Actualidade Exterior / nº 139-20/2004 de 13 de setembro Volver ó índice
Eleccións en EEUU: a reafirmación republicana
 
 
Presentación

     
    No medio dunha campaña electoral fortemente polarizada, o Partido Republicano levou a cabo durante catro días na cidade de Nova York, a súa convención nacional cara os comicios do 2 de novembro. O actual presidente George W. Bush, foi ratificado como candidato á reelección.

Nesta ocasión, a Convención Republicana non estivo exenta de situacións conflictivas. Dende o domingo 29 de agosto, unhas 200.000 persoas opositoras á política de Bush efectuaron fortes manifestacións nas rúas e, incluso, o polémico director de cine Michael Moore presentouse no Madison Square Garden para facerlle ver ao presidente o enorme caudal de impopularidade que provoca a súa xestión. Segundo diversos sondaxes, o descontento coas políticas de Bush en materia económica e de política exterior atópanse preto do 50%, debido á cada vez maior impopularidade da guerra en Iraq e á incapacidade do goberno para crear mais empregos e axudas sociais.

Na convención, e coa intención de tratar de fortalecer a imaxe do partido, practicamente todos os oradores previos ao presidente Bush enfatizaron a necesidade de desacreditar a figura do candidato demócrata, John Kerry, e a súa suposta debilidade para afrontar a “guerra contra o terrorismo”.

A reunión republicana permitiu tamén moldear dun xeito subxectivo as posibles candidaturas a futuro, principalmente a do ex alcalde neoyorquino Rudolph Giuliani e o actual gobernador de California, Arnold Schwarzenegger, figuras que aproveitaron a convención para dirixir mensaxes de alto caudal político ao electorado republicano. Nesta convención tamén se evidenciaron as fortes ramificacións dos grupos relixiosos e dos sectores conservadores mais radicais, na formulación política e electoral do partido Republicano, os cales semellaron ser moito máis poderosos que a ala dos “moderados”.

O discurso de peche da convención do presidente Bush o xoves 3 de setembro non deixou marxe para a sorpresa. Nada parece que cambiará no ideario e na práctica política do mandatario ante a posibilidade de ser reelixido. Bush visualiza estas eleccións como un referendo da súa xestión, por iso aspira a resucitar o lema do “conservadurismo compasivo” para intentar captar o voto dos indecisos, aspecto clave ao menos en 17 estados da Unión, e que agora mesmo atópase preto do 10% do electorado. Nembargantes, mantendo a mesma dirección política, o presidente corre o risco de profundizar a polarización social.

Do mesmo xeito, Bush fará da seguridade nacional e a guerra contra o terrorismo os seus piares nos próximos catro anos. Se o primeiro período foron Afganistán e Iraq, outros escenarios como Irán ou Corea do Norte pódense impoñer de aquí ao 2008, sempre coa mira posta en Al Qaeda. Precisamente, o mandatario que gusta de definirse coma “o presidente en guerra”, recoñeceu a realidade de que a guerra contra o terrorismo non podería ser gañada. Simultaneamente á convención republicana, unha oleada de atentados terroristas azoutaban Rusia, Israel e Iraq.

En materia de seguridade social, Bush a penas modificou a súa intención de semi-privatizar o sistema de Sanidade e Asistencia social. En canto á economía, espérase un maior gasto público para a Seguridade Nacional e un cada vez mais acentuado control das corporacións e holdings empresariais.

Recurrindo ao “espírito patriótico” tralo 11-S na cidade que sufriu o peor atentado terrorista na historia de EEUU, Bush reforzou a súa impresión persoal de forte liderazgo, considerándose o home máis adecuado para afrontar as ameazas contra o país no futuro. Pero o panorama electoral atópase moi dividido, e o descontento popular coa súa xestión non é menor, anque esa impresión de liderazgo pareza ser máis forte no caso de Bush que do seu rival demócrata Kerry. Coas cartas xa lanzadas, serán os independentes e os “indecisos” os que decidan o 2 de novembro, nas que se augura como as eleccións coa maior participación na historia do país.
     
     
Índice

     
1   Make or break in Manhattan”, en The Economist (Gran Bretaña), 2 de setembro de 2004.

The “Grand Old Party” is making its case for re-electing George Bush at the party´s convention in New York. Moderate republicans have featured prominently, but Mr. Bush´s proposals for a second term could look like a continuation of his polarising first four years.
     
2   Mr. Bush’s case”, editorial, en The Washington Post (EEUU), 3 de setembro de 2004.

Each candidate devoted most of his acceptance address to proving his credentials as a wartime leader, though for different reasons: Mr. Kerry hoped to demostrate his plausibility and the change the subject to the economy, while Mr. Bush hoped to convince Americans that only he can be trusted in this time of danger. Whatever they intent, the effect has been to set the stage for the first campaign in many years to turn on national security.
     
