Actualidade Exterior / nº 147-28/2004 de 20 de decembro Volver ó índice
A segunda transición en Romanía
 
 
Presentación

     
    A sorprendente viraxe cara o centro-dereita liberal en Romanía, tralo triunfo na segunda volta do alcalde de Bucarest, Traian Basescu, puso fin á hexemonía da socialdemocracia e dos ex comunistas na política romanesa, vixente trala caída de Nicolae Ceaucescu en 1989. Do mesmo xeito, a victoria de Basescu aparece nun momento trascendente cara a futura ampliación do país á Unión Europea.

Precisamente, foi o tema da integración a Europa o dominante da campaña electoral e influiu dun xeito decisivo no resultado: poucos días antes da segunda volta do pasado domingo 12, Bruxelas xa aceptara formalmente iniciar as negociacións de ingreso co país no 2005, coa finalidade de posibilitar a súa inclusión para xaneiro do 2007, xunto á veciña Bulgaria.

Nembargantes, o apretado triunfo de Basescu revela un país polarizado. Na primeira volta do 29 de novembro, o candidato socialdemócrata e oficialista, Adrián Nastase, obtivo un 40,33% dos votos contra 33,92% do seu rival liberal. Aínda que se facía necesaria unha segunda volta, Basescu alegou a posibilidade dun fraude. O domingo 12 de decembro, reverteuse a tendencia: Basescu alzouse coa victoria cun 51,23% contra un 48,77% de Nastase, a quen se consideraba o sucesor do ex presidente Ion Iliescu, o home que dominou a política romanesa dende 1989 ata o 2000, exceptuando o breve período gobernado pola centro-dereita de Emil Constantinescu a mediados dos noventa.

Se ben tanto Basescu como Nastase coincidían nos seus programas na necesidade dunha política europeísta para Romanía, a división sociopolítica do país fíxose patente co voto maioritario a favor de Basescu nas cidades e principais zonas urbanas. A transición romanesa trala caída de Ceaucescu permitiu o ascenso dunha puxante clase media que agora, xunto á mocidade, decantouse polo candidato liberal, coa esperanza de continuar coa vía occidentalizadora mais enfatizando no combate da corrupción, verdadeiro obstáculo para as reformas que demanda Bruxelas.

Mentres tanto, as zonas rurais e as clases sociais mais desfavorecidas, amosaron o seu apoio tradicional a Nastase, convencidos das garantías que supoñían o mantemento do Estado benefactor. Só un dato provocou certa polémica: a ultradereita antieuropeísta enrolada no partido Romania Mare do ex candidato Vadim Tudor, amosou o seu apoio á candidatura de Basescu, aínda que éste xa anunciou que non os incluirá no seu proceso de achegamento aos demais partidos políticos para formar o novo goberno.

As eleccións romanesas tamén constituían un imperativo xeopolítico para a Unión Europea e os EEUU, tomando en conta os acontecementos na cercana Ucraína. Na campaña electoral, Basescu manifestara o seu apoio ao movemento opositor ucrainiano liderado por Viktor Yushenko e, incluso, existiu a posibilidade de que o “efecto ucrainiano” achegárase a Romanía. Do mesmo xeito, o discurso do agora candidato electo amosou unha ambigua mestura de talante europeísta e atlantista: se ben informou que traballará decididamente para o definitivo ingreso rumano no 2007, Basescu tamén declarou que a súa política exterior estaría moi vencellada a EEUU e Gran Bretaña, confirmando con isto a tendencia atlantista da maioría dos países da Europa do Leste ex-comunista.

Deste modo, a elección de Basescu enfatizará na evolución dun país xa membro da OTAN e futuro membro da UE, mentres tamén se confirma a perda de influencia rusa no antigo espazo ex-socialista. Pero o seu reto agora será o combate contra a rampante corrupción, o cumprimento das reformas demandadas dende Bruxelas para o definitivo ingreso na UE, e a formación dun goberno co nivel de consenso político e social necesario nunha sociedade que revelou preocupantes fracturas.
     
