Actualidade Exterior / nº 143-24/2004 de 8 de novembro Volver ó índice
Tempo de cambio en Uruguai
 
 
Presentación

     
    A contundente victoria do Encontro Progresista-Frente Amplo de Tabaré Vázquez confirmou un histórico cambio de tendencia na política do país suramericano, tralos sucesivos gobernos dos partidos tradicionais Colorado e Blanco desde a independencia, en 1830. Do mesmo xeito, este éxito electoral consolidou un dinámico xiro á esquerda na rexión do Cono Sur, cada vez máis comprometida coa evolución do MERCOSUR.

Na súa terceira participación electoral presidencial, Tabaré pode exhibir agora unha traxectoria política ascendente. De alcalde de Montevideo a indiscutíbel líder dunha esquerda evolucionada cara tendencias centristas e moderadas, lonxe das pretensións radicais de grupos coma os Tupamaros, a guerrilla urbana dos anos sesenta. Vázquez tivo o éxito de aglutinar tódalas tendencias da esquerda e o seu Frente Amplo alberga partidos e movementos diversos, dende comunistas ata socialdemócratas e, incluso, democristiáns. Do mesmo xeito, queda asegurada a naturaleza democrática do seu movemento e, dende unha perspectiva global, da democracia uruguaia, asumindo o reto dun novo tempo de transición socio-política.

A xornada electoral uruguaia desenvolvíase nun momento importante para as opcións da esquerda suramericana, maiormente enrolada no Foro de Sao Paulo. En Venezuela, as eleccións municipais do pasado domingo reforzaron políticamente ao presidente Hugo Chávez, cunha avasallante victoria en 20 dos 23 estados do país. En Chile, a coalición gobernamental socialista do presidente Ricardo Lagos tamén obtivo unha sólida victoria, polo que afianza a súa posición no panorama político chileno cara as eleccións presidenciais do 2005. Só as sorpresivas derrotas do Partido dos Traballadores de Lula da Silva na segunda volta electoral en Sao Paulo, Porto Alegre e Curitiba, empañou esa tendencia electoral, aínda que a posición política e a popularidade do PT e do presidente Lula está consolidada.

Polo tanto, Vázquez inaugura agora unha nova etapa na historia do seu país, castigado nos derradeiros anos polas interminábeis crises económicas (a mais grave a financieira do 2002), a corrupción e o déficit de gobernabilidade. Uruguai é un país cunha forte débeda pública, que ascende á incrible cifra de case o 100% do PIB, o que manterá a Vázquez suxeito permanentemente ás negociacións cos organismos financeiros nacionais e internacionais (o próximo ano deberá cumprir co pago de 2.500 millóns de dólares). Do mesmo xeito, a pobreza afecta xa á terceira parte dos 3,4 millóns de habitantes, e a emigración continúa a ser unha alternativa real para a noutrora boiante clase media.

¿Que modelo seguirá Tabaré Vázquez? A posibilidade de que adopte unha vía pragmática, como a de Lula en Brasil ou Lagos en Chile, é unha alternativa cada vez máis aceptada, afastando os temores, certamente infundados, dunha hipotética radicalización á venezuelana. Do mesmo xeito, a política exterior voltará cara o MERCOSUR e a alianza estratéxica Lula-Kirchner como orientación natural, en detrimento da política pro-estadounidense do actual presidente Jorge Battle, sumamente desconfiada da potencialidade do mercado común do sur.

Con Tabaré no poder en Uruguai, a esquerda latinoamericana confirma unha viraxe completa cara alternativas de corte máis popular, contrario ao modelo instaurado nos anos noventa, o denominado “consenso de Washington”, plasmado na política neoliberal e a apertura ás privatizacións. Neste sentido, o triunfo de Tabaré e o referendo que rexeitou a privatización da auga en Uruguai, realizado tamén o domingo pasado, foron dous sinais demostrativos desta orientación.
     
     
Índice

     
1   Después del pronunciamiento”, editorial en El País (Uruguay), 2 de novembro de 2004.

Desde hace casi cuarenta años que no hay un presidente de la República que cuente, como ocurre en este caso, con la mayoría de cada una de las Cámaras Legislativas y, naturalmente, en la Asamblea General. Está por lo tanto en condiciones de excepción para estar a la altura de sus pesadas responsabilidades. Ese panorama político no lo disfrutaron, hasta ahora, los demás gobiernos que debieron convenir con otras fuerzas políticas o depender de ellas, que terminaban, en diversas ocasiones, por imponerle algunas de sus exigencias.
     
