| |
| Presentación |
|
| |
|
|
| |
|
A visita do ministro de Exteriores español Miguel Angel
Moratinos a Alxeria a finais de xullo, na que se discutiu unha nova aproximación ao problema do Sáhara
occidental, provocou unha inmediata reacción no veciño Marrocos, nun momento particular para o reino
alauita, xa que o seu soberano Mohamed VI conmemoraba o seu quinto aniversario de reinado e o país estase
convertendo aceleradamente nun novo socio comercial e militar para Washington, ademais dun aliado importante na
loita contra o terrorismo.
O discurso de conmemoración do reinado de Mohamed VI non deixou ningún novo signo de flexibilidade
nin aproximación por parte de Rabat ao diferendo saharaui. Nembargantes, é outra a perspectiva dende
o bando español. O goberno de José Luis Rodríguez Zapatero segue a manter o alicaído
“plan Baker” como o principal referente de negociación para o problema saharaui. Neste apartado, Madrid
ten o apoio do goberno alxeriano. Nembargantes, o ministro Moratinos explicou en Alxer que o plan Baker poderíase
modificar nalgúns aspectos, e incluso amosou o seu temor de que a tese do referendo para o Sáhara,
pilar da diplomacia española, poida provocar “inestabilidade no norte de África”. Este comentario
de Moratinos desatou confusións e reaccións airadas tanto en Alxer como en Rabat.
O problema do Sáhara é indicativo dunha nova realidade no norte de África e nas súas
relacións con Europa e os EEUU, afirmada tralos acontecementos do 11-S de 2001, o atentado terrorista de
Madrid o pasado 11 de marzo e a posterior renuncia en xuño do enviado da ONU, James Baker. Neste momento,
a rexión transita cara un reacomodo xeopolítico onde a autodeterminación do pobo saharaui,
os intereses estratéxicos, o avance do islamismo e as ambicións petroleiras e gasíferas, estanse
a converter nas novas claves do problema.
Se ben desde Madrid se intenta conformar unha especie de eixe rexional en torno a Rabat e Alxer, desde Washington
os pasos seguen a estar influenciados pola ameaza do terrorismo e o avance do islamismo. Marrocos asinou un tratado
de libre comercio con EEUU en abril pasado, e o goberno de Bush outorgoulle a Rabat o status de “socio militar
importante” para os países que non pertencen á OTAN. O eixe Washington-Rabat tamén conta co
apoio tácito de París.
Nesta nova conxuntura, a loita pola autodeterminación do pobo saharaui corre o risco de quedar sofocada
polo enorme peso dos intereses xeopolíticos, aos que cómpre engadir agora os petroleiros e gasíferos,
tralas proxeccións de reservas na costa occidental do Sahara, ademais dos xa coñecidos recursos en
fosfatos e reservas pesqueiras. O estancamento da ONU neste diferendo, trala dimisión de Baker, é
unha evidencia do fracaso da diplomacia e a negociación. A misión de paz da ONU no Sahara (Minurso)
leva once anos na rexión, sen avances de importancia, e isto agranda a imaxe do fracaso multilateral.
A presenza do islamismo radical é un problema interno en Marrocos que afecta ás relacións
hispano-marroquís, especialmente tralo atentado de Madrid e a conexión islamista a través
de marroquís e alxerianos. O rei Mohamed VI tentou abrir canais de diálogo cos partidos islamistas
mentres o goberno Zapatero demostrou, coa súa primeira visita internacional a Rabat, que Marrocos segue
a ser unha prioridade da diplomacia española, que non pode desprenderse da rémora da causa saharuí,
que esixe un compromiso claro e consecuente. |
| |
|
|
| |
|
|
| Índice |
|
| |
|
|
| 1 |
|
“Madrid-Rabat-Tinduf”, editorial de El País
(España), 3 de agosto de 2004.
La idea de que el problema del Sáhara
es de descolonización y que, por tanto, sólo puede resolverse mediante un referéndum, pudo
ser defendible hace 30 años, pero cada día lo es menos. En las condiciones actuales, no resolvería
sino agravaría el conflicto, dividiendo gravemente a la población de hecho del territorio. |
| |
|
|
| 2 |
|
“Cinco años de Mohammed VI”, editorial en ABC
(España), 1 de agosto de 2004.
