| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
Considerados coma un referendo á súa xestión
de 21 meses de goberno, as eleccións municipais do domingo 3 de outubro en Brasil revelaron o reforzamento
do Partido dos Traballadores do presidente Inácio Lula da Silva como verdadeira forza política nacional,
trala victoria en primeira volta en seis capitais de estado, e lograr pasar á segunda volta en outras once
capitais. Pero o mais importante foi que o PT adxudicouse a victoria en máis de 500 concellos menores, triplicando
o número dos seus alcaldes e superando as previsións iniciais. Este importante respaldo á
xestión de Lula e ao seu partido posiciona exitosamente ao presidente ante a posibilidade de reelección
nas presidenciais do 2006 e remarca un camiño de cambios políticos e sociais na democracia máis
grande de América Latina.
Outro dos escenarios máis notorios destes comicios foi o marcado bipartidismo político nacional e
a madureza da cultura política e de participación cidadá dos brasileiros. Estas eleccións
pasarán á historia como a revelación do ostracismo para os tradicionais liderazgos rexionais
caudillescos, avasallados agora polo ascenso do PT e o socialdemócrata PSDB, este último outro dos
gañadores destas eleccións, xa que convértese no indiscutible abandeirado da oposición.
O PSDB é liderado por José Serra, o candidato derrotado por Lula nas presidencias do 2006.
No referente á cultura política e á participación cidadá, ésta quedou
de manifesto ante a masiva concurrencia dos 120 millóns de brasileiros facultados para votar, conscientes
da necesidade de constituir verdadeiros movementos políticos de alcance local e nacional, capaces de garantir
a estabilidade democrática e de xerar os cambios necesarios nun país marcado polos altos índices
de pobreza e desigualdade. Ao mesmo tempo, é apreciable o ascenso de novas figuras políticas rexionais,
lóxica alternativa dun sistema político cada vez máis dinámico.
Outro dos factores que contribuíron ao triunfo de Lula foi a estabilidade da súa xestión.
A ortodoxa e prudente política económica do presidente, non exenta de roces políticos, permitiu
remontar os primeiros índices de recesión económica e alto desemprego. Nos derradeiros meses,
o país acadou niveis de crecemento económico que deixarán un 4% de medre do PIB para finais
de ano. O desemprego aínda segue a ser preocupante, pero cada vez máis aminorado. A estabilidade
macroeconómica con baixos niveis de inflación, e os numerosos programas sociais (algúns deles
pouco exitosos), apuntalaron a popularidade de Lula, hoxe situada ao redor do 55%, apoiada por unha benevolente
imaxe no exterior. Pero os seus retos seguen a ser numerosos: moitos sectores do PT recean do seu pragmatismo económico
e político, argumentando que agora é o momento de comezar as reformas máis radicais. A pesar
disto, polo momento non existen alternativas políticas que poñan en perigo o liderazgo de Lula.
Na segunda volta, a celebrarse o 31 de outubro, a disputa política máis importante atoparase na alcaldía
de Sao Paulo, motor económico do país. A nominada polo PT, Marta Suplicy, deberá enfrontarse
ao gañador da primeira volta, o propio José Serra, do PSDB. Isto foi considerado como unha evidente
derrota política para o goberno, similar á ocorrida en Río de Janeiro, onde o dereitista Frente
Liberal segue a constituírse como a primeira forza política. O seu candidato, César Maia,
venceu sorprendentemente con mais do 50% dos sufraxios, necesarios para evitar a segunda volta. Nesta cidade, antiga
capital do país, o gobernamental PT apenas acadou o 5% dos votos.
As municipais son un anticipo, un test, para as presidenciais do 2006. O PT e Lula camiñan cara unha sólida
confirmación do seu dominio político, o cal posibilitaría unha posíble reelección
e a continuación das transformacións políticas e sociais do país. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Lula
se consolida”, editorial de La Vanguardia
(España), 5 de outubro de 2004.
La situación política brasileña
parece encaminarse decididamente hacia un bipartidismo entre el PT de Lula, que se consolida, y el PSDB de Cardoso
y Serra. De confirmarse esta tendencia, significaría que Brasil está dejando atrás un pasado
enquistado en caudillismos, caciquismos y populismos paralizantes. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Brasil
consolida el bipartidismo”, por Joaquim Ibarz,
en La
Vanguardia (España), 5 de outubro
de 2004.