2   Uruguay resucita la esperanza”, por Eduardo Galeano, en El Mundo (España), 2 de novembro de 2004.

La izquierda llega al gobierno en un país roto, que en tiempos muy pasados estuvo a la vanguardia del progreso universal y hoy hace cola entre los de más atrás, un país fundido, endeudado hasta los pelos y sometido a la dictadura financiera internacional, que no vota pero veta.
     
3   Tiempo de cambio en Uruguay”, editorial en Clarín (Argentina), 2 de novembro de 2004.

El contundente triunfo del Frente Amplio en Uruguay abre una nueva etapa política en el país vecino. También se espera que la coincidencia de orientación a escala regional revitalice los lazos con los otros miembros de MERCOSUR.
     
4   Uruguay apuesta también a la izquierda”, en El Espectador (Colombia), 2 de novembro de 2004.

Nada hace prever que en Uruguay los cambios entrañen giros radicales, en especial la economía, que a mediados del 2003 comenzó un proceso de recuperación, tras una crisis que estalló en 1999, se agravó a fines de 2001 y alcanzó su pico en el 2002 y la primera mitad de 2003.
     
5   Tiptoeing leftwards: Uruguayan Victor's moment of truth”, por Larry Rohter, en The New York Times (EEUU), 2 de novembro de 2004.

For the most part, though, the new government is likely to follow a program of economic orthodoxy. In recent interviews, Sen. Danilo Astori, a moderate whom Dr. Vázquez has designated as his economy minister, has repeatedly said he plans to “follow the example of Lula”, a reference to President da Silva of Brazil and the market-friendly policies he has pursued.
     
6   Red, white and new”, en The Economist (Gran Bretaña), 28 de outubro de 2004.

But a shift towards what? Dr. Vázquez , a pragmatist, has been a cautious campaigner, ducking debates and press grillings, content to let public fury carry him to victory. The Frente Amplio-Encuentro Progresista, the coalition of leftist parties he heads, is a weird and unpredictable mix of radicals and reformers, including ex-Tupamaro guerrillas, Communists and Socialists along with European-style social democrats. Most are hostile to the current government´s “neoliberalism”, namely feeble attempts to privatise and the pursuit of free trade with the United States.
     
7   Left-wing Uruguay leader welcomed”, en BBC (Gran Bretaña), 2 de novembro de 2004.

Mr. Vázquez won backing from voters for his critical stance towards the conservative economic policies of the International Monetary Fund and the US.
     
8   Otra voz en un coro de afinidades en la región”, por Jorge Elías, en La Nación (Argentina), 1 de novembro de 2004.

Más que una izquierda remozada, en el Cono Sur han surgido pues, un entramado de afinidades y, en algunos casos, de alianzas. Pero esas eventuales sociedades chocan, a veces, con el interés nacional.
     
9   La gauche light vise la tête de l'Uruguay”, por Antoine Bigo, en Libération (Francia), 1 de novembro de 2004.

La gauche dirigerait pour la premiére fois le pays depuis son indépendence, il y a cent soixante-dix ans. Mais surtout, en rompant l´hegémonie des droites parfois extremes ou des régimes militaires qui se sont succédé au pouvoir, ce petit Ètat tampón entre l´Argentine et le Brésil laisserait à la Colombie como l´apanage d´être le seul pays d´Amérique du Sud preside par la droite.
     
10   Uruguay's elections: A step toward regional integration?”, en Stratfor (EEUU), 26 de outubro de 2004.

From a regional perspective, Vázquez´s victory will be significant while South America´s political left diversifies and expands with the relatively conservative socialism of Ricardo Lagos of Chile on one end of the spectrum, and the caudillo-like populism of Hugo Chávez of Venezuela on the other. With da Silva somewhat to his right and Néstor Kirchner of Argentina to his left, Vázquez appears positioned to stand squarely in the middle of South America´s new left.
     
11   La venezualización de Uruguay”, por Carlos Alberto Montaner, en Firmaspress, 13 de outubro de 2004.

Por qué los extremistas uruguayos se identifican con el modelo venezolano del coronel Chávez y no con el Chile de Ricardo Lagos es un misterio insondable que no se puede descifrar racionalmente (...) Naturalmente, Uruguay puede proclamar con fiero orgullo que está en medio de una profunda revolución social. Y será verdad: así son las revoluciones. Que se lo pregunten a los venezolanos.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/11/2004
Fernando Pol