Actualidade Exterior / nº 142-23/2004 de 25 de outubro Volver ó índice
Bielorrusia: dúas victorias para Lukashenko
 
 
Presentación

     
    A dobre victoria de Alexandre Lukashenko nas lexislativas e no referendo do domingo 17 de Outubro en Bielorrusia estaba anunciada, non polos prognósticos de sesudos centros demoscópicos, que non facían falla, senón pola inercia asfixiante dos seus modos políticos, mestura de populismo, de autoritarismo e de nacionalismo. Basta un dato: Bielorrusia debe ser o único país que regula o voto anticipado en urna. Dende o martes podían votar todos aqueles que intuíran non poder facelo en domingo, quedando as urnas en mans das comisións electorais, integradas por funcionarios polo xeral submisos ao poder. Naturalmente, Lukashenko invitaba ao voto anticipado, anticipando tamén unha victoria absoluta na primeira volta e mesmo vaticinando un 33% de presencia feminina no Parlamento.

O obxecto do referendo consistía nunha emenda constitucional que lle permitirá aspirar a un terceiro mandato. Lukashenko asumiu a Presidencia en 1994 e a Constitución non admitía mais de unha reelección. Durante a campaña, a asociación entre a identificación co país e o voto afirmativo viuse animada polo aumento de salarios dos funcionarios (80% da poboación activa) e das pensións ou dunha intensificación da habitual censura, nos medios públicos, de toda posible crítica ao Presidente por parte dos candidatos da oposición. Os partidos opositores (comunistas pro URSS e forzas pro occidentais) son tan febles como o conxunto da sociedade civil, moi golpeada por unha política de fustigamento constante.

Bo coñecedor da nostalxia soviética que está presente aínda en moitos cidadáns, Lukashenko optou por conservar boa parte da cosmética do vello sistema, pero non ao servicio dunha causa política senón persoal. A defensa a ultranza da dignidade do Presidente, que pode ser motivo do peche dun xornal ou da prohibición dunha candidatura, coexiste co predominio da empresa estatal, que representa un 80% da economía do país e un modelo corporativo de Estado, no que soamente as organizacións leais ao poder son oficialmente recoñecidas como representativas das súas categorías sociais respectivas e implicadas no proceso de toma de decisións. En 2003, nas empresas públicas e privadas de mais de 300 traballadores, ordenou a creación dun posto de encargado do traballo ideolóxico, que será a base dunha estructura piramidal de grupos de información e de propaganda a todos os niveis. A ofensiva se compensa, por outra banda, coa firma dun acordo privilexiado coa Igrexa ortodoxa que lle garante a conformidade doutro flanco substancial para garantir a practica unanimidade no discurso político.

O desemprego está en niveis baixos, a economía crece e con taxas tirando a altas, os salarios son modestos pero van subindo de ano en ano, a débeda exterior redúcese e o déficit orzamentario permanece baixo control. A súa balanza comercial é negativa, pero soubo conservar o mercado da CEI, especialmente o ruso, con quen realiza mais do 50% do seu comercio exterior, diversificado con mercados coma o británico, o alemán, o polonés ou o letón.

Na política exterior, Lukashenko combina unha orientación prorrusa que non acaba de callar (unión política, espacio económico común, adopción do rublo como moeda compartida, etc.), envolta en tensións, especialmente pola subministración de gas que Rusia viña efectuando a prezos do mercado interior co propósito de seducir ás autoridades bielorrusas para establecer unha asociación que evitaría a Moscova depender de Minsk para controlar o tránsito do gas que envía a Europa occidental, seguida de diatribas anti-occidentais que explican o seu ostracismo continental e internacional, agravado pola sinatura de contratos militares con Estados paria como Irán ou Siria.

Lukashenko sae mais reforzado desta parodia electoral e con el tamén esa idea (¿tan eslava?) de que para garantir un mínimo benestar cómpre unha sabia combinación de man dura (autoritarismo) e amor á patria (nacionalismo antioccidental).
     
     
Índice

     
1   The rape of Belarus”, editorial en The Washington Post (EEUU), 19 de outubro de 2004.

Mr. Bush also ought to take notice of the one government that quickly endorsed the Belarus election as free and fair: Russia. President Vladimir Putin probably doesn´t care much for Mr. Lukashenko –who aspires someday lead a reconstituted Soviet Union- but he finds him useful to his own, parallel strategy of restoring Moscow´s political dominion over the band of countries between Russia and the European Union, including Ukraine and Moldova, as well as Belarus.
     
2   Lukashenka's luck, his people misfortune”, en The Economist (Gran Bretaña), 19 de outubro de 2004.

Even though he has won the referendum, Mr. Lukashenka may decide not to run for a third term. His critics hope that dissatisfied Belarrussians will realise their own strenght, or that the fractious opposition will unite. Pessimits predict redoubled repression after a referendum “victory”.
     
3   Observers deplores Belarus vote”, en BBC News (Gran Bretaña), 19 de outubro de 2004.

With the next presidential election due to fall in 2006, he claims that a third term is for the good of the nation, but his opponents have accused him of trying to become leader for life.
     
4   Belarus: Lukashenko's term extended but for how long?”, en Stratfor (EEUU), 18 de outubro de 2004.

Lukashenko´s referendum victory will change nothing in the underlying power networks –domestically or internationally- that rule the country. Domestically, the opposition is fragmented and unpopular and will remain so. Internationally, the sole issue on the table is discussion of political union with Russia.
     
5   A Sham election in Eastern Europe”, editorial en The New York Times (EEUU), 19 de outubro de 2004.

What the vote did do, overwhelmingly, was to confirm Mr. Lukashenko as a post-Soviet autocrat. Following the new global template, Mr. Lukashenko said his “victory” reflected his ability to provide security because no Belarussian had fallen victim to a terrorist act since he came to power 10 years ago.
     
6   Belarus faces EU wrath for disputed poll result”, por Carolynne Wheeler, en The Guardian (Gran Bretaña), 19 de outubro de 2004.

The EU has already placed travel bans on senior Belarrussian officials following the dissapearance of three opposition leaders and a journalist. The US Congress earlier this month passed the Belarus Democratic Act 2004, which calls for funding of the Belarrusian opposition and economic sanctions against the State.
     
7   Le Bélarus, une économie dirigée á l'avenir incertain”, en Le Monde (Francia), 17 de outubro de 2004.

Mais il vit sur ses acquis sans chercher à réformer les secteurs sclérosés ou à investir dans des domaines pouvant accélerer son dévelopement. Una grande partie du budget de l´Etat ser à maintenir en vie les kholkhozes (coopératives agricoles heritées de l´époque soviétique), dont 85%sont endettés.
     
8   In Belarus, leader sees a mandate”, en The International Herald Tribune (EEUU), 19 de outubro de 2004.

Lukashenko has not yet said whether he will run again, but he has questioned the ability of others to lead and initiated the referendum, which would have had little point otherwise.
     
9   L'opposition biélorusse dénonce la fraude électoral”, en Libération (Francia), 19 de outubro de 2004.

Divisé en plus d´une dizaine de petits parties qui se disputent les soutiens financiers étrangers, américains, européens ou russes, et que le KGB s´acharme à scinder réguliérement, l´opposition biélorusse ressort profondément choquée de ces élections. Dans les bureaux de vote où des observateurs indépendents ont pu assister au dépouillement, il était pourtant évident qu´une bonne moitié des électeurs a voté non au référendum et pour les candidats de l´opposition.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/10/2004
Fernando Pol