Estas elecciones midieron el nivel de aprobación
de un Gobierno que navega entre la prudencia económica y la atención a los reclamos sociales. La
reducción del paro y el crecimiento económico facilitan a Lula continuar con menos turbulencias la
aplicación de un programa que, aunque criticado por la izquierda, comienza a rendir frutos. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Eleição fortalece o PT, mas dá
ao PSDB a bandeira da oposição”,
por Cleide Carvalho, en O Globo Online
(Brasil), 5 de outubro de 2004.
As eleiçoes fortaleceram novos líderes,
como o petista Fernando Pimentel, que venceu em Belo Horizonte, enfraqueceu partidos, como o PFL, e gerou no Río
de Janeiro um quadro atípico do restante do país, já que tanto o PSDB quanto o PT são
políticamente francos na capital. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Acredite, os políticos e a política
melhoraram”, por Kennedy
Alencar, en Folha de Sao Paulo
(Brasil), 3 de outubro de 2004.
Partidos de perfil bastante fisiológico
e conservador, como PFL, PTB, PMDB, PL, etc, parecem ter os dias contados. No máximo, continuarão
ao reboque de projetos majoritários de petistas e tucanos. Aconteceu no Brasil uma reforma política
natural. O processo é muito lento, mas o país segue avançando. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Definiçao
precoce pode enganar”, por Milton Temer,
en Jornal
do Brasil, 5 de outubro de 2004.
Há, por tanto, uma grande incógnita
não atendida pela dicotomía limitada a PT contra PSDB, onde a divergencia é de método,
e não doutrinária. Quem ocupará o espaço correspondente ao pensamento de esquerda,
fortemente implantada nos meios formadores de opinião –principalmente na Universidade- que não aceita
nenhuma das duas legendas? Ou o absentismo do voto nulo, ou alguma nova representaçao de esquerda. |
| |
|
|
| 6 |
|
“Municipal
elections strengthen Party of Brazilian President”,
por Stan Lehman, en The Washington Post
(EEUU), 5 de outubro de 2004.
While most voters were motivated by local
issues, political analysts say the election´s outcome could have a major impact on the general elections
in two years. “Lula has broadened his power base”, said David Fleischer, a political scientist from the University
of Brasilia. |
| |
|
|
| 7 |
|
“Lula buoyed by Brazil local polls”, en BBC News World
(Gran Bretaña), 5 de outubro de 2004.
The PT did well in several major cities
and, for the first time, made inroads in smaller towns away from the main centres of power. |
| |
|
|
| 8 |
|
“Municipal
polls gains benefit Lula's reforms”, por
Raymond Collit, en Financial Times
(Gran Bretaña), 5 de outubro de 2004.
Government leaders have been keen not to
bill the poll as a referendum on Mr. Lula da Silva, and local issues dominated many of the election campaigns.
Yet the president and his orthodox economic policy, which led to economy recovery this year, are certain to benefit
from the results. With the PT continuing to grow fast, it is likely to attract more support from allies. |
| |
|
|
| 9 |
|
“Lula continues to play a beautiful game for Brazil”, por Michael
Deibert, en The Guardian (Gran Bretaña), 13 de setembro de 2004.
The question, it appears, is not whether
the Worker´s party will gain in the coming elections but how broad the margin of victory will be and how
convincing a mandate it will provide for the Lula government. |
| |
|
|
| 10 |
|
“Au
Brésil, le parti des travailleures est sorti renforcé das élections municipales”, por Paul
B. Paranagua, en Le Monde (Francia), 5 de outubro de 2004.
Malgré l´incertitude sur Sao
Paulo, le PT renforce son implantation locale, beaucoup plus faible que celle des autres grands parties, PMDB,
PSDB et PFL (...) La principal tâche sur le tableau reste Rio de Janeiro, où le PT n´est jamais
parvenu à stabiliser ses bases. Ancienne capitale du Brésil, la deuxième ville du pays a réelu
un outsider, César Maia (PFL), exilé sous la dictature militaire, qui a ensuite préferé
des parties situés à droite. |
| |
|
|
| 11 |
|
“La
primera 'prova de fogo' de Lula”, por
Ignacio Arana Araya, en El Mercurio
(Chile), 3 de outubro de 2004.
Sea cual fuere el resultado de las municipales,
los analistas descartan que el sistema político brasileño vaya a verse alterado en cuanto a eficacia
y gobernabilidad. Todo apunta a que Lula podrá seguir apostando por un “jogo bonito”. |
|