El gobierno se equivoca si cree que el Sáhara
es el principal problema para Marruecos y que, resuelto éste, desaparecerán todos los riesgos de
inestabilidad en nuestro vecino del sur. Zanjar la cuestión de la soberanía de la antigua colonia
española es un problema sólo para el régimen y sus dirigentes. Los marroquíes –y Mohammed
VI lo sabe perfectamente- tienen otros problemas, infinitamente más graves que ése. |
| |
|
|
| 3 |
|
“Rapprochement
en trompe l´oeil”, por Cherif Ouazani,
en Jeune
Afrique/L´Intelligent, nº 2.273,
do 1 ao 7 agosto de 2004.
Le chef du gouvernement madrilène
ira plus loi. Il préconise un sommet à quatre (Algérie, Espagne, France et Maroc) pour trouver
une solution de remplacement au plan Baker. Ce plan, adopté par le Conseil de Securité en juillet
2003, prévoit une période de large autonomie de cinq ans avant la tenue d´un referéndum
d´autodétermination. La proposition Baker a été acceptée par les Algérienes
et les indépendantistes du Polisario, mais récusée par les Marocains. |
| |
|
|
| 4 |
|
“Maroc, le quinquennat du roi”, por Dominique
Lagarde, en L´Express
(Francia), 2 de agosto de 2004.
Le façon dont la campagne antiterroriste
a été menée a néanmoins quelque peu terni la bonne image acquise ces dernières
années par le Maroc dans le domaine des droits de l´homme (...) Le Maroc de Mohammed VI ne remplit
certes pas encore tous les “critéres de Copenhague” qui définissent le niveau de démocratie
exigé pour entrer dans l´Union européenne. Mais il a, dans le monde arabe, une bonne longueur
d´avance. |
| |
|
|
| 5 |
|
“Élargir le champ d’action diplomatique”, por Mustapha
Sehimi, en Maroc Hebdo International (Marrocos), nº 616, 30 de xullo ao 2 de setembro de 2004.
Le renforcement des relations Rabat-Washington
n´est évidemment pas étranger à cette nouvelle équation de la question du Sahara.
Quelles que soient la nature et la dimension des rapports entre les Etats-Unis et l´Algérie, notamment
au plan commercial et des intérêts pétroliers et gaziers, l´administration Bush s´emploie
désormais à trouver un moyen terme tout en recommandant une solution politique negociée. |
| |
|
|
| 6 |
|
“Le discours de la méthode”, por Omar
Rifi, en La Gazette du Maroc (Marrocos), 2 de agosto de 2004.
Du Sahara à la culture. De la rèforme
institutionnelle à la pédagogie civique. Du social au religieux: le discours a été
une véritable leçon de clarté. Mais aussi d´audace et de sagesse. Dans un esprit contractuel
plus que jamais où l´optimisme n´a d´egal que la volonté d´aller de l´avant. |
| |
|
|
| 7 |
|
“El
deshielo con Marruecos”, por José Antich, en La Vanguardia
(España), 31 de xullo de 2004.
España y Marruecos han vivido durante
los últimos años una relación conflictiva y no sería acertado culpar de ello prioritariamente
al anterior gobierno (...) España no puede vivir de espaldas a Marruecos pero este país debe responder
a esa nueva actitud española con algo más que palabras. |
| |
|
|
| 8 |
|
“L´Espagne
soutient le plan Baker”, por Faouzia Ababsa, en La Tribune
(Arxelia), 5 de agosto de 2004.
La presse marocaine s´en est saisi
et fait ses choux gras en continuant à écrire que le probléme du Sahara ne pouvait pas se
résoudre en dehors de la participation de l´Algerie, qui est à l´origine du conflit. |
| |
|
|
| 9 |
|
“Esperances
déçues au Maroc”, por Ignace Dalle,
en Le
Monde Diplomatique (Francia), agosto de
2004.
Le dossier du Sahara occidental n´a
pas été mieux géré et le manque d´imagination de la diplomatie marocaine a conduit
à de inutiles tensions avec le représentant spécial des Nations Unies, l´ex secrétaire
de Etat américaine James Baker, proche du président George W. Bush- il a d´ailleurs présenté
sa démission en juin 2004 et a été remplacé par le diplomate péruvian Alvaro
de Soto. Toutfois, la prolongation de six mois par le Conseil de Sécurité, le 29 avril, du mandat
de la Mission des Nations Unies pour un réferéndum au Sahara occidental (Minurso) –Kofi Annan, sécretaire
géneral de l´ONU avait demandé dix mois- montre que les pressions internationals se sont atténuées. |
|