3   Topic of Terror Overshadowing All Others”, por Dana Milbank, en The Washington Post (EEUU), 2 de setembro de 2004.

The wisdom of the emphasis on terrorism will not be known for two months. The Post poll indicates that the economy is still the most important issue for voters, with 31 percent ranking it first. Terrorism was rated highest by 19 percent, while Iraq was rated highest by another 19 percent –giving national security issues a combined 38 percent.
     
4   Mr. Bush’s Acceptance Speech”, editorial en The New York Times (EEUU), 3 de setembro de 2004.

There was nothing in the speech last night that suggested a new era in frankness from the White House, or hope that any of those fundamental problems would be approached with anything but the “my way or the highway” attitude Mr. Bush has used on issues like tax cuts and Iraq.
     
5   Mr. Bush and the truth about terror”, editorial en The New York Times (EEUU), 2 de setembro de 2004.

The Bush campaing is betting the ranch on the idea that Americans, in the end, will vote for the candidate they think is most likely to keep the nation safe from terrorism. The president has been honest about saying we will never be totally safe. He has been much less frank about explaining that even relative safety depends on our ability to create international alliances and to pick our fights not on the basis of where our armies can successfully fight.
     
6   Bush sells himself as candidate for change”, por Julian Borger, en The Guardian (Gran Bretaña), 2 de setembro de 2004.

Republicans officials say the speech will showcase Mr. Bush as a “transformational president”, an “agent of change” whose reform programme has only been half implemented.
     
7   Bush, «président de guerre» en quête d'idées nueves”, por Philippe Gélie, en Le Figaro (Francia), 2 de setembro de 2004.

Pour George W. Bush, au terme d´un premier mandat plutôt contrasté, l´enjeu est de montrer qu´il n´a pas fait fausse route, ni en Irak ni dans sa politique économique, et qu´il reste fidèle à ses promesses de 2000 (...) Les électeurs républicains ont beau être réputés plus sensibles aux actes qu´aux paroles, ils attendent de nouvelles propositions pour stimuler les quatre années à venir.
     
8   La última batalla de Bush”, por José Manuel Calvo, en El País (España), 29 de agosto de 2004.

Con el nivel de enfrentamiento que hay y con un electorado dividido casi al 50%, la fórmula para ganar es relativamente sencilla: conseguir que todos los partidarios voten –que ningún votante en potencia se quede en casa o caiga en la tentación de pasarse al adversario- y luego ganarse el puñado de electores independientes que determinará los resultados en los 17 Estados en los que hay diferencias mínimas en los sondeos.
     
9   El mundo según Bush”, editorial en El País (España), 2 de setembro de 2004.

Bush y su país distan mucho de “estar ganando la guerra contra el terrorismo”, como él mantiene. Más bien, está ocurriendo lo contrario, como el propio titular de la Casa Blanca admitía (antes de rectificar) en una entrevista televisada el pasado fin de semana: “la guerra contra el terrorismo no se puede ganar”.
     
10   Bush, el candidato de la guerra”, por Lluis Foíx, en La Vanguardia (España), 2 de setembro de 2004.

Mucho me temo que tanto si tenemos presidente republicano como demócrata será muy difícil recomponer la situación en el mundo después de los estropicios causados por la guerra de Iraq, que puede considerarse como un gran error político y militar (...) El mundo necesita ahora más que nunca un líder capaz de entender lo que está en juego y mucho me temo que no va a salir de las elecciones del 2 de noviembre.
     
11   2nd term staked on war on terrorism”, por Susan Page, en USA Today (EEUU), 3 de setembro de 2004.

But his prime-time address made clear that the heart of his administration for the next four years would be the battle against al-Qaeda and the search for safety from those who would do Americans harm. On this issue, he will claim a second term, or lose it.
     
12   Dernière ligne très à droite de George W. Bush”, por Pascal Riche, en Libération (Francia), 3 de setembro de 2004.

La peur semble être devenue la seule carte que les républicains aient décidé de jouer en cette fin de campagne. Le bilan du Président est en effet difficile à vanter. Ses deux décisions majeures, les baisses d´impôt et la guerre, sont considérées comme des erreurs par une majorité d´Américains.
     
13   Three main aims of the President’s crucial speech”, por Gerard Baker, en The Times (Gran Bretaña), 3 de setembro de 2004.

But the challenge for Republicans is still to neutralise what threatens to be a significant electoral liability for Mr. Bush –a weak economy that has failed to produce jobs and has added substantially to the ranks of the poor.
 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/09/2004
Fernando Pol