara a crise iraquí e a posterior
invasión do país árabe, sen autorización expresa do Consello de Seguridade das Nacións
Unidas, deixou ao principal organismo multilateral carente da necesaria marxe de manobra para a resolución
do conflicto, toda vez que o labor dos inspectores da ONU para determinar a tenencia de armas de destrucción
masiva por parte do réxime de Saddam Hussein, fora desacreditado pola administración de George W.
Bush.
Do mesmo xeito, a presunta corrupción dentro do Programa da ONU “Petróleo por Alimentos”, creado
en 1995 para paliar as necesidades dunha poboación iraquí atribulada polo embargo, tamén converteuse
recentemente nunha especie de “cabalo de Troia” para o actual goberno estadounidense, á hora de desprestixiar
a figura do secretario xeral da ONU, Kofi Annan. A razón principal débese á presenza do fillo
de Annan na conducción deste programa polo que, se ben Annan remata o seu mandato no 2006, nos predios da
Casa Branca comezan a traballar para adiantar a súa substitución.
Polo tanto, Annan e a ONU en xeral, atópanse nunha encrucillada histórica. A finais do 2004, o secretario
xeral nomeou unha Comisión de Sabios coa finalidade de redactar as pautas necesarias para iniciar a discusión
das reformas, que deberían ser aprobadas en Asemblea xeral en setembro do 2005. A ONU sobreviviu nestas
seis décadas pero as súas estructuras orixinais, creadas polas potencias vencedoras trala fin da
II Guerra Mundial, vense hoxe superadas pola complexidade do sistema internacional no mundo da “posguerra fría”.
Neste sentido, os 191 membros da ONU coinciden na necesidade de democratizar os mecanismos de decisión e
acción do organismo, enfatizando na esencia do multilateralismo e nas alternativas presentadas pola Declaración
do Milenio, asinada en setembro de 2000.
O principal órgano que presumiblemente verá modificada a súa estructura é o Consello
de Seguridade, principal estructura de decisión. A posíbel ampliación dos cincos membros permanentes
(EEUU, Gran Bretaña, Francia, Rusia e China), podería incluir a Alemaña, Xapón, India
e Brasil, ademais da discusión sobre a inclusión dun membro do continente africano (Nixeria, Exipto
ou África do Sur), a ampliación dos membros non permanentes de 15 a 24 países, e a posibilidade
de eliminar ou extender o dereito a veto.
Se ben a xeopolítica e os intereses das potencias mundiais seguen a influir nas principais decisións
da ONU, a complexidade do mundo do século XXI determina a necesidade de afrontar definitivamente os problemas
sociais, como a pobreza, a exclusión, a defensa do medio ambiente, a provisionalidade dos recursos naturais,
a pacificación dos conflictos e a democratización. O 2005, pois, debe indicarnos se a ONU ten a capacidade
tanto para reformarse como para reformular as alternativas aos problemas mundiais. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Una
reforma para democratizar la ONU”, por Sandro Pozzi
en El País (España), 28 de novembro de 2004.
La reforma es inevitable ante el peligro
de que los países se tomen la justicia por su mano; por eso, las naciones más multilateralistas quieren
mantener el modelo en pie y mostrar que la acción colectiva es viable. |
| |
|
|
| 2 |
|
“El
futuro de la ONU”, editorial en El País (España), 7 de decembro de 2004.
El informe (del Comité de Sabios
para la reforma de la ONU) llega en el peor momento para Kofi Annan, a quien le llueven críticas desde los
sectores más conservadores del Congreso de Estados Unidos y de varios medios de comunicación de ese
país por sus manifestaciones contrarias a la guerra de Irak. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Blueprint for a Better United Nations”, por Nora
Boustany en The Washington Post (EEUU), 15 de decembro de 2004.
The committee presented two proposals to
Annan on changing the Security Council. The first allows for increasing the permanent members from five to 11 but
not giving veto power to the six new countries. In that provision, the number of non-permanent, two-year rotating
members, would be increased from 10 countries to 14. The second proposal, which encountered serious opposition
from four countries –Brazil, India, Japan and Germany- call for maintaining five permanent members but expanding
the number of semipermanent countries, which would be elected for membership every four to five years. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Fighting
for survival”, reporte especial en The Economist
(Gran Bretaña), 20 de novembro de 2004.
Many believe this could be the UN´s
last chance of reforming itself for a very long time. But the question goes far beyond the customary meaning of
“reform”. The principle at stake is whether the world accepts that its armed actions should be governed by commonly
agreed rules of international law. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Courage
to fulfil our responsabilities”, por Kofi Annan
en The
Economist (Gran Bretaña), 4 de
decembro de 2004.
Almost exactly 60 years later, we once again
find ourselves mired in disillusionment, in an all too imperfect world. It is easy to stand at the sidelines and
criticise. And we could talk endlessly about UN reform. But our world no longer has that luxury. The time has come
to adapt our collective security system, so that it works efficiently, effectively and equitably. |
| |
|
|
| 6 |
|
“Last chance saloon for UN?”, por Paul
Reynolds en BBC
(Gran Bretaña), 1 de decembro de 2004.
The report has recommended a historic shift
away from the principle of non-intervention in the internal affairs of a member state unless it was about to or
had attacked another. |
| |
|
|
| 7 |
|
“UN Reform potential”, por Michael
E. O'Hanlon e Omer Taspinar
en The
Washington Times (EEUU), 17 de decembro
de 2004.
Security Council reform should not just
be about political correctness and geographic balance. It should advance those common interests and principles
shared by growing majority of the world´s countries –and desperately needed to guide the building of a secure
international system for the new century. |
| |
|
|
| 8 |
|
“¿Cuáles son las vías legales
para reformar la Carta de las Naciones Unidas?”,
por Carlos Espósito en Fundación para las Relaciones Internacionales
y el Diálogo Exterior, FRIDE (España), 28 de decembro de 2004.
La primera cuestión que hay que tener
en cuenta es que la reforma de las Naciones Unidas no es necesariamente igual a la reforma de su Carta constitutiva.
En efecto, a lo largo de su historia, la Organización ha sido objeto de múltiples reformas de carácter
“informal”, operadas por razones de necesidad práctica y por consenso de los miembros de la Organización. |
| |
|
|
| 9 |
|
“L'affaire
Kofi Annan”, por François Soudan
en Jeune
Afrique-L'Intelligent (Francia), nº
2.293, 19-25 decembro de 2004.
Au fond, lorsque les néoconservateurs
au pouvoir à Washington ont engagé leur offensive anti-onusienne, début 2003, après
le refus du Conseil de Securité de cautionner l´invasion de l´Irak, ce n´était
pas Annan, dont le rôle dans cette affaire a été mineur, qui se trouvait dans le collimateur,
mais l´institution elle-même. Et c´est pour décrédibiliser l´ONU en tant
que telle qu´ils ont choisi le scandale du programme Pétrole contre Nourriture comme cheval de Troie. |
|