Actualidade Exterior / nº 146-27/2004 de 7 de decembro Volver ó índice
Ucraína, entre Rusia e Occidente
 
 
Presentación

     
    A crise política en Ucraina tralas acusacións de fraude na segunda volta das eleccións presidenciais do 21 de novembro, presenta unha faciana similar ás anteriores crises en Xeorxia no 2003 e na ex-Iugoslavia no 2000, coas rebelións populares que provocaron as caídas dos ex presidentes Eduard Shevarnadze e Slobodan Milosevic. Nesta ocasión, o candidato opositor e pro-occidental, Viktor Yushenko, logrou mobilizar un amplo contixente de persoas nas rúas para protestar polo que considerou un fraude a favor do candidato oficialista e pro-ruso Viktor Yanúkovich. Neste apartado, Yushenko contou co apoio dos gobernos de EEUU e a Unión Europea, así como a Organización de Seguridade e Cooperación en Europa. As imaxes de vixilia nas rúas, no que se cualificou en Kiev como a “revolución dos castaños”, lembrou as situacións vividas anteriormente en Tbilisi e Belgrado.

A posterior xuntanza do presidente Leonid Kuchma cos dous contendentes, ademais das forzas políticas e militares, e a decisión parlamentaria de instar a repetición das eleccións, permitiu vislumbrar a posibilidade dunha vía de negociación que diminuira a potencialidade dunha crise socio-política que ameaza con desintegrar un país enclavado estratéxicamente entre Rusia e Occidente. De feito, Ucraína foi o escenario dunha silenciosa confrontación entre Moscova, Bruxelas e Washington, o que para algúns analistas significou un retorno das posicións predominantes na época da “guerra fría”.

Ucraína conta cun peso xeopolítico importante. O presidente ruso Vladímir Putin desexa continuar coa política moscovita de influencia nos países do ex espazo soviético, trala perda das repúblicas bálticas (Lituania, Estonia e Letonia), hoxe membros da OTAN e a UE, e contrarrestar a presenza estadounidense no Cáucaso e Asia Central. Nestas duas áreas, Putin iniciou unha activa diplomacia que esperaba pechar ao seu favor coa situación en Ucraína, tendo xa a Belarús como aliado. Velaí que o presidente Putin saudara, con certa precipitación, a inicial victoria de Yanúkovich nos comicios.

Para EEUU e a Unión Europea, Ucraína significa a posibilidade de incluir á maior ex república soviética na súa área de influencia, ademais de ter garantida a súa presenza nun país con amplos recursos naturais e poboacionais. Desde Washington e Bruxelas ansíase a inclusión ucrainiana na OTAN, como “cordón sanitario” para previr unha eventual expansión rusa, ou ben para manter a este país nunha permanente vixiancia. Os inmediatos apoios estadounidense e europeo ás demandas de Yushenko de repetir os comicios revelan tamén esa ansiedade occidental por gañar o pulso a Moscova no escenario ucrainiano. Neste capítulo, o pulso foi perdido inicialmente polo presidente Putin.

Nembargantes, a crise revelou que o país amósase dividido xeográfica e étnicamente, un factor histórico chave para comprender a súa situación actual. O Oeste do país, incluida a capital Kiev, manténse achegado á súa herdanza cultural occidental, manifestada a través da súa inclusión no imperio austro-húngaro e a presenza de comunidade católicas e uniatas (cristiáns ortodoxos que recoñecen a autoridade papal). Pola súa banda, o Este é marcadamente rusófilo, producto da súa proximidade a Rusia e con forte autoridade da Igrexa ortodoxa. Aquí tamén concentrouse a maior parte da industria pesada e metalúrxica do país, icono da era soviética.

A diferencia das crises en Xeorxia e na ex-Iugoslavia, a xanela da negociación en Ucraina non deu paso á caída dun goberno ou réxime, senón á posibilidade de transitar pola vía institucional. Pero non se poden esquecer as semellanzas do sucedido en Kiev co que aconteceu anteriormente en Tbilisi e Belgrado: o principal activo da rebelión ucrainiana foi a mocidade, alistada no movemento Pora, que contou co asesoramente das organizacións Otpor (serbia) e Kmara (xeorxiana), artífices das caídas de Milosevic e Shevarnadze, e todas elas apoiadas por organismos e gobernos occidentais. Deste xeito, o pulso ucrainiano ven precedido pola realpolitik de Rusia e Occidente.
     
     
Índice

     
1   Glimmers of sanity in Ukraine”, editorial en The New York Times (EEUU), 30 de novembro de 2004.

Some of Mr Yanukovich´s supporters began having second thoughts. President Kuchma indicated he would favor elections as a solution to the current political crisis. Mr Yanukovich´s campaign manager, Sergei Tihipko, resigned and urged a new vote. And Mr Yanukovich himself now says he might agree to at least a partial rerun covering Ukraine´s eastern regions.
     
2   Hacia el desenlace”, editorial en El País (España), 28 de novembro de 2004.

Ucrania puede ser el catalizador que defina sin rodeos la hasta ahora ambigua política de la UE hacia Moscú. Los hechos muestran palmariamente que el autoritario Putin ha confundido los legítimos intereses del Kremlin en Ucrania con una inadmisible intervención en los acontecimientos encaminada a torpedear allí la consolidación de la democracia.
     