     
Índice

     
1   Aire fresco en Rumania”, editorial en El País (España), 15 de decembro de 2004.

Proeuropeo y proestadounidense, Basescu, favorito de los jóvenes y las ciudades y protagonista de un vigoroso discurso al que no es ajeno lo ocurrido en la vecina Ucrania, ha prometido una Rumania “limpia” y una administración apolítica.
     
2   Alternance roumaine”, editorial en Le Monde (Francia), 15 de decembro de 2004.

La tâche qui attend M. Basescu sera rude dans ce pays qui reste le moins avancé des candidats à la UE. Mais cette seconde alternance dans l'histoire de la Roumanie postcommuniste représente aussi une chance pour les Roumains. A eux de la saisir, comme l´ont fait avant elle huit autres pays de l'ex bloc soviétique.
     
3   New era for Romania?”, por Jan Repa, en BBC (Gran Bretaña), 14 de decembro de 2004.

Mr Basescu's electoral success is also said to reflect the emergence of a younger, educated “middle class”, embarrassed by Romania's culture of grant and patronage, and keen to see the country embrace “Western” norms.
     
4   Why has Basescu won?”, por Mircea Dutu, en Nine O'Clock (Romanía), 14 de decembro de 2004.

The youth, the educated persons, and the urban population, meaning the most dynamic segment of the society, that has the biggest responsability for Romania´s integration with Europe, has opted for Basescu. From that perspective, the Democrat leader received the credit of the hope for change, the confidence that the current situation can be overcome through better performances. Will he be able to do it?
     
5   La generación post-Ceaucescu”, por Simón Tecco, en ABC (España), 14 de decembro de 2004.

A pesar de su coqueteo con el electorado de la ultraderecha rumana que cuestiona la integración europea, Traian Basescu se define como europeísta y asegura que la adhesión a la UE durante su mandato continuará siendo el elemento central de la política exterior de su país (...) Si bien inició su carrera política en 1990, es decir, un año después de la caída del régimen comunista, Basescu difícilmente puede ser catalogado como un político de nueva generación.
     
6   Surprise president prepares to take Romania into uncharted waters”, por Ian Traynor, en The Guardian (Gran Bretaña), 14 de decembro de 2004.

The biggest challenge confronting the new government will be getting Romania fit for membership of the EU. It completed negotiations with Brussels last week but has to accomplish far-reaching structural and judicial reforms before joining. It hopes to enter in 2007, along with Bulgaria.
     
7   Le ‘Monsieur propre’ de Bucarest”, por Arielle Thedrel, en Le Figaro (Francia), 14 de decembro de 2004.

N´empêche, son discours, qui flirte sans complexe avec le populisme, s´est révélé payant (...) De fait, la promesse de ce “Monsieur Propre” d´endiguer une corruption endémique a fait mouche auprès des jeunes, des milieux urbains mais aussi des élécteurs de Romania Mare qui ont massivement voté pour lui au second tour.
     
8   Surprise victory for Basescu in Romania”, por Judy Dempsey, en International Herald Tribune (EEUU), 14 de decembro de 2004.

Basescu's victory could mark a significant shift in Romanian politics because it may slowly weaken the grip held by the Social Democrat Party. These former Communists were adept at mixing business, politics, privatization ever since the collapse 15 years ago of the regime led by the dictator Nicolae Ceaucescu, amassing considerable wealth along the way.
     
9   Romania, Bulgaria and EU Dynamics”, en Stratfor (EEUU), 10 de decembro de 2004.

A former Soviet satellites, Bulgaria and Romania remember well –and not fondly- their historical ties to Russia. The EU-Russian schism that has opened in the wake of the Ukrainian elections is one could become more pronounced as more former Soviet countries turn toward Europe for political and economic alliances.
     
10   Romania: Europe's new ‘Sick Man’”, por Michael A. Weinstein, en Power and Interest News Report, PINR (EEUU), 3 de decembro de 2004.

It is reasonable to conclude that the EU's receptivity toward Romania indicates a shift in the organization, which began with the absorption of the other post-Communist states in Eastern Europe, from a community with uniformity of standards to a power bloc with overriding geoestrategic aims. From a geoestrategic perspective, a Romania isolated from Europe could become a source of instability –a breeding ground for organized crime that could spill over into the EU- and possibly a failed state.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/12/2004
Fernando Pol