3   Otra revolución de terciopelo”, por Timothy Garton Ash, en El País (España), 28 de novembro de 2004.

Lo que está en juego no es sólo el futuro de Ucrania, que puede orientarse hacia Europa Occidental y la democracia liberal, o vuelva al autoritarismo y la Rusia de Putin. Es también el futuro de la propia Rusia y, por tanto, de toda Eurasia.
     
4   Ukraine: Prospects for the endgame”, en Stratfor (EEUU), 29 de novembro de 2004.

If Yushenko becomes president, which appears likely, he will face the difficult task of placating disgruntled citizens in eastern Ukraine, which includes the nation´s industrial heartland. This new opposition would have substantial popular support and the backing of many current government officials, who would retain significant influence even out of power.
     
5   Deal-making in Ukraine”, por Peter Lavelle, en Ultimately Thoughts (EEUU), 26 de novembro de 2004.

What could be in the works? Kuchma still holds many strong cards, and it is extremely doubtful he will support the recounting of votes. Still president, he could move to rearrange Ukraine´s political institutions, particularly dismishing the power of the presidency and significantly enhancing the position of parliament. Such plans have been mulled before.
     
6   Ucrania, en la batalla de Eurasia”, por Rafael Poch, en La Vanguardia (España), 27 de novembro de 2004.

Lo que tiene que hacer la Unión Europea es dejar de jugar al noratlantismo y vender en Eurasia una democratización genuina, sin dobles raseros noratlánticos. Contribuir a un mundo viable y democrático, dejando solos a los integristas imperiales en Washington.
     
7   La catástrofe ucraniana de Putin”, por Boris Kagarlitsky, en La Vanguardia (España), 28 de novembro de 2004.

No cabe ninguna duda de que es mucho lo que está en juego en el conflicto político de Ucrania, entre otros para el Kremlin, pero no tiene nada que ver con los intereses nacionales o un enfrentamiento relegado al pasado entre el Este comunista y el Occidente burgués.
     
8   Election results frozen, talks begin”, en The Economist (Gran Bretaña), 26 de novembro de 2004.

The conflict´s eventual outcome remains uncertain. Mr Yuschenko´s supporters have high hopes of something like the non-violent “rose revolution” a year ago in Georgia, another former Soviet state, in wich huge popular demostrations forced the country´s then president, Edward Shevarnadze, to resign following dubious parliamentary elections. Mr Yanukovich and his supporters, in turn, so far show no sign of backing down.
     
9   In a legal limbo”, por Stefan Wagstyl e Tom Warner, en Financial Times (Gran Bretaña), 28 de novembro de 2004.

In any case, the key moves will be made in the political arena. Mr Yushenko´s demands amount to a virtual dismantling of Mr Kuchma´s administrative machine before the proposed election re-run including the dismissal of the primer minister, the cabinet and officials allegedly involved in falsifying last´s week poll.
     
10   The Orange revolution”, por Paul Quinn-Judge e Yuri Zarakhovich, en Time (EEUU), 29 de novembro de 2004.

The Kremlin regards countries like Ukraine, Modova and Belarus as vital buffers between Russia and the West. Like Russian rulers for the past two centuries, Putin “equates security with well-defined zones of interest” (...) Those zones have shrunk in recent years as the Baltic states and Georgia turned sharply toward the West. Putin doesn´t want to see the same apeen in Ukraine.
     
11   Back in the USSR?”, por Reuben F. Johnson, en The Weekly Standard (EEUU), 28 de novembro de 2004.

Unless Moscow is ready to risk international pariah status and send in its own tanks, its campaign to keep Ukraine as a vassal state has failed. The question for Putin and his government now is: What will his own citizens think now that the Ukranian people have shown them the possibility of change through a popular campaign of protest and non-violence?
     
12   Ukraine II: EU's hypocrisy must end”, por Alexander J. Motyl, en International Herald Tribune (EEUU), 26 de novembro de 2004.

Europe is supposed to stand for democracy, human rights, civil society and the rule of law, but EU policies toward Ukraine suggest that Europe is indifferent to democracy –except when supporting democracy is easy and accords with its crude self-interest.
     
13   Comparing roses and chestnuts”, por James Wertsch, en The Moscow Times (Rusia), 29 de novembro de 2004.

Lastly, the Ukrainian and Georgian events differ most strikingly in terms of the breadth of support for the protesters. Even the most optimistic exit polls of the Ukrainian opposition revealed that it enjoyed only a slight majority of the voters. The population was deeply divided along regional and ethnic lines, something that correlated with differences over whether the country should cast its lot with the West or with Russia.
     
14   Ukranian crisis and revival of Cold War sterotypes”, por Vladimir Simonov, en Axencia Novosti (Rusia), 25 de novembro de 2004.

The Chestnut Tree Revolution, which is being enacted in the main square of Kiev, is a replica of the Rose Revolution in Georgia a year ago. In both countries, the young people were the motive force of the events. The Ukrainian youth organization Pora, which is the core of demostrations in Kiev, diligently copying the structure and methods of the Georgian student organization Kmara. It is a fact that the actives members of Pora and Kmara were trained by experienced theoreticians of anti-constitutional coups form the Serbian movement Otpor, which had helped topple President Slobodan Milosevic.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/12/2004
Fernando Pol